sábado, octubre 06, 2018

A CARTOGRAFÍA DO BIERZO OCIDENTAL.


A CARTOGRAFIA DO BIERZO OCIDENTAL.
Por Javier Lago Mestre.

Cando consultamos os mapas turísticos do Bierzo, editados pola Deputación de León e o Consello Comarcal, non nos gustan. Parécenos lamentable que illen a nosa rexión de Galiza e Asturias. Nestes dous mapas a nosa rexión xorde totalmente afastada das ditas comunidades autónomas. 

Non é desculpa a presenza dunhas serras montañosas  que dificultan as comunicacioes cos nosos veciños territoriais. Referímonos ás serras dos Ancares, Os Cabalos e da Enciña da Lastra. O certo é que estas serras sempre tiveron pasos, coñecidos como portos, portelos ou goladas, que permitiron as comunicacioes. Estes pasos intramontañosos deberían ter un recoñecemento nos mapas do Bierzo aínda que non conten con estradas asfaltadas.

O val de Fornela ten saída tanto polo porto de Valdeprado e por Guimara para Asturias. Dende o val de Ancares atravesamos a serra da Corredoira para  entrar en Suárbol e Valouta. A primera localidade continúa para Piornedo e Donís na Galiza. De Valouta pasamos para Navia de Suarna pola CP 35-08. 



POLA SERRA DOS ANCARES.

O resto da serra dos Ancares non posúe estradas que comuniquen Galiza e O Bierzo. Por iso temos que usar as chamadas pistas forestais e vieiros secundarios. A localidade de Burbia tivo saída polo chao dos Frades e a golada do Porto para Piornedo. Mentres que polo val de Vilouso e a golada de Boca de Campo, nas cercanías do monte Mostallar (1935 m), pasábase para as brañas galegas de Vilarello. Este último foi coñecido como o camiño dos Galegos.

As localidades de Porcarizas e Campo de Agua tiveron saída pola golada das Brañas no monte Trapa (1663 m.). Este camiño chamábase dos Bois. Pola outra banda, o val do regueiro do Golondo subía á golada do Valongo. O val de Teixeira ten a golada de Cardiadelos, no alto das Becerreiras, e as Campas de Pena Rubia (1822 m.) para continuar para A Freita en Galiza.

A alzada de Vilar de Aceiro, Castañoso e Vilariños comunicáronse con S. Martín de Noceda en Galiza. Dende Vilariños hai pista forestal que pasa polo teso de Rebordeliñas, camiño que baixa para S. Rebordín galego. Sen embargo, a estrada que vén de S. Pedro de Noceda (CP 14-08) remata en Porcís. Agardemos que algún día poida continuar pola golada das Campas para o noso val de Valboa. Chan de Vilar, Ruideferros, Fonte de Oliva e Castañeiras conectan no alto do Portelo con Galiza.



LAS SERRAS DO COUREL E DOS CABALOS. 

O vello Camiño de Santiago agatuña pola Faba á Laguna até O Cebreiro. Mais non podemos esquecer as aldeas máis estremeiras como A Cernada que tivo saída para a localidade galega da Acivo. Ao sul temos Arxenteiro, que xa non figura en moitos mapas, e que ten pista forestal con Rubiais, antiguo centro mineiro. Dende esta localidade galega hai comunicación coa berciana da Treita. Outra tanto acontece con Outeiro, sen comunicación co Bierzo, e si coa aldea galega de Brañas. Estas localidades bercianas son ignoradas na reciente cartografía. A principal vía de comunicación destas aldeas é a estrada lucense CP 45-06.

No val de Barxas temos Busmaior e Barrosas que tiveron vieiros para Galiza. Hoxe hai que tomar a estrada de Quintela, Albaredos e Cruces para pasar a Visuña e Céramo. No val de Oencia, a estrada de Sanvitual continúa para Vilarrubín, logo pasa aos galegos Ferramulín e Vieiros. Mais a estrada de Arnado a Xestoso non continúa nos mapas para Galiza. O camíño antigo subía ao lastredo de Mazais (1314 m), depois entraba na Galiza pola golada de Santa Inés, e polo penedo do Val baixaba á aldea da Seara. Non queremos esquecer o vello camín dos Maragatos que partía dende Arnado para o collado dos Maragatos, ante o impoñente Montouto (1546 m), e seguír para a aldea de Ferrería e a Cruz de Outeiro cara á vila luguesa Quiroga. 

Na serra da Enciña da Lastra, Lusio tivo comunicación, polo Pedroso (1121 m), continuaba pola campa da Gobernadoira para Rubiá. Mentres que S. Tirso de Cabarcos está comunicada con Oulego e Robledo da Lastra en Valdeorras. Dende Portela de Aguiar había paso, polas Fragas (851 m), para Biobra.

O Bierzo, outubro de 2018.
www.facebook.com/javierlagomestre


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es