jueves, junio 12, 2025

VALDEORRAS E O BIERZO ANTISEÑORIAIS

libro El Bierzo provincial.


VALDEORRAS E O BIERZO ANTISEÑORIAIS,

Por Xabier Lago Mestre.

Coma resulta lóxico dúas comarcas veciñas desfrutaron dunha historia común que muitos descoñecen. Referímonos hoxe ás rexiois de Valdeorras e O Bierzo. Por iso queremos dar a coñecer certos acontecementos centrados nas desputas antiseñoriais xurdidas nas dúas zonas nos séculos XVIII e XIX. Dende logo que nestas datas que mudan de século foron mui importantes. Temos a execución das políticas dos gobernos ilustrados, co seu lema. “todo para o pobo mais sen o pobo”. Para logo vir as guerras napoleónicas que atacaron o chamado Antigo réxime (Coroa, señoríos, tribunais, etc). Para rematar co triunfo do réxime liberal que impuxo a Constitución, o Parlamento, as provincias, etc.

                Así pois comezamos no século XVIII cuxa documentación nos indica o devir histórico de ámbalas dúas comarcas. O réxime señorial estaba controlado pola alta nobreza (marqusado de Vilafranca e condes de Ribadavia) e polos mosteiros (Carracedo, san Pedro d Montes, Espiñareda, etc). Por suposto exercían o seu poder con man de ferro, baseándose nos privilexios concedidos polos diversos reis dende a Idade media. Ademais contaron coa execución discrecional dos seus poderes xurisdicional e fiscal para someter aos seus vasalos. Por suposto, estes tiveron muitos abusos que soportar mais tamén souberon resistir douto xeito. Velaí o caso dos preitos ante a Chancelería de Valladolid, as fraudes no pago de impostos, queimas de arquivos señoriais, protestas individuais e coletivas, etc.



                Os señores ataban aos seus vasalos mediante foros agrarios, os casi muitas veces foron cedidos a cabezaleiros para a súa administración. Os veciños de Mosteirós preitearon contra os abusos do seu cabezaleiro ante o alcalde maior de Vilafranca (1769). Neste caso chegaron a acusar ao oficial señorial de abusos xudiciais, po actuar “no solo de corregidor sino de juez preventivo y de apelación” (1769). Noutra ocasión, son todos os concellos da meirindade de Corullón, en “junta especial”, os que protestan contra o dito alcalde maior. Os concellos indican que “se quiere intruja en ejerces xuridicion hordinaria”, e non respetar ao seu “merino o gobernador que al presente se le da el tratamiento de Alcalde Maior” (1779). Outro tanto aconteceu no couto de Corrais e Vilar, onde se acusa ao sobredito oficial señorial de “en perjuicio de su jurisdicción ordinaria se entromete a quebrantársela, usurpando sin título, razón ni causa que lexitima sea el Alcalde Maior de la Vª. de Vªfranca del Bierzo” (1788). Máis longo foi o preito entre os lugares da gobernación de Valcarce a prol do cese do seu gobernador nomeado polo marqués (1785-1791).  

                Polo que se refire a Valdeorras, os seus veciños protestan polo “nombramiento y elección y alcalde y regidores de la dicha tierra” (1632). Curiosamente no ano seguinte hai un convenio entre o conde de Ribadavia e villa e terra de Valdeorras sobre o cobro de rendas señoriais, xa que se tiñan queimado os papeis onde constaban os títulos. Na provincia do Bierzo, Camponaraia preitea co mosteiro de Carracedo polo pago dos cuartos e quintos do cereal collido na devesa do Fabeiro (1693). Os pedáneos da xurisdición de Valdeorras tamén se queixan polo pago da regalía dos xamois (1779). E na provincia do Bierzo, Cortigueira preitea co seu señor sobre non facer residencia aos oficiais e si visita conforme a real lei (1725).

                Á hora de pagar os impostos señoriais sempre hai diferenzas entre fidalgos e pecheros. Velaí a causa de numerosos preitos entre ámbolos dous grupos, coma en 1702 en Valdeorras ante a presenza de intrusos no estado dos fidalgos. Outro tanto acontecera na xurisdición de Vilafranca polo mesmo motivo (1734) e na vila de Carracedo (1735).



