lunes, julio 30, 2018

OS CADERNOS BERCIANOS. LÉXICO URBANO.



OS CADERNOS BERCIANOS. O LÉXICO URBANO.
polo Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.

As zonas urbanas da cidade de Ponferrada, as vilas e as aldeas da rexión berciana amosan un importante léxico en galego. Eiquí recompilamos este vocabulario para que poida ser coñecido por todos e usado polos cidadáns e as institucioes locais (Consello Comarcal, consellos e pedanías).

NAS ZONAS VELLAS.

O edificio máis importante das capitais municipais é a Casa do Concello, onde se reúne a corporación local. Nos centros urbanos antigos existe Praza maior, onde xorden amplos soportáis para mercados, teatros ou igrexas. Tamén existen na meirande parte das localidades a Casa da pedanía para as xuntas veciñais. 

Entre os edificios relixiosos temos a igrexa, a colexiata de Vilafranca, o santuario das Angustias de Cacabelos, o cenobio, a abadía, as capelas, o mosteiro de Carracedo, as ermidas e demais. Preto das igrexas rurais existen os adros e os cemiterios. 


As localidades do Bierzo teñen rúas que forman o rueiro mais hai outras calellas ou calexos. Tamén temos beirarrúas (aceras en castelán) e sumidoiros de augas pluviais. As rúas teñen vivendas e predios (solares), incluso algún rañaceo (rascacielos) en Ponferrada. Na trama urbana hai prazas e cruzamentos. Nas vilas do Camiño de Santiago xorden cruceiros e milladoiro (moreas de pedras) na Cruz de Ferro. 

As máis importantes localidades estiveron arrodeadas polas cercas medievais, casos de Ponferrada e Vilafranca. Otras tiveron castelos, en Bembibre, Valboa, Corullón, Cornatelo, etc.    Os ríos bercianos son atravesados por pontes históricas ou modernas e máis pequenos pontelos.

OS SERVIZOS PÚBLICOS.

Entre os abundantes servizos públicos destacan os xulgados, centros de saúde, xeriátricos, tanatorios, etc. As administracioes públicas están formadas polas estatais, autonómicas, provinciais (Deputación de León), entes locais (Consello Comarcal, concellos e pedanías rurais.

As institucioes educativas teñen as escolas infantís e primaria, institutos de ensino medio, escolas de idiomas, escolas de oficios e universidades coas súas facultades e campus.


Vista panorámica de Rimor do Bierzo.

AS ZONAS VERDES E DEPORTIVAS.

As nosas vilas e cidades teñen xardíns, destacando a Alameda de Vilafranca do século XIX. Ao seu carón xorden os paseos e praias fluviais para desfrute dos cidadáns.

As zonas deportivas abranguen os pavillóns multideportivos cubertos e os campos de fútbol, zonas de baños, etc. 

Outras áreas dotacionais coresponden coas Casas da Cultura, tanatorios, Casas da Garda Civil, etc. As vilas e cidades necesitan grandes aparcadoiros para deixar os numerosos autos dos seus cidadans e turistas. 

As localidades rurais ben poden recuperar as vellas airas comunais cos traballos das mallas coma recreación histórica. Outro tanto pode acontecer cos lavadoiros públicos, os fornos comunais, os vellos potros de madeira, etc. 


OS CENTROS COMERCIAIS.

Salientamos  as antigas ferrarías para producir produtos de ferro. Nos muiños obtiñan  fariña dos cereais (trigo, centeo, maínzo…). Os fornos comunais elaboraban pan e están a ser restaurados en moitas localidades. Nas tabernas e adegas privadas vendíanse os viños da colleita local.

O comercio tradicional existe hoxe nas tendas, panadarías, peixerías, quioscos, mercados e feiras locais,  perruquerías (peluquerías), pastelarías, carnecerías e demais. 

  No comercio moderno atopamos unha variada oferta. Servizos bancarios ou financeiros, as viñotecas, etc.

  O Bierzo. Xullo de 2018.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es