lunes, julio 31, 2017

EL BIERZO BILINGÜE.


EL BIERZO BILINGÜE.
por Javier Lago Mestre.
Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo
falaceibe@yahoo.es

La lengua gallega tiene presencia en el occidente de El Bierzo desde la Edad Media. Sus hablantes formamos en la actualidad una comunidad lingüística minorizada. Otras comunidades territoriales se extienden por el oeste de Asturias y  Sanabria. A pesar del pequeño número de hablantes la normativa estatal e internacional reconoce la protección legal, caso de la Carta Europea de Lenguas regionales y minoritarias, ratificada por España en 2001.

Por lo que se refiere al gallego de El Bierzo, ya tiene un reconocimiento expreso en el Estatuto de Autonomía de Castilla y León, “gozará de respeto y protección la lengua gallega en los lugares en que habitualmente se utilice” (art. 5.3). Otro tanto acontece con la Ley de la Comarca de El Bierzo (art. 1.4). Estos dos mandatos legales obligan a todas las administraciones públicas en su cumplimiento efectivo.


El Estatuto de Autonomía citado se refiere a que “regulará la Comarca de El Bierzo, teniendo en cuenta sus singularidades y su trayectoria institucional” (art. 46.3). No se puede negar que entre estas singularidades está la existencia secular de la lengua gallega en El Bierzo. Luego no pasemos por alto este hecho cultural diferencial por parte de las administraciones locales.

Resulta incuestionable la importancia de esta singularidad cultural en la región de El Bierzo frente al uniformismo idiomático de Castilla y  León. Otras comunidades autónomas periféricas supieron aprovechar esta diferenciación lingüística para arrancar beneficios políticos. La lengua gallega fundamenta la  gestión  autónoma para El Bierzo ante la Junta de Castilla y León.


Los ayuntamientos, las juntas vecinales y el Consejo Comarcal tienen el protagonismo administrativo en materia lingüística. Pero tenemos el problema del financiamiento local. Por eso hay que contar con el apoyo exterior. Nos referimos a las instituciones públicas de Galicia que tienen la obligación legal de fomentar el gallego exterior. Así acontece con la Ley de Normalización Lingüística, “protexe-la lingua galega falada en territorios limítrofes coa Comunidade Autónoma” (art. 21.2).

El Bierzo puede contar con apoyo exterior en el fomento de su lengua gallega. Deben ayudar tanto la Xunta de Galicia como la Junta de Castilla y León, según determina la Ley de la Comarca, porque “facilitará la participación de la Comarca de El Bierzo en las actuaciones que realice para la promoción de la lengua gallega en su ámbito territorial” (art. 1.4).


Para lograr la necesaria colaboración interterritorial hay que firmar los  correspondientes convenios o protocolos administrativos. Estos tienen fundamentación legal bastante para elaborarlos, en base a la normativa ya vista, sólo  falta la voluntad política para llevarlos a cabo. Conviene reconocer que detrás de la lengua gallega hay hablantes que merecen el respeto institucional. No cumplir lo que determinan las leyes en materia lingüística significa discriminar a los hablantes desprotegidos. Hay que finalizar ya con las dinámicas lingüísticas antigallegas en la región de El Bierzo.

O BIERZO, XULLO 2017.
WWW.OBIERZOCEIBE.BLOGSPOT.COM


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

jueves, julio 27, 2017

VISITA A COMPOSTELA O 25 DE XULLO.


VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA 2017,
Por Xabier Lago Mestre.
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo
falaceibe@yahoo.es

Tras unha longa viaxe no Alsa somos chegados a Santiago. Fóra da estación de autobuses o a mañán está algo fría. Subimos para San Caetano, onde están os edificios da Xunta de Galicia, antigo sanatorio siquiátrico. Dende alí, torcemos para a esquerda, a tomar a rúa da Pastoriza. Cruzámonos con mozos que voltan da festa patronal da noite anterior. As casas das rúas Santa Clara e S. Roque están fermosamente pintadas de branco. 

O devío é para S. Domingos de Bonaval onde se atopa o panteón dos galegos ilustres. E aproveitamos a ocasión para visitar o seu parque nos terreos do mosteiro. As súas costas permiten as canalizacioes da auga e o seu rumor cadencioso. Son de agradecer as vistas da cidade vella e das torres da catedral.


A ENTRADA NA ZONA VELLA.

Baixamos de novo para a porta do Camiño por onde entran os peregrinos. Con eles percorremos a rúa das Casas Reais e das Animas para chegar até Acibechería. Este rueiro está cheo de tendas para mercar xoias da artesanía local. Dende a praza da Imaculada pódese desfrutar da catedral e de S. Martiño Pinario, impoñentes edificios.

Por debaixo do pazo de Xelmirez esta vez non estaban os gaiteiros. Quizais fose pola cantidade de policía nacional que había por alí. A praza do Obradoiro volveu ser tal por mor das restauraciois das torres da catedral. Unha mágoa non poder desfrutar desta arquitetura barroca comos os turistas nos merecemos.