                Por suposto os señores, laicos e eclesiásticos, compiten polas terras, vasalos e rendas. Por iso fan un esforzo por delimitar ben as súas posesiois en Valdeorras. Hai documentación da presentación dos privilexios que ten o mosteiro de Carracedo nesa comarca (1713 e 1746), outro tanto acontece con san Pedro de Montes (1738, apeos de 1677 e relación de preitos en 1757). O administrador do conde de Ribadavia manda facer reparto para a cobranza da “talla servintia” ou dereito de vasalaxe (1804). Por suposto os vasalos protestas, mais o avogado dos Reais Consejos constata a regalía do dito conde en Valdeorras.

                Xa no século XIX, a Guerra de independencia favorece a crise dos señoríos (queima de arquivos, destrozo de colleitas, impago de rendas…), ademáis da posterior revolución liberal que executa políticas de liberalización de terras (abolición de señoríos, desamortizaciois eclesiais…). Os debates políticos sobre a supresión dos señoríos son obxeto de atención polos vasallos. Neste senso, houbo un protagonista principal en Valdeorras. Trátase do convento dos Trinitarios de Correxáis, cuxos monxes foron acusados de difundir panquíns antiseñoriais nas feiras de Valdeorras (1812), instando ao impago de rendas. Por suposto, ditos monxes foron acusados polo conde de Ribadavia, xulgados e desterrados de Galicia. Esta rebeldía do pequeño convento non foi secundada polos grandes mosteiros bercianos (Carracedo e san Pedro de Montes) que tiñan grandes intereses señoriais en Valdeorras.



                En 1812 as localidades de Valdeorras demandan os títulos de señorío e vasalaxe aos seus señores. Por suposto, a xustiza é lenta e alonga os preitos todo o que pode en beneficio dos señores. O preito ten sentenza absolutoria para os señores en 1829. Xa sabemos que se restan os dereitos de xurisdición aos señores, os cales alegan ter dereitos territoriais para seguir cos seus privilexios. En Corullón reúnense localidades do marquesado para queixarse ​​contra o alcalde maior do marquesado (1814), “de los crecimientos salarios que exigen además de las estorsiones que son consiguientes extraiendo con la mayor violencia y sin ninguna consideración los bienes y efectos destos naturales”. Corullón comanda de novo as protestas tamén en 1815 e 1817, alegando a autonomía histórica desta vila fronte ao poder marquesal.

En febrero de 1816 Valdeorras protesta contra abusos señoriais, “exigiendo por estos medios y sin otro principio ni origen notoriamente conocido que el señorío jurisdicional, diversas prestaciones así reales como personales, se han hecho dueños de montes, ríos y rentas, alzándose en un todo en lo territorial y figurándose dueños del país”. Mentres que en abril de 1816 se queixan das “exobitantes prestaciones les tienen constituidos en la mayor miseria, de forma que no les queda fruto que sembrar ni comer”. Velaí que o procurador de Valdeorras propoña “lo ventajoso que les seria salir del yugo tan insoportable, pasando al suave y dulce de SM aunque para ello tengan que hacer sacrificio de quanto posehen”. Si, queren deixar a dependencia señorial para pasar a ser de reguengo. Recordemos que Ponferrada era vila reguenga dende 1486 e ben podería servir de exemplo.



As reformas liberais del XIX (supresión de terras mortas, inquisición, diezmos, voto de Santiago, etc) provocaron unha dura resistencia do sector eclesial (bispos, monxes e párrocos). Neste caso salientamos o informe elaborado polos cregos de ”los pueblos que se componen la Merindad de Aguiar en la provincia del Bierzo” (1817) que amosaron o seu apoio á dependencia xudicial de Vilafranca. Recordemos que estes cregos rurais desfrutaban dos beneficios en freguesía dependentes da colexiata de Vilafranca, creada polos marqueses no século XVI. Ademais este informa forma parte dun expediente creado a instancia de Vilafranca para integrar localidades no seu partido.

En 1829 hai unha executoria dun preito para a incorporación á Real Coroa das localidades da xurisdición de Valdeorras cos seus frutos, rentas e aproveitamentos. Agora o marqués de Camarasa tivo que achegar numerosos títulos señoriais de posesión deses lugares. Mentres que as acusaciois antiseñoriais continuaron en 1840, cando A Rúa, Vilamartín e Petín denunciaron ao marqués de “ocupar terrenos que eran de los pueblos y sujetarlos a prestaciones indebidas”.

