jueves, mayo 09, 2024

ESA CULTURA PROVINCIAL LEONESA

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL


ESA CULTURA PROVINCIAL LEONESA,

Por Xabier Lago Mestre.

            A Deputación de León vén realizar unha política cultural desde a súa creación en 1833. Esta longa historia provincial ten graves carencias para muitos. Referímonos a que esa atividade cultural secular pasa muito da presenza de todo o referido ao  galego do Bierzo. Case que podemos ben dicir que ignora a cultura galega da parte da cidadanía provincial. Cantos actos culturais, organizados pola Deputación, teñen sido en galego desde 1833? Cantos libros foron editados en galego? Cantos artigos en galego xorden nas súas revistas, casos de Tierras de León e Feje?.

            Seguimos a agardar a edición dos cadernos pedagóxicos para escolares, do Instituto leonés de cultura, sobre a presenza secular do idioma galego no Bierzo. Iso si, que non volten a falarmos da confusa terminoloxía ideoloxizada, casos de galegoleonés, berciano ou diversas falas locais segundo os diversos vales veciños. Non queremos que nos fagan igual que en Asturias, que sempre que poden negan o galegoasturiano para falar do eonaviego máis localista. Porque non van confundirnos máis, os bercianos temos claro que falamos lingua galega, a mesma que na Galiza, asumindo a dialetización territorial secular e a normativización de hoxe. Que saiban  que nesta réxión estudamos sen problemas tanto galego coma portugués (Bembibre, Villablino e Ponferrada), idiomas irmaos de grande presenza internacional. Que para nada queremos illarnos por mor dunha política cultural foránea de restauración de falas locales.



            Non se entende que a Deputación de León teña unha atitude histórica tan pasiva coa lingua galega do Bierzo. Só podemos dicir que hai unha clara política cultural antigalega que chega até hoxe. Salvo o Día do galego no Bierzo (9 de marzo), cando un representante do dito Instituto leonés diserta en galego para demostrar o seu apoio á nosa cultura berciana, por iso financia parte dese acto cultural (premios escolares Antonio Fernández y Morales). Xa sabedes! Vén ao Bierzo a facerse a foto para publicala na súa rede social X, coma xustificación da súa persoal política.

            De cando en vez imos para León a visitar a nova biblioteca do Instituto leonés de cultura. Na última ocasión fixemos doazón do libro “El Bierzo provincial”. Pois ben, depois dun mes desde a entrega, comprobamos que aínda non consta no catálogo eletrónico dos seus libros. Por pura lóxica, chamamos á dita biblioteca para saber de tal ausencia. A información que nos dan é que non hai espazo para amosar dito libro ao público. Curioso! Entón, para qué reformaron o edificio do Instituto leonés de cultura?. Agora resulta que non teñen espazo físico tralo importante gasto de modificación do centro cultural. O máis abraiante é que tampouco consta a presenza do libro “El Bierzo provincia”, de Miguel García González. Será que non contan con presuposto abondo para mercar libros bercianos provincialistas?. En fin o provincialismo berciano non ten cabida aínda no dito centro provincial leonés. Non vexamos mala intencionalidade política.



            Aínda recordamos cando na década dos noventa do século XX doamos libros en galego para o bibliobus da Deputación de León que percorría as localidades do Bierzo. Daquela, o funcionario que recolleu a nosa doazón de libros en galego para escolares amosou certa sorpresa por aqueles raros exemplares. Non sabemos se por estar escritos en galego ou polo noso altruista xesto. O certo é que aquel bibliobús non tiña anteriormente nin un libro en galego, a lingua familiar e tradicional de muitos dos seus leitores do Bierzo ocidental. Non debería a Deputación leonesa mercar libros en galego para as bibliotecas municipais do Bierzo?.  

