martes, septiembre 22, 2015

REFRAIS DA REXIÓN DO BIERZO, DE XULLO A SETEMBRO.


REFRAIS DA REXIÓN DO BIERZO, DE XULLO A SETEMBRO,
por Xabier Lago Mestre (coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo).
falaceibe@yahoo.es

REFRAIS DO MES DE XULLO OU DE SANTIAGO.

“Por Santiago (25 de xullo) pinta o vago” (porque xa hai froitos maduros).
“Por Santiago fai o segado, para ti e para o gando”.
"O que quera boa coíña, sémbrea  no menguante de Santa Mariña (18 de xullo).
"Pola Madalena (22 xullo) xa se sega na máis alta serra".



REFRANEIRO DO MES DE AGOSTO.

“Se non chove en agosto, non hai magosto” (as choivas boas para os castiñeiros).
“Agosto  fina o rostro”.
“Por Santa Mariña (14 de agosto) vai ver a túa viña, e se mal a atopas, mal a vendimarás”.
“En agosto secan os montes e en setembro secan as fontes”.
“Por San Lorenzo (10 de agosto) recóllese o orégano para que non arda a casa”.
“Por San Bartolo (24 de agosto) planta o repolo”.
“Por S. Lorenzo (10 de agosto) calura, por s. Vicente (22 de xaneiro) friura”.
“O que non mallou que mallara, que agosto xa pasou, auga para os nabos”.
“Se se quer magosto, ten que chover en agosto” (a boa relación entre chuvias temperás e castañas).



REFRAIS DO MES DE SETEMBRO:

“Pasada a Encina (8 de setembro), o inverno xa está enriba”.
“Pola Encina, augas mil” (porque chove moito por esa data).
“San Miguel (29 de setembro), ponme a alma no peso do ben”.
"Dende S. Miguel pasado, rega pouco o teu prado" (por Manuel Rodríguez y Rodríguez).
"Se queres bo mel por s. Miguel".
"Polo S. Xil (1 de setembro), xa hai que acender o candil"  (porque merman os días).
“En setembro, sembra e cobre” (cóbrase pola venda de froitos e de novo sementeira).
"Polo Mateo (21 de setembro) vendimIa a cheo".

O BIERZO, SETEMBRO DE 2015.
WWW.OBIERZOCEIBE.BLOGSPOT.COM

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

viernes, septiembre 04, 2015

ROTA EN TREN DE MONFORTE DE LEMOS A PONFERRADA.


ROTA EN TREN DE MONFORTE DE LEMOS A PONFERRADA,
Por Xabier Lago Mestre.
Colectivo Fala Ceibe do Bierzo (falaceibe@yahoo.es)

Os amplos andeis da estación de Renfe de Monforte de Lemos recordan tempos de moita funcionalidade ferroviaria. Hoxe este edificio permanece case desocupado ante o pouco tráfego de viaxeiros. A estadía nesta vila permite visitar o seu amplo museo ferroviario de Galicia. Ás 17.30 horas collemos o tren que vén de Vigo e nos levará até Ponferrada. Cómpre dicir que este rexional permite levar bicicletas até as diversas paradas ferroviarias e, dende elas, principiar diversos roteiros turísticos polas bisbarras viciñas. O comboi colle velocidade pola chaira deixando atrás as pequenas aldeas de Reigada, Vascós e Chavaga.    

En cinco minutos, primeira parada, na Pobra do Brollón. A súa pequena estación formou un barrio afastado da capital do concello. No pasado tivo grande importancia ferroviaria. Os trens que partían da estación de Soldón saían con varias máquinas de vapor para subir polas costas da ribeira do río Lor até chegar á Pobra do Probón. Eiquí esas máquinas deixaban o tren para voltar para atrás cara a Soldón. Todo isto rematou cando xurdiron as máquinas diésel e mailas elétricas.


BAIXANDO POLA RIBEIRA DO LOR CARA QUIROGA.