A seguir saímos pola rúa do Franco onde hai multitude de tendas para mercar varios agasallos. Tamén as tabernas e restaurantes ameazan cos mellores xantares. Na praza do Toural merece unha foto para o recordó. Volta atrás pola rúa do Vilar, na procura do posto de turismo para pedir un mapa da cidade. 

Subimos para a rúa do Castro na busca da procura da praza da Universidade onde nos detemos na fachada da facultade de Historia. As súas colunas e esculturas resultan impresionantes. Perto de eiquí está a porta de Mazarelos, por onde entraban os viños do Ribeiro e de Ulloa. 


PORTA MAZARELOS

HOMENAXES NO PARQUE DA ALAMEDA. 

O seguinte destino é o parque da Alameda de Santiago. Queremos visitar as escultura de Rosalía de Castro, outra grande defesora do idioma galego. Xunta a súa escultura facemos a merecida homenaxe coa nosa bandeira Cruceira. Polo paseo das Letras Galegas subimos até a escultura de Castelao, político, escritor e debuxante sen igual. Tamén eiquí facemos a nosa pequena homenaxe en nome do Bierzo.


                                                     HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO.

A MANIFA NACIONALISTA DO 25 DE XULLO.

Son case as 12 horas e as gaitas xa soan chamándo para a manifa. Na baixa Alameda concéntranse xentes de todas as partes da Galiza para participar na manifestación nacional galega. Polas rúa do Hórreo, praza de Galicia e demais da zona vella resoan os diversos lemas reivindicativos. As cadencias musicais cada vez están máis cercanas á praza da Quintana, trasera da catedral. Eiquí remata a manifa pero comezan os actos políticos. O primeiro é saudar públicamente ás delegaciois de diversos países e o remate foi para o sonoro e sentido hino galego. Un ano máis a bandeira Cruceira do Bierzo ondeu coas demais amosando o noso orgullo territorial.


Despois todos e todas para a carballeira de santa Susana na procura do fresco verdor e dos bos alimentos do xantar.  Os grupos folclóricos animaron con moito ánimo toda a xornada. Tamén houbo grande movemento no chamado Festigal, onde se podían mercar diversas publicaioes políticas e literarias, camisetas, ademais de artesanía. Interesante foi a presentación de libros polos seus autores. Na sombra da carballeira falamos cos compañeiros galegos, entre xarras de cervexa, da situación do galego do Bierzo e da melloras das relaciois interterritoriais. Enfin unha boa xornada en Santiago cos nosos irmaos de Galiza. Deica o ano que vén!.

O Bierzo, xullo de 2017.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

jueves, julio 20, 2017

PROPOSTAS VINDICATIVAS A FAVOR DO GALEGO DO BIERZO.





PROPOSTAS REIVINDICATIVAS A PROL DA LINGUA GALEGA DO BIERZO.
Polo coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
O Bierzo, xullo de 2017
falaceibe@yahoo.es
obierzoceibe.blogspot.com

O coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo amosa varias propostas reivindicativas a favor da promoción do uso do idioma galego na nosa rexión estremeira. Este feixe de iniciativas serán presentadas e negociadas ante as institucioes e partidos tanto de Galiza coma do Bierzo.

MATERIA DE TOPONIMIA.
Obxetivo: Estudar e recuperar a toponimia tradicional da lingua galega do Bierzo.
Intervención: Elaboración dun mapa da rexión do Bierzo coa toponimia galega no ocidente.
Instrumento: Convenio de colaboración entre a Comisión toponímica de Galiza e o Consello Comarcal do Bierzo para fixar os medios persoais, materiais e económicos.


MATERIA DE CULTURA.
Obxetivo: Fomento do uso público do galego no Bierzo para favorecer o seu prestixio.
1ª Intervención: Doazón de libros editados ou subvencionados pola Xunta de Galicia para as bibliotecas públicas do Bierzo, municipais e de centros escolares.
2ª Intervención. Publicación de campañas da Xunta de Galicia de fomento da leitura en medios de comunicación do Bierzo.
3ª Intervención. Que o Instituto de Estudos Bercianos, a UNED de Ponferrada e a Universidade de León, campus de Ponferrada ofrezan congresos e xornadas con relatorios en galego, así como publicacioes nesta lingua.
Instrumento. Convenios de colaboración entre a Xunta de Galicia, o Instituto de Estudos Bercianos, as universidades de Galiza, a UNED e ULE coa condición da presenza do galego, oral e escrito.

MATERIA DE TURISMO.
1ª Intervención: edición de folletos turísticos bilingües sobre os espazos naturais viciños (Os Ancares, Enciña da Lastra, O Courel, explotacioes auríferas do Sil, Camiño de Inverno, etc).
2ª Intervención: Sinalización en lingua galega das rotas entre os espazos naturais viciños entre Galiza e O Bierzo.
Instrumento. Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, Deputacioes de Lugo e Ourense e Consello Comarcal do Bierzo.


