martes, agosto 07, 2018

FESTAS DE AGOSTO NA REXIÓN BERCIANA.


FESTAS DE AGOSTO NA REXIÓN DO BIERZO. 
por Xabier Lago Mestre.
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es


ROMARÍA DA COSTA DO PEREGRINO. 

Dende a ermida de Camponaraia sae, o primeiro domingo de agosto, unha romaría con pendois para a cercana costa do peregrino. No alto do outeiro se fixo unha ermida para acoller aos camiñantes. Tódolos anos se celebra esta romaría e ao final ten lugar un xantar onde reina a paella xigante do gusto dos asistentes.

FESTAS REXIONAIS O PRIMEIRO FIN DE SEMANA.

En Cabeza de Campo, na ribeira do río Selmo, celebran a festa da Imaculada para os días 31 de xullo e até o 2 de agosto. A localidade de Paradiña, na Somoza, traslada as súas festas tradicionais de Santo Tirso e San Xulián para o verán (31 de xullo e 1 e 2 de agosto de 2015). Pereda de Ancares ten as festas para os días 4 e 5 de agosto. A  vila de Corullón festexa os días 31 de xullo até o 2 de agosto. Viladecaes celebra o Sagrado Corazón (4 ao 5 de agosto de 2018). Festas de verán en Fabeiro (31 ao 2 de agosto). O barrio de Torenillo organiza a festa da Troita (31 ao 1 de agosto). As Ventas de Albares e o barrio de Puente Nuevo teñen festa conxunta para os días 3 ao 6 de agosto de 2018.

A Virxe das Neves festéxase en Páramo del Sil (7 ao 9 de agosto de 2015). Acordamos o dito popular: "Pola virxe das Neves (5 de agosto), o sol é máis breve". Almagarinos celebra a festa de San Pedro Advíncola (8 de agosto de 2008), coa organización da súa xunta veciñal,  que conta coa asistencia dos pendois da contorna de Bembibre. Onamio festexa do 5 ao 9 de agosto de 2016. Robledo de Traviesas honra ao Salvador (5 ao 7 de agosto de 2016).  San Esteban del Toral celebra o IV econtro de pendois para o 6 de agosto de 2016. 



OUTRAS FESTAS LAICAS.

Carracedo aproveita a presenza do seu mosteiro para celebrar a Medieval (5 ao 8 de agosto de 2015) con actividades relacionadas coa Idade Media. Tamén Albares de la Ribera organiza o seu festival medieval (8 de agosto de 2015), onde non faltan os títeres e cea comunitaria. Folgoso de la Ribera celebra o Folgoso Medieval (13 de agosto de 2016), con exposición de artesanía e xantar comunal. A localidade de O Espino ten a súa feira do 9 de agosto adicada á artesania e agroalimentaria. Festa Mozárabe de Peñalba para o 1 de agosto de 2015. Cacabelos organiza Ludus Bergidum Flavium, festas de recreación romana (31 ao 2 de agosto de 2016), onde non faltan os desfiles de lexionarios, bailes e xantares.  A localidade de Burbia festexa o entroido de verao cos Maranfallos para o 5 de agosto de 2018.  
Lillo do Bierzo recupera a malla tradicional para o 8 de agosto. Semana cultural en Matarrosa (10 ao 16 de agosto de 2015) con conferencias varias. Tejedo de Ancares ten a festa do Turista para os días 13 e 14 de agosto. As Noites Medievais tamén no castelo de Cornatelo (28 ao 30) con actividades históricas de todo tipo, asalto ao castelo, marchas nocturnas, mercados, loitas. Villar de los Mundos se celebra nos pobos de Salas, Villar e Lombillo para abrirse ás culturas do mundo (28 ao 31 de agosto de 2015).O  XV Festival de Gaitas ten lugar en Toural dos Vaos o 6 de agosto de 2016.



FESTAS BERCIANAS PARA A SEGUNDA FIN DE SEMANA DE AGOSTO.

