martes, marzo 26, 2013

RESISTENCIAS HISTÓRICAS DAS XUNTAS VECIÑAIS (2ªpte)



RESISTENCIAS HISTÓRICAS DAS XUNTAS VECIÑAIS DO BIERZO (2ª PARTE),
 por Xabier Lago Mestre, do colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

DEFENSA DA  COMUNIDADE DE PASTOS DE CONCELLOS DA CONTORNA DE CARRACEDO.

O mosteiro de Carracedo manda pechar lameiros que formaban parte dunha comunidade de pastos entre varios pobos viciños (ano 1667). "Dixeron que por quanto por orden y mandado de dicho Real Monasterio se avían zerrado de seve e espinos las lamelas que están entre las casas del Indio y lugar de San Martín de los Carros, que era y servia de pasto común entre Carracedo, San Martín de los Carros y la villa de Cacabelos, y en dichas lamelas todos pastaban y lo mesmo los ganados del dicho conbento, mayores y menores de todo género a rexs bueltas, y lo mesmo en lso campos, fuentes, avrevaderos de toda la xurisdicción de dicha villa de Carracedo, San Martín de los Carros y Sorribas un anexo, y lugar y xurisdicción de Narayola y parte de la dicha villa de Cacabelos por razón de su pasto, aunque tenían y tiene en dichas tierras y xurisdiccion y deesa de dicho conbento. Dentro de un mes a esta parte avian salido a la dicha contradiciendo de que se zerrasen dichas lamelas y que dicho combento no las agregase a si. (...) mandó se pusiese el medio que mexor combiniese en aprobazion a la costumbre que por todas partes se tenia en rrazon de dichos pastos (...). (José Antonio Balboa de Paz, 1991)



UNIÓN DE XUNTAS VECIÑAIS NAS XUNTAS XERAIS. 

As xuntas xerais dos señoríos estaban formadas por representnates das xuntas veciñais rurais. A xunta xeral dos pobos serviu para facer máis forza na defensa dos seus intereses colectivo fronte ao señor.  Como exemplo disto, temos o caso da xunta xeral do Val de Valdueza  que logrou demandas ante o mosteiro de S. Pedro de Montes. Así aconteceu na sentenza do ano 1533 que recoñece os costumes locais na esixencia de "que los abades, al comenzar el tiemmpo de su ministerio, presentasen juramento a dichas ordenanzas (...), que los jueces fueran naturales de la Abadia (...), que los merinos no oyesen en primera instancia lascausas civiles, que del merino se apelase al abad y de éste, en revistapara ante nuevo juez (...)" (Julio Puyol, 1925).

As xuntas veciñais conseguiro aproveitar tamén as estruturas institucionais superiores do señorío para a defensa dos seus intereses comúns fronte ás demandas foráneas. Este foi o caso da xunta xeral do señorío de Carracedo, no ano 1804, formada polos deputados dos concellos, para rexeitar a contribución esixida para a construción do cárcere de Ponferrada. Esta xunta da xurisdición estaba formada polo gobernador xustiza maior ordinaria da vila de Carracedo, o rexidor do lugar de Naraiola, deputado do lugar de Camponaraia, o procurador do lugar de Santo Andrés de Montejos, o rexidor de Villadepaos, rexidor do lugar de Sorribas, rexidor de Vilamartín, deputado do lugar de Paradela do Río, deputado do lugar de Sobrado, rexidor do lugar da Barosa, deputado do lugar de Lago, rexidor do lugar de Campañana, deputado do lugar de Carucedo, pedaneo do lugar de Covas e mailo viciño do lugar de Naraiola que tamén era o procurador síndico xeral desta xurisdición, e xuntos acordaron nomear procurador síndico xeral a un viciño de Camponaraia.



ESTRATEXIAS DEFENSIVAS DAS XUNTAS VECIÑAIS BERCIANAS.
1. A XUSTIZA POPULAR DOS IRMANDIÑOS.

 Durante a revolta irmandiña galego-berciana (1467) contra os agravios señoriais reclamouse a xustiza popular. Velaí o rexeito dos señores a esta rebelión antiseñorial, "en el dicho lugar de Vega, estando juntos el concejo, juez e omes buenos de terra de Sant Andrés d´Espinareda, paresçio don Ares, abbad del dicho monasterio de Sant Andrés, e dixo que como mejor podia e devia como señor de la ciha terra requería et defendia a los dichos concejo e omes buenos que non entrasen en la hermanda sin su liçenciae que puesto era de faser e dar liçencia para todas las cosas que fuessen servicio de Dios, e de nuestro señor et rey, el de su monasterio e del señor conde de Lemos, et en otra manera que non consentía  (...)" (Mª Carmen Rodríguez González, S. Andrés de Espinareda).
1. O DEREITO COMUNEIRO E AS ORDENANZAS CONCELLÍS. 

