martes, enero 18, 2022

DEMANDAS CULTURAIS AOS PARTIDOS POLÍTICOS, ELECIOIS 13.02.2022

 

 


DEMANDAS AOS PARTIDOS POLÍTICOS

DO COLETIVO FALA CEIBE DO BIERZO

ANTE ELECIOIS A CORTES DE CASTELA E LEÓN

(13 DE FEBREIRO DE 2022).

 

O coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo amosa uns pedimentos aos partidos políticos ante as eleciois autonómicas a Cortes de Castela e León;;

1.      Reforma do Estatuto de autonomía de Castela e León para que se recoñeza expresamente a lingua galega como oficial.

2.      Nova reforma da Lei da Comarca do Bierzo, 1/1991, de 14  de marzo, para que se recoñeza expresamente a oficialidade do idioma galego do Bierzo e se constitúa o Servizo lingüístico comarcal.

3.      Reforma da Lei autonómica 1/1998, do réxime local de Castela e León, para que se suprima o artigo que empece que os concellos bercianos teñan a súa denominación en lingua galega (artigo 24.1).



4.      Aprobación polas Cortes rexionais da Lei de linguas minorizadas de Castela e León, que protexa e fomente os idiomas galego (O Bierzo e Seabra), leonés e eusquera (Trebiño).

5.      Reforma da Lei autonómica de iniciativa lexislativa, 4/2001, de 4 de xullo,  para que se admita a capacidade de iniciativa lexislativa do Consello comarcal, caso das de caracterización lingüística.

6.      Fixar un Protocolo xeral de colaboración para o uso administrativo do galego no Consello comarcal, os concellos e as xuntas veciñais (entes locales menores), sinado entre a Xunta de Galicia, Junta de CyL e Consello comarcal berciano.

7.      Que a Consejería de Educación da Junta de CyL obrigue á oferta da materia de lingua galega en tódolos centros públicos do Bierzo ocidental, para que o seu alunado poida exercer o seu dereito de eleción do galego voluntario. Hoxe non se oferta galego nos colexios da Veiga de Valcarce, Quilous, Carracedelo,  Fabeiro, etc. Para iso hai que reformar o atual Protocolo xeral de colaboración para a promoción da lingua galega (2006), entre Xunta de Galicia y Junta de CyL.



8.      Convenio para a recuperación da toponimia tradicional galega do Bierzo, entre a Xunta de Galicia, Real Academia Galega e Consello comarcal berciano.

9.      Que a Consejería de Cultura da Junta de Cyl subministre libros en galego nos centros escolares e bibliotecas municipais do Bierzo occidental e que se garantice o aceso a internet desde cibercentros rurais para manter o contacto dixital co idioma galego.

10.  Que a TVCYL (financiada pola Junta de CyL) non ignore a presenza do idioma galego no Bierzo e Seabra nos seus contidos informativos.

11.  Que o Instituto castellano y leonés de la lengua (Burgos), Universidad de León (campus de Ponferrada), Instituto leonés de cultura (León), universidade da experiencia, etc organicen actividades a prol do galego do Bierzo mentres reciban subvenciois públicas da Junta de CyL.

O Bierzo, xaneiro de 2022

www.facebook.com grupo BIERZO PROVINCIA.

falaceibe@yahoo.es



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es