MATERIA DE USO ADMINISTRATIVO DEL GALEGO.
Obxetivo: Principiar a introdución do uso administrativo do galego nas administracioes locais do Bierzo, Consello Comarcal, concellos e pedanías.
1ª Intervención. Creación do Servizo lingüístico comarcal para promocionar o galego nas administracioes locais (documentación bilingüe, tradución, etc).
2ª Intervención. Oferta de cursos de galego para os funcionarios públicos.
3º Intervención. Presenza do galego nas páxinas web do Consello Comarcal e  municipais.
Instrumento. Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Consello Comarcal do Bierzo.

MATERIA DE ENSINO DO GALEGO.
Obxetivo. Progresar na execución do galego nos centros escolares do Bierzo.
 Intervención. Ofertar a materia de galego voluntario nos centros escolares da Veiga de Valcarce e Carracedelo para garantir a libre eleción desta lingua polo seu alunado.


MATERIA DE MEDIOS DE COMUNICACIÓN.
1º Obxetivo. Iniciar a presenza do galego nos medios de comunicación do Bierzo.
2º Obxetivo. Maior información sobre a rexión do Bierzo na RTVG.
1ª Intervención. Publicidade institucional en galego da Xunta de Galicia nos medios de comunicación (tv, radios, xornais tradicionais e dixitais). Isto pode acontecer coas campañas do Xacobeo, promoción do galego, fomento da leitura, etc.
2ª Intervención. Creación dunha Plataforma da lingua galega na internet que teña secioes para os territorios estremeiros (Navia-Eo, O Bierzo, As Frieiras da Seabra e Val de Elas).
3ª Intervención. Que a RTVG informe máis sobre a problemática do galego nos territorios estremeiros.

MATERIA DE ESTATUTO LEGAL DO GALEGO.
Obxetivo. Reivindicar un maior estatus legal de proteción do galego nos territorios estremeiros.
1ª Intervención. Presentar iniciativas polítidas (PNL) a prol do galego estremeiro nas Cortes Xerais (ensino, medios de comunicación, administracioes locais, etc).
2ª Intervención. Pedimento do recoñecemento da oficialidade do galego no Estatuto de Autonomía de Castela e León. 
3ª Intervención. Apoiar a futura Lei de Linguas do Estado para que protexa máis o galego dos territorios estremeiros. 


REAL ACADEMIA GALEGA. 
Obxetivo. Que a RAG recoñeza periódicamente a achega dos falantes dos territorios estremeiros e estranxeiros no Días das Letras Galegas.


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

jueves, julio 13, 2017

AS LINGUAS DE CASTELA-LEÓN NA TVCYL.


AS LINGUAS NA TVCYL,
Por Javier Lago Mestre
Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo..

A canle Televisión 7 Castilla e León presentou o xoves, 12 de xullo, unha reportaxe sobre as linguas do territorio. O programa “Castilla y León a examen” comezou ás 11 da noite e durou unha hora. Dende logo, ese horario de noite non favoreceu a súa visibilidade polo grande público.

Por suposto comezou a emisión televisiva coa presenza do castelán e maila súa historia. Houbo pois referencias para as súas orixes através da documentación medieval atopada nos arquivos de Cardeña, Silos e Valpuesta. Houbo certa polémica coa orixe do castelán en A Rioxa ou Burgos por mor dunhas datas históricas erróneas que parecen clarificarse paseniño. Como complemento visual xurdiron numerosas imaxes dos mosteiros e dos museos onde están os manuscritos antigos.


Nun momento desta presentación histórica aparece un mapa peninsular nas pantallas televisivas. Pois ben, ese mapa das presuntas linguas romances presenta as incompletas referencias ao reino de León, romance rioxano e aragonés-navarro no norte, baixo o título de “Lenguas romances”. Ningún dato para o reino da Galiza ou a lingua galega, nin para o eusquera e catalán no noreste. Todo un exemplo de obxetividade histórica e lingüística. 

A entrevista ao presidente do Instituto da Lingua de Castela e León serviu para conceder a importancia internacional ao idioma castelán. Por suposto, este escritor deixou caer que editará un novo libro sobre o cartulario de Cardeña pola súa importancia na orixe do castelán. Tamén falou dos antecedentes lingüísticos das pizarras visigóticas, cuxo desenvolvemento lingüístico foi rachado pola invasión musulmana. Estaría ben perguntarlle a este presidente a razón da falta de publicaciois a prol do galego por parte do seu Instituto da Lingua de Castela e León. É dicir estamos ante unha institución cultural, financiada por la Junta de Castela e León,  que nega toda axuda ás outras linguas non casteláns.


AS VARIEDADES LINGÜÍSTICAS DO CASTELÁN.

Outra parte da reportaxe que comentamos se centrou unas variedades casteláns. Para isto entrevistou a especialistas lingüísticos que fixeron referencias a outras falas. Así aconteceu co surabulense influenciado polo estremeño ou andaluz. Outra referencia foi para as falas de Salamanca. O diretor do Instituto das Identidades de Salamanca mencionou as influencias medievais das repoboaciois, casos da franca, vasca, asturleonesa e galega, ademais da posterior estremeña. Por todo isto hai un esforzo na recuperación do léxico local en diversas publicaciois. Por desgraza para os seus falantes esta axuda institucional non vai máis aló o que provocará a desaparición desas falas en poucos anos.

