jueves, abril 11, 2013



AVENTURA ENTRE CAMPAÑANA E VILADEPAOS,
 Por Xabier Lago Mestre.
falaceibe@yahoo.es

Nova saída de Ponferrada aproveitando que o domingo amosábase con ceo aberto. Tomamos a vella estrada para Ourense cara ao barrio de Flores do Sil, seguindo pola Martina e virando á esquerda no cruzamentono para Devesas. Por enriba do río Sil vemos o caudaloso río berciano. Agora pola beira esqueda subimos para Vilalibre da Xurisdición, e despois Priaranza, capital do concello. A parada nesta poboación serve para tirar fotos das lonxanas barrancas de Santalla e, á saída, tamén do toro de árbore esculpido coma un rexio templario. De novo montamos a bici camín desta última poboación. Dende o recodo que forma a estrada no regueiro do Val tiramos fotos da panorámica dos pobos deixados atrás, paga a pena.



Á entrada de Santalla, no seu miradoiro está preparado para ter a mellor imaxe das cárcavas de tanta zona. Ten ademáis bos exemplos de arquitectura rural. Preparados? Principiamos as costas do pequeño porto de Vilavella. Enfronte o Castelo medieval de Cornatelo, afeado pola corta da canteira. Detrás as chamadas peñas de Ferradillo. Queda pendente a suba para Ferradillo e continuación ao monte Aquiana cando desaparezan os actuais ameazantes neveiros. Mentres tanto segue o noso esforzo ciclista ante esta subida que non parece moi difícil. Pásanos o auto da Garda Civil, nosotros co casco e mailo chaleco preceptivo. Por fin, chegada ao cumio con foto dos sinais de tráfico, queimadas algunhas polo fogo forestal do derradeiro verán.

                                            ESCULTURA DE PRIARANZA DO BIERZO.

Dende enriba, deixámonos levar pola baixada longa cara ao cruzamento de Borreis e S. Xoán de Paluezas. O letreiro recórdanos que hai pendente outra viaxe para o castro do Castrelín, relacionado co complexo arqueolóxico das Médulas. Adiántannos uns ciclistas con bicis de carreiras, algo normal, nosoutros corremos máis polas corredoiras. Diante por fin os primeiros barrios de Carucedo, a capital do concello. Todo anuncia As Médulas bercianas. Hai que torcer para a dereita, polo barrio de Abaixo, cara a Campañana, coa suba desfrutamos das vistas do lago Carucedo, mentres as súas aves acuática que non deixan de comunicarse.



Diante de nós a muralla de formigón do encoro de Campañana. Atravesamos por enriba desta obra hidráulica e cavilamos nas terras agrícolas estragadas. Agora verte as súyas augas a canle de Cornatel que vén dende Ponferrada, case nada!. Ribeira abaixo, a vivaz natureza do lago de Carucedo. Qué máis podemos pedir?. Deixamos as augas para agatuñar para Campañana. As voces dos viciños anuncian o diálogo sereo. Así facemos, aproveitamos para falar con eles. Hai que preguntar polo estado do camín para Peón e Viladepaos. Eles respostan que está ben. Despedímonos deles coa súa amabilidade. Máis adiante, cans ameazantes non nos reciben tan ben, no barrio Forcadas. Nada perigoso.



Todo para o norte, polo Lombo e a Lameira longa, subindo desfrutamos das boas vistas do encoro de Campañana e das lonxanas Médulas. Deixamos o cerro dos Mudos á (695 metros), e principiamos o descenso polas paraxes de Buracoa e Chantín, cheas de abundante vexetación. Os camíns da esqueda van para a aldea de Peón e os da dereita para Viladepaos e S. Xoán de Paluezas. A escasa sinalización favorece anosa perda pero, aínda así, podemos desfrutar máis destes montes. É unha forma de consolo. Un dos pequenos vales que descenden para a vertente do río Sil amosa, na súa cabeceira, o correspondente cartel indicativo que anuncia a baixada para Viladepaos. Por fin atopamos o camín, despois de moito buscalo. Esta senda para o río Sil é dificultoso en primavera porque está enlaimado, incluso hai árbores caídas, que obrigan a erguer as bicis por enriba. Mentres baixamos, outros suben, por suposto, avisámolos do que lles agarda nesta tremenda senda para cabras. Pero eles seguen sen medo, están afeitos a estes problema orográficos. 


Por fin, chegamos á ribeira baixa do río Sil. Un chisco máis adiante, a prociurada pasarela. Cruzamos para o campo de futbol de Viladepaos. A chuvieira volve de novo para rematar a difícil xornada. Como sabemos da convocatoria dunha xunta veciñal no centro cívico do pobo, para aló imos, así estaremos a cuberto un rato. Noutro artigo damos conta desta xunta veciñal. Así pois damos por rematado este relato aventureiro.



O Bierzo, abril de 2013.
www.obierzoceibe.blogspot.com


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es