Toural de Meraio honra ao Salvador (5 ao 9 de agosto), salientamos a canciois de rondas típicas desta localidade. Valboa tamén celebra o Salvador. Outro tanto acontece con Priaranza do Bierzo. Virxe das  Neves na localidade Susaña del Sil (5 ao 7 de agosto). Portela de Aguiar (8 agosto) ten torneo de bolos locais. Vilaboa-Villabuena honra ao S. Xusto (5 ao 7 de agosto). Quilous celebra s. Lorenzo (8 ao 10 de agosto). Cadafresnas por S. Vicente (6 ao 8 de agosto). Tombrio de Abaixo celebra Santo Domingo, con romaría con pendoes o 8 de agosto até a ermida milagreira onde ten lugar o xantar comunal e mailos bailes rexionais.

A localidade de S. Lorenzo, preto de Ponferrada, festexa a súa festa para o 10 de agosto. Igual festa acontece en Quilous (10 ao 12 de agosto de 2018). San Pedro Mallo celebra a súa festividade para os días 7 ao 9 de agosto. Valdelaloba, no concello de Toreno, tamén conta con festa. Espinoso de Compludo celebra a festa en honra de San Mamede (7 ao 9 de agosto) onde destaca a bendizón dos panes. Outro tanto acontece con Cabañas da Dornilla coa festa de S. Mamede (5 ao 7 de agosto de 2016). Otero de Ponferrada celebra a 1ª edición da festa do Medio Rural para o 20 de agosto de 2016 que trata de xuntar a todas as localidades do municipio con desfile de pendois. Teixedo de Ancares celebra torneo de bolos para as súas festas do 12 de agosto de 2016. Outra tanto acontece con Espiñareda de Ancares (7 de agosto de 2016). 



VIRXE DA MADALENA.

Destacamos as festas na Veiga de Valcarce, primeiro A Madalena (7 ao 9 de agosto) e despois S. Roque (16 de agosto). Paradaseca desfruta da festa da Madalena (7 ao 9 de agosto) onde de seguro non faltan os xogos dos bolos. A Veiga de Valcarce festexa a Madalena (5 ao 7 de agosto de 2016) 

FESTAS DA NOSA SEÑORA E SAN ROQUE.

Comezamos con Naraiola, onde salientamos a súa ronda de adegas. S. Roque tamén se celebra en Villablino, Dragonte e Pardamaza ten S. Roque (14 ao 17 de agosto). O barrio de Fontesnovas únese a estas celebraciois coa súa famosa e popular sardiñada. A localidade de Moreda organiza concertos de música rock. Tamén acontece o mesmo en Cacabelos. Na cidade de Ponferrada celébrase o voto de S. Roque pola súa proteción ante a peste que tivo lugar no ano 1576, o voto de Vila foi polo 1578, hai reparto de racimos das primeiras uvas entre os viciños asistentes á procesión. AVeiga de Valcarce celebra festa de S. Roque para o 16 de agosto de 2016 con reparto de bollos preñaos.

O asolagado pobo de Posada del Río, na ribeira do encoro de Bárcena, tiña festa para S. Roque. Grandes festas tamén en Noceda, na conca do Boeza, coa romaría da Virxe das Chanas (15 de agosto de 2015), hai desfile de pendois da contorna. Outro tanto acontece coa capital de Torre do Bierzo, con concentración de pendois (16 de agosto de 2016). Valtuille de Enriba amén festexan eses patrois. Paradela do Rió, barrio A Veiga, perto de Toural dos Vaos, celebra S. Roque. No concello de Ponferrada temos a aldea de Bouzas que organiza festas para o 15 e 16 de agosto de 2015, ao igual que Villanueva de Valdueza e Manzanedo de Valdueza onde hai torneo de xogo aos bolos.  Palacios de Compludo posúe as mesmas festas. A Ponte de Domingo Flórez ten festas para 14 até o 17, onde celebran a festa da empanada. 


