miércoles, mayo 03, 2023

NOVA DEMANDA DE GALEGO NO INSTI DE FONTESNOVAS.



NOVA DEMANDA DE GALEGO ANTE

O INSTITUTO DE FUENTESNUEVAS (PONFERRADA).

O colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo informa aos medios de comunicación e maila cidadanía berciana dunha nova demanda relacionada co ensino da lingua galega na nosa rexión. As Ampas dos colexios de Camponaraya, Cuatrovientos e Fuentesnuevas denuncian que non se poden continuar os estudos de lingua galega noel instituto de Fuentesnuevas.

            As citadas Ampas bercianas indican que nos seus respectivos colexios se pode estudar a materia de galego co fin de obter a titulación de galego Celga 1. O alunado deses centros desexa continuar cos estudos de galego no instituto de Fuentesnuevas, ao cal quedan adscritos por vinculación territorial. O problema é que se se matriculan en dito instituto non poden continuar os seus estudos de idioma galego porque non se oferta esta materia atualmente. Así o seu alunado vese obrigado a matricularse noutros institutos máis alonxados, o que tamén provoca a perda do compañerismo estudiantil lingüístico en galego.

            Por todo isto demándase a oferta inmediata da materia de lingua galega no instituto de Fuentesnuevas. Deste xeito, os novos alunos, procedentes de colexios de Camponaraia, Cuatrovientos e Fuentesnuevas, poderán continuar os seus estudos de galego e finalmente obter o novo título Celga 2.

            Asistimos a un novo exemplo de discrecionalidade política. Está normalizado que os colexios con oferta de galego do Bierzo están adscritos a institutos tamén con oferta de galego, casos de Vilafranca, Cacabelos e Ponferrada. Mais os alunos dos colexios de Camponaraia, Catroventos e Fontesnovas non poden hoxe continuar os seus estudos de galego no instituto de Fuentesnuevas pola falta de autorización administrativa de carácter político.   

            Convén tamén lembrar que en dito instituto de Fuentesnuevas se imparte a rama sanitaria. E mailo título de galego Celga 2 permitirá opositar con éxito á ampla oferta de postos de traballo no Servizo Galego de Saúde e aos hospitais privados da Comunidade Autónoma de Galicia. Ademáis, o título Celga 2 posibilita  superar outras numerosas oposiciois en Galiza, coma Xunta, Deputacións e concellos.



NOVA NORMATIVA EDUCATIVA FAVORABLE AO GALEGO.

            Recordamos que a nOva normativa educativa resulta favorable ao ensino do galego no Bierzo, exemplo da ORDE EDU/418/2023, de 22 de marzo, pola que se modifica a Orde EDU/1075/2016, de 19 de decembro, pola que se regulan os proxectos de autonomía en centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade de Castela e León que imparten educación primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato.

            Dita norma permite a continuidade dos estudos de lingua galega nas distintas etapas educativas. Así se indica expresamente no artígo 4.3, “Con objeto de dotar de mayor continuidad a las etapas de educación infantil y primaria, primaria y secundaria obligatoria, y secundaria obligatoria y bachillerato los centros podrán elaborar un proyecto de autonomía intercentros conjunto”.

            Para o bacharelato, a norma propon, “Impartir la materia optativa Lengua y Cultura Gallega, en aquellos centros autorizados para el desarrollo del Programa para la Promoción de la Lengua Gallega”. (art. 11.1.e)

            Os centros educativos bercianos poeden solicitar un proyecto de autonomía que incorpore o ensino do gallego. A norma indica que “1. Los centros educativos que soliciten la implantación de un proyecto de autonomía para el curso escolar 2023-2024 podrán formular su solicitud en el plazo de un mes a partir de la publicación de la presente orden en el Boletín Oficial de Castilla y León” (disposición adicional 4.1).

            O instituto de Fuentesnuevas pode impartir a materia optativa Lingua e Cultura Galega, previa autorización para o desenvolvemento do Programa para a Promoción da Lingua Galega. Para elo ten que facer a correspondente solicitude educativa.



            O instituto de Fuentesnuevas ten a obrigación de aceitar a demanda social da materia de lingua galega. Para iso dito centro ten que informar axeitadamente ás familias afectadas da necesaria nova oferta lingüística, como indica a normativa na disposición transitoria 4ª. “2. Los centros que soliciten la implantación de proyectos de autonomía para el curso 2023-2024 y no cuenten con la autorización pertinente al iniciarse el plazo de presentación de solicitudes en el proceso de admisión en centros docentes sostenidos con fondos públicos, darán publicidad a las características esenciales del mismo para que las familias dispongan de esta información en el momento de solicitar puestos escolares”.

CAMPAÑA INFORMATIVA EN INTERNET.

            Este colectivo cultural Fala Ceibe anima, através das redes sociais, aos bercianos a remitir correos electrónicos en demanda da materia de galego no instituto de Fuentesnuevas (24016584@educa.jcyl.es), en apoio das Ampas de Camponaraia, Catroventos e Fontesnovas. Entre todos e todas podemos conseguir que a Consellería de Educación de CyL e a dirección do instituto de Fuentesnuevas permitan ofertar a materia de galego de forma voluntaria.

O Bierzo, maio de 2023.

www.obierzoceibe.blogspot.com



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es