sábado, enero 27, 2024

A TELEVISIÓN DE GALICIA NON SE VE NO BIERZO.

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL


A TELEVISIÓN DE GALICIA

NON SE VE NO BIERZO,

            O Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo está a recibir varias queixas de veciños da cidade de Ponferrada para comentarmos que non se pode ver a Televisión pública de Galicia desde fai varios días. Hai lóxicas dúbidas sobre se este é un problema temporal, pola nova recomposición das canles televisivas, ou resulta estrutural pola alteración permanente da recepción da TVG na rexión do Bierzo.

            Velaí a razón desta denuncia de Fala Ceibe para que se recupere de xeito definitivo a recepción do sinal da TVG no Bierzo. Todos ben sabemos da importancia que ten esta televisión pública para manter os vincallos culturais e lingüísticos coa Comunidade Autónoma de Galicia. Por iso estamos dispostos a facer o que sexa para recuperar a recepción da TVG no Bierzo. Hoxe remitimos este comunicado áos medios de comunicación, para logo continuar co aviso aos partidos políticos e instituciones públicas correspondentes, de Galicia e Castela e León.



A CAMPAÑA ELEITORAL DE GALICIA.

            Tamén aproveitamos esta denuncia sobre a falta de recepción da TVG no Bierzo para contactar cos partidos políticos presentes na campaña eleitoral ao Parlamento de Galicia. Por mor das relaciois históricas, culturais e lingüístics entre Galicia e O Bierzo pedimos profundar nelas cara ao futuro.

            A TVG debería ter máis atención informativa co Bierzo, para isto poden establecerse de xeito fixo os seus correspondentes nesta rexión, ou asinar convenios de colaboración informativa coa TV de Castilla y León que ten sede específica no Bierzo. Sempre será mellorable a información da TVG sobre os territorios estremeiros de Eonavia, O Bierzo e A Seabra, todos eles de fala galega. Para nada queremos illarnos da  comunidade galegofalante do noroeste peninsular nos niveis televisivo e dixital. Por iso pedimos axuda de novo contra as dinámicas afastadoras e as políticas derivadas de artificiais fronteiras administrativas que hoxe sufrimos.



            Nos debates políticos de Galicia, ante as eleciois parlamentares do 18 de febrero, as relaciois culturais cos ditos territorios estremeiros tamén teñen de estar presente. Nosa supervivencia lingüística futura depende das relaciois normalizadas con Galicia. Teimamos en que non queremos illarnos culturalmente de Galicia, apesar de estar separados políticamente. Reclamamos unha vez máis a axuda foránea e veciñal para poder existir como territorios galegofalantes no século XXI. Pódese facer máis por manter a irmandade cultural entre Galicia e os ditos tres territorios esttremeiros. Necesitamos vontade política e menos medos a traballar polo idioma galego común.

            Pola banda do Bierzo, reclamamos axuda de Galicia para fomentar o galego nos entes locais, caso do Consello comacal, concellos e pedanías. Por iso temos clarexo que hai que crear un Servizo lingüístico comarcal canto antes. Cómpre asinar xa un protocolo de colaboración Xunta de Galicia e mailo Consello comarcal berciano. Temos pendente a recuperación da toponimia galega no Bierzo. A Comisión toponímica de Galicia e o Consello comarcal poden comezar a investigar, coa axuda do Instituto de Estudos bercianos e universidades galegas por exemplo. En fin, que hai moito que facer, mais falta vontade política dual, mentres a demanda social bilingüe medra cada día máis.

O Bierzo, xaneiro de 2024.

www.obierzoceibe.blogspot.com


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es