            Neste século XXI non se pode entender que os galegofalantes do Bierzo teñamos que agardar as migallas económicas que nos ofrecen a Deputación de León e Junta de Castela e León para a promoción do noso idioma. Quen pode cavilar en que as políticas culturais destas instituciois van promocionar a nosa lingua. Esas dúas administraciois miran polas súas linguas, castelán e leonés, por pura lóxica política rexionalista. Para eles o galego non representa un compromiso político sentido, só unha obriga legal foránea, polo mandato do Estatuto de autonomía de Castela e León (artigo 5). Mais a xustiza política vai por outro vieiro. Debería ser o Consello comarcal do Bierzo quen detentase a competencia de fomento do galego, sen intervenciois alleas (nin Deputación nin Junta). O Consello comarcal é a administración máis cercana (principio de subsidiaridade), en contacto direto cos cidadaos galegofalantes. Qué pintan xerarcas de León e Valladolid facendo política cultural a prol do galego? Executemos a lóxica política fronte a imposiciois alleas.

O Bierzo, maio de 2024.  



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

viernes, mayo 03, 2024

FALA CEIBE CRITICA LEY DEL PATRIMONIO CULTURAL DE CASTILLA Y LEÓN,

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL


FALA CEIBE DO BIERZO CRITICA

LEY DEL PATRIMONIO CULTURAL

DE CASTILLA Y LEÓN,

El colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo critica el proyecto de Ley del Patrimonio cultural de Castilla y León por ignorar la presencia de la lengua gallega. Resulta lamentable la pretensión política de ocultar, una vez más, la protección del gallego en un texto legislativo autonómico por parte de las Cortes de Valladolid.

            En dicho proyecto de Ley del Patrimonio cultural de Castilla y León se hace referencia a que “también forman parte del mismo el patrimonio documental bibliográfico y lingüístico” (artículo 12.1). Más adelante se concreta el contenido del patrimonio lingüístico, “tradiciones y expresiones orales, incluidas las modalidades y particularidades lingüísticas como vehículo del patrimonio cultural inmaterial, así como la toponimia tradicional como instrumento para la concreción de la denominación geográfica de los territorios” (art. 22.1.b). Resultan curiosas estas menciones que sólo sirven para ocultar la presencia actual de la lengua gallega en O Bierzo y As Portelas da Seabra.



            Al final de dicha Ley, en su disposición adicional 1ª, aparecen nuevas referencias al patrimonio lingüístico. Nada se concreta en su regulación jurídica, “se regirá por sus normas específicas”, y “Administraciones competentes adoptarán las medidas oportunas tendentes a la protección y difusión”. Toda actuación administrativa de carácter lingüístico se pospone a un futuro incierto, “se regirá” y “adoptarán”. Esto se llama falta de compromiso político con el destino del patrimonio lingüístico. A esto unimos la discriminación lingüística que supone referirse al ”castellano y resto del patrimonio lingüístico de la Comunidad”, se menciona el castellano pero se ignora el idioma gallego, con clara intencionalidad política de subordinación y ocultación para nuestra lengua minorizada.   

            Recordamos que la lengua gallega está reconocida expresamente en el Estatuto de autonomía de Castilla y León, “gozará de respeto y protección la lengua gallega en ls lugares en que habitualmente se utilice” (art.5.3). Por eso no se entiende que en la mencionada Ley del Patrimonio cultural se oculte deliberadamente la concreción lingüística para el idioma gallego. Además, indicamos que ante la falta de una Ley autonómica de Lenguas de Castilla y León, resulta lógico que se pida una regulación parcial del gallego en este proyecto de Ley del Patrimonio lingüístico.



LA GESTIÓN LINGÜÍSTICA DEL GALLEGO.

            La gestión del patrimonio cultural de Castilla y León tiene su concreción en la mencionada Ley, en los llamados “principios de gestión sostenible” (art.3). Está claro que la gestión de la lengua gallega debe ser reconocida para el Consejo comarcal de El Bierzo, en base al principio de subsidiariedad, es decir, la competencia para la administración más cercana a los ciudadanos. Por eso no se puede admitir que la Junta de Castilla y León o la Diputación de León (su Instituto leonés de cultura) gestionen hoy la competencia cultural en lo que se refiere al gallego de El Bierzo, por ser una materia lingüística totalmente ajena a sus intereses particulares.

