martes, junio 25, 2019

FESTAS DE XUÑO DA REXIÓN DO BIERZO.


AS FESTAS DO MES DE XUÑO NA REXIÓN DO BIERZO,
por Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

 FESTAS CIVÍS.

                A primeira fin de semana destacamos dous actos festivos sen igual. O primero é Toural en Tren, con numerosos actos relacionados co ferrocarril. Dende viaxe en tren a Brañuelas, mercado ferroviario, feira de alfarería e xantares populares. Tamén hai que salientar a feira agroturística de Carracedelo, nas mesmas datas, onde se expoñen todo ltipo de produtos agrarios da nosa rexión.  A feira do Viño de Cacabelos (20 e 21 de xuño de 2015) onde se esgotan os nosos caldos.

                En Santo Tomás de Las Ollas, pedanía do municipio de Ponferrada, festexan Nosa Sra. do Rosario (4 ao 6 de xuño de 2016). En Finolledo celebran festas do 1 ao 5 de xuño de 2016. Peñadrada celebra S. Pelaio (26 de xuño). Festas en Finolledo (3 ao 5 de xuño de 2016). 


O SANTO DE BEMBIBRE CADA SETE ANOS.

                No ano 2015 o Santo de Bembibre sae do seu santuario o sábado 20 de xuño e  volta para el o 28 de mesmo mes. Seguimos no relato histórico as explicaciois de Manuel Olano Pastor. No ano 1628 ten lugar o milagre que trae a chuvia tan necesaria a Bembibre e maila contorna. Consecuencia disto, o concello da vila fai voto de sacar o seu Ecce Homo de xeito periodico en recordo do milagro. A saída do chamado Santo vai acompañada dos pobos do arciprestádego do Boeza. Despois da baixada dende o seu santuario é recollido na igrexa de San Pedro, polo cal debe satisfacer o chamado pago do canon. Trala estadía de sete días na dita  parroquia volve para o seu santuario para estar pechado durante sete anos. Antigamente o Santo saía varias veces ao ano para pedir pola chuvia, pero foi a resistencia a pagar a súa saída, por parte de Castropodame no ano 1902, o que regularizou a baixada de xeito anual.  

 FESTAS DE SAN ANTONIO.

                Celébrase feira de San Antonio (13  de xuño) en Vilafranca do Bierzo. Esta populosa feira ten lugar na contorna do parque da Alameda con numerosos postos de artesanía, froitas, roupa, apeiros de labranza, alimentos como doces, fogazas de pan, empanadas, etc. onde tampouco faltan as pulpeiras que se chean á hora do xantar.

                Temos numerosas festividades en honra de San Antonio de Padua como patrón de Lillo do Bierzo (13 xuño), Quintela e  Oencia, Encinedo, Hervededo no concello de Camponaraia, Albares de la Ribera na conca do Boeza, Almagarinos, Parandois na contorna de Toural dos Vaos, o barrio de San Antonio de Ponferrada, Santa Leocadia na conca do Sil, Pombriego na bisbarra da Cabreira, Borrenes-Borrés, Boeza en Folgoso da Ribera, Almagariños en Igueña,  Cuevas del Sil, Fresnedelo no val de Fornela, Lillo de El Bierzo (10 ao 14 de xuño de 2016), Pereda de Ancares, Campelo, Saceda da Cabreira, Porqueros de la Cepeda, etc.
               
                Traemos eiquí o curioso caso das festas de San Antonio de Padua en Ponferrada. Durante anos tiveron as súas festas na parte alta da cidade, no barrio do mesmo nome. A igrexa na súa orixe foi ermida da Vera Cruz no chamado Campo da Cruz. Esta ermida tivo a súa confradía da Vera Cruz que organizaba as procesiois correspondentes e mantiña a fábrica da ermida. Segundo o historiador José Diego Rodríguez Cubero (La ermita de la Vera Cruz... revista Bierzo, 2014), houbo outra ermida na mezma zona, dedicada a Santa Marta. Por último dicir que descoñecemos cando foi o cambio de denominación pola igrexa de S. Antonio porque a confradía deste santo estaba na igrexa da Encina, intramuros da vila de Ponferrada.



FESTAS DE SAN XOÁN.

                Ruiterán celebra S. Xoán (24 xuño). A localidade de Horta ten dedicada a súa igrexa a San Xoán e celebra as súas festas.  Outras celebracios son en Toreno, Bouzas, Berlanga do Bierzo, San Esteban de Valdueza, Cariseda no val de Fornela, Paradaseca, a vila de Toreno, A Portela de Valcarce, Vilalibre da xurisdición, Voces, Carracedo do Mosteiro (24 ao 26 de xuño de 20016), Yeres no val do Cabreira, Mataotero en Palacios del Sil, Castrillo de Cabrera, Folgoso de la Ribera, Tremor de Arriba, Colinas del Campo de Martín Moro, barrio de Mataotero en Palacios del Sil, Otero de Naraguantes, Arborbuena, Prado da Somoza, etc.

