jueves, junio 27, 2013

ROTAS POLA CONTORNA DE SAN XOÁN DE PALOZAS (1ª PARTE)

ROTAS POLA CONTORNA DE SAN XOÁN DE PALOZAS (1ª PARTE),

Por Xabier Lago Mestre.
falaceibe@yahoo.es

O monumento do cabaleiro Templario de Ponferrada é o lugar da cita dos ciclistas. Ás 9 horas saímos polos barrios do Temple e Flores do Sil. A recta avenida de Portugal semella non rematar diante de nós. Máis adiante o barrio da Martina. Escaso tráfico na glorieta para tomar as estradas para Devesas e Ourense.  Xiramos para a esqueda na procura da ponte do Sil. 

A nova recta, en moderado ascenso, lévanos para Vilalibre e despois a alta torre de ladrillo, a última testiga desta industria, só habitada pola parella de cigoñas. Estamos xa en Priaranza, capital do concello. Outra vez desfrutamos do entorno da súa parroquia, con alguna casona con portal destacado.  Pero hai que seguir que resta moito quilometraxe.



Fóra de Priaranza saúdamos o touro da arbore do segundo cabaleiro templario. Lembrar que andamos nas terras medievais da tenencia de Ulver. Tralo recodo da estrada, a seguir Santalla. O seu famoso miradoiro de formigón, obra da Deputación de León, está agora cheo de pintadas. Dende logo outro bo paradoiro para desfrutar das barrancas de Santalla.

Saímos do pobo, tras percorrer todolos seus barrios, a saber,  o Barrio, Igrexa, Callexas e Falcón, xa o derradeiro. Xa na estrada nacional, no alto da serra temos o Castelo de Cornatelo.  E, ao seu carón, os restos da desfeita da canteira, cremos que xa abandonada. A montaña xorde rachada de val a val, unha grande obra destrutiva coa que temos que convivir os bercianos e as bercianas sen moito orgullo.


POLAS COSTAS DE VILAVELLA

Agora chega o esforzo que supón o ascenso polas costas cara ao desvío para Vilavella/Villavieja. Pequenas curvas e contracurvas que fan distraída a suba colectiva. Por fin, no cumio, pé a terra, e foto dos sinais, de Ponferrada e Ourense, que irmanamos coa nosa bandeira Cruceira. Á outra beira da montaña temos Borrés, cos seus catro barrios, Coselines, Abaixo, Campelo ao norte e Enriba ao sul. Non entramos na capital do concello porque seguimos a baixada da estrada nacional 536 a toda velocidade.  Só apretamos os frenos cando chegamos ás chamadas Ventas, paradoiro histórico das antigas carretas e dilixencias.



Cerca da canle de Cornatel, grande obra hidráulica, está o cartelo das explotacióis romanas de ouro da contorna. Nosoutros fixamos a nosa vista no Castrellín. Dende este punto outro día seguiremos a rota para San Xoán de Palozas, camín da ermida da Estrela. Pero hoxe tomamos para a esqueda. Diante de nós, o cerro Perdón (715 m.).A súa faldra está traballada polo home mediante leiros, máis enriba o arboredo. Seguimos polas paraxes de A Ricieira, despois A Lambela e maila Carba. Lixeira suba que nos leva para outra canteira abandona en pleno Sierro. Enseguida vemos, á esqueda o encoro de Campañana, e maila canle de Cornatel que lle leva ás súas augas dende Ponferrada. Ao lonxe vemos a estrada que agatuña para As Médulas, e á dereita, no borde do encoro Campañanama o pobo que lle dá o seu nome.



No máis alto do percorrido, atravesamos o portelo do Sierro. Dende eiquí collemos a corredoira entre Carucedo e Viladepaos. Parte desta rota leva para o Castrillín, o lugar que atrae máis visitantes. No noso caso coincidimos con outros ciclistas, un para de caminantes e un trío de cabalistas, ademáis dalgún todoterreo. A este lugar tamén chega o camín tradicional da Portela, que vén dende San Xoán de Palozas, noutra ocasión farémolos completo.



O último sinal do camín para o Castrelín xorde arrodeado de mato. Abrimos a mochila e sacamos o noso fouce. Este afiado instrumento curta pola base a alta vexetación do entorno do sinal. Agora sí se ve ben o citado indicativo que impedirá a perda dos visitantes. Na paraxe do Mengo atopamos un solitario castiñeiro, ben coidado na súa base. Á esqueda o cerro Cimbrio (699 m), mentres que ao outro carón, As Valias (607 m). Entre ámbolos dous pasamos para logo principiar a baixada para Valdegarfaño. Eiquí hai un val que baixa para o río Sil. Corresponde este vieiro ao Trangallón e despois Gallardeira, terreo xa de Viladepaos, na rota que chaman da Barca e que coincide coa actual pasarela, á altura do campo de futbol.  



BAIXADA PARA O RÍO SIL POR CORTELIÑOS
Nosoutros non baixamos aínda para o Sil. Seguimos para diante pola recta corredoira, atravesando o lombo de Encinas (605 m.). Atopamos un grande cartelo turístico de madeira que  está arrodeado de zarzais. De novo tomamos a fouce para rematar con tanto mato agresivo que ameaza o fito informativo. As reviradas zarzas fannos sangue por non ir coas necesarias louvas de poda, que as de ciclista deixan moito dedo desprotexido. Rozamos todo o que podemos e logo hai que abrir a baixada polo val cara ao Sil. Hai tanta vexetación verde que case que non se aprecia o camín a seguir. A afiada fouce fai ben o seu traballo desbrozador pero non evita ampollas nos dedos. Todo sexa por abrir esta descoñecida rota para tantos visitantes. Rota que vén das Médulas pasa o río Sil e vai para o mosteiro de Carracedo. 



Segundo baixamos polo carreiro, novos cortes de zarzas e demais brotes variados. Tamén apreciamos o esforzó doutros que nos precederon e fixeron outras rozas. Grazas pola súa axuda!. Máis abaixo desaparece a herba sen xeito e xorden as árbores. O camín está máis definido. Pero hai algunhas grandes gallas caídas como resultado dos temporais invernais pasados. Nesta ocasión, tiramos da pequeño fachado para curtar gallas que obstaculizan o camín. Despois de tanto esforzo proseguimos a rota máis satisfeitos polo traballo que pode beneficiar a tantos. Esta paraxe da Corteliños pertence a Viladepaos, terreo situado na beira esqueda do río Sil. Máis augas abaixo deste río está a aldea de Peón que queda para otra viaxe. 



Por fin, chegamos á beira do río Sil, á altura do campo de fútbol de Viladepaos. Alí falamos cos viciños sobre as variadas rotas que descenden a este punto. Así, pola esqueda, a nosa por Corteliños, segue a rota do Souto, e despois A Barca, agora ten moderna ponte colgante. Máis augas enriba, rota dos Teixugos, e despois rego dos Cerexais que algún cartelo indica como do Kaimán. Queda esta última para un vindeiro percorrido.

O Bierzo, xuño de 2013
WWW.OBIERZOCEIBE.BLOGSPOT.COM
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home