O Bierzo, xuño de 2025.



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

viernes, junio 06, 2025

DICHOS POPULARES ENTRE LEÓN Y EL BIERZO.

 

 

Libro El Bierzo provincial.

DICHOS POPULARES ENTRE LEÓN Y EL BIERZO,

Por Javier Lago Mestre,

Autor del libro El Bierzo provincial (2021).

LAS DISPUTAS TERRITORIALES.

“De León, al otro lado”

“Amigo de León,

tuyo si, mio no”

“Alén de Foncebadón

está León cazurrón.

Acá de Cruz de Ferro,

O Bierzo galegueiro”

“El Bierzo, acá do Manzanal,

León, alón de Foncebadón”

“León para alá,

alén do porto do Manzanal”

“Galego e berciano, semos irmanos,

cabreirés, leonés e montañés,

nones para tres”.



“De León??... a Foncebadón.

do Bierzo, no vieiro galego”

“El Bierzo es refuerzo,

ante la Diputación, oposición!

que León es felón”.

“Para León máis nos dominar,

O Bierzo mellor calar”

“Non gusta en León,

O Bierzo rebeldón”.

“El Bierzo y León,

diferentes son”

“León mirar chairego,

O Bierzo mirar galego”

“León recela de Castela,

O Bierzo galego certo”

“León todo coloniza.

El Bierzo está en liza,

bilingüal

comarcaliza,

aquel coleriza”

“León out of Castilla,

El Bierzo with Galiza”

“O Bierzo irredento,

León descontento”.

“Cando o Bierzo berra,

en León pelexa”.



“El Bierzo y León

tan distintos son”.

“Ni Castilla nin León,

O Bierzo galegón”.

“Castela-león chairosos,

O Bierzo montañoso”

“León… al otro lado”

“Castela-León douros,

O Bierzo sileiro” (cuestión de ríos)

“Alen de Foncebadón,

está león cazurrrón.

Acá de Cruz de Ferro,

O Bierzo galegueiro”

“León segregación,

O Bierzo anexión”

“Manzanal y Foncebadón,

portas bercianas son”

“O Bierzo ben gardado,

León encastelado”

“Se o Bierzo non planta,

León non xanta”

“León con Asturias casa,

O Bierzo pasa”.

“León e Asturias curmáos,

O Bierzo e Galiza irmaos”



“Riañu cantabru,

O Bierzo galego,

Mansilla de Castilla,

Laciana asturiana,

León sin garra,

ya no agarra”

“Tras do Manzanal León,

O Bierzo con Foncebadón”

“Después de Manzanal León,

porto do Bierzo é Foncebadón”

“Subo para León,

baixo para o Bierzo”

“León berrador,

O Bierzo rondeiro” (rondas)

“El Bierzo sin León,

es nuestra decisión”.

“Si Collanza castellana,

y el Bierzo gallego son,

y la montaña asturiana,

¿Qué le dejas a León?”



“El Bierzo con León,

es nuestra perdición”

“León es opresión,

El Bierzo es liberación”

“Ellos leonesistas,

O Bierzo secesionista”

“León separatista,

O Bierzo anexionista”

“Se o Sil fose viño,

Non chegara ao Miño”

“O Bierzo rexión sileste,

León que non moleste”.

“Castilla y León

diferentes do Bierzo son”

O BIERZO, XUÑO DE 2025.  


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

jueves, junio 05, 2025

POLO NOSO ARQUIVO REXIONAL BERCIANO.

libro El Bierzo provincial

`

POLO NOSO ARQUIVO BERCIANO,

Por Xabier Lago Mestre.

Todos temos amplas bibliotecas particulares nas nosas moradas. Seguimos mercando libros e xa non sabemos onde metelos. Hai tempo que muitos exercemos o bo costume da doazón de libros para as bibliotecas públicas da rexión do Bierzo. Incluso hai herdeiros que botan os libros vellos para os contedores de lixo. Todo isto vén a conta de que recentemente quixen facer outra doazón de libros a unha biblioteca de Ponferrada e dixeron que xa non recibían máis por falta de espazo para gardalos.

