martes, marzo 27, 2018

HISTORIA DA NOSA OSCENA GAITA GALEGA





A OSCENA GAITA GALEGA,
Por Javier Lago Mestre.
Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.

A gaita galega ten un merecido prestixio no Bierzo dende hai tempo. Hoxe son moitos os conxuntos de baile  tradicional, bandas de gaitas e grupos de música folc que difunden os sons das nosas gaitas polo mundo. A nosa historia local está chea de novas sobre gaiteiros e tamborileiros que percorreron a nosa xeografía rexional creando ambiente festivaleiro.

Pero os gaiteiros galegos e bercianos non sempre foron ben vistos. Temos o exemplo da Igrexa católica que criticou a presenza dos gaiteiros nas festas relixiosas. Convén partir de que a gaita é un instrumento musical que ten a forma dos órganos sexuais masculinos. Dende logo este erótico aspecto non sería ben visto polos cregos máis ortodoxos. A isto engadimos que a gaita pode amosarse de xeito provocativo por ousados gaiteiros na xoldra festiva. Con malos ollos algúen ve oscenidade en vez de diversión coletiva.


Certos sonidos foron reprimidos pola Igrexa. Falamos dos arcabuzazos dos alardes e suizas, a foguetería estrondosa e as reviradas gaitas. Frente a estes estridentes ruídos proponse a música eclesial producida polos coros e os órganos das súas igrexias. O refinamento da música oficial competía coa música tradicional máis popular.

Por todo o dito, se consultamos a documentación histórica lemos numerosas referencias sobre a dinámica de confrontación coas gaitas. Así os cregos composteláns propuxeron a confiscación das gaitas ás autoridades locais (1736), “y porque suelen hacer las romerías más por diversión que por devoción, llevando instrumentos músicos como punteros, gaitas, adujes, sonajas, etc” (Pegerto Saavedra, 1994).  



O visitador ao abade de Santa María de Moreiras advirte que “no se permita se toque la gaita en la iglesia, atrio, procesión eclesiástica, ni se admitirá en data el gasto de semejante música” (1805). Ante estas prohibiciois xorden varias revoltas sociais. Así os veciños de Sta. Cristina de Lavadores preitean ante a Audiencia de Galicia (1777). Estes alegan a prol da gaita,  por “enardecer y elevar los ánimos a mayor y más intensa devoción, sin que sea del caso la variedad de los instrumentos, porque la educación, estilo y costumbre hace apreciables en unas provincias y villas de este Reino lo que en otras parece ridículo” (Pegerto Saavedra, 1994).

As gaitas tamén acompañaban os bailes e as danzas marcando os seus ritmos. No caso das muñeiras represéntase o xogo amoroso entre homes e mulleres. Eses provocativos movementos de corpos, xiros e saltos son reprobados polos eclesiásticos. Por iso o visitador do mosteiro de S. Pedro de Montes prohibe as danzas na ermida da Aquiana (1697) e na igrexa do cenobio (1702) (V. Fernández Vázquez, 2003).


No século XVII atopamos algún gaiteiro acompañando as danzas da Oitava do  Corpus en Ponferrada (Pilar Saenz de Tejada, 1994). En Vilafranca, durante a celebración do Voto da Inmaculada Concepción (1626), houbo “toques de campanas, tamboriles e gaitas” (V. Fernández Vázquez, 2003). Pola súa banda, a confradía de Cantexeira contou tamén coa presenza do gaiteiro, “seis reales que se gastaron con el gaitero que toco la función” (1841) (Olivier Soto Abella, 2007). 

  Non podemos rematar sen contar cunha estrofiña que fai referencia á relación íntima que se sente coa gaita. “Ai! gaita, canto te quero, canto te quero, gaitiña, miña xoia, miña bruxa, miña meiga, miña amiga”.

O Bierzo, marzo de 2018.
www.facebook.com/javierlagomeste
http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es