viernes, junio 22, 2018

FESTAS DO MES DE XUÑO NO BIERZO.



FESTAS DO MES DE XUÑO NA REXIÓN DO BIERZO,
polo coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

 FESTAS CIVÍS.

A primeira fin de semana destacamos dous actos festivos sen igual. O primero é Toural en Tren, con numerosos actos relacionados co ferrocarril. Dende viaxe en tren a Brañuelas, mercado ferroviario, feira de alfarería e xantares populares. Tamén hai que salientar a feira agroturística de Carracedelo, nas mesmas datas, onde se expoñen todo ltipo de produtos agrarios da nosa rexión.  A feira do Viño de Cacabelos (20 e 21 de xuño de 2015) onde se esgotan os nosos caldos.

En Santo Tomás de Las Ollas, pedanía do municipio de Ponferrada, festexan Nosa Sra. do Rosario (4 ao 6 de xuño de 2016). En Finolledo celebran festas do 1 ao 5 de xuño de 2016. Peñadrada celebra S. Pelaio (26 de xuño). Festas en Finolledo (3 ao 5 de xuño de 2016).



O SANTO DE BEMBIBRE CADA SETE ANOS.

No ano 2015 o Santo de Bembibre sae do seu santuario o sábado 20 de xuño e  volta para el o 28 de mesmo mes. Seguimos no relato histórico as explicaciois de Manuel Olano Pastor. No ano 1628 ten lugar o milagre que trae a chuvia tan necesaria a Bembibre e maila contorna. Consecuencia disto, o concello da vila fai voto de sacar o seu Ecce Homo de xeito periodico en recordo do milagro. A saída do chamado Santo vai acompañada dos pobos do arciprestádego do Boeza. Despois da baixada dende o seu santuario é recollido na igrexa de San Pedro, polo cal debe satisfacer o chamado pago do canon. Trala estadía de sete días na dita  parroquia volve para o seu santuario para estar pechado durante sete anos. Antigamente o Santo saía varias veces ao ano para pedir pola chuvia, pero foi a resistencia a pagar a súa saída, por parte de Castropodame no ano 1902, o que regularizou a baixada de xeito anual. 



 FESTAS DE SAN ANTONIO.

Celébrase feira de San Antonio (13  de xuño) en Vilafranca do Bierzo. Esta populosa feira ten lugar na contorna do parque da Alameda con numerosos postos de artesanía, froitas, roupa, apeiros de labranza, alimentos como doces, fogazas de pan, empanadas, etc. onde tampouco faltan as pulpeiras que se chean á hora do xantar.

Temos numerosas festividades en honra de San Antonio de Padua como patrón de Lillo do Bierzo (13 xuño), Quintela e  Oencia, Encinedo, Hervededo no concello de Camponaraia, Albares de la Ribera na conca do Boeza, Almagarinos, Parandois na contorna de Toural dos Vaos, o barrio de San Antonio de Ponferrada, Santa Leocadia na conca do Sil, Pombriego na bisbarra da Cabreira, Borrenes-Borrés, Boeza en Folgoso da Ribera, Almagariños en Igueña,  Cuevas del Sil, Fresnedelo no val de Fornela, Lillo de El Bierzo (10 ao 14 de xuño de 2016), Pereda de Ancares, Campelo, Saceda da Cabreira, Porqueros de la Cepeda, etc.

Traemos eiquí o curioso caso das festas de San Antonio de Padua en Ponferrada. Durante anos tiveron as súas festas na parte alta da cidade, no barrio do mesmo nome. A igrexa na súa orixe foi ermida da Vera Cruz no chamado Campo da Cruz. Esta ermida tivo a súa confradía da Vera Cruz que organizaba as procesiois correspondentes e mantiña a fábrica da ermida. Segundo o historiador José Diego Rodríguez Cubero (La ermita de la Vera Cruz... revista Bierzo, 2014), houbo outra ermida na mezma zona, dedicada a Santa Marta. Por último dicir que descoñecemos cando foi o cambio de denominación pola igrexa de S. Antonio porque a confradía deste santo estaba na igrexa da Encina, intramuros da vila de Ponferrada.



FESTAS DE SAN XOÁN.

Ruiterán celebra S. Xoán (24 xuño). A localidade de Horta ten dedicada a súa igrexa a San Xoán e celebra as súas festas.  Outras celebracios son en Toreno, Bouzas, Berlanga do Bierzo, San Esteban de Valdueza, Cariseda no val de Fornela, Paradaseca, a vila de Toreno, A Portela de Valcarce, Vilalibre da xurisdición, Voces, Carracedo do Mosteiro (24 ao 26 de xuño de 20016), Yeres no val do Cabreira, Mataotero en Palacios del Sil, Castrillo de Cabrera, Folgoso de la Ribera, Tremor de Arriba, Colinas del Campo de Martín Moro, barrio de Mataotero en Palacios del Sil, Otero de Naraguantes, Arborbuena, Prado da Somoza, etc.