Os pobos reclamaron a vixencia e defensa dos seus costumes locais ante os ataques señoriais. Así aconteceu durante a revolta irmandiña, "dixo que requeria a Aro Martinez que estava presente que lle dixiese se queria estar con los de Lillo e del Otero por las costumbres antigos ou non (...) dexieron quellos farian verbo e condiçion de se ajudar con derecho para se defender e mantener las costumbres del dicho lugar (...)" (ano 1467). Pola outra banda, a burocratización da administración (real, señorial, eclesial...) obrigou ás xuntas veciñais a elaborar as súas ordenanzas concellís para defender mellor os seus dereitos colectivos, a súa organización socioeconómica e os seus bens públicos. Ordenanzas da xunta veciñal de Anllarinos, "tienen para su gobierno político e económico ordenanzas y leyes municipales a las que se han arreglado que ha sido al beneficio del común las cuales ahora se hallan muy deterioradas y demolidas en tal manera que no se puede sacar asunto fijo de ellas (...) de lo que se sigue algunos perjuicios y agravios y para evitarlos y que todos vivamos con arreglo (...)" (ano 1756). No século XIX houbo un verdadeiro conflito entre os costumes locais e mailo dereito positivo emanado das Cortes e do Goberno central.



2. A VECIÑANZA DOS FIDALGOS. 

Os pecheiros estaban obrigados a pagar os tributos, foran señoriais (foros, xurisdicionais...), eclesiásticos (diezmos, voto de Santiago...) ou reais (servicios, alcabalas, etc).  Por iso algúns viciños declarábanse fidalgos para evitar pagar os ditas gavelas. Normalmente as xuntas veciñais estaban en contra de que houbese fidalgos nos seus pobos porque obrigaban ao resto de pecheiros a pagar o que non contribuían os exentos viciños fidalgos. Por esta causa houbo moitos preitos ante a Chancelería de Valladolid para resolver os expedientes de fidalguía dos viciños. Pero noutros casos os pobos declaráronse fidalgos na súa totalidade, para evitar pagos pecheiros, incluso evitaron a veciñanza  de persoas pecheras. este foi o caso de Magaz de Abaixo.



3. ELECCIOIS DOS CARGOS PÚBLICOS.
 As xuntas veciñais tiñan capacidade parcial de elección dos seus cargos, segundo a súa xurisdición sobre sí ou da dependencia señorial ou reguenga.  A xunta veciñal de Magaz de Abaixo reuníase "a son de campana tanyda debaxo de la nogal de la plaza del dicho lugar", para elixir e propor varios candidatos a xuíz ordinario, "suplicaron al dicho corregidor de la divha villa de Ponferrada que en nomvre del rey  nuestro señor, cuyo es el dicho lugar, sea servido a nombrar y helegir uno de ellos (...)".

O Bierzo, marzo de 2013.
www.obierzoceibe.blogspot.com


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

miércoles, marzo 20, 2013

CURSO DE LINGUA GALEGA DENDE O BIERZO 10



CURSO DE LINGUA GALEGO-BERCIANA 10.
Por Xabier Lago Mestre.
do Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.

TERMINACIÓNS GALEGAS EN –NTE
Camiñante, nacente
Crecente, cantante
Maldicente, conseguinte
Oínte, saínte
Seguinte, constituínte
Reconstituínte, nutrinte
Subsecuente, afluente
Supervivinte, constrinxente
Contraproducente, escribente
Proveniente, producente



REFRANEIRO GALEGO-BERCIANO.
(Tirado de Santiago Castelao Diñeiro, Vilafranca)
O verán de San Martiño,
son tres días máis un pouquiño.
O gaiteiro non lle cae o palleiro.
O gato enratao,
non quere nin pescao.
O boi cornalán,
nunca lle faltan cornadas.
Obra que muitos fain,
pouco queda ben.
O que non morre de novo,
de vello non escapa.
O que hai de cegar,
poolos ollos lle hai de dar.



TERMINACIÓNS GALEGA EN –SE.
Base, catálise
Catequese, metástase
Diocese, diérese
Paréntese, perífrase
Narcose, neurose
Biose, sinopse
Tuberculose, xénese


PRESENTE DE INDICATIVO DEL VERBO SALTAR:
Eu salto,
 ti saltas,
 el salta,
nosoutros saltamos,
 vosoutros saltades,
eles saltan.