                Cavilando nesta problemática cultural cheguei a unha conclusión. Estaría ben que o Consello comarcal do Bierzo tomara o protagonismo neste tema sobrandeiro. Quero dicir que entre as súas competencias está a materia cultural, onde se poden incluir o tema das bibliotecas e arquivo histórico. O Bierzo necesita un novo centro cultural que inclúa unha biblioteca, un arquivo e un museo. Por suposto, a mellor localización para este centro sería Vilafranca do Bierzo. Incluso hai un edificio tan especial coma san Nicolás o real, sede da antiga Deputación provincial do Bierzo. Dicimos todo isto porque pensamos que a futura biblioteca de Gil y Carrasco, ademáis das bibliotecas da Casa da cultura de Ponferrada e do Instituto de estudos bercianos axiña estarán ateigadas de libros.



                A proposta de novo centro cultural do Bierzo ben podería dar preferencia aos temas locais. Este é o caso da ampla bibliografía berciana (historia, filoloxía, etnográfia, medio natural, mineiría, etc). Ademais de ter un arquivo fotográfico froito da doazón das familias bercianas que herdan dos seus parentes falecidos. Polo que toca ao arquivo, os historiadores bercianos contamos con abundante documentación foránea. Para a realización de libros e artigos históricos temos estudado diversa documentación atopada en lonxanos arquivos (León, Simancas, Valladolid, Sevilla, Madrid, etc). Toda esta documentación consultada non se pode estragar, mellor estaría conservada no dito arquivo berciano. Qué podemos dicir da documentación das vellas minas do Bierzo que hai que recompilar e conservar no futuro arquivo. Outro tanto acontece cos xornais antiguos do Bierzo, un patrimonio documental privado muy valioso, que mellor estaría protexido no dito arquivo berciano.

                Coma exemplo de todo isto temos o caso do “Archiu Istoric Generau d´Aran” que xa ben conserva o seu patrimonio documental. Porque en Catalunya está presente a creación de arquivos comarcais pola súa Lei 10/2001. Todo o contrario acontece en Castela e León, onde non se regula a creación de arquivos comarcais na súa lexislación. Iso si, permiten arquivos centrais, territoriais, provinciais e locais. Por suposto, a Lei da Comarca do Bierzo non recoñece expresamente entre as súas competencias a materia de bibliotecas e arquivos (art. 4). A autonomía do Bierzo sempre ben recortada


.

                A rexión do Bierzo ben merece ter un centro cultural amplo que recolla noso variado patrimonio histórico. Ben sabemos do valor que teñen eses documentos vellos para coñecer noso pasado identitario (bercianismo, linguas, comunidades rurais…) e institucional (provincias, señoríos, mosteiros, xuntas veciñais…). Oxalá os políticos locais entendesen desta importante tarefa cultural, porque dos políticos foráneos pouco podemos agardar. Ainda resta muito daquelas vellas dinámicas de levar todo para a cidade de León. Recordamos cando, aproveitando a desamortización monástica, levaron para o museo de León libros e documentos de Carracedo e san Pedro de Montes (1842). Que pregunten onde está o roubado Calvario de Corullón, en León claro!. E centos de pezas relixiosas do Bierzo están pechadas no museo dos Camiños de Astorga.

                Por todo o dito, O Bierzo necesita ter o seu centro cultural propio sen dependencias alleas. Un centro con biblioteca, arquivo histórico e museo. Non queremos un contedor de pezas soltas senón algo dinámico que fomente a nosa cultura berciana no século XXI. Capaz de xerar debate plural e tamén interlingüístico. Porque o idioma galego debe ter a presenza que outras instituciois, propias e foráneas, sempre lle negan. Convén un centro cultural capaz de rachar coas fronteiras mentais e políticas que nos afastan dos nosos veciños da Galiza.



                Non pasamos por alto da dificultade de acadar ese centro cultural por fata de cartos públicos. Recordemos que aínda o Consello comarcal non ten sede propia e lastra os pagos dos alugueres. Mais into non quita a reclamación popular dun centro cultural berciano que se debería demandar ás instituciois foráneas (Deputación, Junta de Castela e León e Estado). León ten o seu museo e biblioteca provinciais sen embargo ao Bierzo non se lle negan iguais dereitos por mor do centralismo secular. Oxalá non nos pase coma na veciña Valdeorras onde levan décadas pedindo un museo para o seu patrimonio comarcal e seguen a agardar un mellor tempo político.