Paga a pena deter a vista no descenso pola ribeira do río Lor, coas súas aldeas de A Labrada, Pacio, Barxa, Quintá, O Caballo de Lor, Conceado e demais. Todas elas concentraban a súa atividade ferroviaria no apeadeiro de Freixeiro, hoxe sen parada. O noso tren avanza pola faldra da serra de Auga Levada e así baixando até Augasmestas, onde se xuntan as augas dos ríos Sil e Lor que vén da serra do Courel. O río Sil entra, polo oeste, na Ribeira Sacra, máis adiante está o fermoso meandro da Cobela. Polo leste o Sil se abre cara San Clodio. Eiquí temos unha fermosa praia fluvial onde desfrutar das augas en verán. A esta estación chegamos ás 17.55 horas. Como xa comentamos foi lugar ferroviario de importancia. Había varias máquinas de vapor do tipo 1400 para subir os trens para A Pobra de Brollón. Isto significaba ter moitos ferroviarios así como instalaciois de auga (cubas) e briquetas para as máquinas. A paisaxe dende a estación é de vides. Cercana está a vila de Quiroga tras pasar a ponte do Sil. Así pois, temos unha estación para dos concellos, Ribas do Sil e Quiroga.


                                          INSTALACIOIS FERROVIARIAS EN SAN CLODIO

Parte o tren e pola dereita temos o encoro de Soldón, cos seus saltos de auga, un dos moitos que imos ver na nosa viaxe ferroviaria. O vindeiro apeadeiro é Soldón-Sequueiros. Por eiquí baixan as augas do regueiro Soldón que baixa da serra do Cabreiro.  Pola esquerda temos os cumios de Moá (1124 m.) e máis adiante Monte Cerengo (1234 m.). Nas súas faldras as aldeas penduradas de Soutordei e Piñeira. 

Xa no apeadeiro de Montefurado, polo norte baixa a serra de Cereixido, mentres que polo sul temos os ríos Navea e Bibei que veñen da serra da Queixa. Non podemos pasar por alto a obra romana do túnel para desviar o río Sil. Unha riada na década dos anos 30 do século pasado derrubou parte dese túnel de máis de 100 metros de lonxidude. O desvío do río se fixo para extraer mellor o ouro do seu cauce seco.


Deixamos a provincia de Lugo, coas súas aldeas de Os Anguieiros e Vilanuide, para entrar na de Ourense. O encoro de San Martiño remansa as augas do Sil na estación da Rúa-Petín. Tempo merece a visita da ponte romana da Cigarrosa no cercano Petín. A Rúa tivo grande desenvolvemento urbano grazas á contrución das obras hidráulicas que deron moito traballo. O noso tren parte ás 18.10 horas. Á saída desta vila, na zona de Valencia do Sil, podemos ver pola dereita unha potente tubería que sube pola ladeira para o trasvase de augas.


A CHEGADA AO BARCO DE VALDEORRAS.

O noso rexional colle velocidade pola recta de Vilamartín de Valdeorras. A paisaxe de vides medra por todas partes até a capital da bisbarra. Na entrada de O Barco vemos os fornos da antiga industria de caliza. Enriba desta vila vemos os fumes forestais, pola zona de Santigoso. Era raro que este verán fose a excepción nos lumes. Nin O Bierzo nin Valdeorras se libran desta desfeita medioambiental. Por suposto, esta vila é a que maior tráfico de pasaxeiros ten por mor dos seus 15.000 habitantes. Trala breve parada principiamos a marcha ás 18.30 horas.


A ribeira do Sil amosa moitas industrias de lousa, moitas delas ocupando o cauce hidráulico. Deixamos as aldeas de Santurxo e Éntoma a ámbolos lados. Sobradelo nos recibe co novo encoro de Casaio e maila ponte antiga. Nesta vila houbo importante feira de gando da contorna. Ademais tivo unha central térmica con queixa de carbón berciano. Esta central pertencía ao consorcio hispanoalemán e fornecía de enerxía elétrica ás minas de Wolfran de Casaio. Deixamos a estación de Sobradelo, dende onde se acede ao amplo concello da Carballeda, 18.35 horas.

 Fermosas resultan as aldeas altas de A Medua e San Xusto. Novo encoro de Pumares antes da parada de Quereño onde apreciamos diversas instalaciois elétricas. Esta estación servía de saída aos habitantes da Ponte de Domingo Flórez, na rexión do Bierzo, e da comarca da Cabreira. Dende a estación podemos ver o pobo de S. Pedro de Troes, no alto e xunto ás ameazantes canteiras nos seus cumios.


