jueves, noviembre 19, 2020

TOPONIMIZAR O BIERZO OCIDENTAL.

 



TOPONIMIZAR O BIERZO OCIDENTAL.

Por Javier Lago Mestre.

Os medios de comunicación dan todo o protagonismo á localidade segregacionista de Fuente de Oliva. Mais os bercianos galegofalantes do ocidental rexional sempre temos recoñecido Fonte de Oliva (coa pronuncia Fonte doliva). Un novo exemplo de oficialidade idiomática castelá que non respeita o billingüismo tradicional e histórico do Bierzo.

                Hai unha dinámica castelanizadora secular que se reflicte na supresión progresiva da toponimia berciana. Acontece o mesmo con outros moitos topónimos. Son os casos dos veciños Cantexeira, Vilariños, As Ferrarías, Soutelo, etc.  Curioso resulta o caso da aldea de A Lagoa, coñecido algún tempo como Laguna de Castilla, todo un exemplo expansionismo pollítico de Castela. Resulta lóxico demandar o mantemento dos artígos galegos en A Faba,  O Cebreiro, A Barosa, A Valouta, A Somoza, etc.

                Outras localidades menores relaciónanse cos vilares medievais que tiveron a súa orixe en pequenas explotaciois agrarias. Son os casos de Vilar de Corraes (coa pronuncia en Corrais),  Viladepaos, Vilamaior, Vilasinde, Vilafeile, Vilarbón e demais. Localidades que xamais tiveron a categoría de Villas castelás.



                Non podemos entender o afán castelanizador de topónimos galegos como Vilaboa (con antigo mosteiro), Vilanova de Valboa, Ponte de Res (reguengo con Puente de Rey), Frieira (non Friera), Portela de Aguiar (xamais Aguilar), Perexe, Pobradura da Somoza (non Pobladura), Porcarizas (de porco berciano), Pieiros, Quilous, etc.

                 A nosa lingua galega do Bierzo está tamén presente na outra toponimia menor. Convén respeitar o val e mailo río Valcarce (non Valcarcer), a pena do Seo, as minas romanas da Leitosa, o Castro da Ventosa, Veigueliña etc. Velaí que a nosa orografía montañosa amosa portos, collados, serras, cordeis, coroas, etc. As explotacioes agrarias achegan agras, searas, bouzas, etc. Os espazos gandeiros con brañas, algueiras, cabanas, malladas, morteiras, etc. Son arboreos Teixeira, Noceda, Faixal de Busmaior, Soutogaioso, etc. As matoeiras teñen toixaes, carqueixaes, uceiros, etc.



                A toponimia galega está nas terras do chan berciano. A devesa do Fabeiro foi obxeto de desputas históricas entre a vila de Ponferrada e o mosteiro de Carracedo. Na contorna da capital berciana temos documentados Fontesnovas, Compostela, Quintela, etc. Incluso o topónimo Ponferrada non foi castelanizado. Porque a toponimia galega pode chegar moi lonxe, como en Foncebadón, non leonesizado.

                Por todo o dito, convén tomar progresiva conciencia do bilingüismo histórico da rexión do Bierzo. Temos a obriga de conservan en bo estado esta herdanza cultural. Porque necesitamos un compromiso interxeracional para transmitir este patrimonio cultural de todos. Non respeitar os topónimos tradicionais en galego significa colaborar na súa eliminación. Fuxamos de argumentar diversas imposicioes alleas (oficiais, legais…) porque somos responsables de protexer a nosa toponimia como parte da nosa cultura singular berciana. 


O BIERZO, 19 NOVEMBRO DE 2020.

WWW.OBIERZOCEIBE.BLOGSPOT.COM



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

sábado, noviembre 07, 2020

O NOSO REFRANEIRO DA REXIÓN BERCIANA.




O NOSO REFRANEIRO DA REXIÓN DO BIERZO,
polo coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

REFRAIS DO MES DE SETEMBRO:
“Pasada a Encina (8 de setembro), o inverno xa está enriba”.
“San Miguel (29 de setembro), ponme a alma no peso do ben”.
“Pola Encina, augas mil”
“En setembro, sembra e cobre” (cóbrase pola venda de froitos e de novo sementeira).

REFRAIS BERCIANOS DO MES DE OUTUBRO:
“Por San Simón (28 de outubro) quita os bois do timón”.
“Xa chega san Simón co seu varalón (vento forte)”.
“Polo San Lucas (18 de outubro) mata o teu porco e baña a túa cuba”.
“Hasme vir á cava, e einche dar da barbada (parte do cerdo)”
“Polo San Simón (28 de outubro), quita os bois do timón na montaña, que na ribeira non”.



REFRAIS DO MES DE NOVEMBRO:
“O mes de novembro é o mes de tres irmaus: mocos, tos e friu nas maos”.
“Polos Santos, neve nos altos e por S. Andrés (30 de novembro) na porta a verás” (primeiro a neve chega ás montañas e logo baixa de altitude ata os pobos).
“Se queres fino allo, seméntao por San Martiño (11 de novembro)”.
“Por San Andrés corderiños tres, e en Navidá calquera os terá”.
“A misa e mailo cocho unha vez ao ano” (sinal de anticlericanismo).
“Por San Andrés, o viño novo feito é” (chegada do viño).
“Polo San Martiño (11 de novembro) faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto”.
“Ben boa vida pasa o porco e máis dorme no cortello”.
“O que non mata porquín non ten lacón nin toucín”.
“Cocho matado, inverno solucionado” (a matanza dá alimento para os seguintes meses).
“En martes, nin a túa filla cases, nin o gocho mates”.
“Por S. Martiño, mata o pobre o seu cochín, e polo S. Andrés o rico os tres” (o rico recada os bens dos pobres).
“Por S. Andrés hai porcos gordos que vender”.
“O que mata polos Santos, en verán come cantos” (a premura da matanza non é boa).
“Ditoso mes, que entra cos Santos i sae con Santo Andrés”.
“Alegría, alégrote que anda o rabo da porca no pote”.
“Polo San Andrés (30 de novembro) mata o teu porco como o teis”.
“Por Sta. Catalina (25 de novembro) mata ó teu cochín”.



REFRANEIRO BERCIANO DE DECEMBRO.
“Santa Lucía (13 de decembro) saca da noite e mete no día”.
“Pola Santa Lucía mengua a noite e crece o día”.
“Teme máis á veciña, cá neve macelina”.
“Por S. Silvestre e Santa Coloma (31 de decembro), cando o mes de xaneiro asomaba”.
“Nadal o sualleiro, Pascuas o subeiro”
“San Silvestre (31 de decembro), co ano acabestre”
O BIERZO, NOVEMBRO DE 2020.
WWW.OBIERZOCEIBE.BLOGSPOT.COM 
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es