lunes, enero 08, 2024

O CORREXIMENTO PONFERRADINO NO ALTO SIL.

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL


O CORREXIMENTO BERCIANO NO ALTO SIL,

Por Xabier Lago Mestre.

Durante toda a Idade Moderna (séculos XVI ao XVIII) existíu a chamada provincia do Bierzo, cuxo principal oficial real foi o correxidor de Ponferrada. Este exerceu diversas funciois, coma xudiciais, fiscais, gobernativas, militares, etc. Nesta ocasión queremos pescudar nalgunhas intervenciois dos correxidores de Ponferrada fóra dos lindeiros da dita provincia berciana. Resulta lóxico pensar que a Coroa utilizase estes correxidores para executar as súas políticas en terriorios veciños, casos de Laciana, Maragatería ou Galiza, por seren as autoridades reais máis cercanas.

               Nas comarcas norteñas interviñan normalmente os correxidores do condado de Luna e da cidade de León, como representante xudicial real nesta zona. Nun documento do ano 1512, a raíña Juana determina que “ser cumplidero a mi servicio e a hexecuçion de la mi justicia e a la paz  e sosiego desa tierra mi merçed e voluntad es que agora e de aquí adelante hesos dichos valles anden y estén juntamente en el corregimyento de la noble çibdad de León (…)”.



   Apesar do dito, tamén podía intervir o correxidor de Ponferrada nestas comarcas. Así, os veciños de Laciana, no seu continuado conflito cos condes de Luna, alegan que “no se pudo encomendar la ejecución de una sentencia al bachiller Cerralbo, teniente del corregidor de la ciudad de León, porque la justicia real más cercana al valle era la de Ponferrada que estaba a cinco leguas más próxima que la de León” (agosto de 1554).

Como vemos os propios lacianiegos recurren á xustiza berciana. O historiador Pablo García Cañón argumenta que “la red clientelar del conde (Luna) era muy amplia llegando a extenderse incluso a los oficiales reales, tal era el caso de este criado suyo, que era (…) teniente por el nuestro dicho corygidor de la dicha çiudad de León”. Así pois, o poder señorial da familia Luna tiña unhas amplas redes corruptas, territoriais e funcionais.  

En 1555 o correxidor de Ponferrada intervén no preito entre os vasalos de Laciana e o seu señor conde Luna.  Na documentación lemos que  “el teniente del corregidor de la villa de Ponferrada (…), puso en posesión del portago a los lacianiegos (…), e hizo remate de los bienes del conde”. O conde de Luna quería apoderarse dos portos montañosos que eran utilizados polos gandos (vacúns e meirinas castelás) e  que lle reportarían máis cartos privados.  



Máis tarde o correxidor de Ponferrada pasou para Murias de Paredes, ante un novo conflito co conde de Luna, para executar unha sentenza por 90.000 maravedís (1557). Outro tanto acontecerá noutra intervención do dito correxidor en Páramo de Ribas del Sil, pola cal concede posesión dos seus portos a dito concello fronte ao conde de Luna (1569).  

               Noutra ocasión, os veciños de Lago de Babia tiveron un preito coas localidades de La Cueta, Quejo e Cacabillo ante o correxidor de León. Mais os veciños de Lago tiñan gañada unha carta de comisión para que o correxidor de Ponferrada puidese intervir no dito preito (agosto de 1536). Está clarexo que os veciños enredados procuraban a mellor defensa para os seus intereses na instancia xudicial máis convinte, neste caso a berciana, sen importarlles os problemas de competencias xudiciais ou territoriais.

               O concello de Laciana tivo numerosos preitos cos señores da familia Quiñones que dominaban as comarcas do Alto Sil. Mais estes preitos son caros para os concellos e os seus veciños pobres, por iso no ano 1528 o señor García Buelta pide licencia para facer repartimiento de 40.000 maravedís entre a súa veciñanza de cara a conseguir financiamento. Cando os diñeiros non chegan, hai que facer  unha carta de obrigación con certos veciños de Bembibre e Congosto, quen lles prestan 30.000 mrs. Esta devolución do prestado non se produce en tempo, e os prestamistas bercianos preitean ante e correxidor de Ponferrada (febreiro de 1529), para que éste executase a carta de préstamos que xa tiña prescrito. O correxidor intervén e mete no cárcere a varios veciños debedores até que pagaron os seus débitos e puideron regresar ás súas casas de Laciana.



FORZAS DOS MEIRINOS DO ADELANTAMENTO LEONÉS.

               O Adelantamiento do reino de León era un tribunal territorial que interviña coma segunda apelación xuisdicional nos señoríos. O alcalde maior do Adelantamiento tiña meirinos desprazados na provincia do Bierzo. Foi o caso do meirino Luís de Yebra quen tivo problemas coa condesa de Luna, Isabel Osorio, a cal lle acusou de “personas de mal bevyr e tiranos (…)”.

               Sabemos que o dito meirino Luís de Yebra reclamou o imposto chamado xantar aos habitantes de Palacios del Sil, sen embargo seus veciños rexeitaron o pago. Non pasou muito tempo sen que o meirino do Adelantamiento se presentase de novo a cobrar o trabuco, neste caso acompañado por “fasta dosientos onbres armados con diversas armas e entro de noche en el dicho lugar e quebrando  las puertas de las casas e firieron muchos de los vesinos del dicho lugar e levaron presos quatro vecinos dellos entre los quales llevaron al alcalde del dicho lugar … a una fortaleza del dicho conde de Benavente que es en El Bierzo e a los quales… rescato por diez myll mrs (…)”. Comprobamos polo documento a dependencia do meirino do seu mentor o conde de Benavente que competía cos condes de Luna polo poder territorial. Ante esta situación comisiónase ao bacheller Tomás de Valdolunas, correxidor da vila de Ponferrada, para investigar este conflito xurisdicional (1493). Segundo todo o visto, o correxidor berciano foi comisionado xudicial e gobernativo nas comarcas do Alto Sil.

               Do ano 1679 sabemos que o correxidor de Ponferrada remesou información a Villamatín de Ribas del Sil sobre un mandato real de carácter relixioso. Trátase de que a Coroa de Castela ordena que se fagan festas en honra de certos santos coma forma de loitar contra a peste. “Mandar que los lugares del rreino que no tuvieran botada fiesta de guardar san Roque y san Sebastián como abogados de la peste lo boten, precediendo de la licencia y autoridad de los prelados que en tal caso se requiere”. O Rei e a Iglexa condicionando o lecer dos seus súbditos e feligreses.

O Bierzo, febrero de 2024.

 

 

 



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es