O ESTREITO DE COVAS.

Imos camiño do chamado estreito de Covas. Maxestuosa resulta a fratura xeolóxica na Serra da Enciña da Lastra. Farallóns de grande altura que resultan ameazantes sobre o encoro e a vía do ferrocarril. A cada saída dos túneis novas formaciois rocosas sen igual. O apeadeiro de Covas amosa instalaciois relacionadas coa explotación da pedra caliza, caso dun cargadeiro para trens. Dende a aldea de Covas, que pertenceu ao mosteiro de Carracedo, hai unhas postas de sol fermosas. Son as 18.50 horas e partimos.


Outro encoro en Penarrubia. O primeiro pobo berciano é A Barosa, co seu apeadeiro pechado e sen parada. Na aldea de O Carril o río Sil se xunta coas augas do río Selmo que vén de Oencia. A montaña está rachada pola canteira de pedra. Pola dereita temos entre zona moi boscosa a aldea de A Valiña, enfronte Requeixo. Antes de chegar a Toural dos Vaos temos o casaríoa da Veiga de Paradela e Penoselo. Cruzamos o río Burbia na zona dos antigos vaos cando non había ponte ningunha. Ainda a praia fluvial está chea de xente para sofocar a calor do verán. O tren para na estación ás 19.05 horas.


En nada nova parada no apeadeiro de Viladepaos, sen viaxeiros. Dende eiquí priman as explotaciois de mazás pola chaira berciana. Non para o tren nos apeadeiros de Posada e mailo Devesas. O noso comboio colle máxima velocidade cara a Ponferrada. Á dereita vemos debaixo das montañas de Ferradillo-Ferradelo as barrancas de Santalla que moitos viaxeiros confunden con As Médulas. O monte Paxariel anuncia a cercanía da capital do Bierzo, antes o barrio da Placa e os cargadeiros de carbón á esqueda. Son as 19.25 horas e remata a nosa longa viaxe ferroviaria dende Galiza.

O Bierzo, setembro de 2015.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

martes, septiembre 01, 2015

RELACIÓN DE FESTAS DO MES DE AGOSTO NA REXIÓN DO BIERZO.


RELACIÓN DE FESTAS DE AGOSTO NA REXIÓN DO BIERZO NO ANO 2015
por Xabier Lago Mestre.
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo (falaceibe@yahoo.es)

ROMARÍA DA COSTA DO PEREGRINO. 

Dende a ermida de Camponaraia sae, o primeiro domingo de agosto, unha romaría con pendois para a cercana costa do peregrino. No alto do outeiro se fixo unha ermida para acoller aos camiñantes. Tódolos anos se celebra esta romaría e ao final ten lugar un xantar onde reina a paella xigante do gusto dos asistentes.



FESTAS REXIONAIS O PRIMEIRO FIN DE SEMANA.

En Cabeza de Campo, na ribeira do río Selmo, celebran a festa da Imaculada para os días 31 de xullo e até o 2 de agosto. A localidade de Paradiña, na Somoza, traslada as súas festas tradicionais de Santo Tirso e San Xulián para o verán (31 de xullo e 1 e 2 de agosto de 2015). Pereda de Ancares ten as festas para os días 4 e 5 de agosto. A vila de Corullón festexa os días 31 de xullo até o 2 de agosto. Viladecaes celebra o Sagrado Corazón (31 ao 2 agosto). Festas de verán en Fabeiro (31 ao 2 de agosto). O barrio de Torenillo organiza a festa da Troita (31 ao 1 de agosto). A Virxe das Neves festéxase en Páramo del Sil (7 ao 9 de agosto). Acordamos o dito popular: "Pola virxe das Neves (5 de agosto), o sol é máis breve". 



OUTRAS FESTAS LAICAS.