As fogueiras de San Xoán teñen lugar en moitas localidades da nosa rexión do Bierzo. Salientamos a de San Xoán da Mata que aproveita esta festividade para elaborar unha grande fogueira que presume de ser a máis grande de Europa. A Noite Máxica de Valboa celébrase cunha fogueira arroadeada por unha mesa para a cea de moitos viciños. Todos e todas cumpren coa tradición de dar sete voltas á fogueira. Ademais de botar un obxeto ao lume purificador mentres se pide un bo desexo. Outras fogueiras en Toural dos Vaos, Turienzo Casteñero, Bembibre, ou mailos barrios ponferradinos da zona Vella, Xudeos e Flores del Sil.

Fogueiras tamén as hai nas bisbarras de Valdeorras, no Barco, e mailo Courel, Quiroga e Soldón.



FESTAS DE SAN PEDRO.

Este santo é patrón das localidades de San Pedro de Paradela (29 de xuño), Otero de Naraguantes en Fabeiro, Lumeiras, Faro, a vila de Corullón,  Carucedo, S. Pedro de Devesas, barrio de Torenillo, S. Pedro Mallo, Berlanga do Bierzo, Montes de Valdueza en lembranza do seu mosteiro de S. Pedro de Montes, S. Pedro de Troes (1 ao 2 de xullo de 2016), Corullón (29 ao 2 de xullo de 2016), Clemente de Valdueza, Pradela no val de Valcarce, Vilamartín da Abadía, Orellán, etc. En Ponferrada tamén se intenta recuperar estas festas arredor na igrexa de S. Pedro. 

OUTRAS FESTAS NAS LOCALIDADES DO BIERZO.

En S. Miguel de Arganza teñen a festa de S. Bernabé (11 de xuño). Valtuille de Abaixo celebra o San Pelaio (26 de xuño) con Vilar de Corrais, Valdeprado en Palacios del Sil, Santalavilla e Sotillo da Cabreira, e na ermida do barrio de Peñadrada en pedanía de Vilamartín del Sil, Salientes en Palacios del Sil, Vilarrubín no val do Selmo . A romaría da Virxe de Arnado (21 de xuño) xorde en 1976 despois de aparecer a Virxe no agro de Chadeira. A romaría da Virxe da Aquiana (7 e 8 de xuño) se realiza na ermida no alto do cumio. Noutrora os viciños de Montes, Vilanova de Valdueza e San Adrián facían esta romaría de xeito conxunto. Magaz de Enriba celebra festas de S. Marcial (30 de xuño). Otero de Naraguantes ten festas patronais para o 24 e 26 de xuño de 2016.

No 24 de xullo do 2018 ten lugar o chamado Desafío de Orellán. Eiquí vanse xuntar pendoes do Bierzo e León para ir até o miradoiro de Orellán onde haberá un xantar comunal.



 FESTAS NA BISBARRA DE VALDEORRAS.

A primeira festa patronal en celebrarse é en Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras. Trátase do Corpus (5 ao 7 de xuño) que organiza a xunta veciñal da localidade. O mesmo acontece na localidade de Viloira xunta á vila do Barco de Valdeorras. Corpus que celebran con alfombras florais en A Rúa e Petín. En Fontei celebran S. Antonio (14 de xuño), no municipio da Ráu. Viladequinta ten festas de San Pedro para o 29 de xuño.

No concello de Rubiá teñen lugar as festas de San Cristobal (10 de xuño) en O Porto, O Real e Quereño, aínda que poden desprazar para os meses de verán para que acudan os emigrantes retornados. Éntoma celebra o seu San Xoán Bautista para o 24 de xuño. A localidade de O Trigal, no concello da Carballeda, ten a peculiar festa de S. Caralampio (15 de xuño) onde non falta o xantar popular.   En Lardeira ten lugar o 15 de xuño a romaría da Santísima Trinidade, coñecida popularmente coma O Pai Eterno, que amosa unha escultura con tres cabezas.

Na bisbarra viciña do Courel ten lugar a festa do cocho de San Antoño de Padua (13 de xuño) en Meiraos. Eiquí cantan "San Antoño é un Santo, e irmau do meu marido, cando o meu gando falta, S. Antoño vai comigo". En Miraz celebran S. Pedro e S. Paulo (29 e 30 de xuño).



FESTAS NA CABREIRA.

Na bisbarra da Cabreira temos Saceda coas súas festas de S. Antonio (4 de xuño de 2016). A localidade de Iruela aproveita as festas da Oitava do Corpus (2016) para inaugurar o seu novo pendón ou pundón a cargo da súa xunta veciñal, "as campás e o pendón do pobo son". Corporais celebra S. Xoán para os días 24 e 25 de xullo (2016). E Soutelo da Cabreira festexa S Pelaio (24 ao 26 de xuño 2016).

FESTAS EN PORTUGAL.

En Pinhel ten lugar a festa medieval (3 ao 5 de xuño de 2016) no que ten lugar un cortexo co asalto ao seu castelo, amais da cea medieval.

O BIERZO, XUÑO DE 2018
WWW.OBIERZOCEIBE.BLOGSPOT.COM


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es