jueves, febrero 26, 2026

A EMIGRACIÓN DO BIERZO EN AMÉRICA.


libreríacajondesastre.com


A EMIGRACIÓN BERCIANA EN AMÉRICA,

Por Xabier Lago Mestre.

Son muitos os bercianos que emigran por razois académicas ou profesionais da nosa rexión. Feito que todos sentimos porque sabemos que alguis machan para non voltar. Agora ben, houbo nos séculos pasados outras emigraciois máis duras.  A fines do século XIX a enfermidade da filoxeira provocou a perda de milleiros de vides. Isto provocou a perda de traballo agrario e maila forzada emigración dos labregos viñateiros para América. Logo, na segunda metade do século XX, tivemos unha nova vaga de emigración para os centros industriais de España e de Europa, Alemaña, Franza, Suiza, etc.

            Nesta ocasión queremos falar da dita emigración para América por mor da leitura do libro Semillas de León en América (2024). Trátase dun estudo dos emigrantes leoneses en Hispanoamérica. Por suposto, a meirande parte do libro dá protagonismo á emigración leonesa. Agora ben, hai un apartado que fai fincapé nas referencias á emigración berciana. Resulta que nun principio os emigrantes organizáronse alén do océano por comunidades comarcais, casos de Sayago, Maragatería e O Bierzo. Esta organización dos bercianos de aló é descoñecida para a meirande parte dos bercianos de eiquí. Por iso imos pescudar nalgúns datos de interese.



            En Bos Aires os bercianos organízanse no chamado Centro Berciano a fines de 1914. Segundo o autor, Juan Alvarez Domínguez, hai muitas referencias na documentación á rexión do Bierzo, non así á comarca. Logo temos unha territorialidade clarexa na rexión. O autor teima que esta referencial rexional no es casual y respondería a una intencionalidad manifiesta de los redactores. Ademais, no libro dos Estatutos do Centro Berciano xorde como símbolo identitario o escudo da ponte de Ponferrada coroada.

            O dito autor relaciona este ativismo emigrante co bercianismo primario, como sentimento de arraigo coa terra nai, e nega unha reivindicación política porque non se menciona a provincia de Vilafranca. Abraiante resulta que o Juan Álvarez Domínguez tampouco nomee a provincia do Bierzo, creada en 1486, e presente ao longo da Idade Moderna. A historia sempre é utilizada segundo os intereses leonesistas. Nos Estatutos lemos amor a su patria y a su región, en clarexa competencia nominativa coa región leonesa. Recordemos que existía o Centro Región Leonesa e ámbolos dous utilizaban a denominación rexional para reafirmar a súa territorialidade respeitiva, nada de subordinación berciana.



            O Juan Álvarez Domínguez salienta la personalidad identitaria para con los que un porcentaje de los bercianos se definan (y se identifican). Todo o cal leva a procurar a diferenciación cos veciños. Ademais, o autor comenta que ámbolos Centros Leonés e Berciano son coetáneos, logo hai ánimo coletivo de separación das dúas organizaciois.

            O libro refírese aos intentos de unión entre os centros leonés e berciano (ano 1922). Todo semella indicar que houbo varias negociaciois mais foron negativas, arribándose a la conclusión de que no puede hacerse nada favorable por ser inadmisibles algunas condiciones (páx. 243). Posteriormente, retoman as negociaciois mais a delegación leonesa determina en vista de que nuestros delegados no merecen confianza (al parecer) a dicho centro (berciano), se dé, por terminado el asunto. Logo novo fracaso nun acordo final de unión, León sen O Bierzo. Por un informe da asemblea xeral leonesa, de 1923, sabemos o problema de entendemento cos bercianos, por desear condiciones inaceptables, tales como cambio de designación para nuestra asociación. Por mor doutro documento, concretamos esas demandas bercianas, cambia la denominación amplia y aunadora de Región leonesa. Lamentablemente las fusiones no tuvieron éxito. O Bierzo pretendía ter un recoñecemento da súa denominación e territorialidade.  



