O APALPADOR. O NOSO VELLO CARBOEIRO,por Manuel González Prieto.
O APALPADORO noso vello carboeiro,
, por Manuel González Prieto.
Moito que agradecer temos ao Xoán González e ao José André Lôpez Gonçalez, entre outros, por ter rescatado do esquecemento a figura deste sensible e preocupado vello morador, dedicado á dura tarefa de carboeiro. A Gentalha do Pichel e algunha outra asociación, traballaron a reo na súa recuperación. Unha imaxe temos, obra do Leandro Lamas, pintura que conxuga cultura, identidade e fala.
A do apalpador é unha figura que non resulta estraña para as xentes do Bierzo. Abundan as testemuñas da súa presenza na contorna, e en Vilafranca aínda se contan historias deste personaxe que debeu ser ben familiar. Para profundar na súa figura, cruzade o río Burbia e preguntade na residencia dos anciáns, xa veredes como algunha das veciñas aínda vos dará noticias del, e, se non tedes resultados positivos, volvede sobre os vosos pasos e collede camiño cara ao Fogar do Pensionista.
A comezos do inverno visita os fogares da tixola berciana para apalpar os ventres de nenas e nenos, baleiros ou cheos, mais: escoitastes falar do tal apalpador?
- Recordo, si, como non! -comenta algunha das veciñas.
-Tede coidado que baixa o vello carboeiro, dicía meu pai cando eramos un pouco trasnas, coa de conseguiron bo e merecido descanso. - Parece ser que as miñas irmás e mais eu, nun vira vira, xa estabamos cansas. Apalpaba fose onde fose, mais eu nunca o vin. Viña de noite a apalpar.
Unha veciña con ton de brincadeira lembra que apalpar ten outras acepcións:
-Xa non me apalpan coma antes cando era nova!, conta entre risas.
-Tiñamos que comer pouco, xa que cear demasiado podía facernos dano, mais nunca escoitei que este home fose malo,- engade outra veciña.
Solsticio de inverno, mala data para as pouco madrugadoras, -así que nenas e nenos temos que durmir cedo e de seguro que o noso agradable compañeiro daranos moita sorte, temperán sinal dun posible ano cargado de fartura.
Se cadra tamén nos deixará unha presadiña de castañas ou un agasallo miúdo, o mellor dos presentes.
Nadal do ano 2014.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home