jueves, septiembre 13, 2018

OS REFRAIS BERCIANOS DOS MESES DE SETEMBRO E OUTUBRO.


OS REFRAIS DO MES DE SETEMBRO:
polo Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

“En setembro, sembra e cobre” (cóbrase pola venda de froitos e de novo sementeira).
"Por setembro quen teña trigo que sembre" (El Habla de Toreno, FGG.)
"Setembro, ou chea os ríos ou a auga escasea".
"En setembro arden os montes e secan as fontes".
"En setembro colle o viño e non durmas no camiño"

RECORDOS DA VIRXE DA ENCINA.
“Pasada a Encina (8 de setembro), o inverno xa está enriba”.
"Pola Encina, auga encima".
“Pola Encina, augas mil” (porque chove moito por esa data).


XA CHEGOU SAN MIGUEL.
“San Miguel (29 de setembro), ponme a alma no peso do ben”.
"Polo S. Miguel están as uvas coma o mel"
"Polo verao de S. Miguel están os froitos coma o mel"
"Polo S. Miguel o verán fastidiouse".
"Polo S. Miguel os figos son mel".
"polo S. Miguel, primeiro o noz, a castaña depois"
"O que vendima en S. Miguel bebe ben".
"Dende S. Miguel pasado, rega pouco o teu prado" (por Manuel Rodríguez y Rodríguez).
"Se queres bo mel por s. Miguel".
"Polo S. Xil (1 de setembro), xa hai que acender o candil"  (porque merman os días).

SAN MATEO ANUNCIA VENDIMA.
"Polo Mateo (21 de setembro) vendima a cheo".
"Polo san Mateu cada un vendima o seu.[13]
"Polo san Mateu ou vendimas tu ou vendimo eu.
"Polo san Mateu, sementa ti, semento eu".
"Polo S. Mateo vendimas arreo" (pleno tempo das vendimas)
"Polo S. Mateo (21 de setembro) tanto vexo coma non vexo" (pola presenza do equinocio)


----------------------------------------------------
REFRAIS BERCIANOS DO MES DE OUTUBRO OU OUTONO:

"Vrao que dura, outono asegura" (S. Castelao Diñeiro de Vilafranca).
“Por San Simón (28 de outubro) quita os bois do timón” (déixase de arar).
“Polo San Simón, quita os bois do timón na montaña, que na ribeira non”.
"Por S. Simón, xeira de cogumelos" (tempo da recolla de setas).
“Xa chega san Simón co seu varalón (vento forte)”.
"Por S. Severino e S. Servando (23 outubro) os primeiros fríos do ano"
"Por S. Severo os primeiros xeos"
"Polo S. Simón (28 de outubro) e S. Xudas mata os porcos, tapa as cubas e saca os bois das coberturas".
"Por S. Simón(28 outubro) cada mosca vale un doblón".

OS CONSELLOS AGROGANDEIROS DO MES DE OUTUBRO:
"Por S. Simón proba o viño, e o porco por San Martiño (11 novembro)".
“Polo San Lucas (18 de outubro) mata o teu porco e baña a túa cuba”.
"Na semana de S. Lucas, suca, boi, suca" (arada de outono para sementar).
"En outono, sembra o pan e bota abono".
En outubro, a boa froita podre".
"Polo outubro, bota pan e cobre"
"Polo S. Lucas (18 outubro) sementa fabucas".
"En outono, a carne cómea o seu dono" (Manuel Rodríguez y Rodríguez).
“Hasme vir á cava, e einche dar da barbada (parte do cerdo)”.
"Pra que medre ben o pan, sémbrao por s. Froilán (5 de outubro)".
"O porco no maseiro non quere compañeiro".
"Horta de outono mantén ao seu dono".
"Polo S. Marcos (7 de outubro), nin nacidos nin no saco" (os garavanzos).

O Bierzo. setembro de 2018
www.facebook.com/javierlagomeste
www.obierzoceibe.blogspot.com
http://sites.google.com/site/obierzoxa
 http://www.facebook.com/xabierlago

mestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es