            Por suposto, co paso do tempo a existencia do Centro Berciano non foi doada. Os centros comarcais tiveron problemas para existir pola escaseza de socios, problemas de financiamento, consecución de locais e custo dos servizos prestados. Aínda así ben sabemos do esforzo do Centro Berciano para crear a escultura da Carrasca de Ponferrada, en homenaxe a Enique Gil y Carrasco (1926). Trala desaparición do Centro Berciano (1930) muitos bercianos pasaron a formar parte do Centro Región Leonesa. Na súa revista León xorden variadas e parciais informaciois sobre a nosa rexión. Un emigrante leonés en Arxentina, escribe nesa revista de 1934, sobre Ponferrada que otra diversidad de tipos que intercambiando en sus conversaciones muchas palabras en bable leonés, el primer idioma castellano, chocando abiertamente con el idioma actual. Abraia que ese leonés confunda o galego do Bierzo co seu bable. Mentres que o político republicano leonés, Félix Gordón Ordás, publica un libriño titulado La Región idiomática del Bierzo (1935) onde se recoñece o idioma galego.

Un aspecto curioso que o autor do comentado libro descoñece son as relaciois entre o Centro Berciano e a emigración galega. Temos numeros datos sobre os contactos entre bercianos e galego en Arxentina. A Agrupación instructiva de Frades organizou aos bercianos (xornal Correo de Galicia, 1926). O chamado grupo os Amigos do Bierzo aproveitan o xornal El Despetar Gallego (1926) como medio de comunicación cos seus asociados. Este xornal foi o medio de difusión da Federación de Sociedades Galegas que cede aos bercianos a súa sede na rúa Balta de Bos Aires. O Congreso da Federación de Sociedades Galegas (1927) aproba extender su obra cultural a la región berciana y que El Despertar Gallego gallego publique información de dicha región como de cualquier punto de Galicia. Tamén o xornal El Heraldo Gallego fixo a mesma política de promoción da Casa do Bierzo (1927).



Por suposto, dende os xornais de Galicia non faltaron os artigos sobre a territorialidade e lingua galegas. No Correo de Galicia lemos, tierras del Eo y del Bierzo hay 200.000 personas que hablan nuestra lingua gallega (1927). No mesmo xornal indícase, si rigiese en España una auténtica división en regiones naturales, el Bierzo sería nuestro, y de otras más aún (1928). Capital resulta o conflito comentado entre os Centros Berciano e Leonés fronte á axuda e achegamento aos emigrantes galegos por parte berciana.

O Bierzo, febrero de 2026.



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

jueves, febrero 12, 2026

PROPOSTAS GALEGUEIRAS PARA OS PARTIDOS POLÍTICOS ANTE O 15M

libreriacajondesastre.com 


PROPUESTAS CULTURALES

PARA LOS PARTIDOS POLÍTICOS,

del colectivo Fala Ceibe do Bierzo.

 De cara a las elecciones autonómicas del 15 de marzo el colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo quiere hacer unas propuestas a los diversos partidos políticos sobre la cultura de esta región. Estas propuestas se relacionan básicamente con la defensa de la cultura y la lengua gallegas de El Bierzo.

1.       REFORMA DE LA LEY DE LA COMARCA DE EL BIERZO.

·         Ante la conmemoración del 35 aniversario de la aprobación del a Ley de la Comarca, resulta de interés reformar el actual texto legal para favorecer los intereses culturales bercianos.

·         Modificar  la referencia actual al gallego, artículo 1.4, para favorecer el uso administrativo del gallego (documentación bilingüe, web bilingüe, publicidad institucional, etc). 

·         Creación del Servicio lingüístico comarcal para promocionar el uso administrativo del gallego en Consejo Comacal, municipios y pedanías (campañas conciencición, tradución, toponimia, etc).

·         Reconocer en el articulado la posibilidade de acción exterior del Consejo Comarcal para poder establecer convenios de colaboración con instituciones de Galicia (Xunta, Deputacións, universidades, etc) para a promoción del galego en El Bierzo.



·         Reconocer entre la competencias propias del Consejo Comarcal (art. 4) la de museos y archivos. El Bierzo necesita un museo con un archivo comarcal para recoger todo el patrimonio cultural gallego hoy disperso (oral y escrito). Desde este centro comarcal se podrá fomentar la investigación de la cultura gallega (filológica, histórica, etnográfica…)

·         Traspaso de las competencias en materia de Cultura al Consejo Comarcal que actualmente poseen la Diputación leonesa y la Junta de Castilla y León. No se entiende que esas instituciones foráneas ejecuten políticas lingüísticas sobre el gallego cuando desconocen este idioma de El Bierzo.

·         Reconocimiento en la Ley de la Comarca de la iniciativa legislativa para el Consejo Comarcal como ya tienen los ayuntamientos por Ley autonómica 4/2001. Recordemos que en Catalunya a comarcas y Val d´Arán si tienen esta iniciativa legislativa. Necesitamos del reconocimiento del derecho a hacer proposiciones de ley en las Cortes de Castilla y León que favorezcan los intereses bercianos en materia de cultura y lengua gallegas, por razón de la singularidad idiomática que tenemos desde la Edad Media.



