jueves, enero 31, 2013

CURSO DE LINGUA GALEGO-BERCIANA 7



CURSO DE LINGUA GALEGO-BERCIANA 7.
por Xabier Lago Mestre,
do colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo
falaceib@yahoo.es

ADVERBIOS TEMPORALES GALEGOS.
HOXE NON VOU A CLASE DE GALEGO PORQUE ESTOU ENFERMO, hoy no voy a clase de gallego porque estoy enfermo.
ONTE ESTIVEN NO PARTIDO DA DEPORTIVA PONFERRADINA, ayer estuve en el partido de la deportiva ponferradina.
MAÑÁ IREMOS DE VIAXE PARA A CORUÑA, mañana iremos de viaje a Coruña.
DESPOIS NON ESTAREMOS NESTA CASA AGARDANDO, después no estaremos en esta casa esperando.
DE SEGUIDO PÓÑOME A ESTUDAR A MATERIA DE LINGUA,  a continuación me pongo a estudiar la materia de lengua.
A MIÚDO VEMOS A TVG PORQUE NOS GUSTA,  a menudo vemos la tvg porque nos gusta.
A CADA POUCO VEXO A MARÍA NA VENTÁ, a cada rato veo a María en la ventana.
HOGANO PENSO APROBAR A OPOSICIÓN, este año pienso aprobar la oposición.



COPRETÉRITO DO VERBO VARRER
EU VARRÍA O CORREDOR DA CASA DE PERANZAIS, yo barría el pasillo de la casa de Peranzais.
TI VARRÍAS NA PORTA DA IGREXA, tú barrías en la puerta de la iglesia.
ELA VARRÍA SEMPRE A ESCALEIRA, ella barría siempre la escalera.
NOSOUTROS VARRIAMOS AS RÚAS DE PIEIROS, nosotros barríamos las calles de Pieiros.
VÓS VARRIADES AS FOLLAS DO XARDÍN, vosotros barríais las hojas del jardín.
ELAS VARRÍAN A ESCOLA DA PONTE DE DOMINGO FLÓREZ, ellas barrían la escuela de A Ponte de Domingo Flórez.



VOCABULARIO DIALECTAL EN GALEGO-BERCIANO,
DEBULLAR, desgranar el maíz.
DEITARSE, acostarse.
CHAFALLADA, hacer una cosa de mala forma.
CHAFALLEIRO, se aplica a la persona que hace mal sus acciones.
CHAN, CHAO, CHANO, espacio orográfico llano.
CERULLO, excremento.
CHAMIZO, casa vieja en muy mal estado de conservación.
CHAMBARIZO, caseto para guardar leña, frutos vegetales  o animales.
CHAGUACEIRO, terreno pantanoso en donde brota agua con mucha facilidad.
CHAMBRA, prenda de mujer.
CHAPUCAR, salpicar con agua sucia.
CHACRO, hongo que se encuentra en tronco de castaños, obstruyendo la circulación de la savia.




O BIERZO, XANEIRO DE 2013.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

martes, enero 22, 2013

CONTORNA DO MONTE PAXARIEL DE PONFERRADA


CONTORNA DO MONTE PAXARIEL DE PONFERRADA
TRALA DESFEITA DO DERRADEIRO LUME FORESTAL,
polo Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.

AS ZONAS QUEIMADAS DO MONTE PAXARIEL SALIENTAN AS FERIDAS ENTRE O RESTO DO PIÑEIRO DE REPOBOACIÓN.


POR SORTE, A NATUREZA VAI RECUPERANDO A VIDA VEXETAL PASENIÑO.



VERGOÑA DANOS VER ESTES CASTIÑEIROS MORTOS POLO LUME DO MALFEITOR PIRÓMANO DO VERÁN PASADO.


AS NÉBOAS INVERNAIS TRAERÁN DE NOVO VIDA AO NOSO MONTE PAXARIEL GRAZAS Á HUMIDADE


http://sites.google.com/site/obierzoxa
http://www.facebook.com/xabierlagomestre
 www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

FOTOS DA NEVARADA EN PONFERRADA HOXE.



FOTOGRAFÍAS DA NEVARADA NA CIDADE DE PONFERRADA,
polo colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es


A zona vella da cidade de Ponferrada anda moi fermosiña coa manchea de neve.


O noso castelo salienta entre as neves coma nunca.


A neve non deixa de estar presente en toda a rexión berciana coma nas Médulas




http://sites.google.com/site/obierzoxa
http://www.facebook.com/xabierlagomestre
 www.twitter.com/obierzoxa
http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

sábado, enero 19, 2013

RODANILLO, UN POBO DO BIERZO ALTO.



RODANILLO, UN POBO DO BIERZO ALTO, 
polo colectivo Fala Ceibe do Bierzo,

Temos hoxe outro libro sobre a historia local dos nosos pobos bercianos. Neste caso “Rodanillo, un pueblo del Bierzo Alto-León”, de Benito González González. Comezamos  facendo mención ao texto medieval máis antigo (1170) contén a referencia a Rodanillo: “quam in pratis, tan in hominibus, quam in terris cultis et incultis, quam etiam in aliis habeo, vel habere debeo in territorio Boetiae, locis certis, in Palatio de Rivo, in Congusto, et in Lampseyros, et in Coberana, in Rodanelo (…)”. Dita doazón real de Fernando II ao Bispado de Astorga inclúe toponimia que recorda moito ao romance galego.