Carracedo aproveita a presenza do seu mosteiro para celebrar a Medieval (5 ao 8 de agosto) con actividades relacionadas coa Idade Media. Tamén Albares de la Ribera organiza o seu festival medieval (8 de agosto), onde non faltan os títeres e cea comunitaria. A localidade de O Espino ten a súa feira do 9 agosto adicada á artesania e agroalimentaria. Festa Mozárabe de Peñalba para o 1 de agosto. Cacabelos organiza Ludus Bergidum Flavium, festas de recreación romana (31 ao 2 de agosto), onde non faltan os desfiles de lexionarios, bailes e xantares.  Lillo do Bierzo recupera a malla tradicional para o 8 de agosto. Semana cultural en Matarrosa (10 ao 16 de agosto) con conferencias varias. Tejedo de Ancares ten a festa do Turista para os días 13 e 14 de agosto. As Noites Medievais tamén no castelo de Cornatelo (28 ao 30) con actividades históricas de todo tipo, asalto ao castelo, marchas nocturnas, mercados, loitas. Villar de los Mundos se celebra nos pobos de Salas, Villar e Lombillo para abrirse ás culturas do mundo (28 ao 31 de agosto).



FESTAS BERCIANAS PARA A SEGUNDA FIN DE SEMANA DE AGOSTO.

Toural de Meraio honra ao Salvador (5 ao 9 de agosto), salientamos a canciois de rondas típicas desta localidade. Outro tanto acontece con Priaranza do Bierzo. Páramo del Sil festexa a Virxe das Neves como na localidade Susaña del Sil (5 ao 7 de agosto). Portela de Aguiar (8 agosto) ten torneo de bolos locais. Vilaboa-Villabuena honra ao S. Xusto (5 ao 7 de agosto). Quilous celebra s. Lorenzo (8 ao 10 de agosto). Cadafresnas por S. Vicente (6 ao 8 de agosto). Tombrio de Abaixo celebra Santo Domingo, con romaría o 8 de agosto até a ermida milagreira. A localidade de S. Lorenzo, preto de Ponferrada, festexa a súa festa para o 10 de agosto. San Pedro Mallo celebra a súa festividade para os días 7 ao 9 de agosto. Valdelaloba, no concello de Toreno, tamén conta con festa. Espinoso de Compludo celebra a festa en honra de San Mamede (7 ao 9 de agosto) onde destaca a bendizón dos panes.



VIRXE DA MADALENA.
Destacamos as festas na Veiga de Valcarce, primeiro A Madalena (7 ao 9 de agosto) e despois S. Roque (16 de agosto). Paradaseca desfruta da festa da Madalena (7 ao 9 de agosto) onde de seguro non faltan os xogos dos bolos. 

FESTAS DA NOSA SEÑORA E SAN ROQUE.

Comezamos con Naraiola, onde salientamos a súa ronda de adegas. S. Roque tamén se celebra en Villablino. Pardamaza ten S. Roque (14 ao 17 de agosto). O barrio de Fontesnovas únese a estas celebraciois coa súa famosa e popular sardiñada. A localidade de Moreda organiza concertos de música rock. Tamén acontece o mesmo en Cacabelos. Na cidade de Ponferrada celébrase o voto de S. Roque pola súa proteción ante a peste, hai reparto de racimos das primeiras uvas entre os viciños. 

O asolagado pobo de Posada del Río, na ribeira do encoro de Bárcena, tiña festa para S. Roque. Grandes festas tamén en Noceda, na conca do Boeza. Outro tanto acontece coa capital de Torre do Bierzo. Valtuille de Enriba amén festexa eses patrois. Paradela do Rió, barrio A Veiga, perto de Toural dos Vaos, celebra S. Roque. No concello de Ponferrada temos a aldea de Bouzas que organiza festas para o 15 e 16, ao igual que Villanueva de Valdueza e Manzanedo de Valdueza.  Palacios de Compludo ten as mismas festas. A Ponte de Domingo Flórez ten festas para 14 até o 17, onde teñen a festa da empanada o 14 de agosto. 


A vila de Molinaseca, en pleno camín de Santiago, adica as festas a Nosa Sra. das Angustias (14 ao 17 de agosto). Torneos de bolos na capital municipal de Oencia (10 ao 16 de agosto). Pobladura de las Regueras ten festas do 13 ao 16 deste mes. Matachana festexa tamén S. Roque. Langre celebra Nosa Sra. e S. Roque (13 ao 16 agosto).