A vila de Molinaseca, en pleno camín de Santiago, adica as festas a Nosa Sra. das Angustias (14 ao 17 de agosto de 2015). Torneos de bolos na capital municipal de Oencia (10 ao 16 de agosto). Pobladura de las Regueras ten festas do 13 ao 16 deste mes en honra da Nosa Sra. da Asunción. Matachana festexa tamén S. Roque. Langre celebra Nosa Sra. e S. Roque (13 ao 16 agosto). San Andrés das Pontes honta á Virxe (25 de agosto de 2008) con asistencia de pendois comarcais. Villaverde da Abadía conta coas festas de S. Roque. Viñales ten festa para do 23 ao 27 de agosto de 2017. E Cueto festexa polos días 18 e 19 de agosto de 2017.

O Val de Fornela adica a festa á Virxe de Trascastro (15 de agosto). Nas súas coñecidas danzas fornelas participan os viciños de Peranzais, Chan e Trascastro.  Peranzais celebra festa dos días 10 ao 17. Non podemos pasar por alto a romaría de Fombasallá (15 de agosto) onde suben moitos romeiros de Vilafranca, Cela e pobos da contorna.

Salas de los Barrios celebra a 8ª de San Roque (15 e 16 de agosto de 2015). San Xoán de Palozas ten festas da Nosa Sra. e S. Roque para o 14 e até o 16. Paradasolana festexa o 15 de agosto. Palacios de Compludo ten torneo de bolos na súa festa patronal do 15 de agosto.


FESTA DE SAN BARTOLO.

En Quintela de Barxas (23 e 25 de agosto de 2015), Valdefrancos no val do río Oza, no concello de Ponferrada (24 ao 28 de 2016) con carreira de andarins. Guimara, no val de Fornela, tamén celebra estas festas. San Miguel de las Dueñas celebra s. Bernardo para o 20 de agosto, onde celebran a subida do boi, moneco que reparte viño entre os viciños e xogan aos bolos galegos, mentres que o domingo 23 teñen a salientable festa dos allos. Noceda tamén celebra S. Bartolo, onde hai carreira de burros no bairro do Río (16 de agosto de 2016). Valle de Finolledo ten festas para o 21 e 23 de agosto. Carracedo do Mosteiro celebra S. Bernardo (20 ao 23 agosto de 2015). Ferradillo ten festas de S. Bartolomé (20 ao 23 de agosto), onde organizan unha carreira de montaña. Soutelo celebra S. Bartolo (24 ao 25 de agosto de 2015).

OUTRAS FESTAS DE FINAIS DE AGOSTO.

Turienzo Castañero celebra festas s. Pelaio para o 20 e 23 de agosto de 2015 con asistencia de pendois de localidades viciñas. A mesma festa para Yeres (26 a0 28 de agosto de 2016) con xogo dos bolos o domingo. Mentres que Fresnedo conta coas do Cristo (21 ao 23 de agosto).  Cueto-Coto ten festas para o 21 e 15 de agosto de 2015. En Vilasinde, xunta a Veiga de Valcarce, festexa Santa Lucía (21 ao 23 de agosto). E Viñales, xunto a Bembibre, adica cinco días  de festa en honra de S. Antolín (26 ao 30). A aldea de Cela celebra S. Martín para os días 21 ao 23 de agosto de 2015. Valle de Finolledo festexa para os días 27 ao 28 de agosto de 2016. San Miguel de Las Dueñas ten a feira do allo (21 de agosto de 2016), organizada pola súa xunta veciñal. Valboa celebrou a súa festa Irmandiña a fins de agosto do 2017.  Argayo del Sil festexa S. Miguel Arcangel (17 ao 20 de agosto). 



FESTIVIDADES NAS COMARCAS LINDEIRAS DA CABREIRA E MAILA OMAÑA.

