viernes, mayo 10, 2013

MANIFA EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO NO BIERZO.



MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO EN PONFERRADA,
Por Xabier Lago Mestre.

O xoves 9 de maio tivo lugar en Ponferrada unha nova manifestación en defensa do ensino público, coincidindo coa folga xeral convocada a nivel estatal. A manifa tivo resposta popular, concretada en 4000 participantes de todas as idades. Polas céntricas rúas de Ponferrada a andaina cidadá estivo composta por profesorado, mestres, persoal de servizos, pais, nais e estudantado. 



A chamada Plataforma pola Escola Pública foi a organizadora da manifestación. O certo é que hai moitas razóns para a protesta popular, tanto polos recortes educativos coma pola presentación do futuro anteproxecto de Lei Orgánica de mellora da calidade educativa que pretende aprobar o Goberno estatal. Esta coñecida coma Marea verde vén dente hai tempo mobilizádose pola melloría do ensino berciano con disversas concentraciois reivindicativa.

RECORTES DE GASTOS ESCOLARES SEN XEITO.
Os centros educativos da rexión do Bierzo levan tempo sufrindo as graves consecuencias dos recortes da Consejería de Educación da Junta de Castela e León. Recortes que afectan á contratación de profesorado interino, cese de contratos laborales en el campus universitario de Ponferrada, supresión de aulas nos centros rurales agrupados ou intentos de eliminar aulas nos institutos de Veiga de Espiñareda ou Toural dos Vaos para levar a parte do seu alunado para Fabeiro e Vilafranca, respectivamente. Nesta dinámica restrinxiva incluimos os problemas do centro escolar de Flores de Sil que non conseguin o arranxo do seu centro para os máis cativos.



A AMEAZANTE LEI ORGÁNICA DE MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA.
Os problemas educativos non quedan eiquí, cos comentados recortes económicos. Agora a ameaza vén da man da futura Lei orgánica da mellora da calidade educativa. Esta nova Lei pretende reformar o ensino público pero poñendo máis atrancos. Así perderá poder o Consello escolar, onde os pais e mailas nais deciden e debaten ata agora. En troques, o Director conseguirá máis poderes, ainda que terá que pasar por un exame de idoneidade. Así pois, a democracia escolar interna quedará máis restrinxida.



Nas materias de ensino salientamos que medra a carga lectiva das chamadas asignaturas instrumentais (matemáticas, linguas estranxeiras…). Pero tamén se pretende intervir no ensino das linguas rexionais, restando poder aos gobernos autonómicos neste punto. Mentres tanto desaparece Coñecemento do Medio ou a importante de Educación da Cidadanía, e recupera protagonismo a materia de relixión, por presión da Igrexa Católica coa súa ideoloxía monoteísta.



O profesorado terá máis horas lectivas, mentres se restrinxe o acceso ao profesorado interino de apoio. O alunado será obxecto de exames de reválida ao terminar cada nivel académico. Os recursos destinados para a diversidade educativa se restrinxen máis (minorías étnicas, inmigrantes, discapacitados…). Pero se protexen os concertos escolares co ensino privado, como eses que separan aos nenos das nenas por sexos. Non hai cartos públicos abondos para o ensino público, pero si para os privados, nun novo intento de privatización do ensino. Xa nin sequera se asegura que un aluno vai ter asegurada a súa praza no centro escolar máis cercano, porque os centros privados farán unha clara selección económica e social, deixando fóra aos que non teñan cartos para a matrícula ou sexan inmigrantes con dificultades escolares ou idiomáticas.


ANTE TANTO ATAQUE EDUCATIVO, MOBILIZACIÓN.

O poder político gobernante ten todos os recursos (medios de comunicación, legalidade, policía…) para controlar e dominar aos cidadáns. Pero estes teñen a obriga e o dereito de respostar nas rúas ante os ataques que temos comentado. O poder intenta desmobilizar, unha e outra vez, e así evitar a protesta social ante as súas políticas antisociais. Non podemos deixar de recorrer á protesta pacífica polas rúas grazas ás manifestacióis. Quen queda na casa ou cala semella renderse ante o poder que avasalla aos cidadáns sen xeito.  Chegados son os tempos da rebeldía social ante a ameaza de restrinxir aínda máis os nosos dereitos sociais, laboráis, sanitarios, educativos…

O Bierzo, maio de 2013.


www.obierzoceibe.blogspot.com

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es