2.       REFORMA DEL ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE CASTILLA Y LEÓN.

·         Reconocimiento legal del gallego como idioma oficial de Castilla y León.

·         En el artículo referido al gallego (art. 5.3) mencionar expresamente la vinculación de este idioma con territorio de El Bierzo.

3.       APROBACIÓN DE LA LEY DE LENGUAS DE CASTILLA Y LEÓN.

·         Se trata de proteger legalmente las tres lenguas minoritarias, a saber, gallego, leonés y eusquera de Burgos.

·         Reconocimiento de derechos lingüísticos para los hablantes de las dichas tres lenguas (enseñanza, uso administrtivo, toponimia, medios de comunicación, etc.

·         Uso parcial de las tres lenguas en las Cortes de Castilla y León.

·         Establecer un Consejo de lenguas de Castilla y León compuesto por representantes de dichos tres idiomas para formular as medidas a ejecutar. 



4.       REFORMA DE LA LEY DEL RÉGIMEN LOCAL DE CASTILLA Y LEÓN.

·         Modificar el artículo que determina que los nombres de los municipios deberán ser en lengua castellana (24.1).

·         Reconocimiento expreso del uso parcial del idioma gallego en los entes locales (Consejo Comarcal, municipios y pedanías)



5.       GOBIERNO JUNTA DE CASTILLA Y LEÓN.

·         Establecimiento, por vía reglamentaria, que los centros escolares de El Bierzo occidental  oferten de forma obligatoria la materia de gallego y que sea voluntaria la elección para su alumnado. Que no haya restricciones de falta de alumnado o profesorado para impartir el gallego. Que se facilite la continuidad en el estudio del gallego a su alunmado en los sucesivos niveles educativos.

 

O Bierzo, febreiro de 2026.

falaceibe@yahoo.es

www.obierzoceibe.blogspot.com



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

lunes, febrero 09, 2026

ESE FORO DO MANZANAL DE ALÉN


libreriacajondesastre.com


ESE FORO DO MANZANAL DE ALÉN,

Por Xabier Lago Mestre.

Chegan as eleciois do 15M!. O leonesismo político tan dividido toma posiciois na nosa rexión. Os do Lexit presentan o seu proxeto de división en dous distritos, Ponferrada e León. Un novo Foro do Manzanal fai un xantar en Canedo e debate sobre as malas relaciois do Bierzo con León. Todos revoltos na difusión do leonesismo e na procura do voto político. Nada novo por parte dos que prometen ouro dende o máis aló do Foncebadón.

                Naceu o Foro do Manzanal. Tiveron xuntanza en Canedo ás agachadas. Ninguén se enterou da súa presenza salvo polo seu comunicado resolutivo. Por suposto, os bercianos non temos sido convidados, ben, quizais dous dos seus afins. Mais pasaron dos bercianistas e galeguistas, nada de nada que somos muito perigosos para o seu relato leonesista. Eles viñeron, xantaron boa comida do Bierzo e fixeron un escrito para os medios de comunicación. Tal como viñeron, silandeiros, marcharon para a chaira leonesa. Non houbo tempo nin para a foto oficial dos escasos participantes. Un traballo ben feito!. Entre os asistentes un representante do Instituto leonés de cultura, da conselleria gobernada pola Upl na Deputación. Como din eles, todo mui apolítico, xa!.



                Vaiamos co contido dese comunicado final. Segundo nos contan, o obxetivo da xuntanza leonesista foi “frenar las dinámicas de división interna que debilitan a la provincia”. Comprobamos que son conscientes das diferenzas entre León e O Bierzo. Pois clarexo que hai diverxencias entre ámbolos dous territorios. Son históricas coa queixa polo centralismo capitalino (fiscalidade, xustiza, ensinanza, recrutamentos…), a demanda de autonomía berciana, a reclamación provincialista, nosa simboloxía diferencial (bandeira Cruceira), a forte conciencia bercianista social, presenza da lingua galega, etc.