A LINGUA LEONESA DEBILITADA.

A referencia á lingua leonesa acompañouse da entrevista cunha militante dun grupo leonesista. As imaxes foron sempre dunha manifestación popular onde aparecían bandeiras leonesas. Non faltou a referencia ao documento histórico máis antigo, Noticia de Kesos, nin tampouco á proteción do leonés no Estatuto de Autonomía de Castela e León no artigo 5.2. Outra imaxe televisiva presentaba el rótulo “la falta de conservación y transmisión puede motivar su desaparición” acompañada con un grupo folclórico vestido cos traxes típicos. Isto deixa clara a identificación do leonés co pasado que non voltará. 


PRESENZA DAS LINGUAS DO BIERZO.

Dende León pasou a xornalista para O Bierzo. A primeria parada foi en Bembibre para facer referencia ao portugués. Esta lingua no Bierzo ten a súa orixe nos mineiros lusos que estiveron a traballar nesta rexión estremeira. Un profesor de portugués foi entrevistado e dixo  que o programa de portugués, no ano 1996, foi ampliado a toda a poboación escolar , non só aos descendentes de familias portuguesas. Esta iniciativa lingüística serve para unir máis o portugués e mailo galego, dúas linguas coa mesma orixe medieval. Tamén houbo referencia aos paquistanis que viñeron a traballar ás minas do Bierzo. Unha comunidade que tivo problemas íniciais de integración polo seu idioma estranxeiro.

A LINGUA GALEGA DO BIERZO.

Chegou a hora de analizar a nosa lingua galega. Os reporteiros foron para a Escola de Idiomas de Ponferrada na busca de entrevistas fáciles. Primeiro a diretora e depois profesores de galego. Estes funcionarios fixeron só mención á problemática educativa. Unha das imaxes presenta o rótulo “a estas clases asisten tanto gallegos que quieren perfeccionar el idioma como españoles interesados en trabajar en alguna administración pública gallega”. Vemos como se amosa a idea da busca da funcionalidade lingüística através do ensino ou do traballo na Galiza. 


Outra impresión de texto televisivo indica “las zonas donde todavía se habla gallego son rurales y con una población más envejecida, dicen, hace peligrar la supervivencia del idioma”, a imaxe de fondo é unha rúa cunha casa de pedra con corredor de madeira por onde van dous turistas. A identificación entre galego e ruralidade é completa. Pola outra banda, temos a foto da imaxe da Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada, abaixo o texto “Ponferrada es zona limítrofe y cuenta con mucho parlante de gallego”. O tópico dos lindeiros do galego non pode faltar. Hai un esforzo por delimitar aos falantes para reducilos, no seu ámbito territorial escaso e pouco número de falantes.

Temos tamén a imaxe dun carteliño “ningún galego é incorrecto, só o que non se fala”, co mapa dos territorios dialetais do galego no noroeste peninsular. Parécenos ben esta imaxe de unidade territorial e lingüística que inclúe Navia-Eo, O Bierzo e As Frieiras da Alta Seabra. Outro carteliño escolar presenta o texto “Galego!” cun debuxo sinxelo de neniños vestidos con camisetas pintadas,nunha delas lemos “Vive a lingua, a lingua vive”. 


Como ben comprobamos esta visión do galego está condicionada polo ensino principalmente. Ningunha referencia a unha comunidade lingüística berciana que reclama tamén o recoñecemento dos seus dereitos lingüísticos. Este tema é controvertido e político,  por iso non xorde xamais por conflitivo e polémico. O galego e mailos seus falantes non dan problemas, esta é a imaxe televisiva que se pretende propagar. Por iso as entrevistas son con funcionarios que non se saen do guión oficial. Para nada se busca a opinión dos falantes bercianos e dos coletivos culturais reivindicativos que reclaman outros tratamentos legal e institucional do galego.

O EUSQUERA TAMÉN EXISTE.

Para rematar a reportaxe hai unha visión parcial do eusquera. Por suposto, que si hai falantes e demanda escolar do eusquera. Pero se foxe da reivindicación territorial que pide a anexión a Euskadi. Por iso non hai entrevista aos políticos segregacionistas nin banderas ikurriñas.


 Enfin, todo está moi claro, existen linguas minorizadas por culpa dos seus falantes que deixan de falalas porque teñen o castelán con maior aproveitamento pola súa oficialidade e poderío internacional. A Junta de Castela e León colabora no seu mantemento atual co ensino do galego e do eusquera. Quen pode queixarse desta intervención institucional!.

O Bierzo, xullo de 2017.


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

miércoles, julio 12, 2017

REFRANEIRO LABREGO GALEGO-BERCIANO.


REFRANEIRO DOS MESES DE XUÑO E XULLO,
por Javier Lago Mestre.
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.

REFRAIS DE DO MES XUÑO OU SAN XOÁN.