Na bisbarra da Cabreira salientamos Benuza (31 ao 1 de agosto), Marrubio (1 e 2 de agosto de 2015 en honra de S. Esteban, Iruela (1 e 2 agosto) con S. Antonio.  Festa do Turista en LLamas de Cabreira (2 de agosto de 2015). Romaría da Virxe de Viforcos (26 ao 30 de agosto de 2015) en Quintanilla de Losada. Robledo de Losada festa do Sto. Cristo (21 ao 23 de agosto de 2015). Encinedo honra a S. Mamet (11 de agosto). Quintanilla de Yuso do 10 ao 13 de agosto de 2016. Castro ten festas de S. Salvador e Madalena do 4 ao 6 de agosto de 2016. La Baña honra aos santos Xusto e Pastor para os días 10 ao 13 de agosto (2016). Truchas con festas do 6 ao 8 de agosto de 2016. 

Nos lindeiros do Bierzo polo leste temos A Silva que celebra S. Lorenzo (8 ao 11 de agosto) e Brañuelas coa Nosa Señora (15 agosto). Lucillo convoca pendois para o 7 de agosto de 2016. La capital maragata, Astorga, festexa as festas patronais de Santa Marta (20 ao 28 de agosto de 2016).

FESTAS EN CASTELA E LEÓN.
Salientamos a festa da Asunción na localidade rural da Alberca en Salamanca, coa misa ofertorio e danzas na praza Maior, o auto sacramental da Loa e mailos encerros con touros. Tamén en Salamanca, en Hinojosa de Duero celebran El Feudal que recrea o levantamento popular dos seus viciños contra os abusos do seu señor no ano 1441 (13 de agosto de 2016). A cidade de Astorga festexa Sta. Marta (28 de agosto de 2016).



FESTAS NAS BISBARRAS VICIÑAS DE GALIZA.

En Valdeorras hai a festa das Covas, non relixiosa, ten lugar en Vilamartín de Valdeorras o 1 de agosto de 2015.  Celebraciois non relixiosas son as chamadas festas de verán de A Rúa (7 e 9 de agosto), onde hai piraguas no seu encoro. A isto hai que engadir a 2º Bacofesta, recreación histórica de tipo romana, con desfiles de viciños disfrazados de época (14 ao 16 de agosto) xunto á ponte da Cigarrosa. II Festa romana Quiroma (22 de agosto) con lexiois, mercado e xantares. Montefura tamén celebra as súas festas romanas na mesma data aproveitando as súas explotaciois auríferas. A capital de Rubiá tamén festexa S. Bartolo (23 e 24 de agosto).

A localidade de Somoza festexa S. Lourenzo. Feira mensual de Viloira, xunto ao Barco de Valdeorras, cada día 6. A vila da Rúa vella tamén celebra S. Roque. Na localidade de A Portela celebra S. Vitorio para finais de agosto. Vilanova ten A Asunción o 15 de agosto. O municipio de Vilamartín ten festas en Arcos (S. Lorenzo o 10 de agosto) e Portela (S. Xulián o 15 agosto). A aldea de Hospital conta coas festas de S. Bartolomé (22 ao 24 de agosto), onde hai carrilanas e xogos de bolos. 

En Pobra de Trives recuperan o seu Entroido de Verán, coa Mostra do Patrimonio Inmaterial, para que os viciños emigrantes desfruten da súa festa de inverno de máis sona.  Ademais a Pobra ten festas en honra de S. Bartolomé (23 ao 24 de agosto). Festas de Verán en Quiroga (7 ao 9 de agosto). No concello de Larouco temos Freixido que celebra Santa Bárbara para o 15 de agosto. A Nosa Sra. das Neves é festa en Manzaneda (7 e 8 de agosto).  Festa da Vica en Pobra de Trives (2 de agosto). 