O Val de Fornela adica a festa á Virxe de Trascastro (15 de agosto). Nas súas coñecidas danzas fornelas participan os viciños de Peranzais, Chan e Trascastro.  Peranzais celebra festa dos días 10 ao 17. Non podemos pasar por alto a romaría de Fombasallá (15 de agosto) onde suben moitos romeiros de Vilafranca, Cela e pobos limítrofes.

Salas de los Barrios celebra a 8ª de San Roque (15 e 16 de setembro). San Xoán de Palozas ten festas da Nosa Sra. e S. Roque para o 14 e até o 16. Paradasolana festexa o 15 de agosto.


FESTA DE SAN BARTOLO.

En Quintela de Barxas (23 e 25 de agosto), Valdefrancos no val do río Oza, no concello de Ponferrada. Guimara, no val de Fornela, tamén celebra estas festas. San Miguel de las Dueñas celebra s. Bernardo para o 20 de agosto, onde celebran a subida do boi, moneco que reparte viño entre os viciños e xogan aos bolos galegos. Mentres que o domingo 23 teñen a salientable festa dos allos. Noceda tamén celebra S. Bartolo, onde hai carreira de burros. Valle de Finolledo ten festas para o 21 e 23 de agosto.Carracedo de monasterio celebra S. Bernardo (20 ao 23 agosto). Ferradillo ten festas de S. Bartolomé (20 ao 23 de agosto), onde organizan unha carreira de montaña. Soutelo celebra S. Bartolo (24 ao 25).

OUTRAS FESTAS DE FINAIS DE AGOSTO.

Turienzo Castañero celebra festas s. Pelaio para o 20 e 23 de agosto. Mentres que Fresnedo conta coas do Cristo (21 ao 23 de agosto).  Cueto-Coto ten festas para o 21 e 15. En Vilasinde, xunta a Veiga de Valcarce, festexa Santa Lucía (21 ao 23 de agosto). E Viñales, xunto a Bembibre, adica cinco días  de festa en honra de S. Antolín (26 ao 30). A aldea de Cela celebra S. Martín para os días 21 ao 23. 


FESTIVIDADES NAS COMARCAS LINDEIRAS.

Na bisbarra da Cabreira salientamos Benuza (31 ao 1 de agosto), Marrubio (1 e 2 de agosto en honra de S. Esteban, Iruela (1 e 2 agosto) con S. Antonio.  Festa do Turista en LLamas de Cabreira (2 de agosto). Romaría da Virxe de Viforcos (26 ao 30 de agosto) en Quintanilla de Losada. Robledo de Losada festa do Sto. Cristo (21 ao 23). 

Nos lindeiros do Bierzo polo leste temos A Silva que celebra S. Lorenzo (8 ao 11 de agosto) e Brañuelas coa Nosa Señora (15 agosto).



FESTAS NA BISBARRAS VICIÑAS DE GALIZA.

En Valdeorras hai a festa das Covas, non relixiosa, ten lugar en Vilamartín de Valdeorras o 1 de agosto de 2015.  Celebraciois non relixiosas son as chamadas festas de verán de A Rúa (7 e 9 de agosto), onde hai piraguas no seu encoro. A isto hai que engadir a 2º Bacofesta, recreación histórica de tipo romana, con desfiles de viciños disfrazados de época (14 ao 16 de agosto) xunto á ponte da Cigarrosa. II Festa romana Quiroma (22 de agosto) con lexiois, mercado e xantares. Montefura tamén celebra as súas festas romanas na mesma data aproveitando as súas explotaciois auríferas. A capital de Rubiá tamén festexa S. Bartolo (23 e 24 de agosto).

A localidade de Somoza festexa S. Lourenzo. Feira mensual de Viloira, xunto ao Barco de Valdeorras, cada día 6. A vila da Rúa vella tamén celebra S. Roque. Na localidade de A Portela celebra S. Vitorio para finais de agosto. Vilanova ten A Asunción o 15 de agosto. O municipio de Vilamartín ten festas en Arcos (S. Lorenzo o 10 de agosto) e Portela (S. Xulián o 15 agosto). A aldea de Hospital conta coas festas de S. Bartolomé (22 ao 24 de agosto), onde hai carrilanas e xogos de bolos.


