lunes, octubre 30, 2023

AS PAISAXES RURAIS BERCIANAS.




 


AS PAISAXES BERCIANAS,

por Xabier Lago Mestre.

Cando visitamos o medio rural berciano atopamos unhas paisaxes visuais moi fermosas. As formas xeográficas son variables, así consta nas altas serras (Ancares, Aquilanos, Gistredo…), con numerosos cordais que dividen vales vecinos (Fornela, Valdoza, Valcarce, Cabreira, etc. Neses vales e valegos xorden numerosas localidades con distintas denominaciois (vilas, barrios, anexos, lugares…), mais noutrora houbo outros poboamentos agrogandeiros, casos das brañas, malladas, corrais, alzadas, casais, vilares, quintas (Quintela de Valboa) ou castros (Castropetre e Castroquilame).

            As localidades bercianas organizaban o labradío dos seus territorios. Xunta as casas estaban os hortos para cultivo das hortalizas e frutais. Aínda hoxe podemos atopar a labregos atraballar neles. As terras estaban ben divididas en tabladas (Trabadelo), travesas (Traviesas), tallos, latas, etc. Máis alonxados localizamos o cortiñedo con pequenos leiros para produtos especializados (patacais, navizais, millos…). Dos liñares tirábase a fibra vexetal destinada á fabricación de texidos para as roupas. Serían as pedras testigas, pedrafitas e os sebes vexetais os que dividían os predios. Existían tamén os pradoiros que daban escasas segas, mentres que os lameiros, ao ter tanta auga, producían moita herba para o gando.

            Nas ladeiras dos vales estaban os terreos cultivados con cereais. Referímonos as cuadrelas ou cuadriellas, divididos en dous terrádegos, un para o cultivo e outro adicado ao poulo (descanso para pasto ocasional). Máis altos, nos chamados chanos ou chaos, campas e lombos interfluviais, estaban as searas ou bouzas, de menor produtividade cerealísta para o centeo. Terras que necesitaban moitos anos de descanso tralo seu cultivo ocasional. O seu traballo era comunal, organizado polas xuntas veciñais. Ditas xuntas elixían os terreos que eran cercados e coutados na chamada agra conxunta. Esta explotación, posteriormente se dividía mediante eiros entre a veciñanza rural para o seu cultivo, mediante sortes, adras, partixas e quiñones. Primeiro estas terras eran rozadas, para depois ser queimadas, sobre as súas cinzas facíase sucesivas aradas (valbar e binar), a sementeira e logo a colleita de xeito comunal. As terras comunais podían estar divididas en man cargada (cultivada) e mandescargada (poula ou pasto).



            Os traballos comunitarios agrogandeiros, mediante faceiras, desapareceron trala forte emigración rural de mediados do século XX. Dese terrádego comunal desaparecido queda a toponimia, Agro de Moñon (A Veiga de Valcarce), Agro de la Gándara (Folgoso de la Ribera), Eiro das searas (Burbia), Agros do pan (Cabarcos), etc. 

            Outros grandes espazos vexetais foron as matogueiras máis variadas, de sardois, rebolos, carqueixas, uces, etc. Deles saían desde combustibles (leñas, antorchas…), cama das bestas nas pallozas e corrais, etc. Ante a falta de cultivos de searas e bouzas, resulta que o mato invade sen xeito todo o comentado antigo terrazgo ocasional.

            Nas ribeiras hídricas xornden as chopeiras, olmeiros, sabugueiros, fresnedas, etc. Máis altos estaban os soutos de castaños, carballeiras, teixais, faixal de Busmaior, etc. Todo deles era aproveitado, a madeira para casas, mobles e ferramentas, as follas e ramaxe para alimento dos animais, etc. A toponimia esta chea destas referencias vexetais. Castañoso, Soutelo, Noceda, Finolledo, Fresnedo e demais. Por certo, mentres a propiedade do solo era comunal, xestionada pola xunta veciñal, a propiedade das árbores era privada, caso dos castaños. Tamén as xuntas veciñais regulaban a súa explotación mediante a fixación de coutos, para portexer os froitos, así como os tempos da permitida apañada humana ou súa inxesta polos animais (piaras de gochos nos soutos e enciñais).



            Nas altas serras estaban as famosas brañas gandeiras, onde acudían os rebaños de meirinas castelás, previo aluguer desas terras polas xuntas veciñais propietarias aos gandeiros foráneos. Tamén existían as chamadas morteiras, lugares boscosos reconveridos en terreos de pastos, ante o medre da demanda de carne pola xente das vilas desde o seculo XVIII. Por suposto, o gando vacún tiña os mellores pastos, coa compaña das ditas ovellas, mentres que as cabras estaban nos máis rocosos. Recordamos que algún vecinos emigraban estacionalmente, de forma conxunta, dende as súas localidades, co seu gando, para subir aos altos pastos (de Campo de Agua a Aira da Pedra ou de Burbia a Algueira).

            Na chaira berciana, estaba o viñedo dividido en bagos. A alta produtividade do viñedo e a procura de pastos para o gando favoreceron os desexos de privatización dos antigos terreos comunais, coas desamortizaciois do século XIX. Velaí a razón de que hoxe as terras comunais sexan máis grandes nos concellos montañosos que nos concellos da chaira berciana, onde xa desapareceron nas vilas (Ponferrada, Vilafranca, Cacabelos e demais.



