RESISTENCIAS HISTÓRICAS DAS XUNTAS VECIÑAIS (2ªpte)
RESISTENCIAS HISTÓRICAS DAS XUNTAS VECIÑAIS DO BIERZO (2ª PARTE),
por Xabier Lago Mestre, do colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es
DEFENSA DA COMUNIDADE DE PASTOS DE CONCELLOS DA CONTORNA DE CARRACEDO.
O mosteiro de Carracedo manda pechar lameiros que formaban parte dunha comunidade de pastos entre varios pobos viciños (ano 1667). "Dixeron que por quanto por orden y mandado de dicho Real Monasterio se avían zerrado de seve e espinos las lamelas que están entre las casas del Indio y lugar de San Martín de los Carros, que era y servia de pasto común entre Carracedo, San Martín de los Carros y la villa de Cacabelos, y en dichas lamelas todos pastaban y lo mesmo los ganados del dicho conbento, mayores y menores de todo género a rexs bueltas, y lo mesmo en lso campos, fuentes, avrevaderos de toda la xurisdicción de dicha villa de Carracedo, San Martín de los Carros y Sorribas un anexo, y lugar y xurisdicción de Narayola y parte de la dicha villa de Cacabelos por razón de su pasto, aunque tenían y tiene en dichas tierras y xurisdiccion y deesa de dicho conbento. Dentro de un mes a esta parte avian salido a la dicha contradiciendo de que se zerrasen dichas lamelas y que dicho combento no las agregase a si. (...) mandó se pusiese el medio que mexor combiniese en aprobazion a la costumbre que por todas partes se tenia en rrazon de dichos pastos (...). (José Antonio Balboa de Paz, 1991)
UNIÓN DE XUNTAS VECIÑAIS NAS XUNTAS XERAIS.
As xuntas xerais dos señoríos estaban formadas por representnates das xuntas veciñais rurais. A xunta xeral dos pobos serviu para facer máis forza na defensa dos seus intereses colectivo fronte ao señor. Como exemplo disto, temos o caso da xunta xeral do Val de Valdueza que logrou demandas ante o mosteiro de S. Pedro de Montes. Así aconteceu na sentenza do ano 1533 que recoñece os costumes locais na esixencia de "que los abades, al comenzar el tiemmpo de su ministerio, presentasen juramento a dichas ordenanzas (...), que los jueces fueran naturales de la Abadia (...), que los merinos no oyesen en primera instancia lascausas civiles, que del merino se apelase al abad y de éste, en revistapara ante nuevo juez (...)" (Julio Puyol, 1925).
As xuntas veciñais conseguiro aproveitar tamén as estruturas institucionais superiores do señorío para a defensa dos seus intereses comúns fronte ás demandas foráneas. Este foi o caso da xunta xeral do señorío de Carracedo, no ano 1804, formada polos deputados dos concellos, para rexeitar a contribución esixida para a construción do cárcere de Ponferrada. Esta xunta da xurisdición estaba formada polo gobernador xustiza maior ordinaria da vila de Carracedo, o rexidor do lugar de Naraiola, deputado do lugar de Camponaraia, o procurador do lugar de Santo Andrés de Montejos, o rexidor de Villadepaos, rexidor do lugar de Sorribas, rexidor de Vilamartín, deputado do lugar de Paradela do Río, deputado do lugar de Sobrado, rexidor do lugar da Barosa, deputado do lugar de Lago, rexidor do lugar de Campañana, deputado do lugar de Carucedo, pedaneo do lugar de Covas e mailo viciño do lugar de Naraiola que tamén era o procurador síndico xeral desta xurisdición, e xuntos acordaron nomear procurador síndico xeral a un viciño de Camponaraia.
ESTRATEXIAS DEFENSIVAS DAS XUNTAS VECIÑAIS BERCIANAS.
1. A XUSTIZA POPULAR DOS IRMANDIÑOS.
Durante a revolta irmandiña galego-berciana (1467) contra os agravios señoriais reclamouse a xustiza popular. Velaí o rexeito dos señores a esta rebelión antiseñorial, "en el dicho lugar de Vega, estando juntos el concejo, juez e omes buenos de terra de Sant Andrés d´Espinareda, paresçio don Ares, abbad del dicho monasterio de Sant Andrés, e dixo que como mejor podia e devia como señor de la ciha terra requería et defendia a los dichos concejo e omes buenos que non entrasen en la hermanda sin su liçenciae que puesto era de faser e dar liçencia para todas las cosas que fuessen servicio de Dios, e de nuestro señor et rey, el de su monasterio e del señor conde de Lemos, et en otra manera que non consentía (...)" (Mª Carmen Rodríguez González, S. Andrés de Espinareda).
1. O DEREITO COMUNEIRO E AS ORDENANZAS CONCELLÍS.
Os pobos reclamaron a vixencia e defensa dos seus costumes locais ante os ataques señoriais. Así aconteceu durante a revolta irmandiña, "dixo que requeria a Aro Martinez que estava presente que lle dixiese se queria estar con los de Lillo e del Otero por las costumbres antigos ou non (...) dexieron quellos farian verbo e condiçion de se ajudar con derecho para se defender e mantener las costumbres del dicho lugar (...)" (ano 1467). Pola outra banda, a burocratización da administración (real, señorial, eclesial...) obrigou ás xuntas veciñais a elaborar as súas ordenanzas concellís para defender mellor os seus dereitos colectivos, a súa organización socioeconómica e os seus bens públicos. Ordenanzas da xunta veciñal de Anllarinos, "tienen para su gobierno político e económico ordenanzas y leyes municipales a las que se han arreglado que ha sido al beneficio del común las cuales ahora se hallan muy deterioradas y demolidas en tal manera que no se puede sacar asunto fijo de ellas (...) de lo que se sigue algunos perjuicios y agravios y para evitarlos y que todos vivamos con arreglo (...)" (ano 1756). No século XIX houbo un verdadeiro conflito entre os costumes locais e mailo dereito positivo emanado das Cortes e do Goberno central.
2. A VECIÑANZA DOS FIDALGOS.
Os pecheiros estaban obrigados a pagar os tributos, foran señoriais (foros, xurisdicionais...), eclesiásticos (diezmos, voto de Santiago...) ou reais (servicios, alcabalas, etc). Por iso algúns viciños declarábanse fidalgos para evitar pagar os ditas gavelas. Normalmente as xuntas veciñais estaban en contra de que houbese fidalgos nos seus pobos porque obrigaban ao resto de pecheiros a pagar o que non contribuían os exentos viciños fidalgos. Por esta causa houbo moitos preitos ante a Chancelería de Valladolid para resolver os expedientes de fidalguía dos viciños. Pero noutros casos os pobos declaráronse fidalgos na súa totalidade, para evitar pagos pecheiros, incluso evitaron a veciñanza de persoas pecheras. este foi o caso de Magaz de Abaixo.
3. ELECCIOIS DOS CARGOS PÚBLICOS.
As xuntas veciñais tiñan capacidade parcial de elección dos seus cargos, segundo a súa xurisdición sobre sí ou da dependencia señorial ou reguenga. A xunta veciñal de Magaz de Abaixo reuníase "a son de campana tanyda debaxo de la nogal de la plaza del dicho lugar", para elixir e propor varios candidatos a xuíz ordinario, "suplicaron al dicho corregidor de la divha villa de Ponferrada que en nomvre del rey nuestro señor, cuyo es el dicho lugar, sea servido a nombrar y helegir uno de ellos (...)".
O Bierzo, marzo de 2013.
www.obierzoceibe.blogspot.com
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home