En Pobra de Trives recuperan o seu Entroido de Verán, coa Mostra do Patrimonio Inmaterial, para que os viciños emigrantes desfruten da súa festa de inverno de máis sona.  Ademais a Pobra ten festas en honra de S. Bartolomé (23 ao 24 de agosto). Festas de Verán en Quiroga (7 ao 9 de agosto). No concello de Larouco temos Freixido que celebra Santa Bárbara para o 15 de agosto. A Nosa Sra. das Neves é festa en Manzaneda (7 e 8 de agosto).  Festa da Vica en Pobra de Trives (2 de agosto). 

No concello da Carballeda temos festas de S. Xil (31 agosto) en Casaio e S. Cosme e S. Damián (12 e 13 agosto) en Casoio.  A capital de Rubiá celebra s. Bartolomé (25 agosto). San Xil festéxase en Casaio, na Carballeda de Valdeorras, do 31 ao 2 de setembro.




O 2 de agosto ten lugar o Fiandón de Músicas do Courel, en Ferraría de Seoane, con gaiteiros, cantares, contos e demais. Folgoso do Courel festexa a Virxe do Carme para os días 18 e 19 de agosto. Na lonxana comarca de Quiroga lembramos as festas en Soldón de Seara (22 agosto), Santa Isabel (3 e 4 de agosto) en Orxais-Soan e Vilar de Lor, S. Ciprian en Parteme (12 de agosto), S. Bartolomé en Hospital (24 de 25 de agosto), Nosa Sra. da O en Vilaster (15 de agosjto), S. Xoán das Farrapas en Bendilló (28 e 29 de agosto), O Cristo en Bendollo (22 e 23 de agosjto), A Asunción en Fisteus (15 de agosto), romaría de Virxe dos Remedios en Vitorio e A Hermida (7 ao 9 de setembro), Xoan das Farrapas en Bendilló (29 de agosto).

FESTAS NAS TERRAS DE LEMOS E MAILO BOLO.

Máis lonxe polo oeste temos as festas de Monforte de Lemos, en honra da Virxe de Monserrat (11 ao 16 de agosto). En Espasantes celebran a Virxe dos Remedios (7 ao 9 de setembro). A Pobra de Brollón ten para o 27 de agosto a romaría de S. Vitorio na parroquia de de Saa. Outras festas neste concello de Pobra do Brollón son: Vilachá de Salvadur onde celebran a festa da Seitura do centeo (8 de agosto). barrio da Estación en Pobra de Brollón (19 de agosto), S. Bartolomé en Eixón (27 e 29 de agosto), Santa María de Saa (do 15 ao 16 de agosto), Santa Lucía en Abrente (do 5 ao 7 de setembro). Ramón en Salcedo (30 a 1 de setembro). A Pobra do Brollón celebra feiras os días 11 e 25 de cada mes, mentres que no barrio da Estación é o día 2.



  Na bisbarra do Bolo, preto da vila de Viana, nas aldeas de Punxeiro e Quintela do Pando celebran a festa da Malla (9 de agosto). Nas Ermidas festexan s. Roque. No concello da Veiga en Prada salientamos a romaría do Cristo da Ascensión (8 de agosto) de grande fervor popular na contorna. Outras festas da bisbarra son: Sta. María de Xares (18 de agosto), Santo Andrés de Requeixo (22 agosto), S. Roque de Castromao (16 agosto), As bagoas de S. Lorenzo  na Veiga (12 agosto), Santo Esteban de Prado (20 de agosto), S. Miguel de Carracedo (27 de agosto) e S. Lorenzo en S. Lorenzo (10 agosto). Viana do Bolo celebra xornadas de folclore local (11 ao 16 de agosto). O Bolo ten festas para A Asunción (15 agosto). A aldea de Xares, no concello da Veiga, celebra festas para o 18 e 19 de agosto. 
A REXIÓN DO BIERZO, AGOSTO DE 2015.  


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es