            Insistimos en que hay que reconocer jurídica y expresamente al Consejo comarcal de El Bierzo la competencia en materia de cultura y lengua gallegas. Así esta gestión cultural comarcal supone preservar la singularidad lingüística berciana (diferente a la de Castilla y León), su conocimiento e investigación, el fomento del gallego (normalización), promover su enseñanza, el intercambio cultural con Galicia o la concreción territorial (según criterios históricos, toponímicos y de hablantes). Además, tanto la Junta de Castilla y León como la Diputación leonesa deben comprometerse a crear un “Centro da cultura galegoberciana” en Vilafranca do Bierzo, para recopilar nuestro patrimonio inmaterial y dinamizar dicha lengua en el siglo XXI.



            Fala Ceibe do Bierzo insiste en que la singularidad de la lengua gallega en Castilla y León obliga a su reconocimiento jurídico en el proyecto de Ley del Patrimonio cultural que se tramita en las Cortes de Valladolid. Es hora de aprobar una norma legal que concrete parcialmente la protección jurídica del idioma gallego, en base a sus especiales características (minoritaria, aislada, periférica, vinculación con Galicia, etc.

            Hay una dinámica continuista de falta de debate político, cuando no ocultamiento, sobre el contenido del proyecto de Ley del Patrimonio cultural de Castilla y León. Por eso el colectivo Fala Ceibe do Bierzo difunde estas propuestas para activar el debate social y mediático locales, a través de los medios de comunicación.


O Bierzo, maio de 2024.




http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

miércoles, mayo 01, 2024

OS LIMITES PROVINCIAIS DO BIERZO.

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL


OS LÍMITES PROVINCIAIS DO BIERZO,

Por Xabier Lago Mestre.

A rexión do Bierzo ten uns límites xeográficos bastante clarexos. Polo oeste as serras dos Ancares, do Courel e dos Cabalos, polo sur as serras da Enciña da Lastra e montes Aquilanos, polo leste os montes de Foncebadón e Manzanal, e finalmente, polo norte, a serra de Gistredo. Estes fitos orográficos serven para diferenciarmos das rexiois veciñas, casos de Asturias, León e Galicia. Mais tamén hai de ter en conta os lindeiros políticos e históricos que delimitaron O Bierzo. Concretamente hoxe, fixarémonos nos que estableceron as distintas provincias bercianas.

            Comezamos coa provincia berciana de 1486 que crearon os chamados Reis católicos. Por mor dos censos fiscais da Idade moderna (séculos XVI ao XVIII) coñecemos ben eses lindeiros administrativos da nosa institución provincial. A dita provincia do Antigo réxime tiña como novidades a inclusión da xurisdición de Lucillo, sita na Somoza maragata, no val do río Duerna. Ademais, integraba a comarca da Cabreira (Alta e Baixa, coas terras de Lousada e Ribeira) que formaban parte do marquesado de Vilafranca do Bierzo. Na dita Cabreira restan os concellos galegos de de Lardeira co seu barrio de Camporedondo e Casaio. Fóra desta provincia quedaban os dous concellos de Ribas do Sil (Páramo e Palacios), que se integraban no condado de Luna. Pola outra banda, na meirindade de Aguiar estaban varios concellos galegos (Porto e Real, san Vicente de Leira, Oulego…, coñecidos popularmente en Valdeorras coma O Marquesado). Fóra permanecían Laciana e Saliente e mailos barrios (do concello dos Cilleros).   



            Os debates políticos sobre a creación da nova provincia do Bierzo foron moi interesantes no Trienio Liberal (1820-23). Os cales tiveron grande repercusión nas Cortes, nos territorios enredados (O Bierzo, Valdeorras, Lugo e León), ademais dos medios de comunicación madrileños. Por suposto, non imos entrar na pescuda destes debates que xa se analizan detidamente en varios libros e artigos históricos. Soamente dicir que o Decreto de LIX das Cortes, de 27 de xaneiro de 1822, fixa legalmente a provincia de Vilafranca do Bierzo. Engadimos que tamén se estableceron 13 distritos militares en España, o 2º distrito abranguía as provincias da Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Vilafranca do Bierzo.

