sábado, diciembre 28, 2013

FIN DE SEMANA DEPORTIVA POLO BIERZO.

FIN DE SEMANA DEPORTIVA EN PONFERRADA,

Por Xabier Lago Mestre.
falaceibe@yahoo.es

Este sábado ponferradino do 21 de decembro ten grande variedade deportiva. O clube baloncesto Ciudad de Ponferrada organiza o seu tradicional torneo de Nadal 2013 na fase local que terá continuación para as datas dos Reis, xa no vindeiro xaneiro, na nova fase estatal das equipas dos maiores. Pagará a pena asistir a estes partidos de bo baloncesto nacional. 

RUGBI COS JABATOS DO BIERZO.


Pero hoxe acudimos pola tarde ao campo de Ponte Boeza para asistir ao partido de rugbi entre os Jabatos do Bierzo e os galegos da Universidade de Vigo. O partido comeza ás 15.30 horas cunha solleira tardiña aínda que fría. Os locais fixeron unha boa parte a pesares da expulsión dubidosa do noso xogador Joni. Aproveitamos a ocasión para mercar a camisola oficial e así axudar un chisco equipa berciana. Mágoa que non teña máis apoio do público local xa que os asistentes foron escasos. Por desgracia non puidemos quedar para a segunda parte porque tiñamos que marchar para Bembibre.



PARTIDO DE BALONCESTO EN BEMBIBRE.


Tomamos o bus para Bembibre. Nesta vila do Bierzo Alto hoxe, ás 19 horas, hai un partido excepcional. A equipa feminina de baloncesto, Embutidos  Pajariel, enfróntase coas poderosas xogadoras do Avenida de Salamanca. A vila, por mor da friaxe está baleira, paseamos polas súas rúas e visitamos a praza do Concello, cuxo edificio permanece iluminado con luces navideñas. Os comercios abertos rexistran pouca asistenia quizais tamén pola crise mineira. Facemos así tempo de turismo polo rueiro bembibrés. Pero chega o tempo de ira para o pavillón Bembibre Arena. Este moderno edificio amosa unha arquitectura sen igual resaltada pola súa iluminación interior. 



Dentro do pavillón xa comeza a animarse o ambiente deportivo. Os seguidores locales van poboando os graderíos paseniño. Quen máis anima é a peña Borne. Mentres as coloradas calentan na cancha, vixiadas de preto polas veteranas do Avenida de Salamanca. Tamén hai apoio dos charros que se desprazaron dende a cidade do Tormes. Todo parece indicar que será a mellor entrada da tempada para o Bembibre. 




Comeza o partido e as locais saen con forza que permite manter a vantaxe sen problemas. Co apoio dos seguidores, coma nunca, seguimos enriba no marcador ata a metade. Pero na segunda parte as do Avenida van recurtando paseniño. A defensa agresiva das charras roza a penalización co permiso dos árbitros. Por desgracia parece que o nerviosismo prende nas coloradas do Bembibre porque fallan encestes e arriscan lanzamentos de tres. Cada minuto vaise recurtando o marcador. O público berciano apoia todo o imposible ás nosas. Pero nos minutos finais as charras acadan a súa vantaxe nos puntos. Remata o partido cun tanteo reducido de 68 a 71. A comuñón entre as xogadoras coloradas e o público bembibrés foi total e o partido será difícil de esquecer para todos. Sorte para elas no 2014.

MARCHA CICLISTA POPULAR EN PONFERRADA.


Na xornada do domingo 22 comeza coa IV Marcha popular ciclista, organizada polo concello de Ponferrada. A pesar da friaxe e maila chuvieira, ás 10.30 horas xa estamos todos e todas na praza das Eras da capital berciana. Anúnciase que faremos parte do percorrido dunha das probas do Mundial de Ciclismo de setembro de 2014. Saímos para a avenida de Astorga, ata chegar á escultura en homenaxe ao ciclismo. Eiquí damos media volta para baixar para a ribeira do Sil, a través da ponte do Centenario. Seguimos pola avenida da Liberdade e logo tomamos a avenida de Asturias. Xa no centro comercial do Rosal xiramos para o bulevar do barrio da Rosaleda. Os ciclistas apuran a pedalada porque queren chegar canto antes ao burguer onde agarda un descanso e un refresco de laranxa para todos e todas.



Mentres facemos a marcha adiantamos a bici do alcalde de Ponferrada. E aproveitamos esta ocasión para pedirlle que se aproveite o Mundial de Ciclismo para facer outro tipo de iniciativas que favorezan máis o ciclismo popular local. Que non todo sexa para o ciclismo elitista que se pretende divulgar. Entre as propostas que facemos é que se favorezan percorridos alternativos para os ciclistas na cidade de Ponferrada, e tamén no medio rural, a través da sinalización axeitada de rotas ciclistas polas zonas sur e montañosas do concello. Que non todos os cartos públicos vaian para a organización das probas ciclistas do Mundial.



Retomamos a marcha pola avenida do Castelo, iniciando a suba na ponte de García Ojeda. Os máis  pequenos teñen os seus problemas para entrar na zona vella pola súa esixencia de pedalada. Xa na praza do concello hai reparto de camisolas brancas do Mundial e de bebidfas. Tras recoller a nosa camisola partimos para abaixo, cara ao barrio de Flores do Sil.

BIERZO RUGBI ANTE OS PODEROSOS LUGUESES.


Xa estamos nas instalaciois deportivas de Flores do Sil. A razón é ver aos campións do rugbi galego, A Muralla de Lugo. Impresionantes xogadores os lugueses pola súa corpulencia física. Enfronte temos aos bercianos do Bierzo rugbi. A fría mañá resta moito público a este gran partido. Por desgracia, como é previsible, os bercianos comezan perdendo na primeira parte, onde os galegos non cometen case que ningún erro tácticos e acadan moitos puntos. Abraiantes os lugueses. Non agardamos para a segunda parte e voltamos para casa a quentarnos e repoñer forzas. Que esta fin de semana xa está ben de deporte berciano. Pola radio escoitamos que o Atlético Bembibre de fútbol gañou onte en Soria ante o Numancia B por un gol a cero. Ben pola equipa do Bierzo Alto, a polo ascenso a Segunda B!.  



O Bierzo, decembro de 2013.
www.obierzoceibe.blogspot.com


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es