“En San Xoán as dez con día dan” (porque escurece máis tarde). 
"San Juan (24 de xuño) amenaza, y S. Pedro (29 de xuño) echa de casa" (referencia a la terminación de los alquileres en Bembibre).
"S. Antoño (13 xuño) é un santo, e irmau do meu marido, cando o meu gando falta, S. Antoño vai comigo" (da bisbarra do Courel). 
“Ata san Antón (13 de xuño), Pascuas son”.
"Malo se por S. Bernabé non deixou de chover". 
"Polo S. Silveiro (20 de xuño) coídate de tomar o sol sen sombreiro" (quenta moito xa o sol).
"Tarde ou temprau, por S. Xoán (24 de xuño), adiantouse o verau".
"En xuño o día 21 (entrada do verán) é logo como ningún" (polo día máis longo do ano).
"Xuño, claro e fresquiño, para todos é bendito"
"Xuño ao principio chuvioso, anuncia verán caloroso".
"En xuño choverá pero antes tronará".


CONSELLOS AGROGANDEIROS NO MES DE XUÑO.

"Por S. Xoán a sardiña molla o pan" (son tempos de sardiñadas).
“Augas de San Xoán (24 de xuño), quitan viño e non dan pan”.
“San Antoño (13 de xuño), San Antoñin, garda o nos rebañín”.
"Cando xuño chega, busca a foz a sega chega".
"A bima de S. Xoán, sen abono dá pan" (con pouca laboura abundancia de froitos no campo). 
“Por S. Xoán (24 de xuño) a sardiña unta o pan” (pola abundancia deste peixe na alimentación).



REFRAIS DO MES DE XULLO OU DE SANTIAGO.
“Por Santiago (25 de xullo) pinta o vago” (porque xa hai froitos maduros). 
“Por Santiago fai o segado, para ti e para o gando”.
"por Santiago e Santa Ana (26 de xullo), pintan as uvas e pola Nosa Señora (15 agosto) xa están maduras". 
"En xullo, colle a fouce e pecha o puño".
 "O que quera boa coíña, sémbrea  no menguante de Santa Mariña (18 de xullo).
"Pola Madalena (22 xullo) xa se sega na máis alta serra". 
"O que en xullo fas de segar, en outubro fas de sementar" (libro El habla de Toreno).

O Bierzo, xullo de 2317.



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

lunes, julio 10, 2017

OS SOUTOS DA NOSA REXIÓN DO BIERZO.




OS SOUTOS DE CASTAÑAS NA REXIÓN DO BIERZO.
VISIÓN XURÍDICA E HISTÓRICA.
Por Xabier Lago Mestre.
falaceibe@yahoo.es

Todos sabemos dos valores dos nosos soutos de castiñeiros. Salientamos os aspectos referidos á economía (produción de castañas), a ecoloxía peculiar deste medio natural (zooloxía, botánica…), a proteción da paisaxe, a micoloxía, a madeira ou o outros temas paralelos de tipo etnolóxico (obxectos caseiros, arquitectura, fabricación de carros, útiles de labranza…). Pero neste traballo imos analizar certos temas xurídicos relacionados cos soutos bercianos (a propiedade comunal e maila protección dos soutos ) e tamén históricos segundo a información obtida a través das ordenanzas veciñais do século XVIII. Tamén analizaremos os aspectos concretos da explotación dos soutos comunais (a couta, rebusco...).

OS SOUTOS COMUNAIS.

A meirande parte dos pobos bercianos teñen grande cantidade de terras comunais. A través da historia os pobos conseguiron a propiedade colectiva do seu término. E isto foi así a pesares dos intentos de apropiación polos señores feudais, das sucesivas desamortizacióis do século XIX ou das expropiacióis do Patrimonio Forestal do réxime franquista. Porque, a pesar de tranto atranco, no fondo a veciñanza sempre entedeu que a terra para quen a traballa. 


Partindo de que moitos dos montes bercianos son de propiedade comunal atopamos que moitos deles teñen importantes concentraciois de arboredo, casos das carballeiras, morteiras, chopeiras ou soutos de castaños. Hai pois una especialización dos espazos vexetais segundo os intereses das comunidades veciñais. 

No caso dos soutos de castiñeiros, a xunta veciñal determina a súa explotación segundo comprobamos nas ordenanzas concellís, na bibliografía consultada ou a través da comunicación directa cos afectados. Deste xeito comprobamos o interese histórico das xuntas veciñais polas repoboacións dos arboredos e pola boa conservación dos soutos bercianos.

PLANTACIÓN DE ARBOREDO EN TERRAS CONCELLÍS.

Traemos eiquí algunhas referecias documentais a este interese das xuntas veciñais polos seus arboredos. O primeiro, as forzadas plantacióis. Nas ordenanzas sobre castañais, de San Xoán de Palozas, na merindade de Cornatelo, lemos que “hordenaron que cada un año por concejo cada vecino así casados como viudos i mozos solteros viviendo a fogar debido plante en las heras de concexil cada uno su árbol, que sea fructífera cerrada y rrodiada muy bien en todo alrededor de zarzas y escambrones de manera que el ganado no pueda llegar a comerlos, pena de quatro cañadas de vino (…)” (año 1743).


