sábado, marzo 05, 2011

O REFRANEIRO XEOGRÁFICO DA REXIÓN DO BIERZO (1ª PARTE REVISADO)

Pedanía de Toural dos Vados e contorna.

O REFRANEIRO XEOGRÁFICO DA REXIÓN DO BIERZO (1ª parte revisado),
Por Xabier Lago Mestre, de Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es


A nosa rexión ten numerosos entes poboacionais, organizados mediante concellos. Todos eles formaron parte da chamada Provincia do Bierzo que tivo continuidade histórica ao longo de toda a Idade Moderna (séculos XVI ao XVIII). Esta Provincia forxou a identidade territorial rexional que chega ata a actualidade. Pero os ditos concellos tamén tiveron a súa conciencia identidaria local. Por iso atopamos diversos sinais desa competencia entre os distintos entes de poboación (barrios, aldeas e vilas). Os chamados ditos territoriais da rexión recollen esas desputas verbais entre os concellos bercianos. Velaí a seguinte recompilación de ditos que reflicten este contexto competitivo entre os pobos.

En conxunturas económicas malas, que provocaron graves crises agrarias xeneralizadas e continuas na rexión, onde faltaba o esencial alimento, resultaban frecuentes as acusacióis de ladróis entre pobos que desputaban polo que consideraban seu.
“Si vas a Toreno,
guarda la alforja y el perro.
Si vas a Librán,
guarda la alforja y el pan”.
“San Pedro de Trones
corenta veciños
cinquenta ladróis”.
“Paradela, mala terra,
Chana peor que ela,
en Borréis preguntaréis,
e en San Xoán xa o veréis”

Nun contexto histórico cheo de ideoloxía cristiá os ataques fundaméntanse no maniqueísmo relixioso.
“Gente de Los Barrios,
gente de los diablos
matan a los bueyes
y aran con cristianos”.

A peculiar situación xeográfica e montañosa de moitos pobos do Bierzo estimula o inxenio á hora de incidir no illamento periférico. Noutros casos prodúcese unha pacifica delimitación entre eles.
“Semos de Primout
onde o sol nunca entrou
e unha vez que entrou
nos pasmou”.
“Saceda, Noceda, Castrillo y Marrubio,
cuatro lugares que Cristo no anduvo”.
“Camponaraia naraia,
e a un lado Naraiola,
e un poco máis abaixo
Carracedo e as Colonias”.

As festas patronais tamén enchen o orgullo colectivo e local, por exemplo cando se teñen bos gaiteiros. Outro tanto acontece coas feiras, que favorecen o xolgorio.
“Esta gaita é de Vilar,
e o que a toca de Aceiro,
o que a queira romper
que se confese primeiro”.
“Xente de Frieira, xente de feira”

Os bercianos aproveitan o refraneiro para salientar as riquezas agrarias que hai na rexión.
“Os de Orellán sempre dan;
a mañá peras, a mediodía pan con peras e á noite peras con pan” (sobre a abundancia de peras do pobo).
“Matarrosa non val cousa,
Penadrada non val nada”.
“¿ De onde es?.
Soiche de Corullón.
¿queres xogar un peso?” (sobre a riqueza dos de Corullón cos figos).
“¿De onde es?.
Soiche de Corullón, nunca che fora” (Corullón cando perde a riqueza dos seus figos).

A exaltación do viño local non pode faltar, así como dos alimentos en xeral.
“O viño de Cacabelos fai cantar aos vellos”.
“Din que Paradela non figura no mapa,
pero bebendo viño sabe dela ata o Papa”.
“O Bierzo ten fama do viño e do augardente,
das mulleres fermosas e dos homes valentes”.
“Se vas a Eres (A Veiga de Eres, que non de Yeres),
merenda leves,
ia navalla para cúrtala”.

Nas terras do Boeza rexistramos diversas competencias entre os seus pobos, pero a rivalidade con Bembibre que non falte.
“En Folgoso mata el oso
en Boeza la potrada
en Igueña los zaratos
en Colinas gente honrada”.
“Anque somos de Noceda
y gastamos canilleiros
cuando vamos a Bembibre
bien que nos mirar pra ellos”.
“En Tejedo están las burras,
en el Valle las albardas,
y en Santibáñez las mozas
para sacarlas al agua”.
“Dos de Bembibre que Dios nos libre,
e os de San Román por ahí se van”.

Non poden faltar as desputas dialécticas entre Vilafranca e os pobos da súa contorna. A capital do marquesado sempre provocou confusos e mesturados sentimentos de admiración, envexa e rancor. E outro tanto aconteceu entre Ponferrada, capital da Provincia berciana, e os seus veciños.
“Vilafranca xente franca,
Columbrianos os marranos,
Fontesnovas os raneiros,
A Válgoma pellexeiros,
Cortigueira matiegos,
os de Cueto cutarales,
os de Cabanas cocheiros”.
“Villafranca, boa vila,
Cacabelos, bo lugar,
pero a Toural dos Vaos
eu non o podo olvidar”.

O Bierzo, marzo de 2011.