                As fogueiras de San Xoán teñen lugar en moitas localidades da nosa rexión do Bierzo. Salientamos a de San Xoán da Mata que aproveita esta festividade para elaborar unha grande fogueira que presume de ser a máis grande de Europa. A Noite Máxica de Valboa celébrase cunha fogueira arroadeada por unha mesa para a cea de moitos viciños. Todos e todas cumpren coa tradición de dar sete voltas á fogueira. Ademais de botar un obxeto ao lume purificador mentres se pide un bo desexo. Outras fogueiras en Toural dos Vaos, Turienzo Casteñero, Bembibre, ou mailos barrios ponferradinos da zona Vella, Xudeos e Flores del Sil.
               
                Fogueiras tamén as hai nas bisbarras de Valdeorras, no Barco, e mailo Courel, Quiroga e Soldón.

FESTAS DE SAN PEDRO.

                Este santo é patrón das localidades de San Pedro de Paradela (29 de xuño), Otero de Naraguantes en Fabeiro, Lumeiras, Faro, a vila de Corullón,  Carucedo, S. Pedro de Devesas, barrio de Torenillo, S. Pedro Mallo, Berlanga do Bierzo, Montes de Valdueza en lembranza do seu mosteiro de S. Pedro de Montes, S. Pedro de Troes (1 ao 2 de xullo de 2016), Corullón (29 ao 2 de xullo de 2016), Clemente de Valdueza, Pradela no val de Valcarce, Vilamartín da Abadía, Orellán, etc. En Ponferrada tamén se intenta recuperar estas festas arredor na igrexa de S. Pedro. 



OUTRAS FESTAS NAS LOCALIDADES DO BIERZO.

                En S. Miguel de Arganza teñen a festa de S. Bernabé (11 de xuño). Valtuille de Abaixo celebra o San Pelaio (26 de xuño) con Vilar de Corrais, Valdeprado en Palacios del Sil, Santalavilla e Sotillo da Cabreira, e na ermida do barrio de Peñadrada en pedanía de Vilamartín del Sil, Salientes en Palacios del Sil, Vilarrubín no val do Selmo . A romaría da Virxe de Arnado (21 de xuño) xorde en 1976 despois de aparecer a Virxe no agro de Chadeira. A romaría da Virxe da Aquiana (7 e 8 de xuño) se realiza na ermida no alto do cumio. Noutrora os viciños de Montes, Vilanova de Valdueza e San Adrián facían esta romaría de xeito conxunto. Magaz de Enriba celebra festas de S. Marcial (30 de xuño). Otero de Naraguantes ten festas patronais para o 24 e 26 de xuño de 2016. En Finolledo celebran a Octava do Corpus (28 3 29 de xuño de 2019).

                No 24 de xullo do 2018 ten lugar o chamado Desafío de Orellán. Eiquí vanse xuntar pendoes do Bierzo e León para ir até o miradoiro de Orellán onde haberá un xantar comunal.

 FESTAS NA BISBARRA DE VALDEORRAS.

                A primeira festa patronal en celebrarse é en Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras. Trátase do Corpus (5 ao 7 de xuño) que organiza a xunta veciñal da localidade. O mesmo acontece na localidade de Viloira xunta á vila do Barco de Valdeorras. Corpus que celebran con alfombras florais en A Rúa e Petín. En Fontei celebran S. Antonio (14 de xuño), no municipio da Ráu. Viladequinta ten festas de San Pedro para o 29 de xuño.

                No concello de Rubiá teñen lugar as festas de San Cristobal (10 de xuño) en O Porto, O Real e Quereño, aínda que poden desprazar para os meses de verán para que acudan os emigrantes retornados. Éntoma celebra o seu San Xoán Bautista para o 24 de xuño. A localidade de O Trigal, no concello da Carballeda, ten a peculiar festa de S. Caralampio (15 de xuño) onde non falta o xantar popular.   En Lardeira ten lugar o 15 de xuño a romaría da Santísima Trinidade, coñecida popularmente coma O Pai Eterno, que amosa unha escultura con tres cabezas.

