lunes, noviembre 09, 2009

REFRANEIRO LABREGO DA REXIÓN BERCIANA (1ª PARTE)


REFRANEIRO LABREGO DA REXIÓN DO BIERZO (1ª PARTE),
Por Xabier Lago Mestre, colectivo Fala Ceibe do Bierzo.



Noutro artigo anterior vimos xa o refraneiro xeográfico da rexión berciana. Agora recompilaremos parte do refraneiro labrego, na lingua galega na súa variedade local berciana. Refraneiro territorial propio que relaciona o calendario relixioso e mailo labrego das tarefas agrarias, gandeiras e cinexéticas.


REFRÁNS BERCIANOS DE XANEIRO.
“Sol madrugador de xaneiro, mete o can no palleiro”
“As berzas de xaneiro gustan a carneiro”.
“A neve de xaneiro, fai o pan no eido”.
“En xaneiro sete lobos no carreiro”.
“Xaneiro xabreiro, febrero esmuriceiro, marzo airoso, abril chuvioso, sacan a maio florido e fermoso, San Xoán claro, Sanata Mariña dalle coa fouciña, agosto dalle co xostro, setembro come e vende”.
“En San Antón a galiña pon, e polas Candelas todas elas”.


REFRANEIRO DE FEBREIRO.
“Durea a mala veciña, o que a neve en febreiriña” (nevaradas de longa duración).
“Febreiriño louco, un día pior que outro”.
“Febreiro merendeiro”.
“En febrero busca a sombra o can, en marzo o can e o amo” (pola calor que pica xa).
“Perdiz en febreiro, búscaa no xebreiro (lugar frío)”.
“En febreiro un rato ao sol e outro ao humero”.
“Anque a Candelaria (2 de febreiro) chore, que deixe de chorar, a metade de inverno está por pasar”.
“Vimos das Candelas e imos para o San Blas (3 de febrero), aproveitaros mociñas que festiñas non hai máis” (en Cuaresma non hai festas).


REFRAIS BERCIANOS DO MES DE MARZO:
“Onde vexas culebra en marzo, verás neve en maio”.
“Marzo sacou a vella ao sol, e matouna dun pedazo”.
“Cando marzo maiea, maio marcea”.
“Polo S. Xosé (19 de marzo), deces e merenda ao pé” (obriga de dar comida ás dez da mañá e merenda aos xornaleiros ao ser os días máis longos).
“Marzo airoso, abril chuvioso, sacan o maio florido e fermoso”.
“Marzo igularzo” (porque se igualan os días e as noites).
“Ollo á perdiz, se canta en marzo, ano feliz” (os bos presaxios do canto da perdiz).
“Marzo espigarzo e abril espigas mil” (sobre augurios de boas colleitas).
“Marzo anidarzo, abril huévil e maio paxaraio” (sobre a reproducción das aves).
“Se marzo vén ao revés, nin deixa pastor nin res”.
“Cando marzo volve o rabo, non deixa ovellas con pelexo, nin pastor deszamarrao”.
“Sol de marzo mata a dama no palacio”
“Se marzo volve o rabo, adeus ó teu gando”.
“Polo vinte de marzo dá o sol unha sombriña e xa canta a anduriña”
“Se ronca ou trona en marzo, apreta a cuba con mazo” (preparación da cuba de viño).
“Marzo marzán, pola mañá cara de rosa, e pola tarde cara de can”.
“Ralva en marzo, bima en S. Xoán, sembra en outubro e collerás pan”.


O Bierzo, novembro de 2009.

http://www.blogoteca.com/obierzoxa
http://www.ciberirmandade.org/falaceive
http://www.partidodelbierzo.com/