sábado, noviembre 07, 2020

O NOSO REFRANEIRO DA REXIÓN BERCIANA.




O NOSO REFRANEIRO DA REXIÓN DO BIERZO,
polo coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

REFRAIS DO MES DE SETEMBRO:
“Pasada a Encina (8 de setembro), o inverno xa está enriba”.
“San Miguel (29 de setembro), ponme a alma no peso do ben”.
“Pola Encina, augas mil”
“En setembro, sembra e cobre” (cóbrase pola venda de froitos e de novo sementeira).

REFRAIS BERCIANOS DO MES DE OUTUBRO:
“Por San Simón (28 de outubro) quita os bois do timón”.
“Xa chega san Simón co seu varalón (vento forte)”.
“Polo San Lucas (18 de outubro) mata o teu porco e baña a túa cuba”.
“Hasme vir á cava, e einche dar da barbada (parte do cerdo)”
“Polo San Simón (28 de outubro), quita os bois do timón na montaña, que na ribeira non”.



REFRAIS DO MES DE NOVEMBRO:
“O mes de novembro é o mes de tres irmaus: mocos, tos e friu nas maos”.
“Polos Santos, neve nos altos e por S. Andrés (30 de novembro) na porta a verás” (primeiro a neve chega ás montañas e logo baixa de altitude ata os pobos).
“Se queres fino allo, seméntao por San Martiño (11 de novembro)”.
“Por San Andrés corderiños tres, e en Navidá calquera os terá”.
“A misa e mailo cocho unha vez ao ano” (sinal de anticlericanismo).
“Por San Andrés, o viño novo feito é” (chegada do viño).
“Polo San Martiño (11 de novembro) faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto”.
“Ben boa vida pasa o porco e máis dorme no cortello”.
“O que non mata porquín non ten lacón nin toucín”.
“Cocho matado, inverno solucionado” (a matanza dá alimento para os seguintes meses).
“En martes, nin a túa filla cases, nin o gocho mates”.
“Por S. Martiño, mata o pobre o seu cochín, e polo S. Andrés o rico os tres” (o rico recada os bens dos pobres).
“Por S. Andrés hai porcos gordos que vender”.
“O que mata polos Santos, en verán come cantos” (a premura da matanza non é boa).
“Ditoso mes, que entra cos Santos i sae con Santo Andrés”.
“Alegría, alégrote que anda o rabo da porca no pote”.
“Polo San Andrés (30 de novembro) mata o teu porco como o teis”.
“Por Sta. Catalina (25 de novembro) mata ó teu cochín”.



REFRANEIRO BERCIANO DE DECEMBRO.
“Santa Lucía (13 de decembro) saca da noite e mete no día”.
“Pola Santa Lucía mengua a noite e crece o día”.
“Teme máis á veciña, cá neve macelina”.
“Por S. Silvestre e Santa Coloma (31 de decembro), cando o mes de xaneiro asomaba”.
“Nadal o sualleiro, Pascuas o subeiro”
“San Silvestre (31 de decembro), co ano acabestre”
O BIERZO, NOVEMBRO DE 2020.
WWW.OBIERZOCEIBE.BLOGSPOT.COM 
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es