jueves, junio 18, 2026

25 CABODEANO DO ENSINO DO GALEGO NA REXIÓN DO BIERZO

LIBRERÍACAJONDESASTRE.COM 



25 CABODEANO DO ENSINO DO GALEGO NO BIERZO,

Por Xabier Lago Mestre.

Estase a celebrar o 25 cabodeano do ensino do galego no centros escolares da rexión do Bierzo e A Seabra. Pois ben, por mor disto vai haber cinema galego en diversas localidades que ofertan estudos de galego hoxe. Este acontecemento cinematográfico é un xeito máis de prestixiar o noso idioma tradicional entre a cidadanía. Os bercianos ben orgullosos estamos de promocionar o galego, dende o comezo deste século XXI, no ensino regrado. Miles de alunos e alunas teñen aprendido noso idioma de xeito voluntario. De seguro que todos eles están ben fachendosos de saber este outro idioma do Bierzo. Lingua que muitos herdamos dos nosos antergos (avós e pais) e outros máis quixeron coñecer (neofalantes) por diversas motivaciois, educativas, profesionais, lecer, bilingüísmo, etc.

                Convén recordar agora aquelas décadas de reivindicacióon polo ensino do galego no Bierzo. Primeiro foi fundamental a presión social de profes, pais e alunado, ademais dos grupos culturais galeguistas. Segundo a intervención política nas súas instituciois. A Comisión de Cultura do Congreso aprobou unha resolución a prol do ensino do galego no Bierzo (1997). Non obstante, houbo que agardar ao recoñecemento do galego no Estatuto de Autonomía de Castela e León (1998) para admitir expresamente o galego como lingua desta Comunidade Autónoma (artigo 5.3). Este recoñecemento legal do galego serve de proteción xurídica ante calquera intento político de atacar noso idioma rexional. Posteriormente a Comisión de educación das Cortes autonómicas aprobou outra resolución a prol do ensino do galego. Este novo mandato político impuxo á Junta de CeL a execución do ensino galego. Tamén se asinaron varios convenios entre Xunta e Junta (anos 2001 e 2006) para facilitar medios persoais, materiais e presupostarios para o ensino do galego.



                Sen embargo, houbo problemas dende o inicio para a execución do ensino do galego no Bierzo. Velaí as queixas populares ante o Procurador do Común de CeL. Entre elas a falta de oferta de galego en concretos centros (A Veiga do Valcarce, Quilous, Fabeiro, Carracedelo…), non publicidade institucional, incumprimento da obriga de oferta de galego en tódolos colexios do Bierzo ocidental, incluida a uniLeón, non continuidade dos estudos de galego nos niveis superiores nun mesmo centro, malos horarios de ensino, non aceitar a demanda de galego no insti de Fontesnovas, etc. Dende logo que por todo iso a Consejería de Educación segue sen dar facilidades para o ensino do galego. 

                Da dita reivindicación lingüística o máis difícil foi aturar cos ataques antibercianos que viñeron dende León. Nos xornais en papel desas décadas de finais de século XX xurdiron artigos contrarios ao galego con diversas motivaciois. Uns referíanse á colonización cultural foránea, outros á imposición lingüística, tamén á falta de funcionalidade do galego fronte ao castelao, e incluso a que O Bierzo era de León e non de Galicia. De seguro que os autores deses artigos antigos xa non se amosan orgullosos do que escribiron daquela. O leonesismo político tamén fixo dás súas. Así pediron a supresión do galego no Estatuto de Autonomía de Castela e León ou non pagar aos profesores de galego con cartos da Consellería de Educación da Junta de Cel (ano 2005). Curioso que ante o desinterese xeneralizado polo seu idioma leonés atacasen con tanta saña o galego do Bierzo. Unha mostra máis da súa incapacidade para recuperar o seu estragado leonés co axeitado consenso social.



                Tema chave na recuperación do galego no Bierzo é a funcionalidade do idioma. Asñi acontece coas posibilidades de estudalo e usalo nas tres universidades galegas, onde muitos bercianos acuden ante o centralismo da universidade de León. Ademais, sabendo galego podes atopar traballo, público ou privado, en Galicia, na Xunta, a Xustiza, o Sergas, universidades, concellos, deputaciois, etc. O galego ofrece opotunidades de lecer, cinema, teatro, literatura, redes sociais, música, etc. O seguimento dos medios de comunicación de Galicia (TVG, radios, xornais, dixitais, etc son outra oportunidade atualizada do galego de hoxe. Temos a grande posibilidade de futuro que permite a aprendizaxe do portugués, do cal só se diferenza por pequenas características (grafía, fonética e léxico). Toda esta diversa funcionalidade do galego do Bierzo ben supera ao veciño leonés que non ergue cabeza.