O Bierzo, marzo de 2013
WWW.OBIERZOCEIBE.BLOGSPOT.COM


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

jueves, marzo 07, 2013

ANDANZAS POLA CONTORNA DOS MAGAZES.



ANDANZAS POLA CONTORNA DOS MAGAZES BERCIANOS, 
por Xabier Lago Mestre,
do colectivo berciano Fala Ceibe.

Saímos da vila de Camponaraia e subimos a pequena costa do cerro da Raimunda (547 metros), mentres deixamos os predios de Valderrelas, Os Prados largos e Vilardoi, segundo a antiga estrada para Vilafranca do Bierzo. Trala baixada, diante de nós Magaz de Abaixo, á dereita. Unha peculiar dupla cartelería do rueiro recíbenos, Avenida do Bierzo e Rúa Real, comparten denominación en castelá, claro. O casarío tradicional xorde moi remozado. Ata tal punto que moitas casas antigas están deshabitadas, pero que ben merecen unha foto para a lembranza. A súa toponimia mantén Sardonal e Os Quiñones, onde houbo terrádego concellil de reparto comuniego. Fixamos o noso obxectivo fotográfico nunha vella casa cun forno exterior, que queda tamén para o noso arquivo.



Máis adiante, saíndo de Magaz de Abaixo, A Matega, As Mategas e maila Cabrita, con referencias gandeiras. Unha pequena costa permítenos subir para a zona vella de Magaz de Enriba. As casas máis tradicionais cos seus corredores exteriores, pero, por desgraza, en moi mal estado. Diante da igrexa rural, adicada a S. Pedro, temos a praza da Picota. Falamos cos viciños e non saben a orixe de tal nome. Supoñemos que a Picota vén do lugar de aplicación da xustiza señorial ou pola referencia orográfica por ser a parte alta do pobo. A igrexa conserva un adro cuberto onde se reunía a xunta vecinal e agora xogan uns cativos aturuxando. 


Baixamos polo barrio do Regueral, onde atopamos unha pintada anónima en contra da venda dos terreos comunais do pobo. Quedan á dereita os topónimos A Cabana e O Bouzal, quizáis referida ésta derradeira á tradicional bouza de queima do monte baixo. Porque máis lonxano, cara aos leste, xorde o predio das Queimadas. Seguimos agora para Arganza, cunha nova suba polos Garrobos e A Bouza, agora terreos cheos de grandes piñeiros ben pechados, quizais para protexelos dos frecuentes fogos forestais. 



Tralo descenso polo Monelo, coa súa terminación dialectal galego-berciana, vemos o casarío do barrio do Outeiro de Arganza. Na primeira praza, preside todo o pozo comunal.Na nova rúa principal do concello, á esquerda o fermoso pazo dos señores de Arganza. O pequeño bus local deixa unha viciña, xunto á nova Casa do Concello. Enfronte O Poulón, terras deixadas en barbeiro, O Prao Xusto e maila Capela. Un sinal de tráfico anuncia o camín para Campelo e Canedo, onde está o pazo de Prada a Tope. Desfrutamos da vista lonxana do Cerro do Castro (807 m.), mentres que na dereita preside o Cerro de Retela (663 m.). Para outra ocasión deixamos as visitas aos pobos de S. Xoán da Mata e S. Miguel de Arganza. 



O tempo pasa raudo e damos a volta para Magaz de Abaixo, onde se celebran as segundas Xornadas Pluriculturais, por mor do esforzo da súa xunta vecinal. Chegados ao pavillón deportivo vemos un gran ambiente de xente. O primeiro, a busca do bar para reponer tanto esforzo, cervexa, auga… calqueira bebeda. Moito que ver nos distintos postos artesanais con obxectos moi traballados, aínda que quizais falten cartos para tanta compra. Resoan as poesías no espazo público, reivindicativas ante a crise ou a corrupción, e tamén en linhgua galega, feito que agradecemos. Nos días anteriores tivo lugar a presentación de libros e mailos coloquios posteriores. Tamén houbo tempo para o debate sobre as xuntas veciñais bercianas ante a ameaza de disolución polos cambios legales do Goberno Central. En fin, todo un exemplo de traballo colectivo por parte da xunta vecinal de Magaz de Abaixo que oxalá sexa algún día imitado polas outras xuntas veciñais do Bierzo.


O Bierzo, marzo de 2013.

www.obierzoceibe.blogspot.com
http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

miércoles, marzo 06, 2013



PROPUESTA DE RESOLUCIÓN
SOBRE LAS JUNTAS VECINALES
PARA EL PLENO DEL CONSEJO COMARCAL.

