PROPOSTAS DE COLABORACIÓN ENTRE OS COLETIVOS AQ E FALA CEIBE DO BIERZO.
PROPOSTAS
DE COLABORACIÓN
REIVINDICATIVA
NO ANO 2021
ENTRE AQ Y FALA CEIBE.
falaceibe@yahoo.es
De cara
á celebración dos aniversarios provincialistas do ano 2021 o coletivo cultural
Fala Ceibe do Bierzo propón ao coletivo AQ a realización de atividades
reivindicativas. Ámbolos dous coletivos comprométense a respeitar as liñas
reclamativas que queden fóra da reivindicación compartida.
1. O coletivo Fala Ceibe cede ao
coletivo AQ a vocería (portavocia) dos comunicados conxuntos e a presentazón
dos actos públicos a realizar. O coletivo AQ terá sempre o protagonismo
informativo.
2. Celebración de faladoiros de debate, con periodicidade mensual, a realizar nalgún bar interesado, no que se debata sobre diversos temas. Algúns destes poden ser: linguas do Bierzo (maio 2021), revoltas históricas como as irmandiñas e comuneros (abril 2021), relaciois Galiza e O Bierzo (xullo de 2021), territorialidade, provincialismo, etc.
3. Conferencias sobre
provincialismo histórico do Bierzo, con carácter trimestral, a celebrar na Casa
da Cultura do concello de Ponferrada.
4. Presentación de mociois
municipais nos concellos do Bierzo a prol da celebración de actos de
recoñecemento do provincialismo berciano no 2021.
5. Celebración dun concurso escolar
que se refira á realización de fotos e debuxos sobre a bandeira berciana e
ensaios breves sobre o provincialismo berciano.
6. Divulgación da bandeira berciana
polas redes sociais e agasallos de pegatinas entre os bercianos e mailas
bercianas.
7. Rota ciclista popular entre
Ponferrada e Vilafranca (en primavera) para unir ás dúas vilas que desputaron
pola capitalidade provincial no Trienio liberal.
8. Elaboración de pancartas
alusivas ao provincialismo berciano que se colocarán polas localidades da
rexión do Bierzo. Pancartas que se divulgarán pola internete.
9. Participación no Día da Patria
Galega, en Compostela, o domingo 25 de xullo de 2021.
10. Intercambio de información
dixital polas redes sociais (fotos, textos históricos, artigos, etc) entre os
dous coletivos.
11. Presentación da reforma da Lei
da Comarca do Bierzo para reforzar a autonomía política desta institución.
12. Apoio á presentación da Ley de
linguas de Castela e León ante as Cortes de CeL.
13. Elaboración de pintadas e
grafitis que divulguen o provincialismo berciano polas localidades da nosa
rexión.
O Bierzo, setembro de 2021.
www.obierzoceibe.blogspot.com
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home