miércoles, febrero 11, 2015

LITERATURA BERCIANA EN GALEGO POR MANUEL GONZÁLEZ PRIETO


Literatura berciana en galego

por Manuel González Prieto.

Moitos escritores nados no Bierzo, empregaron o idioma berciano como lingua nos seus escritos literarios ao longo da historia, sentindo na súa pel a necesidade de transmitir os costumes da súa terra, sentimentos e nostalxias na súa lingua. Cómpre recordar que moitos deles e por motivos diversos, tiveron que abandonar a terra que os viu nacer, mais non esqueceron endexamais as súas orixes.

Escolma de escritores en lingua berciana. 
Frei Martiño Sarmiento, Antonio Fernández y Morales, Jose Bálgoma Suárez, Francisco de LLano y Ovalle e Ramón González-Alegre.

Extractos de poemas escollidos.
Coloquio de 24 gallegos rústicos, Na volta da sega, Maruxiña, ¡Ai! Miña Terra e Amigo


Coplas 878 e 879. Coloquio de 24 gallegos rústicos.
Frei Martiño Sarmiento 



Choraban a morte
que chegou tan cedo
do seu rei irmán
maiore e primeiro.

Eu tamén chorei
como bo galego,
e preguei por ele
á reina do ceo.

Na volta da sega. Ensaio poético en dialecto berciano
Antonio Fernández y Morales

Chegaron presto a unha ponte
i o capador de Magaz
parouse e dixo: "Sentémonos,
pois é hora, aiquí a xantar."
Entonces gaiteiro e fillo,
o capador i os dous máis,
quitando os fatos das costas,
sentáronse a comer pan
cunhas boas rebanadas
de toucín crudo, que traen
inda do que das súas casas
sacaron pra ir a segar.
Despois da andorga ben chea,
ca cabeza cada cual
no seu fato, tripa arriba
tendéronse a descansar,
quedando a pouco dormidos
en gracia de Dios i en paz.



Maruxiña
Jose Bálgoma Suárez

Que terá Maruxiña
que nin ríe nin canta,
nin se mira nas fontes,
nin parola có as vacas,
nin traballa nos eidos
nin sae cuasi da casa?...
Será certo ó que cuntan?...
Será certo ó que falan
dun mal paso que tivo
na fogueira da Pasoca
con aquel mozo pinche 
que decote a rondaba?...

¡Ai! Miña Terra
Francisco de LLano y Ovalle

Como olvidarche terriña!
si eres ti tan hermosa,
si encerras tantos encantos,
si tu teñes tan boas cousas;
como non, chorarte sempre
na forma mais angustiosa,
con fero dor no peito
e na ialmiña á congoxa.

Cómo olvidar as noitiñas,
de lúa serena é crara,
onde ao pe dos tizones
pasen as noites da xiada
oíndo os dulces contiños
da naiciña de mi alma.



Amigo. Os namoros
Ramón González-Alegre

En ti soan, meu amigo
as ledas maruxías que ceibes cantan
na terra ledizosa po los peitos.
tés a canzón que bule, as mans que prantan
camiños, volvoredas e vieiros
nas vellas cinzas dos mosteiros.

Ti es o carro que funga,
ti es o anceios que peta,
ti es o mar das estrelas.
As silveiras escoitan o teu paso
e no campo a fogaza vai nascendo.
Ti tés anxos, meniños po las veas
e romeiros de vida nos outeiros,
meu amigo das verdes alboradas.


Terra berciana. Coplas
Manuel González Prieto

Nunha tixola me atopo
por ser miña casiña, meu lar,
custodia de grandes xigantes 
a case mil leguas do mar.

Meniños e mais maiores
a terriña han de custodiar
dos ataques malfeitores,
 traizón do non abalar.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home