Isto mesmo acontece unas comarcas veciñas, caso da Omaña. Así, nas ordenanzas do concello de Montrondo (ano 1758), no seu artigo 34 amosa que “declararon también ser costumbre que cada vecino plante todos los años en el mes de marzo o abril seis árboles frutales o no, y estos los pueda poner en campo del concejo o heredad suya no ocupando paso público,  bien estacados y espinados y el que hiciese lo contrario incurra en pena de quinientos maravedíes para el concejo (…)”. Neste exemplo, concrétase máis, o tempo de plantacióis, as condicióis desta, así como as multas pecuniarias que non vinais.

Outro exemplo berciano é o que aconteceu en Noceda. Nas súas ordenanzas do ano 1758 atopamos que "ordenamos y mandamos que de aquí adelante y para siempre jamás tengan obligación todos los vecinos cada año de plantar cuatro árboles fructiferos, en tierra concejil (...)". 
Pola outra parte, o concello omañés de Cirujales teima no mesmo, “ordenamos que por la conveniencia que tiene a todo el común que haya árboles frutales y no frutales puedan plantarse en los términos de este lugar en los campos concejiles, y el que lo ejecutase se pueda aprovechar de su utilidad y producto según reales resoluciones (…)”. É dicir, quen plante unha  árbore pode aproveitarse dos seus produtos (froitos, ramaxe, madeira, folla…).


Non podemos esquecer que a lexislación real da época tamén fomentou as plantacióis. Unha Real Cédula de 14 de setembro de 1752, no seu capítulo 19, ordena aos alcaldes pedáneos dos pobos que “han de remitir a los corregidores de la capital todos los años testimonios verídicos, no solo de todo cuanto adelantaren y mejorasen los montes, sino los que de nuevo se criasen y plantasen; explicitando claramente y distintamente sin engaño ni artificio el número de vecinos de cada pueblo, el de los árboles, y sus sitios, el de lso que se limpien, quien (…) con expresión de sus nombres propios, y de la tierra que ocupen cada uno de ellos (…)”.

O Bierzo, XULLO DE 2017.

jueves, julio 06, 2017

POLO NOSO BIERZO BILINGÜE


O BIERZO BILINGÜE.
por Javier Lago Mestre.
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.

A lingua galega ten presenza no ocidente do Bierzo dende a Idade Media. Os galego-falantes formamos na atualidade unha comunidade lingüística minorizada. Outras comunidades lindeiras con Galiza esténdense tamén por Asturias e Sanabria. Sen embargo, o pequeno número de falantes ante a maioría castelá debe favorecer a súa proteción legal porque outro trato sería discriminatorio.

Polo que toca ao galego do Bierzo, xa ten un recoñecemento expreso no Estatuto de Autonomía de Castela e León, “gozará de respeito e proteción a lingua galega nos lugares en que habitualmente se utilice” (art. 5.3). Outro tanto acontece coa Ley da Comarca do Bierzo (art. 1.4). Estes dous mandatos legais obrigan a todas as administraciois públicas no seu cumprimento efeitivo.






O Estatuto de Autonomía antedito refírese a que “regulará a Comarca do Bierzo, tendo en conta as súas singularidades e a súa traxetoria institucional” (art. 46.3). Non se pode negar que entre estas singularidades está a existencia secular da lingua galega no Bierzo. Logo non pasemos por alto este feito cultural diferencial por parte das administraciois locais.

Resulta incuestionable a importancia desta singularidade cultural na rexión do Bierzo frente ao uniformismo idiomático de Castela e León. Outras comunidades autónomas periféricas souberon aproveitar esta diferenciación lingüística para arrancar beneficios políticos. A lingua galega fundamenta a  xestión  autónoma para O Bierzo ante a Junta de Castela e León.


Os concellos, as xuntas veciñais e o Consello Comarcal teñen o protagonismo administrativo en materia lingüística. Pero temos o problema do financiamento local. Por iso hai que contar con apoio exterior. Referímonos ás instituciois públicas de Galiza que teñen a obliga legal de fomentar o galego exterior. Así acontece coa Ley de Normalización Lingüística, “protexe-la lingua galega falada en territorios limítrofes coa Comunidade Autónoma” (art. 21.2).

Logo O Bierzo pode contar con apoio exterior no fomento da súa lingua galega. Deben axudar tanto da Xunta de Galicia coma a Junta de Castela e León, segundo determina a Lei da Comarca, porque “facilitará a participación da Comarca do Bierzo nas atuaciois que realice para a promoción da lingua galega no seu ámbito territorial” (art. 1.4).


Para acadarmos a necesaria colaboración interterritorial hai que sinar os correspondentes convenios administrativos. Estes teñen fundamentación legal bastante para elaboralos, en base á normativa xa vista, só falta a vontade política para levalos a cabo. Convén recoñecer que detrás da lingua galega hai falantes que merecen o respeito institucional. Non cumprir o que determinan as leis en materia lingüística significa discriminar aos falantes desprotexidos. Hai que rachar xa coas dinámicas lingüísticas antigalegas na rexión do Bierzo. 