El Colectivo berciano Fala Ceibe presenta ante el Presidente del Consejo Comarcal esta propuesta de resolución en apoyo de las juntas vecinales. Las novedades legislativas que se anuncian en los proyectos de reformas del régimen local del Estado y de la Comunidad Autónoma de Castilla y León van a afectar negativamente al régimen jurídico de las juntas vecinales. De ahí que la institución territorial que representa a todo El Bierzo, el Consejo Comarcal, debe manifestar plenariamente su voluntad expresa ante esta coyuntura política que amenaza con suprimir o alterar el ámbito jurídico de nuestras juntas vecinales. 



JUSTIFICACIÓN.

Las juntas vecinales de El Bierzo son instituciones con una gran tradición secular que tienen su origen en la Edad Media. Estas peculiares instituciones representan la identidad de nuestros pueblos y aldeas, así como los intereses colectivos de sus vecinos. Tampoco podemos olvidar el llamado derecho consuetudinario que se deriva de su ejercicio institucional (usos, costumbres, ordenanzas concejiles…), de gran valor social, histórico y jurídico, que se conserva a través de la práctica jurídica diaria de las juntas vecinales.
Las juntas vecinales tienen un profundo sentido democrático, mediante la elección directa de sus cargos públicos. Su funcionamiento interno siempre ha favorecido la participación directa de sus vecinos a través de las asambleas, xuntas o concejos abiertos. Además, las juntas vecinales representan la administración local más cercana a los ciudadanos. Por eso sus cargos representativos ejercen un servicio a tiempo completo (dispuestos a ayudar a sus vecinos las 24 horas del día) y con escasez de recursos, sin cobrar por ello.
Los que presentamos esta propuesta de resolución INSTAMOS a su debate y votación por el Pleno del Consejo Comarcal de El Bierzo en el menor plazo posible. 



TEXTO DE LA PROPUESTA DE RESOLUCIÓN.

1. DECLARACIÓN PLENARIA del Consejo Comarcal a favor de la defensa de las juntas vecinales de El Bierzo ante los cambios legales, estatal y autonómico,  que pueda restringir su personalidad jurídica, competencias, funcionamiento o sistema de elección.

2. COMPROMISO EJECUTIVO del Consejo Comarcal de El Bierzo de impulsar activamente el apoyo y el asesoramiento a las juntas vecinales. Las nuevas exigencias legales a los entes locales menores superan su restringida capacidad de gestión pública, ya que cuentan con escasos medios personales, materiales y financieros. El Consejo Comarcal debe ser la administración complementaria de las juntas vecinales bercianas, ayudando a éstas en el cumplimiento de los  requisitos legales (presencia de los secretarios municipales, elaboración de los presupuestos, intervención de gastos y pagos, exigencias contables, transparencia informativa, etc).

Ponferrada, marzo de 2013.
WWW.OBIERZOCEIBE.BLOGSPOT.COM


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

viernes, marzo 01, 2013

RESISTENCIAS HISTÓRICAS DAS XUNTAS VECIÑAIS (1ª PARTE)



RESISTENCIAS HISTÓRICAS DAS XUNTAS VECIÑAIS DO BIERZO (1ª PARTE),
por Xabier Lago Mestre.
do Colectivo cultural fala Ceibe do Bierzo (falaceibe@yahoo.es)
falaceibe@yahoo.es

LIMIAR. 

Ulitizamos neste percorrido pola historia das resistencias populares o termo popular de xuntas veciñais. Queremos con isto evitar a confusión cos chamados concellos liberais, do século XIX, como equivalentes aos antigos e actuais municipios en idioma galego. O concepto de xuntas veciñais é máis amplo, coma institución propia de todos os núcleos de poboamento, aldeas, barrios, vilares, parroquias, lugares... Na documentación histórica xorden os temos concello, axuntamento e reximentos (por suposto castelanizados), pero xa comentamos que nós tomamos partido pola concepción tradicional máis ampla de xuntas veciñais.  



