MANIFESTACIÓN 1º DE MAIO EN PONFERRADA,
Por Xabier Lago Mestre.
A cidade de Ponferrada ten recuperado a manifestación do 1º de maio en honra do Día do Traballo. Anos atrás os bercianos e mailas bercianas que querían manifestarse en data tan sinalada tiñan que ir a León. Pero dende un par de anos na rexión do Bierzo xa temos a nosa propia manifa. Ademais, aproveitamos a ocasión para agradecer o recoñecemento territorial que se fixo ao sindicato UGT-Bierzo na asamblea do sindicato autonómico de Castela e León. Este recoñecemento institucional vai supoñer que a UGT berciana teña a súa representación específica nos órganos de goberno superiores.
Polo que toca á manifa de Ponferrada, comentamos que houbo unha importante asistencia, sobre os 5000 participantes, aínda que sempre hai que agardar máis. Dende logo que segue sen acudir a mocidade e mailos milleiros de desmpregados. A crise económica está afectando gravemente aos bercianos e este tipo de manifestacións son unha forma de demostrar a protesta solidaria. Quedando na casa non se demostra o noso descontento, por iso hai que aproveitar estas concentracións para, todos e todas, fagamos máis forza ante os poderes políticos. Deixémnos de meras críticas de conversa no bar. Hai que movilizarse de xeito claro porque a unión fai a forza da clase traballadora.
Razóns para protestar e saír á rúa hai de abondo na rexión do Bierzo. A mineiría está a ser desmantelada, botando centos de mineiros ás súas casas sen salario. Todos sufrimos as listaxes de espera na sanidade, cando non escoitamos nos medios de comunicación escoitamos feitos referidos a mortes por falta de asistencia no Sacyl. Ameazannos co peche de aulas e cos desprazamentos de alunado a outros centros escolares lonxanos. Os pensionistas bercianos perden poder adquisitivo, cando non teñen que sufragar os gastos dos seus familiares desempregados. Agora nos obrigan a pagar o acceso á Xustiza para así empecer que acudamos en demanda xudicial na defensa dos nosos dereitos cidadáns. E a crise económica que provoca desemprego ocasiona posteriores desafiuzamentos das súas casas. Mentres tanto o poder político axuda aos bancos privados que reciben os cartos públicos que pagamos todos e todas cos nosos impostos. Etc, etc.
Por todo isto e máis os bercianos e as bercianas temos que aproveitar calquera concentración de protesta colectiva para desmostrar o noso descontento ante os poderes políticos. Doutro xeito, non nos farán nin caso. O que si temos que pedir aos sindicatos é que organicen mellor as manifestacióis. Falta aproveitar máis e mellor a voz pública con mellores consignas, que nos discursos finais se traten máis polo miúdo os nosos problemas bercianos, ou que os voceiros non aburran tanto pola mala retórica política. Ben estivo, ao final, o xantar colectivo e as actuacióis musicais. Porque este tipo de actos sindicais ten que reconducirse con ritmo festivaleiro para facelos máis populares.
WWW.OBIERZOCEIBE.BLOGSPOT.COM
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home