O Bierzo, xullo de 2017.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

miércoles, julio 05, 2017

AS NOVAS RESISTENCIAS ANTIGALEGAS NO BIERZO.


NOVAS RESISTENCIAS POLO GALEGO DO BIERZO,
Por Xabier Lago Mestre.
coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo
falaceibe@yahoo.es

A defesa da lingua galega na rexión do Bierzo vén de lonxe. Eiquí trataremos de facer unha pescuda no estudo das últimas resistencias lingüísticas. 

Neste rápido percorrido comezamos coas demandas polo ensino do galego. Ensaios pedagóxicos co galego tiveron lugar en colexios de Corullón e A Ponte de Domingo Flórez. Pero a chama reivindicativa xurdíu no instituto Álvaro de Mendaña de Ponferrada (1996) onde houbo a demanda da materia optativa de galego polo seu alunado que foi rexeitada.  


Como reación ante esta inxusta decisión institucional, principiouse a vía política. Levouse a reivindicación ante a Congreso dos Deputados, onde o BNG fixo a tramitación parlamentar. Finalmente aprobouse a resolución a prol do ensino do galego no Bierzo (1997). Pero isto non foi suficiente para que a Junta de Castela e León executase esta demanda política. Os gobernantes en Castela dixeron que non había obrigación legal para cumprir ese mandato lexislativo.

Houbo que reivindicar o recoñecemento do galego no propio Estatuto de Autonomía de Castela e León. As Cortes rexionais respostaron que non a tal reforma lingüística. Pero as nosas demandas si foron recoñecidas polas Cortes Xerais no dito Estatuto (1999). Aínda tivemos que agardar a aprobación doutra resolución a prol do ensino do galego polas Cortes rexionais (2000). Finalmente o galego foi materia optativa dende o curso seguinte. Pero dende entón o ensino regrado do galego tivo numerosos problemas de execución nos centros escolares.


A reivindicación política continua. Na reforma do Estatuto de Castela e León do ano 2007 xa se demandou nas Cortes Xerais o recoñecemento do galego como oficial no Bierzo. Por suposto isto foi rexeitado, pero esta demanda voltará na vindeira reforma estatutaria que se prepara. 

Outra importante reivindicación tivo lugar coa reforma da Lei da Comarca do Bierzo. Esta norma de 1991 non admitiu o galego sorprendentemente. Pero na reforma de 2010 a referencia ao galego xa xorde no seu artigo 1.4. Todos estes recoñecementos legais non son illados. Hai un movemento social reivindicativo que aproveita as conxunturas políticas para facer as demandas lingüísticas.  


Estas declaraciois legais sobre o galego no Bierzo forman parte das singularidades da nosa rexión. Así se determina no propio Estatuto de Castilla y León (arts. 5.3 e 46.3). Esta peculiaridade lingüística fundamenta o Consello Comarcal de O Bierzo porque forma parte da razón da súa existencia. Trátase de que a materia lingüística forme parte das súas competencias. A realidade é que tamén temos intereses culturais e lingüísticos, diferentes aos da Comunidade de Castela e León, que deben ser protexidos. 

A nosa minoría galegofalante seguirá a loitar polo recoñecemento pleno dos nosos dereitos lingüísticos. Nesta dinámica reivindicativa teñen que participar as instituciois bercianas para reforzar o seu carácter de servizo público polo ben común.   

O BIERZO, XULLO DE 2017.



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

lunes, julio 03, 2017

OTRAS COMUNIDADES LOCALES DE EL BIERZO,


OTRAS COMUNIDADES LOCALES HISTÓRICAS,
por Javier Lago Mestre.
Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.

El poder político siempre trata de controlar el territorio a través de instituciones. Sabemos de la existencia de comunidades autónomas, provincias o municipios. La Comarca de El Bierzo es consecuencia de una concesión legal que nos desvinculó de la provincia histórica. Hoy repasaremos otras instituciones territoriales de nuestro pasado.

Nuestra provincia de El Bierzo, durante la Edad Moderna (XVI-XVIII), estaba formada por diversas jurisdicciones (cotos, merindades, préstamo, quintería…) que podían ser realengas, laicas o eclesiásticas. El coto de Valboa, en el marquesado de Villafranca, contaba con el llamado concejo del Real, formado por Castañeiras y 5 barrios que podían convocar sus respectivas juntas de vecinos.


Las grandes villas bercianas también tenían su organización territorial. Ponferrada era  gobernada por su regimiento cerrado y también, ocasionalmente, por su concejo abierto a los vecinos. Además las villas poseían la llamada Tierra con las aldeas dependientes, gobernadas por sus concejos, que elegían en común el procurador de la Tierra. En el caso de Bembibre, su jurisdicción se dividía en tres cuartos: el de la villa, Folgoso y Viñales.

