CONFERENCIA RELACIOIS HISTÓRICAS ENTRE VALDEORRAS E O BIERZO
CONFERENCIA
RELACIONES HISTÓRICAS ENTRE VALDEORRAS E O BIERZO,
Por Javier Lago Mestre, miembro del colectivo
cultural Fala Ceibe do Bierzo.
(O Barco, sábado 2 de octubre, en Casino do
Barco, 20 horas).
A organización territorial da Idade
Media presenta una serie de condados dentro de los reinos. O condado do Bierzo
estaba integrado por varias tenencias
(Boeza, Varcarce, Ulver, etc) que eran administrados por tenentes. O Tumbo do
mosteiro de S. Pedro de Montes presenta varios documentos nos que aparecen
vinculados as tenencias do Bierzo e Valdeorras. Na Baixa Idade Media ocupa a
Coroa de Castela a familia dos Trastámaras que delegan o goberno das comarcas
aos seus aliados nobiliarios de xeito hereditario (xurisdición, impostos, etc).
Velaí a presenza dos grandes señores (A Cabreira e Ribeira, Lemos, Pimentel, Sarmiento,
Astorga, etc).
Os problemas sucesorios da Coroa de
Castela favoreceron o fortalecemento dos poderes señoriais (laicos, monásticos,
obispados, etc). Os señores aproveitaron o seu poder para presionaron máis aos
vasallos, propios e alleos. A reación popular foi o medre da conflitividade,
caso da revolta irmandiña. Este rebelión tivo tamén lugar en Valdeorras (ataque
ao Castro), Seabra e O Bierzo (Ponferrada). A reación señorial forzou a derrota
militar dos irmandiños e maila represión posterior (facendeiras obrigatorias
para reparar os castelos).
A IDADE MODERNA
(SIGLOS XVI AO XVIII).
Na Idade Moderna os Reis Católicos
reforzaron o seu poder central cun maior control dos poderes señoriales
(derrota do conde de Lemos en 1486, creación do marquesado de Vilafranca, presenza
da alta nobleza en Cortes y no exterior, etc), reorganización territorial (creación
da provincia do Bierzo), merca de Ponferrada, reforma monástica, etc.
Prodúcese a expansión do marquesado
de Villafranca polo Bierzo (Ponferrada, Congosto, etc) y Valdeorras (merindade
sul de Aguiar e parroquias adscritas á colexiata de Vilafranca). A
administración señorial atraxo á fidalguía foránea, caso de Andrés de Prada y
Gómez de Santalla, nado en Valdeorras, que logo desempeñou cargos na Corte,
como secretario de Guerra con Felipe II y III.
O fin do chamado Antiguo régime foi
provocado pola Invasión napoleónica e a posterior Guerra da Independencia
(participación das alarmas rurais de Valdeorras y Tiradores do Bierzo). As
ideas liberaiss foron espalladas tamén por algúns eclesiásticos (José Antonio
Ruiz de Padrón, colexiata de Vilafranca, etc). Os Trinitarios do mosteiro de
Correxais foron xultados por difundir panfletos antiseñoriais nas feiras de
Valdeorras e mailo Bierzo (1811).
A PROVINCIA DE
VILAFRANCA.
A reforma territorial do régimen liberal
trataba de ordenar a península segundo os seus intereses políticos (supresión
dos señoríos, eliminación dos reximentos hereditarios, contra los reinos, etc).
Froito da dita reforma foi a creación da provincia de Vilafranca que tivo unha escasa
duración (1821-1823), e que estivo sempre presionada polos ataques dos
absolutistas (guerrillas, exército Cen mil fillos de s. Luis). Velaí a escasa
acción política da Deputación de Vilafranca. Lembramos que esta deputación
instó a recuperar a ponte de Sobradelo.
A provincia de Vilafranca era das
máis pequeñas de España, por iso os deputados decidiron medrar o seu territorio
con Valdeorras, Laciana e A Cabreira. O concello do Barco elaboró un informe
contra la creación de la provincia berciana (1821). Alegou que os pasos ao
Bierzo non eran posibles polas crecidas do río Sil e os malos pasos pola serra
da Enciña da Lastra. Ademais O Barco dixo que non era doado acudir á
Chancelería de Valladolid, polo porto de Foncebadón coa invernia, ademáis de
querer depender da Audiencia da Coruña. Tamén se amosou contrario á división de
Valdeorras, deixando fóra os concellos máis ocidentais.
A victoria militar do rei Fernando
VII supuxo a derrota do régime liberal (caso súas provincias). A nova reforma provincial de
1833, con Isabel II, desbotou as provincias pequeñas, casos de Vilafranca,
Calatayud e Xátiva. Posteriormente houbo novos intentos de reforma provincial
que daban protagonismo territorial ao Bierzo (exemplos do ministro Pascual
Madoz, o político Caballero, xeógrafo Lucas Mallada, etc). Sen embargo, os
nuevos proxectos rexionalistas (estatales ou periféricos) ignoraron a reforma
provincial na segunda metade do século XIX.
Las políticas liberales do século XX
procuraron a privatización de montes comunais, a perda de poder das xuntas
veciñais fronte aos concellos, centralización administrativas das capitais,
democracia liberal (censitaria, caciquismo, cuñeirismo, etc), novas comunicaciois
(carreteras, ferrocarril, telégrafo, correos…), etc. Coa grave crise da
filoxera que atacou as vides, os deputados de Valdeorras e O Bierzo acadaron
unha xunta coa Ministro de Fomento para traer vides americanas.
A IDADE
CONTEMPORÁNEA.
Na Idade Contemporánea o
desenvolvemento do capitalismo transforma os territorios segundo os seus
intereses (ferrocarril, estradas, encoros eléctricos, deforestación,
contaminación industrial, minas de carbón, ferro e wolframio, etc). A
necesidade de exportación do carbón e ferro bercianos forzou a electrificación
da liña Brañuelas a Monforte.
Os medios de comunicación favorecen os
vincallos entre Valdeorras e O Bierzo (radios, xornais, dixitais, guías
comerciais, etc). Varios libros históricos analizan as relaciois intercomarcais
(José Losada, Historia de El Bierzo y Valdeorras, 1983; Ramón López Caneda,
Expósitos e ilegítimos en Valdeorras y El Bierzo, 2003; Isidro García Tato con
artígos sobre o mosteiro de Carracedo e a Colexiata de Vilafranca entre outros.
O Estado das autonomáis ten afastado
as bisbarras de Valdeorras e mailo Bierzo pola nova burocracia e dependencia de
centros políticos alleos (Santiago, Valladolid, Madrid…). Hai necesidade dunha
nova territorialización periférica. O Bierzo ten reclamado autonomía política
coa súa Comarca (1991). Valdeorras fracasou coa fundación comarcal e maila mancomunidade
de concellos (2018). A Lei de bases do régime local (1985) permite a creación
de comarcas entre distintas provincias (art. 42.2). Debatamos sobre a
existencia dunha rexión periférica (chamada Sileste) para compartir servizos
públicos (sanitarios, educativos, etc) e comunicaciois (autovías, ferrocarrís,
internet, etc). Ademais a unión intercomarcal favorece a forza reivindicativa
para acadar antes os obsectivos políticos ante os poderes foráneos lonxanos.
O Bierzo, octubre
de 2021.
Tfno. Contacto
695344293 (de 11.30 a 12 horas).
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home