            Os límites políticos desta provincia de Vilafranca incorporan novos territorios veciños, respeito a outra anterior provincia histórica de 1486. Así polo norte xorden  no Bierzo os concellos de Palacios e Páramo do Sil. Polo leste, anexiona localidades da Silva e Montealegre (Manzanal), ademais do territorio até a Cruz de Ferro, e tamén Pobradura da Serra. No lado oeste, integra a conca do río Visuña con Hórreos e A Seara (Lugo). E do sur, toma as comarcas de A Carballeda e Valdeorras, delimitadas pola serra do Eixe, que se prolonga até buscar a ponte da Cigarrosa (Petín) para cruzar o río Sil. Daquí procura a serra de Cereixido que sube para o monte Montouto e serra dos Cabalos que empecha o noso val do río Selmo.



            Non podemos pasar por alto que nos debates territoriais, pola formación da provincia de Vilafranca do Bierzo, houbo resistencias das localidades de Valdeorras.  Os concellos do chamado marquesado de Valdeorras (da antiga meirindade de Aguiar) pediron a súa integración en Ourense (abril de 1821). Pola outra banda, A Rúa e Freixido propuxeron establecer os novos límites provinciais do Bierzo na ponte da Cigarrosa (decembro de 1821). Mentres O Barco de Valdeorras presentou un Memorial (setembro de 1821) contra a “mutilación del partido de Valdeorras, desmembra las comarcas de siete ayuntamientos”. O deputado Antonio Valcarce demandou a anexión ao Bierzo do val de Quiroga e comarcas de Trives e O Bolo, mentres que o deputado Peñafiel incluso pedía a comarca de Conso (outubro de 1821).

            Para delimitar mellor as provincias de León, Vilafranca e Ourense formouse unha Comisión territorial, reunida o 31 de agosto d 1822, para tomar acordos consensuados. Velaí a decisión de que Laciana se integrase na nova provincia de Vilafranca, “Laciana al Bierzo”, sendo o seu límite o santuario de Carrasconte, que o separa da Babia leonesa. Polo que se refire a Galicia, amplíase a provincia berciana por comarcas veciñas. Este é o caso do val do río Soldón, lindeiro con Quiroga (Lugo), “hasta buscar el nacimiento del río Soldón, marcha por el curso de este río hasta su confluencia con el Sil”. Así, quedan para no Bierzo as localidades de Outeiro, Vilarmel ou Montefurado (da famosa montaña romana). Depois este límite fluvial procura a desembocadura do río Bibei. Deiquí, sube o lindeiro ribeiro polo val do Bibei até a localidade do Vao. Logo restan no Bierzo Larouco e mailo santuario das Ermidas. Menciónase a localidade de Buxán, onde deixa o río Bibei para virar ao leste na procura do Alto do Covelo e o pico san Bernabé. Esta serra segue por “los altos de sobre Ramilo”, segundo o documento consultado, que abrangue Alto Chanca, A Fraga das Galiñas, A Pedra do Coello, Ladeira Cortiñas e Pedro do Lombo.



            A comentada serra divide as comarcas da Veiga (ao norte) e de Viana (ao sur). Queremos insistir en que as terras do Bolo e da Veiga serían pois da provincia berciana. O noso lindeiro montaños chega á provincia de Zamora, onde xira para o norte, polas serras de Porto e Calva, na procura de Pena Trevinca (2.127 m.). Deste punto segue a serra da Cabreira baixa.

            Trala creación da provincia de León, en 1833, comeza a mutilación da provincia histórica do Bierzo. Formanse dous partidos xudiciais (Vilafranca e Ponferrrada). Mais tamén xorde o novo partido administrativo do Bierzo que perde os concellos de Palacios e Villablino. Ademais, o chamado Marquesado, formado por concellos galegos da vella meirindade de Aguiar pasan para Ourense, con Valdeorras e A Carballeda, ademais dos vales de Soldón e Visuña para Lugo. Houbo que agardar até o ano 1991 para artellar territorialmente de novo a Comarca do Bierzo. Este territorio máis periférico, alonxado e illado por montañas merece ben recuperar a institución provincial histórica cun desenvolvemento endóxeno diferenciado, fronte ao centralismo metropolitano e capitalista que nos ameaza neste século XXI.

O Bierzo, maio de 2024.



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es