                Na bisbarra viciña do Courel ten lugar a festa do cocho de San Antoño de Padua (13 de xuño) en Meiraos. Eiquí cantan "San Antoño é un Santo, e irmau do meu marido, cando o meu gando falta, S. Antoño vai comigo". En Miraz celebran S. Pedro e S. Paulo (29 e 30 de xuño).



FESTAS NA CABREIRA.

                Na bisbarra da Cabreira temos Saceda coas súas festas de S. Antonio (4 de xuño de 2016). A localidade de Iruela aproveita as festas da Oitava do Corpus (2016) para inaugurar o seu novo pendón ou pundón a cargo da súa xunta veciñal, "as campás e o pendón do pobo son". Corporais celebra S. Xoán para os días 24 e 25 de xullo (2016). E Soutelo da Cabreira festexa S Pelaio (24 ao 26 de xuño 2016).

FESTAS EN PORTUGAL.

                En Pinhel ten lugar a festa medieval (3 ao 5 de xuño de 2016) no que ten lugar un cortexo co asalto ao seu castelo, amais da cea medieval. 

O BIERZO, xuño de 2019.

www.facebook.com/javierlagomestre
www.instagram.com/bierzoxa
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

lunes, junio 17, 2019

A CUESTIÓN BERCIANA, POR DANIEL BERNARDO VIVERO


A cuestión berciana
POR DANIEL BERNARDO VIVERO

O Bierzo é un dos suxeitos políticos máis característicos e curiosos do Estado Español, máis que Catalunya e moito máis ca Galiza. A súa identidade, meramente provinciana, fai das súas reivindicacións algo que poucas veces se viu na Historia Política de España. A pesar de que as bercianas están inmersas nunha autonomía que a moitos non representa, non hai apenas mostras desa dominación cultural que Castela fai con tanta facilidade. No Bierzo a xente fala a súa lingua sen prexuízos e sen protestaren por non se entender entre eles, porque se entenden.

A INXERENCIA GALEGA

Pola contra, hai un elemento que si preocupa aos bercianos e lles causa un profundo rexeitamento ante o que chamaremos “a cuestión berciana”. Ese elemento non é máis que o dominio que os galegos que inmigramos, tratamos de impoñerlles aos seus habitantes. Por desgraza, aqueles galegos que vivimos no Bierzo somos –practicamente- os únicos que loitamos duro pola lingua galega. Esta é a anomalía política máis importante no Bierzo, que non conta apenas cun respaldo social ou político (tan só o PRB se preocupa desta cuestión e a súa representación non vai máis aló duns poucos concelleiros en Ponferrada).

Como diciamos ao principio, a cuestión berciana é meramente provincialista e, nalgúns casos, con aproximacións autonomistas. A presenza de iniciativas provenientes de partidos coma o BNG cabrea a unha boa parte da poboación, non queren relacionarse co nacionalismo galego de ningunha forma. Esta reflexión é cíclica, non queren achegarse ao nacionalismo porque son rexionalistas e buscan a identidade propia, non a galega.



NIN GALIZA, NIN CASTELA, QUE(N) SOMOS?

Cando a un berciano se lle pregunta de onde é responde que é berciano. Non imos atopar neles –case nunca- a identidade galega ou a castelá, tampouco a leonesa. A pesar de que o movemento bercianista. Aproximadamente un 30% dos bercianos falan galego, si, pero só un 0,7% quere pertencer a Galiza segundo varias enquisas. A cuestión berciana do idioma vai máis alá do nacionalismo galego e do propio rexionalismo berciano.

O primeiro problema está na particular obsesión de moitos centros educativos en desprestixiar ao galego. Desde Vilafranca ata Ponferrada son moitos os mestres e profesores aos que non lles gusta que se imparta a súa lingua. Son profesionais chegados desde outras partes de Castela e León que non entenden a cuestión berciana e, polo tanto, impoñen a súa identidade lingüística aos alumnos do Bierzo. “Con el gallego hay que traducirlo todo...”, “Y esto en Castilla... ¿de qué te sirve?”... son só algunhas das falacias máis populares entre algúns dos docentes que traballan nos nosos centros.

O segundo problema que ten o galego no Bierzo é a outra parte, o totalitarismo imposto polos docentes que chegan desde o outro lado do Porto do Cebreiro, aqueles que buscan que o galego sobreviva cunha actitude desesperada. Fan ben, evidentemente, ao intentar salvar á lingua dunha diglosia que a afoga, pero a actitude que demostran non é para nada beneficiosa. Esta actitude case imperialista fai que moitas persoas que non falan galego de forma natural se sintan ameazas, aínda que esta percepción estea equivocada é a que moitos profesores de Galiza dan aquí.



