martes, junio 26, 2018

REFRANEIRO BERCIANO DE XULLO E AGOSTO.



O NOSO REFRANEIRO BERCIANO DOS MESES DE XULLO E AGOSTO,
polo coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.

REFRAIS DO MES DE XULLO OU DE SANTIAGO.
“Por Santiago (25 de xullo) pinta o vago” (porque xa hai froitos maduros).
“Por Santiago fai o segado, para ti e para o gando”.
"por Santiago e Santa Ana (26 de xullo), pintan as uvas e pola Nosa Señora (15 agosto) xa están maduras".
"En xullo, colle a fouce e pecha o puño".
 "O que quera boa coíña, sémbrea  no menguante de Santa Mariña (18 de xullo).
"Pola Madalena (22 xullo) xa se sega na máis alta serra".
"O que en xullo fas de segar, en outubro fas de sementar" (libro El habla de Toreno).


REFRANEIRO DO MES DE AGOSTO.
“Se non chove en agosto, non hai magosto” (as choivas boas para os castiñeiros).
“Agosto  fina o rostro”.
"En agosto, arder, e en setembro chover".
“En agosto secan os montes e en setembro secan as fontes”.
“Por S. Lorenzo (10 de agosto) calura, por s. Vicente (22 de xaneiro) friura”.
"Para que haxa boa outonada, deberá chover apra S. Bartolomé" (24 de agosto).



CONSELLOS AGROGANDEIROS DO MES DE AGOSTO.
"Agosto madura e setembro vendima"
"Chuvia de agosto, máis mel e máis mosto"
"Auga de agosto, quita viño e non da mosto".
“Por San Lorenzo (10 de agosto) recóllese o orégano para que non arda a casa”.
“Por San Bartolo (24 de agosto) planta o repolo”.
"Polo S. Bartolomé, tronada arreo" (abundancia de tronadas no Bierzo).
“Por Santa Mariña (14 de agosto) vai ver a túa viña, e se mal a atopas, mal a vendimarás”.
“O que non mallou que mallara, que agosto xa pasou, auga para os nabos”.
“Se se quer magosto, ten que chover en agosto” (a boa relación entre chuvias temperás e castañas).
"Prá boa sementeira, por San Bartolomé (24 de agosto), as augas primeiras".
"As castañas, en agosto arder, e en setembro beber" (El habla de Toreno).

O Bierzo, xuño de 2018.
www.facebook.com/javierlagomestre
www.obierzoceibe.blogspot.com



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

0 Comments:

Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace

<< Home