Máis adiante no tempo, tralo salto ata o ano 1514, descubrimos a intención dos concellos de Cobrana e Losada por deixar de depender xuridicionalmente do señorío de Bembibre.  A sentenza da Real Chancelería de Valladolid determina a suxeción do poder señorial bembibrés, “E que a jurediçion civil de los dichos lugares e sus términos la use e exerçe los dichos Marqués e las justicias que tovieren en los dichos lugares de Cobrana e Losada e sus términos. Excebto que los escribanos de la dicha villa de Bembibre pueda dar fe en las cosas e casos civiles en los dichos logares de Cobrana e Losada e sus términos cada e quando que en ellos se hallaren (…)” (paxina 35). Na mesma resolución xudicial imponse aos viciños bercianos a obriga de reparar a cerca da vila de Bembibre, “Otrosy debemos mandar e mandamos que los dichos concejos de Cobrana e Losada reparen la cerca de la ciha villa de Bembibre, e fagan los tapiales en ella que son obligados a hazer, cada e quando el dicho Conde e la dicha villae sus justicias lo mandaren fazer a los otros lugares que son obligados a fazer (…)”.



O seu autor analiza tamén os conflitos do concello que achegan moita información sobre as relaciois internas (pecheiros-fidalgos por evitar o pago de impostos, aloxamento de soldados ou achega de bagaxes no século XVIII). Outros preitos importantes foron con Santa Marina del Sil pola explotación da devesa de Castañedo. Importancia tivo a desamortización dos bens colectivos, propios do pobo, tamén do convento de Santa María Magdalena de Cerezal, o convento de Ntra Sra. Da Peña ou mosteiro de Santo Andrés de Espiñareda. Nesta dinámica desamortizadora xorden tamén os bens de confrarías e capellanías.

Tamén pescuda no estudo do poder relixioso do pobo de Rodanillo, nos capítulos da parroquia e maila iglesia. Fíxase especialmente nos ingresos da parroquia (diezmos, tercias reais, noveno decimal), os libros de fábrica cos seus foros, rentas, primicias, dereitos de sepultura, dereito de pisos das confrarías e outros. Segue coas esculturas veneradas e as ermidas. Paramos nun novo apartado que se refire aos testamentos, as mandas, o velatorio e os enterramentos. O poder eclesial non tivo relaciois amigables cos seus fregueses. Benito fai un percorrido polos procesos eclesiásticos por diversos motivos (fundación dunha dotación para orfos, deslinde de térmos ou o preito do pozo do concello no século XVIII). Remata o capítulo relixioso coas confrarías das Ánimas e do Santísimo.



Outros temas analizados son: os pendois, as guerras dos nosos avós, os apelidos do pobo con material fotográfico das familias, os bens propios e comunais (os quiñois e a súa venda), urbanismo dende o punto de vista das casas singulares e mailos lagares, os términos divisorios, os carreteriros de Rodanillo, o abastecemento da auga (con especial atención ao regueiro de primavera que facían os viciños mediante facedeira, ou os pozos do concello),. Como anexos xorden o vocabulario local ou os nomes das paraxes de Rodanillo.

O Bierzo, xaneiro de 2013.


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

lunes, enero 14, 2013



MEMORIA DA ALDEA BERCIANA DE MATALAVILLA,
Po rFALA CEIBE DO BIERZO.
falaceibe@yahoo.es

Por sorte para todos e todas temos varios libros que pescudan na historia local a través da descoñecida microhistoria.  Neste caso temos Matalavilla, memoria de una aldea leonesa, dos autores Adolfo Fernández Pérez e Ovidio García Fernández. Esta aldea pertence ao concello histórico de Palacios do Sil, e para nós berciano por pertencer ao actual Consello Comarcal do Bierzo.

Comeza o seu amplo texto analizando o releve, o clima,a vexetación  e maila fauna, así como a súa situación viaria a través dos seus carreiros (roderas ou camíns carreteiros) e contorna  hidrolóxica, cos seus regatos que abastecen guertos e chinares (liñares). Os regatos son aproveitados tamén con baldadas de madeiras e paredois de pedra.



Segue o libro co capítulo titulado” La agricultura tradicional al borde de la crisis”. Entramos así na lectura sobre a explotación do terrádego, coa rotación de cultivos no secano, ou as posibilidades do regadío cos liñares. Segue co ciclo productivo (sembra, recolección do centeo, o acarreo, salientado o outono como xeira de froitos.

A explotacións dos prados e o monte comunal tiñan unha importancia destacable para a economía campesiña. Incluso se ten en conta a trashumancia gandeira da montaña, para iso as cabanas e brañeiros. Sistemas secundarios do sistema productivo eran: a caza e maila pesca, a mata do gocho, os cortíns contra os osos, os artesanos, a rebusca de froitos.

A COMUNIDADE DE VICIÑOS DE MATALAVILLA.
O apartado “Vivir en comunidad” resulta dos máis interesantes. A asamblea de viciños, chamado concechu, procura regular a vida da comunidade agrogandeira. Ben analizados o chamado ordenamento da auga, a organización gandeira, as veceiras de cabras e ovellas, o agarre de touros, as facendeiras comunais, os muiños de uso público, para rematar co xogo de bolos.



Novo capítulo é a “Estructura social e familiar” co estudo do igualitarismo comunitario, a muller, a importancia familiar na transmisión educativa e cultural (cancióis, refráns, contos…). A seguir, os ritos de paso do ciclo vital, co nacemento, o bautizo, a escola, a mocería no seu aspecto sexual, a soltería, o noviazgo e mailo matrimonio. A norte, co seu rito funenario na montaña,  e o culto ás ánimas. O ciclo festivo resalta os seus apectos sociais e relixiosos.

De anexo, un vocabulario local moi interesante, de seu ástur-leonés, ademáis do refraneiro e contos, rematando cos xogos antigos. Neste tipo de estudos non pode faltar o correspondente e necesario arquivo fotográfico que recuperan recordos ante os nosos ollos abraiantes.

O Bierzo, xaneiro de 2013



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es