Agora ben, eses foreiros falan dunha “división artificial” e que rexeitan ese “Bierzo versus León”. Mellor farían en entender a rexión do Bierzo e non devaluala continuamente. Isto pasa de sempre, a provincia de Vilafranca foi breve para eles, mais pasan da provincia anterior creada polos Reis Católicos en 1486 e que durou toda a Idade Moderna. Recordamos ben como criticaron a creación da Comarca do Bierzo en 1991 porque ameazaba a unidade territorial de León. Outro tanto acontecera co recoñecemento legal do idioma galego  (2007)  tan criticado polo leonesismo até hoxe. Ben que escribiron contra o colonialismo cultural, a oficialidade lingüística, o ensino do galego, a sinalización bilingüe, etc. Tolerías a esgalla!.



Para evitar as dinámicas de rachar a provincia leonesa, dos presuntos ataques de certos grupos bercianos, eles propoñen varias medidas. Por exemplo, “reforzar las señas de identidad compartidas, como la historia, los pendones o la estructura en juntas vecinales”. Está clarexo? Si, mirar máis pola historia común, caso do vello e manipulado reino de León, cuns reis sempre bos gobernantes e mellores cos seus vasalos. Iso si, pasar do provincialismo histórico berciano que sempre pretende rachar coa presunta unión leonesista. E que poden dicir do idioma galego, pois nada bo, porque divide aos leoneses lingüísticamente.  Iso si, os cartos da Deputación para restaurar pendois e as migallas da subvención anual para o galego do Bierzo.  Asunto pechado!.

Outra boa idea destes foreiros, recuperar a festa das comarcas leonesas. Vaia, agora apostan polas comarcas. Estas só contan cando editan os folletos turísticos. Hai un “Museo de los pueblos leoneses”, en Mansilla de las Mulas, que algún político tivo a idea de iso, mencionar os “pueblos” e non as comarcas. Daquela, debía de estar mal mirado políticamente ese recoñecemento comarcalista. Iso si, na presentación da web do dito museo lemos, “custodio de la cultura tradicional de las comarcas leonesas”. Para eles as comarcas non pasan da diversidade territorial (paisaxe) e do puro folclorismo, concretado nun traxe, unha canción, unha fala local e pouco máis.



Agora ben, no fondo saben que O Bierzo é máis ca unha comarca. Trátase dunha Comarca legal con recoñecemento político baseándose na tradición institucional, o provincialismo berciano histórico. Isto para os ditos foreiros é muito difícil de asimilar polo leonesismo. Eles teiman en que é unha comarca máis das variadas leonesas. Isto non casa co que pensamos os bercianos nin co dito recoñecemento xurídico. Todo semella indicar que hai dúas realidades territoriais e políticas, O Bierzo e León, e así ten sido na historia moderna.

Os ditos foreiros ameazan coa vindeira xuntanza que terá lugar en Montealegre. No lindeiro entre O Bierzo e León, ben alonxado para que vaian os catro gatos amigos. O impotante é elixir un bo lugar onde xantar. De seguro que tralo viño berciano sairá un mellor comunicado final.  Dos novos debates pouco podemos agardar cando tan mal comezaron en Canedo. En fin, estes foreiros son os que van unir a provincia leonesa. Non sei, todo isto soa a cando os leonesistas criticaron a Fundación Villalar por manipuladora da historia e da conciencia rexional, agora temos que aturar coa propaganda deste novo Foro do Manzanal cazurreiro.

O Bierzo, febreiro de 2026.



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

jueves, febrero 05, 2026

OUTRA TERRITORIALIDADE LEONESA COA REXIÓN DO BIERZO


LIBRERIACAJONDESASTRE.COM 

OUTRA TERRITORIALIDADE LEONESA CO BIERZO,

Por Xabier Lago Mestre.

Ultimamente as relaciois entre O Bierzo e León non son boas. Recordamos o centralismo da Universidade de León ou os mangoneos da Upl coa xestora comarcal. E faltan as propostas  aloucadas dos partidos leonesistas co Bierzo ante as eleciois autonómicas do 15M. Hoxe queremos deternos nun novo estudo a prol do Lexit que en 2026 semella máis a procura de votos que outra cousa. Por suposto, só imos pescudar no que se refire á nosa rexión. Por iso interésanos a súa peculiar ordenación territorial.

                Os autores dese estudo proLexit apostan pola autonomía para a provincia de León, sen embargo outros polo o seu país leonés (triprovincial), os menos pola unión con Asturias, como o alcalde de León. Vaia mestura de territorios leoneses sen xeito! Cadaquén polo seu!. Tamén describen que hai 60 comarcas en León, case que nada!. Alguis non paran de debuxar comarcas naturais nos seus vellos mapas. A cousa está en dividir para non clarexar nada. No fondo pasan das comarcas máis aló do folleto turístico. A realidade é que só hai unha Comarca legal e política nese territorio leonés que ninguén cuestiona hoxe, O Bierzo.



