miércoles, febrero 16, 2022

PROPOSTA DE NEGOCIACIÓN DE PRINCIPIOS LINGÜÍSTICOS DE FALA CEIBE DO BIERZO.


 


PROPOSTA DE NEGOCIACIÓN DE

PRINCIPIOS LINGÜÍSTICOS REIVINDICATIVOS (2022).

Polo colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo (falaceibe@yahoo.es).

1.      Linguas territoriais de Castela e León.

Galego no Bierzo e As Portelas. Leonés en León, Zamora e Salamanca. Eusquera en Trebiño e vales norteños de Burgos.

2.      Evolución lingüística histórica.

Na Idade Media con uso institucional polos mosteiros e concellos.

Uso oral nos séculos da Idade Moderna e Contemporánea.

Procesos de normativización nos seculos XX e XXI.

3. Linguas minorizadas polas políticas culturais (castelán oficial) e económicas (urbanización, despoboación, etc).



4.      Dereito á propia denominación lingüística. Lingua galega do Bierzo (non galegoleonés nin dialeto berciano), lingua euskera en Trebiño, leonés (asturleonés, lliones, falas leonesas, etc).

5.      Dereito á dialectización. Caso das falas leonesas (pachuezo, cabreirés, sanabrés, etc)

6.      Dereito á territorialización lingüística.

Territorios históricos (segundo filólogos, historiadores, etc).

Zonas de transición bilingües.

Presenza de centros comarcales e educativos que atraen poboación foránea..

7.      Dereito á oficialidade das linguas.

Voluntariedade das comunidades lingüísticas para demandar a oficialidade.

Recoñecemento de oficialidade en Estatuto autonomía de CeL.

8.      Dereito á normativización.

Voluntariedade lingüística das comunidades.

Normativización da gramática, léxico, fonética, etc,

Recompilacióis léxicas das falas comarcais.



9.      Relaciois coas comunidades lingüísticas veciñas.

O galego do Bierzo con Galiza, Portugal, Eonavia e As Portelas.

O leonés con Asturias e Miranda do Douro.

O eusquera de Trebiño co País Basco.

10.  Ensino.

Oferta obrigatoria de centros escolares en linguas minorizadas.

Demanda voluntaria do ensino bilingüe polo alunado.

11.  Administraciois públicas.

Creación de servizos lingüísticos locais (Consello comarcal do Bierzo, deputaciois…).

Aprobación de regulamentos orgánicos con uso lingüístico administrativo.

Propaganda institucional en linguas minorizadas.

Cursos de idiomas minorizados ao seu persoal.

Subministración de materiais lingüísticos en bibliotecas e cibercentros municpais.

Intercambios culturais e lingüísticos (música, teatro, cine, etc)

Ásinar Protocolos de colaboración con instituciois foráneas (Xunta de Galicia, Xunta del Principado de Asturias, etc)



12.  Presencia en instituciois foráneas.

Usos lingüísticos co Procurador do común, Cortes de CeL, etc.

13.  Medios de comunicación.

Uso parcial en medios de comunicación tradicionais (radio, tv, xornais, etc)

Presenza de medios de comunicación foráneos (RTVPortuguesa e RTVGalega no Bierzo e As Portelas, TVAsturias en León, RTVB en Trebiño).

14.  Promoción lingüística.

Junta de CeL, diputaciones, Instituto leonés de Cultura, etc fixen subvenciois específicas para o galego, o leonés e mailo eusquera.

15.  Recuperación da toponimia tradicional nos seus territorios históricos.

16.  Novas tecnoloxías da información.

Garantizar cibercentros en concellos rurais.

17.  Economía lingüística.

Presenza das linguas minorizadas en marcas de calidade, productos, publicidade, etiquetaxe, etc.

 

O Bierzo, febrero de 2022.

www.obierzoceibe.blogspot.com


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es