O Bierzo, xuño de 2025.


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

miércoles, junio 04, 2025

A OUTRA TEBAIDA BERCIANA.

libro El Bierzo Provincial.


A OUTRA TEBAIDA BERCIANA,

Por Xabier Lago Mestre.

A sona da Tebaida berciana ten a súa orixe na Idade media polo seu desenvolvemento monástico. Sen embargo, non se sabe tanto da evolución na Idade moderna. Por iso toca ver un chisco desa outra historia descoñecida da abadía de san Pedro de Montes. Principiamos a fines do século XV coa reforma monástica que promoveron os chamados Reis católicos. Trala conquista militar do Bierzo ante a rebelión do conde de Lemos, Rodrigo, a Coroa fíxose co control das importantes abadías, casos de Carracedo, Espiñareda e Montes. Dende Valladolid se remesaron reformadores que bateron cos abades locais.

Por suposto, ante as resistencias bercianas a Coroa ordenou ao correxidor de Ponferrada apoiar aos reformadores estranxeiros. No caso do mosteiro de Montes, o seu abade, Estacio Noreña, non deixou entrar ao reformador bieito visitante que contou coa axuda do dito correxidor. Finalmente o poder real e eclesial foráneos venceron, e o abade tivo que abandonar o mosteiro (1505) e renunciar ao seu cargo. Depois o novo abade, Diego de Burgos, pediu axuda ao correxidor e quitou as varas da xustiza aos antigos xuíces, coma mostra do seu poder señorial (1506). Outra consecuencia posterior da reforma foi o intento de integrar o mosteiro berciano en san Vicente de Salamanca (bula de 1535), polo cal había que contribuir para os estudos na cidade charra. Mais este proxeto unionista fracasou, e en 1541 voltaron a separarse. 



Os problemas continuaron cando o correxidor exerceu a súa xurisdición no val da Valdoza, por mor da persecución de malfeitores que procuraban a inmunidade monástica. Por iso o arcediano do Bierzo fixoulle censuras eclesiásticas (1521), sendo a propia Coroa quen demandou o alzamento daquela excomunión. O mosteiro de san Pedro de Montes exercía o seu poder señorial principalmente sobre a Quintería de Montes e mailo val da Valdoza, ademáis doutros territorios, “en el marquesado de Villafranca, en tierra de Cabrera, en la Ribera de Urbía, en el partido de Baldeorras, en el condado de Riba de Avia, en la provincia del Bierzo, en la tierra de la ciudad de Astorga” (1702). Sabemos que cada concello nomeaba un procurador, e que había un procurador xeral de todo o val da Valdoza. Ademais, a Quintería tiña un procurador e ordenanzas.  Incluso os novos abades tiñan de xurar os usos e costumes en Valdefrancos, onde a terra se xuntaba en concello xeral (1554). Os concellos preitearon co mosteiro porque éste se negaba a facer xuízos de residencia aos oficiais de xustiza da Valdoza (1597), todo fora por non cuestionar a xustiza señorial tan pouco independente. 

Gobernar este amplio espazo señorial non foi doado, velaí a diversa conflitividade social. Diversos concellos veciños desputaron os seus términos co mosteiro. Os Barrios de Salas defenderon o considerado seu en varias ocasiois (A Piquera, 1501, pontón de Fonlevar, 1502, Valcabado, 1514), e entraron no couto da Valdoza para pastar, facer cortas de madeiras e rozas, polo que o correxidor de Ponferrada, Juan de Torres, tivo de ditar sentenza a prol de san Pedro de Montes. Antes, houbo desputas interseñoriais pola posesión da Ribera de Urbía, que demandaban os marqueses de Vilafranca e o conde de Benavente, que se resolveu a prol dos laicos coa concordia de 1497.



