REFRANEIRO BERCIANO DOS MESES DE NOVEMBRO E DECEMBRO.
REFRAIS DO MES DE NOVEMBRO OU OS SANTOS:
polo coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo
falaceibe@yahoo.es
“Bendito novembro
é, que comeza cos santos e remata co Santo Andrés”
"Novembre
tronado, malo pro pastor e pior pro gando"
“O mes de novembro
é o mes de tres irmaus: mocos, tos e friu nas maos”.
"Se en
novembro troa, a colleita será boa".
“Ditoso mes, que
entra cos Santos i sae co Santo Andrés (30 novembro)”.
“Polos Santos, neve
nos altos e por S. Andrés (30 de novembro) na porta a verás” (primeiro a neve
chega ás montañas e logo baixa de altitude ata os pobos).
"Polos Santos
neve nos campos"
"Por Santo
Andrés (30 novembro) as neves nos pés".
"Polo s.
Andrés, corderines tres"
"Verán de S.
Martín (11 novembro), tres días e fin".
"Vento que
anda en S. Martín dura até o fin".
"De S. Martín
(de Tours, 11 novembro) a Santa Isabel (17 novembro) veranín é".
"Por Santa Margarita
(16 novembro)a chuvia queda quita".
SOBRE A FESTA DOS NOSOS MAGOSTOS:
"As castañas,
a tódalas mañas" (cómense de diversas formas).
"A castaña
sabe moita maña, que se vai con quen a apaña"
"A castañeira
remata na ribeira" (derradeiros froitos nas ribeiras).
"A castaña vén
pola montaña" (este froito madurece antes nas montañas cós vales).
"Se chove por
S. Pedro Fiz, castañas fermosas e nabos ruís".
"Polo S.
Martiño, vai ver o teu soutiño"
"Por S.
Euxenio (15 novembro) son as castañas ao fogo, a leña no fogar e as ovellas a
empechar".
"Si se quer
magosto, ten que chover en agosto".
"Por S.
Cipriano, castaña na mao".
“Polo San Martiño
(11 de novembro) faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto”.
"As castañas
polo S. Martiño, teñen sede e queren
viño".
"Castañas,
viño novo e chourizos no mes dos Santos son vicios" (Santiago Castelao
Diñeiro)
OS TEMPOS DA SEMENTEIRA:
“Se queres fino
allo, seméntao por San Martiño (11 de novembro)”.
"Allo que non
se planta antes do 17 de xaneiro, perdeuse no alleiro"
"Sementa polos
Santos, anque sexan cantos"
"Sembra
temprao e collerás grao".
"Pasado S.
Clemente (23 de novembro), canto trigo sembres perdes".
"Polo ¨S.
Clemente, alza a terra e tapa a semente" (cava a terra e cobre a semente
polas xeadas).
"Se plantas o
teu horto por S. Martiño, terás berzas pra ti e pró teu vecín"
"Sementar en
novembre, barbeitar en decembre".
" A pataca ben
curada, en novembro está empallada".
“Por San Andrés (30
novembro) corderiños tres, e en Navidá calquera os terá”.
“Por San Andrés, o viño
novo feito é” (chegada do viño).
TEMPO DAS MATAS DOS GOCHOS
CASEIROS:
“Alegría, alégrote
que anda o rabo da porca no pote”.
“Polo San Andrés
(30 de novembro) mata o teu porco como o teis”.
“A misa e mailo
cocho unha vez ao ano” (sinal de anticlericanismo).
“Por S. Andrés (11
de novembro) hai porcos gordos que vender”.
"Polo S.
Andrés mata o teu porco como o teis".
“O que mata polos
Santos, en verán come cantos” (a premura da matanza non é boa).
“Por Sta. Catalina
(25 de novembro) mata ó teu cochín”.
"Polo S.
Andrés mata a túa res, chica, grande ou como es" (S. Castelao Diñeiro).
"Polo S.
Andrés agarra o porco polos pés, e se non o queres matar, déixao pra
Navidá".
“Ben boa vida pasa
o porco e máis dorme no cortello”.
“O que non mata
porquín non ten lacón nin toucín”.
“Cocho matado,
inverno solucionado” (a matanza dá alimento para os seguintes meses).
“En martes, nin a
túa filla cases, nin o gocho mates”.
“Por S. Martiño,
mata o pobre o seu cochín, e polo S. Andrés o rico os tres” (o rico recada os
bens dos pobres).
"A pasar S.
Martiño, cada dia seu ferradiño" (hai que cebar os gochos).
"A todo
cochino lle chega o sou San Martiño".
" Polo S.
Martiño deixa a sacha e colle o fouciño".
"Polo s.
Andrés mata a túa res"
A XEIRA DOS NOSOS PRIMEIROS
VIÑOS:
"O día de S.
Martiño proba o teu viño".
"Por S.
Martiño recolle o millo e planta o viño"
"Até S.
Martiño (11 de novembro), pan e viño; de S. Martiño en diante, fame e
frío"
"Ao vir S.
Martiño, abrigo, noces e pantrigo".
"Por S.
Martiño cata o vinín"
“No día de Sao
Martinho, lume, castanhas e vinho” (de Portugal).
"Do novo viño
bota un trago por S. Martiño" (un grolo polo viño novo)
REFRANEIRO BERCIANO DE DECEMBRO OU NADAL.
"Santa Bárbara
(4 decembro) só se menta cando hai tormenta"
"Se chove por
Santa Bárbara chove tres semanas".
"Por S.
Nicolao (6 decembro) a neve no chao".
"Cando hai
friaxe para S. Ambrosio (7 decembro), hai frio para dezaoito".
"Decembro
quente trae o diabro no ventre".
"En Decembro
día temprado, é que vén soprado".
"Por Santa
Eulalia (10 decembro) neve ata na cama"
“Santa Lucía (13 de
decembro) saca da noite e mete no día” (medran os días).
"S. Marcos
chea os charcos, Santa Rosa os reborda, e Santa Lucía os baleira"
(decembro coma mes seco).
"Santa Lucía
trece, quen non teña leña perece".
"Castañas por
Nadal, saben ben e parten mal" (as castañas sequean).
“Pola Santa Lucía
(13 decebro) mengua a noite e crece o día” (os días xa comezan medrar).
"Pola Sta.
Lucía aínda o millo cría".
“Teme máis á
veciña, cá neve maceliña”.
"Cando nas
témporas de Navidá que o aire de abaixo, ano humido".
“Por S. Silvestre e
Santa Coloma (31 de decembro), cando o mes de xaneiro asomaba”.
“San Silvestre (31
de decembro), co ano acabastre”.
"Cando o
inverno é verán, nunca é un bo ano".
“Nadal o sualleiro,
Pascuas o subeiro”.
"O mes de
Pascua, pásao xunto á ascua".
"O mes de
Pascua, vívese xunta á ascua".
"Entre os
Santos e Navidá é inverno de verdá".
"Entre Nadal e
xaneiro, inverno verdadeiro".
"Até Nadal non
é frio de verdade".
"En non
chovendo en Noiteboa non hai sementeira boa".
"Decembro
mollado, xaneiro xeado".
O BIERZO, NOVEMBRO DE 2018.
www.facebook.com/javierlagomestre
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home