REFRANEIRO BERCIANO DOS MESES DE MARZO E ABRIL.
REFRAIS BERCIANOS DOS MESES DE MARZO E ABRIL
polo Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es
“Marzo sacou a
vella ao sol, e matouna dun pedazo”.
"En marzo a
veleta nin dous días está queda".
“Cando marzo maiea,
maio marcea”.
“Polo S. Xosé (19
de marzo), deces e merenda ao pé” (obriga de dar comida ás dez da mañá e
merenda aos xornaleiros ao ser os días máis longos).
“Marzo airoso,
abril chuvioso, sacan o maio florido e fermoso”.
“Marzo igularzo”
(porque se igualan os días e as noites).
"Marzo
marzudo, mete as barbas no cu".
"Auga de
marzo, pior que a mancha no paño".
“Se marzo vén ao
revés, nin deixa pastor nin res”.
"Auga en
marzo, herbazo"
“Cando marzo volve
o rabo, non deixa ovellas con pelexo, nin pastor deszamarrao”.
“Sol de marzo mata
a dama no pacio” (sol de marzo traizoneiro).
"Pola
Encarnación (25 de marzo), as últimas xeadas son" (S. Castelao Diñeiro)
SOBRE OS ANIMAIS DE MARZO:
“Onde vexas culebra
en marzo, verás neve en maio”.
“Ollo á perdiz, se
canta en marzo, ano feliz” (os bos presaxios do canto da perdiz).
“Marzo anidarzo,
abril huévil e maio paxaraio” (sobre a reproducción das aves).
“A culebra en
marzo, a neve en maio” (relación de calor en marzo e frío en maio).
"Marzo marcero,
pola mañá cara de rosa e pola tarde cara de can".
“Pascuas marcíais,
famentas ou mortais”.
"De marzo á
metade, vén a anduriña e o tordo vaise".
“Polo vinte de
marzo dá o sol unha sombriña e xa canta a anduriña” (chegan as anduriñas).
SOBRE OS TROCOS BRUSCOS DO
TEMPO:
“Marzo marzán, pola
mañá cara de rosa, e pola tarde cara de can”.
"Marzo
marcial, de día cara de gocho e de noite cara de can".
"Marzo
marceador, que de noite chove e de día fai sol"
“Marzo marcial, de
día cara de cocho, de noite cara de can”
"Marzo louco,
se malo é un día pior é o outro".
"Se marzo vén
ao revés, non deixa pastor nin res".
"Pola
Encarnación (25 marzo) os últimos xeos son"
CONSELLOS AGROGANDEIROS DESTE
MES.
"Horta de
marzo, cesta no brazo"
"Marzo amola e
abril esfola".
"Se queres ver
a túa viñaregalada, fai a poda en marzo e en abril a cava".
“Se ronca ou trona en marzo, apreta a cuba con
mazo” (preparación da cuba de viño).
“Marzo espigarzo e
abril espigas mil” (sobre augurios de boas colleitas).
“Se marzo volve o
rabo, adeus ó teu gando”.
“Ralva en marzo,
bima en S. Xoán, sembra en outubro e collerás pan”.
“O que queira
ovellas catro, rapeas no mes de marzo”
"Cada cousa no
sou tempo, i o aire no mes de advento".
"Todo o excusa
o allo, menosa pica de marzo".
CHEGOU A CUARESMA DE MARZO.
"Adeos martes
de entroido, adeos meu amiguiño, asta domingo de Pascoa non comerei máis
touciño".
"Gran pesar me
pone con su venida la Cuaresma dolorida"
"La Cuaresma y
la justici para los ruines"
"La Cuaresma y
la cadena para los pobres hecha"
La Cuaresma solose
hace corta al que tiene que pagar en Pascua"
"Para el pobre
la Cuaresma para el rico el carnaval"
REFRANEIRO DO MES DE ABRIL:
“En abril augas
mil, pero que caiban todas nun barril” (pola xusta caída de augas).
“Se queres ovellas
mil, rapa en abril; se queres ovellas catro, rapa en marzo”.
“Cando entra o sol
en Aries, crecen os días e múdanse os aires”.
“En abril augas
mil” (O Bierzo é un país moi chuvioso).
"En
abril déixame dormir, que en maio de sono me caio".
"As chuvias de
abril e maio son as mellores do ano".
“Choiva para vos
todo o ano, e para min en abril e maio” (malos desexos para os demais).
“Entroido o sol,
Pascua o tizón”.
"Abril
rematado, inverno ido".
"Abril frío,
pan e viño" (mes bo para as colleitas posteriores).
CONSELLOS
AGROGANDEIROS DO MES:
“Polo san Xorxe (23
de abril), nin na terra nin no pote” (polos garabanzos, segundo Fernando Bello
Garnelo).
"En marzo,
podar e cavar, se queres colleitar".
"Abril
renegril, mete o gocho no seu cubil, o ovella no seu cortello e o boi no seu
carril".
"Os garabanzos
por S. Marcos (25 abril) nin nacidos nin no saco"
“Se queres ter bon
millo, por San Marcos (28 de abril) nin nacido nin no saco.
REFRÁIS SOBRE
ANIMAIS.
“O que queira
ovellas mil, rapeas no mes de abril”
“Se o cuco canta o
vinte de abril, é que está enfermo ou vai morrer”.
"Abril ten
cara de beato e uñas de gato" (pola variación do tempo climatolóxico)
“Mañás de abril,
deixa de máis durmir” (polas mañás de moita chuvia).
"Abril e maio
son as chaves de todo o ano".
“Pascuas marcíais,
fames e mortandades”.
“En abril, espigas
mil”.
"Se trona en
abril, o viño non cabe non barril".
"Arboriños que
estades en flor, librádeos da Encarnación (25 de abril) polo frío".
O BIERZO, FEBREIRO DE 2019
www.facebook.com/javierlagomestre
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home