MISTER (IOUS). CRÓNICAS DA MORTE., POR MANUEL GONZÁLEZ PRIETO
Míster (IOUS). Crónicas da morte,
por Manuel González Prieto.
O home un bo día gustou de se chamar Míster(IOUS). Valente, valoroso, beberaxe de deuses do Olimpo de lonxe, en ocasións presuntuoso. Ninguén é culpable, apelamos á presunción de inocencia, - disque din algúns ante tal barbaridade-
Novos termos, significados descoñecidos, aires de renovación, consecuente perda do propio e orixinal, ausencia de carácter, importacións masivas, esquecendo dos seus e perdendo o vínculo coa súa identidade. Comerciantes e moinantes aproveitaron tal ocasión para botar o anzol e pescaren en ríos revoltos.
Algunhas seguiron o arrecendo do Míster(IOUS) e as marcas das súas pisadas de rápida zapatilla. Unha nova onda de expansión, un mundo que ninguén se atreveu a nomear baixo o novo parangón dos mass media, O Novo Mundo.
O Míster(IOUS) goza de lingua melosa e envolvente. Hai quen di que chegou a esquecer o mar, outros poñen en dúbida a súa propia existencia pola falta de contacto cos semellantes, hai quen di del que se trata dunha criatura de longos cornos que lle medran a igual ritmo que suceden as súas escasas intervencións en prazas inadecuadas. Só pon un pé de cando en vez nalgún pequeno recuncho onde non é tratado de defunto.
O home chegou a mito e algún veciño recorda do Míster(IOUS):
A ese home vino eu...., traballando cóbado con cóbado cos demais. Que lle puido pasar? –E prosegue o señor- Non nos fai falta mudar, se non, quen nos di a nós que algún día quedaremos sen falta de imaxinación para sermos quen de nos revelar?
Sufrindo o desgaste perante aquela atrocidade pensaron no descubrimento lambón de quen lexitimou con razóns pouco argumentadas a cruel realidade. Moi atentos ao que dirán, algúns por se negar foron marxinados, sufrindo duros desgastes ante tal atrocidade. “Négome a participar”, pensaron moitos.
Foron esquecendo algúns, aceptando outros e co paso do tempo só quedou un, até desaparecer.
Aquel meniño con lingua rebuldeira naceu, e, xa sendo maior, co esquecemento bateu.
Sucedeu que as malas intencións fixeron do Míster(IOUS) o seu mellor aliado.
Míster(IOUS), paga a pena recuar e retornar á mesa do entendemento.
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home