                Seguimos coa ordenación territorial porque fixan dúas grandes áreas de influenza: León e Ponferrada. Todo isto soa muito a aquelas unidades funcionais da Junta de Castela e León que fracasaron. Dinnos agora áreas d influencia urbana de dúas grandes cidades que compiten entre elas polos seus espazos de dependencia (administrativa, comercial, comunicaciois…). Resulta curioso que digan áreas para fuxir e outras denominaciois máis políticas (distritos, comarcas, provincias, etc). A Comarca do Bierzo é perigosa aínda para o leonesismo porque pretende máis autonomía política, e quen sabe se evolucionará á segregación coa recuperación da provincia histórica. Ademais, teiman en Ponferrada e desprezan a denominación histórica do Bierzo. Todo un exemplo de irrespeito territorial cara a nós.

                O leonesismo fundamenta a súa singular autonomía territorial no antigo reino de León. Agora ben, O Bierzo non pode demandar a súa autonomía baseándose no provincialismo histórico, coas dúas provincias de 1486 e 1821. Xa se sabe, crean un relato político leonesista, claramente medievalista, e devalúan o historicismo berciano porque cuestiona a súa unidade territorial. Ademais, segundo eles, a futura comunidade autónoma de León (Lexit) é posible, mentres a provincia do Bierzo é imposible. Parcialidade a tope!.



                Voltamos ao dito estudo leonesista que di favorecer a descentralización, só en León e Ponferrada. Para isto, un reparto equitativo, a presenza do executivo para León e a vicepresidencia en Ponferrada. Ofrecen máis aínda, 6 consellerías para León e 3 para O Bierzo, que xenerosos!. Que dirán disto en Astorga e La Bañeza?. Asemade, de agasallo prometen manter o Consello Comarcal do Bierzo, a institución que tanto critican agora por ineficacia. Esta estratexia foránea é para calar bocas reivindicativas. Engaden un financiamento proporcional para ás dúas áreas susoditas.  A cantidade proposta para O Bierzo será de 750 millois, quen dá máis para conquerir agarimos!.

                Isto non queda así. Cando se ofrece ao Bierzo hai que facer o máis. A área de Ponferrada abrangue Laciana e A Cabreira contan eles. Non sei se saben os autores que Villablino ten aprobada unha resolución a prol do recoñecemento da súa demarcación territorial propia ante a Deputación de León e a comarca ante a Junta de Castela e León (febreiro 2026). Saberán os lacianiegos que o leonesismo pretende agora a súa inclusión na área de Ponferrada?. Logo os proLexit pasan de Laciana ante a súa oferta pechada de inclusión no Bierzo. Non sei se coñecen que A Somoza maragata estivo na provincia do Bierzo durante a Idade Moderna. Así pois, quizais deberan ceder tamén ao Bierzo a dita Somoza de Lucillo. Porque as negociaciois territoriais comezan dun xeito e non se sabe como rematan, verdade?. Como vemos ceden territorios leoneses (Laciana e A Cabreira), todo sexa por debilitar as polémicas provincialistas do Bierzo contra do Lexit. Con esas dúas comarcas silandeiras só intentan vender fume, mercar vontades políticas  e atopar novos votos na rexión rebelde. 



                De remate, todo sexa por devaluar a reivindicación provincialista do Bierzo, sempre presente a nivel social e político. O leonesismo ten unha base historicista clarexa no seu vello reino medieval. Agora toca reclamar a raíña Urraca e antes o berce do parlamentarismo. A historia ten muitos fundamentos para soster a reclamación da Comunidade autónoma leonesa, sexa uniprovincial, biprovincial ou triprovincial. Vaia leria de territorios!. Agora ben, como non queren saber nada desa perigosa provincia do Bierzo, negan noso provincialismo histórico. Non quixeron aprender nada dos libros editados no Bicentenario da provincia de Vilafranca (2021). Quizais sexa porque para eles a historia medieval leonesa é primorcial e a historia provincial do Bierzo resulta secundaria. Ademais os proLexit están convencidos de acadar a súa comunidade autónoma algún día, mais negan que O Bierzo poida recuperar a súa provincia histórica polos longos trámites parlamentarios. Está clarexo! A política leonesa é mui doada para os intereses propios, e tan revirada para os conseguir os intereses foráneos, os bercianos.

O Bierzo, febreiro de 2026.




http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es