Polo tanto, para rematar, debemos ter en conta unha serie de cousas sobre o Bierzo se queremos entender cara onde camiña a rexión e a lingua:

1.      A lingua galega pode ser salvada mediante políticas moderadas e de inmersión lingüística periódica, sen enfados nin inxerencias políticas do Parlamento galego, sen xurisdición na Comarca. O Bierzo ve a estas iniciativas como algo que pretende conquistalos.

2.      Valentía do Consello Comarcal do Bierzo ante a diglosia que afoga á lingua do 30% da poboación. A Xunta de Castela e León está a violar o artigo número 5 do seu Estatuto de Autonomía de maneira sistemática desde o ano 2015 (apoio de Ciudadanos no Goberno Rexional). Se o Consello Comarcal o denuncia ante os tribunais podería mesmo suspenderse a autonomía de Castela (aínda que a nosa cuestión non é tan popular como a catalana).

3.      Maior propaganda. A organización de iniciativas en prol da cultura no idioma galego provocará unha maior aceptación da lingua entre os habitantes do Bierzo (sobre todo na súa parte Oriental, onde a porcentaxe de galegofalantes é mínima).

En conclusión, máis políticas desde o Bierzo, nin desde Galiza nin desde Castela.


O Bierzo, xuño de 2019


lunes, junio 03, 2019

EL BIERZO EXTERIOR REPOBLADOR


EL BIERZO EXTERIOR.
por Javier Lago Mestre.
Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

En los mapas de Castilla y León encontramos topónimos muy bercianos en las provincias de León y Zamora. Así en León localizamos los pueblos de S. Pedro de Bercianos y Bercianos del Páramo, cerca de Santa María del Páramo. Una segunda zona con topónimos bercianos está cerca de Sahagún, se trata de Bercianos del Real Camino.

La provincia de Zamora presenta otras dos zonas, al norte y sur de la sierra de La Culebra. Son Bercianos de Vidriales, Bercianos de Valverde y Bercianos de Aliste. Topónimos menores surgen en Mairé de Castroponce con Bercianos y Bercianicos, en el camino NW por el puente La Vizana.


                Los mencionados topónimos bercianos tienen un claro origen medieval. Un documento del año 850 recoge el texto “quando populus Bergido cum illorum comité Gaton exierunt pro Astorga populare”. Se trata de una clara referencia repobladora con gentes de El Bierzo, comandados por el conde Gatón en la comarca de Astorga. También en la zona zamorana aparece el topónimo Sarracín de Aliste, quizás relacionado con la familia del conde Sarraceno en El Bierzo (890).

                Junto a los referidos topónimos bercianos encontramos otros como: Galleguillos de Campos, Villagallegos y Castellanos en la provincia de León;  Gallegos del Rio y Gallegos del Campo en Zamora. Esto deja claro que los repobladores bercianos tenían una fuerte conciencia colectiva territorial en la Edad Media, como la que poseían los gallegos o los castellanos. Hasta tal punto que nuestros antepasados se sentían más bercianos que leoneses.


                Por otra parte, queremos hacer mención a los caminos exteriores de nuestra región que hacen referencia a El Bierzo. Comenzamos por el camino gallego o berciano que va desde Foncebadón, Pedredo, Val de San Lorenzo, Palacios para bajar a La Bañeza, muy utilizada por los segadores temporales.

                Referencias medievales a caminos o carreras bercianos encontramos en Turienzo de los Caballeros (años 923 y 1286), Santa Marina (1671 y 1685), Val de San Román (1286), Val de San Lorenzo, S. Martín de Agostedo (1763) y Andiruela. Comarca de asentamiento de los arrieros maragatos.

                Desde La Valduerna se utilizaba el camino montañoso para Molinaferrera y Pobladura que se utilizaba por los rebaños merinos que pastaban en la sierra del Teleno. Este camino se denominaba berciano y continuaba para Bouzas y La Valdueza.           También se menciona el topónimo Carra Bierzo en Jiménez de Jamúz.  Y en el centro de comunicaciones de Benavente existe todavía la cañada berciana.



                Las referencias bercianas también tuvieron presencia en el exterior por razón de los famosos lienzos blancos hechos en Bembibre y la merindad de Cornatelo que se distribuía en las comarcas vecinas de La Maragatería o La Valduerna. En Zamora todavía se denominaba como Berciano el ganado vacuno originario en nuestra región y que se vendía en las ferias de León (Astorga, La Bañeza o León) y Castilla (Medina de Rioseco, Villalón o Medina del Campo). 

O Bierzo. xuño de 2019
www.facebook.com/javierlagomestre
www.instagram.com/bierzoxa

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es