PROPOSTAS PARA O REGULAMENTO ORGÁNICO DA COMARCA DO BIERZO
PROPOSTAS
DE MODIFICACIÓN DO
REGULAMENTO
ORGÁNICO DA COMARCA DO BIERZO
POLO
COLETIVO CULTURAL FALA CEIBE DO BIERZO.
O
Consello Comarcal de El Bierzo, administración territorial, ten aberto o
período de alegaciois do seu Regulamento de organización neste mes de agosto de
2020. O coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo aproveita a ocasión para
presentar as súas modificaciois a dito Regulamento.
OS FUNDAMENTOS XURÍDICOS.
En
primeiro lugar propoñemos o recoñocemento expreso do bilingüismo berciano. Xa existe
un recoñecemento legal a través do Estatuto de Autonomía de Castela e León
(reforma de 1999) e da propia Lei da Comarca do Bierzo (reforma de 2010), “
gozará de respeio e proteción a lingua galega nos lugares en que habitualmente
se utilice” (arts. 5.3 y 1.4 respectivamente). O Reglamento orgánico do
Consello Comarcal debe admitir ese bilingüismo administrativo de xeito expreso
no seu articulado. O Regluamento orgánico do Consello comarcal da Litera
(Aragón) recolle o bilingüísmo no seu artígo 168. Ignorar o galego na
actividade política e administrativa sería un grave incumprimento da
legxslación lingüística internacional (Carta europea das linguas rexionais ou
minoritarias, BOE. 15.9.2001), española (RD. 1111/1979, 10 de marzo, regula o
emprego das propias linguas nas actuacionis das corporaciois, BOE. 14.05.1979)
e autonómica, ademais dunha falla de respeito aos bercianos galegofalantes.
A Lei da Comarca do Bierzo (1991)
ignora a mención expresa á simboloxía berciana, casos da bandeira Cruceira, escudo
e capitalidade. O Consello comarcal ten a obriga de facer este recoñecemento
regulamentario para dignificar os seus político, institucional e
administrativo. Como exemplo ol Regulamento orgánico do concello de Gixón
recoñece a súa simbología específica
(bandeira) no seu artigo 64.
Entre
os dereitos dos ciudadans atópanse os de información e participación ciudadás.
A Lei de bases do régime local (1985) indica que “as Corporaciois locais
faciltiarán a máis ampla información sobre a súa actividade e maila
participación de todos os ciudadáns na vida local” (art. 69.1). Disto deducimos
que esa obliga de “a máis amplia información” pódese exercer mellor en varios
idiomas. No caso do Bierzo débse practicar o uso administrativo das dúas
linguas con recoñecementos legal (castelán e galego). Ese dereito de
información pública, por parte do Consello Comarcal, non se pode restrinxir ao
uso administrativo dunha soa lingua oficial cando existen dous idiomas con
recoñecemento xurídico e social. Neste senso, lembramos que dúas sentenzas, tanto o Tribunal Superior de
Xustiza de Castela e León (2002) como o Tribunal Supremo (2004), emitironse a
prol do uso administrativo do eusquera, por parte do concello do Condado de
Treviño, baseándose no dereito de información pública.
Pola
otra banda, a Lei do régime local demanda “a participación de todolos ciudadáns
na vida local” (art. 69.1). Este mandato legal insta indirectamente a fomentar
a participación dos ciudadáns galegofablantes, comunidade cultural histórica do
Bierzo, posibilitando o uso administrativo do seu propio idioma galego.
PROPOSTAS DE MODIFICACIÓN DO ARTICULADO DO
REGULAMENTO ORGÁNICO.
TÍTULO PRELIMINAR. DISPOSICIOIS XENERAIS.
Novo artigo 3. Linguas do Bierzo.
En base aos mandatos do Estatuto de Autonomía
de Castela e León (ar. 5.3) e da Lei da Comarca do Bierzo (art. 1.4) o Consello
Comarcal practicará o bilingüismo administrativo.
Novo artígo 4. Simboloxía.
A bandeira e o escudo comarcais terán a
presenza debida na actividade institucional (actos públicos, documentación,
rótulos informativos, portais dixitais, siñalización, etc
CAPÍTULO III. ESTATUTO DOS MEMBROS DO
CONSELLO COMARCAL DO BIERZO.
SECCIÓN
III. DEREITOS E DEBERES DA CIDADANÍA.
Artígo
75. Dereitos e deberes.
1. 1. Son dereitos e deberes da cidadanía os recoñecidos
na Lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das bases de Réxime local e os
establecidos nas leis.
2. 2. Para facilitar a participación da cidadanía
posibilitarase o bilingüismo (castelán/galego) mediante o uso oral e escrito
(papel, informático, electrónico e telemático).
3. 3. O dereito á información pública exercerase
favorecendo o bilingüismo mediante a progresiva divulgación dos dous idiomas do
Bierzo con recoñecemento legal.
O O BIERZO, AGOSTO DE 2020
1 Comments:
Enhorabuena de parte del Colectivo El Bierzo Existe www.elbierzoexiste.wordpress.com
Publicar un comentario
<< Home