PROTESTAS CONTRAOS ABUSOS SEÑORIAIS DO MOSTEIRO DE ESPIÑAREDA (1504).
Os señores normalmente abusaban dos seus vasalos. No caso do mosteiro de Santo Andrés de Espiñareda, os concellos organizaron a súa defensaen común contra certas desfeitas, "Lope Fernandes e Pedro del pedrero e Juan Moro, vecinos e procuradores de los concejos de los lugares de Santa Marya de Tombrio e de santa Maryna de Ribadesyl e del concejo del lugar de Lillo (...)". Entre eses abusos destacan as serventías, é dicir, traballos de balde para o señor,  "les compele en cada un año a que sieguen el dicho prado syn darles por ello jornal alguno (...) a quien no va a segar al dicho prado le lieva la pena que le plase (...), se destruyen los bueys e carros de los cihos vasallos que andan en la dicha serventía (...)". Outro tanto acontece cos xantares, obriga de dar de comer e aloxar de balde ao señor, "comer algunos yantares e llevaban para los comer syete u ocho personas e comyan un yantar e se tornabanpara el dicho monasterio (...)" . Os vasalos levaron o preito ante a xustiza real que mandou ao corrixidor de Ponferrada, mediante o nomeamento de xuíz en comisión, facer as correspondentes pesquisas informativas (ano 1504). (Pedro García Cañón, 2012).


LEVANTAMENTO DOS CONCELLOS CONTRA DO MOSTEIRO DE CARRACEDO (SÉCULO XVI).

As xuntas veciñais do señorío do mosteiro de Carracedo levantáronse todos xuntos. A razón da protesta colectiva foi a esixencia do trabuco dos cartos e quintos pola rotura de montes, "somos moy agravyados del dicho abad que nos haze pagar los quartos y quyntos de lo que coxemos en las rroturas de los montes brabos e concejiles de los dichos logares (...) (ano 1502). As ditas xuntas alegaron na defensa dos seus interese que esa gabela a impuxo o conde de Lemos, e por iso pediron que se suprimise como xa se fixera noutros señoríos viciños (marquesado de Vilafranca, terra de Arganza ou mosteiros de S. Pedro de Montes e Santo Andrés de Espiñareda). Este conflito antiseñorial chegou á xustiza real, a cal dictou sentenza deste preito favorable ao mosteiro berciano. 


Como reacción a esta sentenza desfavorable as xuntas bercianas principiaron unha rebelión xeneralizada contra o mosteiro no ano 1512. Participaron na revolta popular as xuntas de Carracedo. Vilamartín, Sorribas, Paradela, Vilaverde, Lago, Carucedo, Campo de Naraia, Naraiola e San Andrés. Estas xuntas formalizaron a defensa común dos seus intereses mediante juramento, "carta lusa e monypolio contra el dicho abad e convento  sus partes porque juntara e avia juntado los vecinos e concejos de la dicha abadia e lso atraxiera a que fisiesen juramyento e que lo fisyeran faser en fora que serian todos avian contra el dicho monesterio e abad e monges e combento de el sus partes, e que el en su nombre tomaria pleito contra el dicho monesterio delante de el corregidor de Ponferrada , juez comisario de su Alteza (...)" 
As xuntas bercianas destacan a súa capacidade decisoria, "que syendo como son cada logar de la dicha abadia concejo sobre sy apartados unos de otros en todo as cosas así en pechos como en alcavalas e moxarazgos e cada logar con sus tierras sobre sy apartadas a todas las otras cosas que han de aver para cada uno ser concejo e tenyendo cada logar procurador público sobre sy (...). Xuntas que elixen os seus representantes, procuradores, para levar este preito común. Pero a xustiza real finalmente dictou nova sentenza a prol do mosteiro (1513). (José Antonio Balboa de Paz, 1991) 

USURPACIÓN FORZADA DE BENS PÚBLICOS POLO MARQUÉS DE VILAFRANCA.



Traemos a colación o exemplo do marqués de Vilafranca do Bierzo que no ano 1566 tivo preito, ante o Consello Real, por abuso de poder, concretado na apropiación indebida dos bens do concello de Vilafranca. O marqués foi acusado de cometer variadas e continuadas inxustizas. Así mandou pechar varios camìns públicos da vila e meteu neles as súas herdades. Fixo consumir dúas fontes públicas, levando a súa augua por debaixo da terra á súa fortaleza e maila horta. Tamén “elegía como regidores de la villa a sus criados por el tiempo que quería”, “que había tomado las casas del ayuntamiento y las había dado para habitación del alcalde mayor y sus criados”, etc. Mentres que no ano 1561 o marqués tamén tivo preito co concello de Cacabelos. Trataba o señor prohibir a pesca no río Cúa e a caza nos montes, nomeaba parte dos oficios públicos ou quería quitarlles o mercado dos martes para pasalo a Vilafranca. Tamén os lugares da Cabreira e Ribeira preitearon co marqués. Neste caso foi a prohibición de caza nos montes cabreireses. Carlos V en 1527 dictou resolución a prol dos intereses señoriais (Alfonso Franco Silva, Boletin Real Academia de la Historia).

O Bierzo, marzo de 2013.
www.obierzoceibe.blogspot.com


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es