PROPOSTAS LINGÜÍSTICAS DE FALA CEIBE PARA GALIZA.
PROPOSTAS DE FALA CEIBE DO BIERZO
PARA O ENCONTRO MEDRA A LINGUA
(A Coruña, 11 de xuño de 2022)
O coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo aproveita o encontró “Medra a
lingua” para presentar unhas propostas lingüísticas sobre a nosa bisbarra.
O
primeiro, unha concreción terminolóxica. Referímonos a que defendemos a
expresión galego estremeiro fronte ao galego exterior. Galego estremeiro por
proximidade e veciñanza, e non galego exterior que amosa afastamento. Coidamos
que hai unha comunidade lingüística galega peninsular única que abrangue tamén os
territorios do Eonavia, O Bierzo e alta Seabra. No Bierzo falamos o idioma
galego, non habendo debate dialectal como no Eonavia. Por iso rexeitamos termos
como galegoberciano ou galegoleonés que só defenden o leonesismo cultural e
político. Queda clarexo que desbotamos o confusionismo terminolóxico que só
provoca divisionismo.
Pretendemos
reforzar a presenza do galego estremeiro nas leis de Galiza, caso da Lei de
normaslización lingüística. O obxectivo é acadar maior protección xurídica para
as minorías lingüísticas dos tres territorios estremeiro. Falta un protocolo de
colaboración entre a Xunta de Galicia e o Consello comarcal berciano para poner
en funcionamento o servizo lingüístico que fomente o galego nas instituciois
locais.
A
nivel político pedimos que nos debates lingüísticos estea presente a
problemática do galego estremeiro. Así debería acontecer no Parlamento Galego e
Cortes Xerais. Agardemos que, cando se reforme o Estatuto de Autonomía de
Castela e León, poidamos contar co apoio necesario para demandar a oficialidade
do galego do Bierzo, expreso no seu articulado. Incluso demandamos a defesa
direta do galego fronte aos partidos leonesistas que negan a presenza do idioma
galego no Bierzo.
As
páxinas dixitais de instituciois asociaciois culturais, partidos, etc de Galiza
deberían ter menciois á problemática do galego estremeiro. Incluso a
cartografía de Galiza a nivel cultural ten que evitar cercenar os territorios
estremeiros galegofalantes.
Hai
un protocolo para o ensino do galego no Bierzo e Seabra. Queremos que se
recoñeza nel a obriga de ofertar a materia de galego nos centros escolares do
Bierzo occidental. Hoxe hai colexios que non ofertan galego pola oposición do
seu profesorado, casos de Fabeiro, A Veiga de Valcarce, Quilous, A Veiga de
Espìñareda e Carracedelo.
As
instituciois culturais de Galiza, exemplos da RAG, ILG, Consello Cultura
Galega, etc deberían ter entre os seus obxectivos estudar e dar a coñecer a
presenza do galego nas bisbarras estremeiras (xornadas, investigaciois,
publicaciois, etc). Incluso instamos a que haxa unha colaboración cultural cos
concellos bercianos e mailo Instituto de Estudos Bercianos.
Os
diversos materiais dixitais, pedagóxicoos e bibliográficos en galego deberían
chegar ás bibliotecas municipais e centros escolares do Bierzo. Este labor
debería ser comandado pola Consellerías de Cultura e Educación da Xunta de
Galicia.
Os medios de comunicación, tradicionais ou dixitais, teñen que dar máis información da problemática lingüística das bisbarras estremeiras comarcas. A información periódica destas facilita a sensibilidade social cara a nós. Sen visibilidade dixital temos existencia parcial que conduce á irrelevancia. Neste senso hai que reforzar a nosa presenza informativa na RTVGalega.
Para
os ditos territorios estremeiros é fundamental estreitar os vincallos coa
Galiza. A nivel turístico pódese facer moito máis. Achegamos iniciativas no
fomento común das zonas naturais (Os Ancares, Courel e Enciña da Lastra). Outro
tanto se pode facer cos roteiros (Camiños de Santiago, de Inverno, gran senda
do Sil, etc), explotaciois auríferas (As Médulas, Montefurado…), mosteiros
(tebaida berciana e Ribeira Sacra), etc. No traballo promocional conxunto
cómpre a sinalización en galego, elaboración de folletos, presenza en feiras,
internet, etc.
O Bierzo, xuño de 2022.
www.obierzoceibe.blogspot.com
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home