XUNTA DO GRUPO BIERZO PROVINCIA.
XUNTANZA DOS SEGUIDORES
DO GRUPO BIERZO PROVINCIA.
(4 DE SETEMBRO DE 2021).
O
grupo de Facebook. Bierzo provincia, tivo unha xunta aberta neste setembro e
agora quere dar a coñecer o alí falado para os que non puideron asistir
1. Continuidade anual dos actos populares sobre o Bicentenario provincial berciano nos anos
2021, 2020 e 2023.
2. Presentación de
propostas de reforma da Lei da Comarca do Bierzo ante a Junta de Castela-León e
Deputación leonesa.
3. Elaboración de
libros sobre a provincia do Bierzo, do historiador Jota sobre a provincia de
Vilafranca, do provincialismo berciano de Javier Lago Mestre e do Congreso provincia
do Instituto de estudos bercianos.
4. Desfile de
bandeiras bercianas entre o concello de Vilafranca e a sede da provincia de
Vilafranca para outubro de 2021
5. Pegadas de
pegatinas coa nosa bandeira cruceira e repartos de pegatinas de xeito masivo
nos vindeiros meses. Procurarase o apoio do bercianismo político e do
galleguismo político e cultural.
6. Concursos
escolares sobre a provincia de Vilafranca en tres categoráis, poesía, debuxo e
ensaio. Buscarase o patrocinio do Consello Comarcal do Bierzo.
7. Presentación de
pancartas provincialistas polas vilas e aldeas da rexión do Bierzo.
8. Elaboración de
colaboraciois históricas para os medios de comunicación dixitais e tradicionais.
9. Presentación de
conferencias sobre o provincialismo berciano con posterior debate político
sobre a descentralización.
10. Conferencia
sobre a provincia de Vilafranca no Barco de Valdeorras para setembro de 2021.
11. Profundar na
colaboración con Unidade berciana, a Quinta, Museo pedagóxico para a
Conferencia de búsqueda de futuro, etc.
O Bierzo, setembro de 2021.
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home