Los señoríos contaban con diversas organizaciones territoriales. En el caso del monasterio de Carracedo, se convoca una reunión de la junta de la jurisdicción (1804), formada por representantes de todos los lugares del señorío, en la que se niegan a contribuir a la construcción de la cárcel de Ponferrada. Pero también acontece la creación extraordinaria de juntas de concejos contra los monasterios. Es el caso de los pleitos antiseñoriales, “porque juntara  e avia juntado los vecinos e concejos de la dicha abadia” (Carracedo, 1512).


Las diversas localidades bercianas cuentan con la opinión de sus barrios. Toral de Merayo convoca su concejo general para tratar el problema de los incendios por causa de los hornos particulares (1688). El vecindario decide formar sus concejos, en cada uno de sus 7 barrios, para decidir sobre la construcción de hornos comunales.

  Otra organización territorial son las comunidades de valle. Tenemos los casos de Fornela, Ancares, La Valdueza, etc. que sirvieron para regular los aprovechamientos de pastos, montes y bosques. Estas comunidades de valle también favorecieron sus santuarios (Trascastro,  Ntra. Sra. Del Rio, Aquiana…), con festividades y procesiones concejiles.   


Comunidades peculiares eran las de montes compartidos por varias localidades. Las continuas disputas por la devesa de El Fabeiro forzaron las concordias entre Ponferrada, Dehesas y Villaverde (1737). Ante los abusos de las desamortizaciones liberales, Vilarbón y Sorbeira tuvieron que redimir (comprar) su monte para no perderlo (1865). Aún hoy podemos ver en los mapas topográficos comunidades de montes, como la de Folgoso del Monte y Las Tejedas. 

Las diversas comunidades territoriales bercianas sirvieron para resistir mejor las sucesivas dinámicas señoriales y liberales. El siglo XIX supuso el derrocamiento de las instituciones del Antiguo Régimen y su sustitución por otras (provincias y municipios). También los antiguos concejos tuvieron que luchar por su reconocimiento legal (1924).

O BIERZO, XULLO DE 2017.


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

EL BIERZO ¿REGÍÓN O COMARCA?


¿REGIÓN O COMARCA?
por Javier Lago Mestre,
Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.

 Tras una larga reivindicación política las Cortes de Castilla y León aprobaron la Ley de la Comarca de El Bierzo (1991). De esta forma se le asignó a El Bierzo una institución comarcal que pugnaba con otras propuestas reivindicativas de tipo regional o provincial. 

La provincia de El Bierzo tuvo una larga tradición histórica. Los Reyes Católicos concedieron la provincia de El Bierzo en 1486 tras la compra de la villa de Ponferrada. Esta denominación provincial para El Bierzo tuvo una continuidad secular, a lo largo de la Edad Moderna. Durante el Trienio Liberal (1820-1823) se constituyó la provincia de Villafranca de El Bierzo. Posteriormente, la creación de la provincia de León, en 1833, supuso el fin de la berciana.


Tras la supresión de la provincia de El Bierzo las reivindicaciones políticas continuaron sin éxito. La razón de este fracaso estuvo en las nuevas corrientes regionalistas. El regionalismo, de tipo geográfico y político de la segunda mitad del siglo XIX, favoreció otro debate territorial de España. Los regionalistas cuestionaron las artificiales provincias de 1833 frente a las regiones naturales e históricas.

Los regionalistas hacen sus propuestas de división territorial de España. Es el caso Lucas Mallada (1895) que recupera la provincia de Ponferrada. El proyecto de R. Macías Picavea (1895) incluye el Bierzo en Galicia. Por su parte Dantín Cereceda (1922) también sitúa El Bierzo en la región galaica.


El propio Bierzo se identifica con esta dinámica regionalista cuando observamos la prensa local. Así, el semanario Clamor del Bierzo (1894) se refiere a “aunar los esfuerzos de la región berciana para combatir y remediar las miserias y tristezas que nos afligen”. Otras cabeceras periodísticas son El Heraldo, en “defensa de intereses regionales” (1909), e Informaciones del Bierzo se proclama a favor “de los intereses de la región” (1926).

En 1899 el ayuntamiento de Ponferrada solicita una “zona militar para la región El Bierzo”. Y Severiano Gómez Núñez ofreció una conferencia sobre “Juan Manuel Munarriz (…) en la región de El Bierzo” (1925). La crisis de fin del siglo XIX favorece el llamamiento del Ponferrada a Villafranca, “para aunar los esfuerzos de la región berciana para combatir y remediar las miserias y tristezas que la afligen” (1905).


La comentada denominación de región de El Bierzo convive con la de comarca. Pero resulta más apropiada la región natural para un amplio territorio formado por diversas comarcas y valles, casos de La Cabrera, Boeza, Ancares, Fornela, etc. El concepto expansivo de la región berciana es inevitable por historia y geografía común frente al restrictivo de comarca.

Con el romanticismo se aplica el término literario de país. E. Gil y Carrasco en sus artículos se refiere por ejemplo a “la lengua del país” en un intento por resaltar los “usos y costumbres, de su cultura y sus artes, y sobre todo de la índole de sus habitantes” (1843). País como territorio, por influencia francesa, se asocia a nación política. La elección del léxico es  importante a la hora de materializar reivindicaciones.

O BIERZO, XULLO DE 2017.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es