                Resulta salientable ver como aquela inicial resistencia de certas persoas contra o ensino do galego xa hai tempo que decaeu. Houbo políticos antigalegos máis aló do Manzanal, mais tamén excépticos locais que non entendían a postura reivindicativa. Por suposto políticos que non falaban galego nin deixaban falalo nas instituciois locais. Outros defendían ese chamado dialeto berciano, mestura de varias linguas, que non falan, entre eles, filólogos que só recompilan vocabulario tradicional. Outros inteletuais seguen sen aproveitar as oportunidades do galego do Bierzo, salvo cando hai posibilidade de facer unha tradución ao galego da súa obra en castelao para tirar unhs cartiños de máis. Todos eles non saben dos beneficios do bilingüismo que ofrece a nosa rexión dende a Idade Media. Quizais algún día destes xa non cavilen igual porque os tempos son chegados para a mudanza contracultural do galego no Bierzo.       

O Bierzo, xuño d 2026.



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

viernes, junio 05, 2026

O BIERZO NO ENCAIXE COMARCAL NON

libro EL BIERZO PROVINCIAL.
WWW.LIBRERIACAJONDESASTRE.COM  



O BIERZO NO ENCAIXE COMARCAL,

Por Xabier Lago Mestre.

Os preocupados pola situación do medio rural debaten sobre a viabilidade da comarcalización da provincia de León. Nada novo achegan esas iniciativas de xeógrafos porque os políticos non teñen interese ningún en principiar debates territoriais que provocan confrontaciois sen xeito e están condenados ao fracaso como os anteriores. Dá igual que sexan partidos de esquerda ou de dereita, a comarcalización xa non xorde nin no formalismo dos seus programas eleitorais.

                Os xeógrafos de León seguen a apostar pola comarcalización. Por suposto non o teñen clarexo. As comarcas rurais que eles chaman naturais, nas montañas de pechados vales norteños nin na chaira de infindos lindeiros. En fin, un grave problema para a súa delimitación territorial e para comarcas cada vez máis pequenas e rurais pola súa progresiva despoboación. Xa nin as vilas resisten a desfeita do centralismo urbano. Este negativo proceso tamén ten lugar en Castela, Galicia, Aragón e Castela A Mancha. A isto contribúen as políticas públicas (ensino, sanidade, comunicaciois, internet, etc) que se concentran nas grandes cidades. Ademais están as políticas internacionais de prezos agrarios, gandeiros e forestais que curtan o desenvolvemento do medio rural peninsular.



                Semella que os xeógrafos de León restan protagonismo ás ditas políticas autonómicas e internacionais. Só se preocupan pola delimitación das comarcas rurais. Velaí o seu interese por salientar as comarcas de Ancares ou A Cabreira como diferentes do Bierzo. E polo norte cuestionan a integración de Páramo e Palacios no Consello comarcal. Mellor farían en valorar a existencia dunha ampla rexión Sileste onde varias comarcas se relacionan secularmente, a saber, Laciana, O Bierzo, A Cabreira e Valdeorras. No século XXI habería que reforzar a políticas públicas nesta rexión periférica. Reparamos nas comunicaciois por estrada con Laciana e Valdeorras, e as ferroviarias (Ponfeblino e Brañuelas). Por suposto, grandes infraestruturas públicas que necesitan de investimentos estatais e autonómicos con datas concretas.

Dende León saben da problemática territorial do Bierzo para a súa provincia ou a hipotética comunidade autónoma. Por iso uns defenden a comarca do Bierzo, outros propoñen dous distritos urbanos xuntos (León e Ponferrada), e os leonesistas falan incluso de conceder a nova provincia, iso si, depois de acadar eles a súa previa comunidade autónoma. Todo isto semella unha grande confusión para inserir O Bierzo en León. Os xeógrafos, preocupados pola delimitación comarcal, pasan do perigoso debate sobre o contido competencial diferenciado. Os defendores dos ditos distritos teiman na importancia das dúas cidades que compiten pola hexemonía nos seus ámbolos territorios. E mailos partidos leonesistas asumen xa a provincia do Bierzo mais a postergan até eles conseguir a súa autonomía. Así entenden eles un Bierzo ben subordinado a León centralista.



Convén que os de fóra entendan que O Bierzo ten unha problemática teritorial específica mui alonxada das súas pequemas comarcas rurais. Posuímos una conciencia territorial coletiva mui forte e unha memoria histórica provincialista. Esta fundamentada nas provincias da Idade Moderna (séculos XVI ao XVIII) e na liberal de Vilafranca (s. XIX). Así como os leonesista louvan a restauracion do seu vello reino medieval, dende O Bierzo xamais deixaremo de reclamar a volta da nosa suprimida provincia. Malo é crer que hai dereito ao Lexit e non ao noso Bierxit. Porque dende o oeste do Manzanal cavilamos en que hai un deber resistente fronte a ese León tan centralista. Velaí o recente exemplo da nova carreira de Medicina que se cursará todo no campus lonxano, e que ameaza o mantemento de médicos no hospital do Bierzo por non poder dar clases universitarias eiquí. Mentres tanto o campus de Ponferrada sobrevive con menos de 1.000 alunos por mor das migallas que nos ofrece a UniLeón. Que non morra xamais o berro Ceibes!.

O Bierzo, xuño de 2026



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es