 O correxidor de Ponferrada, Juan de Montalvo, tamén ditou sentenzas a prol do mosteiro, nos asuntos das sernas (traballos comunais de balde para o abade), e contra dos que vivían fóra e tiñan terras forais do mosteiro (1512). Convén recordar o importante arquivo monastico que existía, cheo de documentos medievais que fundamentaban o seu poder señorial en privilexios históricos fronte ás demandas dos seus vasalos. Mercedes reais que teñen sido verificados como falsos por historiadores coma Mercedes Durany e Leticia Agundez (2016). Lóxicamente aquela xustiza estaba feita para defender os intereses dos privilexiados (Igrexa, nobreza e Coroa) fronte aos vasalos. Exemplos de inxustizas temos a esgalla, como cando non se lles concedeu concello propio aos da Quintería de Montes (1533). Tamén había obriga de pago de dúas perdices para a concesión de licencia para facer casas (1578), ou de pagar por mortes de vasalos sen herdeiros (1518). Os veciños de san Clemente tiveron que preitear para ter o control do seu souto ante a oposición do mosteiro (1532). En 1560 Vilanova da Valdoza protestou pola demanda dos dezmos e quintos do que labrasen por parte do mosteiro. Os preitos interconcellís polas terras foron abundantes. Así aconteceu entre a Quintería e Llamas da Cabreira (1560). Outro tanto sucedería entre Ferradelo con Vilavella (1560) e con Pombrego (1574).

Ante as necesidades financeiras da Coroa de Castela, Felipe II conseguiu bula do papa Gregorio XIII para vender posesiois monásticas. En tempos de Carlos I san Esteban da Valdoza pasou a realengo, a integrarse na gobernación de Ponferrada. Mentres que Vilanova da Valdoza foi vendida ao seu párroco (1588), e logo aos veciños e finalmente a compraron os marqueses de Vilafrranca.  Por certo, san Esteban da Valdoza preiteou durante anos co mosteiro pola paraxe de Fonlevar (1670).



No século XVII hai unha crise xeneralizada, económica, señorial, política, internacional, etc. O mosteiro de san Pedro de Montes reforzou a administración dos seus bens. Velaí as “Memorias de las Advetencias que conviene saber el que goberna esta casa de San Pedro de Montes” (1597), e o “Memorial de Plácido de las Regueras” (1669), ademáis da realización de apeos de términos (Vilanova e santa Lucía en 1670 e 1672). Incluso o mosteiro preitea con xuices e rexidores locais acusados de quedarse con certas penas (1672). E continúan os preitos por términos con Santo Alexandre (Santalavila, 1622) e por Fonlevar (san Esteban, de 1520 a 1670).

A Coroa presionaba aos seus oficiais para recadar impostos sen fin. O mosteiro alegaba que os seus quinteiros estaban exentos de pagar tributos reais. Agora ben, intentouse cobrarlles en 1606, por iso o abade tivo que presentar a documentación xutificativa desa exención para gañar o preito con Facenda. Mais posteriormente os coxedores de León voltaron a intentalo en 1669. Polo que o abade tivo que acudir ante o correxidor de Ponferrada e o alcalde maior de León para conseguir autos favorabeis aos seus vasalos. Os cales quedaron exentos de pagar con soldados, moneda forera, nin servizos ordinarios e extraordinarios. Estaban claras as intenciois eclesiais, menos pagar á Coroa para pagar sen desculpas ao mosteiro.



Xa no século XVIII houbo enfrontamento entre o bispado de Astorga e os mosteiros bercianos. Tratábase de que o primeiro quería ter o control das pesentaciois eclesiásticas, ao que se negaron os abades cun preito ante a Real Cámara (1773). As ferrarías por parte do mosteiro tamén provocaron conflitos cos concellos, casos de Penalba e Santalavila (preito en 1744 e compromiso de 1787 respetivamente). As protestas veciñais foron polas consecuencias dos arranques das raiceiras de uces para facer carbón que destruían pastos e erosionaban o terreo coa axuda das fortes chuvias. De novo os fortes investimentos monásticos nas ferrarías prevaleceron sobre os intereses ecolóxicos e veciñais.  

O pior foi no século XIX coa guerra da antinapoleónica que atacou o réxime señorial e a posterior revolución liberal que aprobou a desamortización monástica de 1835. Isto representou a fin do noso mosteiro de san Pedro de Montes, tanto do seu patrimonio arquitectónico, artístico e documental. Por exemplo sabemos do traslado de libros e documentos á biblioteca e ao museo da cidade de León en 1842.

 

O Bierzo, xuño de 2025.



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es