No concello da Carballeda temos festas de S. Xil (31 agosto) en Casaio e S. Cosme e S. Damián (12 e 13 agosto) en Casoio.  A capital de Rubiá celebra s. Bartolomé (25 agosto). San Xil festéxase en Casaio, na Carballeda de Valdeorras, do 31 ao 2 de setembro. Lardeira celebra a romaría de S. Vitorio para o 28 de agosto de 2016.

O 2 de agosto ten lugar o Fiandón de Músicas do Courel, en Ferraría de Seoane, con gaiteiros, cantares, contos e demais. Folgoso do Courel festexa a Virxe do Carme para os días 18 e 19 de agosto. Na lonxana comarca de Quiroga lembramos as festas en Soldón de Seara (22 agosto), Santa Isabel (3 e 4 de agosto) en Orxais-Soan e Vilar de Lor, S. Ciprian en Parteme (12 de agosto), S. Bartolomé en Hospital (24 de 25 de agosto), Nosa Sra. da O en Vilaster (15 de agosjto), S. Xoán das Farrapas en Bendilló (28 e 29 de agosto), O Cristo en Bendollo (22 e 23 de agosjto), A Asunción en Fisteus (15 de agosto), romaría de Virxe dos Remedios en Vitorio e A Hermida (7 ao 9 de setembro), Xoan das Farrapas en Bendilló (29 de agosto).

A festa da comarca de Sahagún ten lugar o 7 de agosto de 2016.

FESTAS NAS TERRAS DE LEMOS E MAILO BOLO.

Máis lonxe polo oeste temos as festas de Monforte de Lemos, en honra da Virxe de Monserrat (11 ao 16 de agosto). En Espasantes celebran a Virxe dos Remedios (7 ao 9 de setembro). A Pobra de Brollón ten para o 27 de agosto a romaría de S. Vitorio na parroquia de de Saa. Outras festas neste concello de Pobra do Brollón son: Vilachá de Salvadur onde celebran a festa da Seitura do centeo (8 de agosto). barrio da Estación en Pobra de Brollón (19 de agosto), S. Bartolomé en Eixón (27 e 29 de agosto), Santa María de Saa (do 15 ao 16 de agosto), Santa Lucía en Abrente (do 5 ao 7 de setembro). Ramón en Salcedo (30 a 1 de setembro). A Pobra do Brollón celebra feiras os días 11 e 25 de cada mes, mentres que no barrio da Estación é o día 2.



  Na bisbarra do Bolo, preto da vila de Viana, nas aldeas de Punxeiro e Quintela do Pando celebran a festa da Malla (9 de agosto). Nas Ermidas festexan s. Roque. No concello da Veiga en Prada salientamos a romaría do Cristo da Ascensión (8 de agosto) de grande fervor popular na contorna. Outras festas da bisbarra son: Sta. María de Xares (18 de agosto), Santo Andrés de Requeixo (22 agosto), S. Roque de Castromao (16 agosto), As bagoas de S. Lorenzo  na Veiga (12 agosto), Santo Esteban de Prado (20 de agosto), S. Miguel de Carracedo (27 de agosto) e S. Lorenzo en S. Lorenzo (10 agosto). Viana do Bolo celebra xornadas de folclore local (11 ao 16 de agosto). O Bolo ten festas para A Asunción (15 agosto). A aldea de Xares, no concello da Veiga, celebra festas para o 18 e 19 de agosto.

FESTAS EN PORTUGAL.

Na cidade de Viseo, en Portugal, para o 7 de agosto de 2016 celébrase a feira de S. Mateus. Falamos da feira franca máis antiga da península que dura 38 días. En Figueira de Castelo Rodrigo festéxase a batalha de Salgadela que os portugueses ganaron a os españois o 7 de jullo de 1664. Nesta recreación histórica da guera da Restauraçao hai banquete comunal para festexar a vitoria, mercado e lutas entre espadachins. En Almeida celébrase o cerco pola invasión francesa (15 e 28 de agosto de 1810) para os días 25 ao 28 de agosto de 2016. 

O Bierzo, agosto de 2018. 


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es