            Outra ordenación rural está representada polas vías de comunicación rurais, son os exemplos das corredoiras, vieiros, sendeiros, carruñas, rodeiras, vados, etc. Os concellos ordenaban a obriga de arranxar estas vías de xeito comunal (faceiras). Xuntas veciñais que tamén protexían os cauces de auga (ríos, regueiros, regatos..,). Durante as secas había que reparar as canles para traer auga ás localidades dende fontes e mananciais. Ademais, os concellos regulaban os regos dos hortos e cortiñedos mediante turnos (quendas) para evitar conflitos veciñais. A institución das veceiras servía para levar o gando de xeito común para os pastos.

            Oxalá esta exposición sirva para ver a paisaxe rural doutro xeito. Hai que valorar a súa beleza e valores naturais. Mais tamén debemos comprender a súa toponimia para coñecer a súas historias locais, feitas co traballo acotío de moitos labregos e gandeiros. A singular arquitetura rural forma fermosos casaríos que non se poden illar da ordenación territorial que enriquece a descritas contornas.

O Bierzo, novembro de 2023. 



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

martes, octubre 17, 2023

FIN DA PROVINCIA DE VILAFRANCA DO BIERZO.



FIN DA PROVINCIA DE VILAFRANCA DO BIERZO,

Por Xabier Lago Mestre.

O Real Decreto de 1 de outubro de 1823 declarou “nulos y sin ningún valor ni efectos todos los actos del gobierno constitucional”. O rei Fernando VII derroga todo o traballo político do chamado Trienio liberal. Deste xeito, prodúcese o fin da provincia liberal de Vilafranca do Bierzo. Este acontecemento salientable merece un recordo e unha reflexión sobre o que supoñe para a memoria coletiva de hoxe. Referímonos a que aínda moitos bercianos asumen que a supresión da dita provincia tivo a súa orixe nas desputas, entre Vilafranca e Ponferrada, pola capitalidade. Mais a realidade histórica foi outra ben distinta que analizamos.

Convén recordar que o réxime político do Trienio liberal (1820-1823) se enfrontou ao absolutismo da Coroa. Esta conflitividade peninsular prodúxose en plena ocupación napoleónica, cando a guerra atacou as instituciois do chamado Antigo réxime (monarquía, señoríos, Igrexa, etc). Trala derrota militar francesa, as forzas burguesas defenderon o seu réxime liberal (constitucionalismo, democracia censitaria, reforma territorial, novas instituciois, etc). Sen embargo, as monarquías europeas organizáronse para defender o réxime absolutista. A súa reación militar foi a creación do exército dos Cen mil fillos de san Luis que invadiu España na primeira metade de 1823.

Os militares franceses avanzaron cara ao Bierzo ao mando do xeneral Bourke. O réxime liberal nomeou a Pablo Morille, conde de Cartaxena, como comandante do 4º exército (Galicia, Asturias e León). A presenza deste exército liberal na nosa rexión ocasionou numerosos problemas aos bercianos (aloxamientos, abastecementos, transportes, requisas, contribuciois, etc). Bourke ocupa León (en maio) e vai para o  Cerezal, onde inicia negociaciois co Pablo Morille. Este militar evita o enfrontamento militar e retírase a Lugo (26 de xuño). Nesta cidade emite unha proclama a prol do absolutismo, rexeitando a destitución do rei Fernando VII e criticando ao Goberno liberal provisorio. Posteriormente, Bourke chega a Lugo e Morille sométese (xullo). Agora ámbolos dous militares únense contra os focos liberais de Galicia, así o militar francés ataca Mondoñedo, Viveiro e Betanzos, mentras Morille ocupa Santiago, Pontevedra e Vigo.



A RESISTENCIA PROVINCIAL BERCIANA.

A deputación de Villafranca pouco podería facer fronte ao poder dos xefes militares dos dous exércitos foráneos. No Bierzo a institución provincial tiña escaseza de medios personais, económicos e materiais. Quen si atuaron foron as partidas realistas que ocuparon as localidades bercianas. No caso de Vilafranca, os partidarios do conde realista Fideli destruiron a simboloxía liberal (queima de constituciois, romperon escudos e documentos, formaron voluntarios realistas, etc). Os liberais bercianos continuaron a loita dende as montañas, exemplos do xefe político provincial, Nicolás de Castro, ou o abade do Barco, que chegaron a recuperar temporalmente Ponferrada e Vilafranca.    

A resistencia provincial berciana ante o absolutismo tiña os días contados pola súa inferioridade militar. As partidas bercianas estaban divididas entre absolutistas e liberais. Mais a presenza do exército absolutista decantou a vitoria do seu bando. O novo réxime absolutista derrogou a obra política liberal, coa supresión da provincia de Vilafranca. Velaí a recuperación das instituciois do Antiguo réxime, coma os antigos correxedores. Así se repoñe un novo oficial real en Ponferrada, ”corregidor, justicia mayor, capitán á guerra, subdelegado de todas las rentas reales (…) de la villa de Ponferrada, su jurisdicción y partido” (octubre de 1823). O correxemento ponferradino correspondía co antigo partido-provincia do Bierzo da Idade moderna.



Ante o triunfo de réxime absolutista, os rexedores ponferradinos procuran o abeiro real, “como capital en el partido del Vierzo, en el reino de León (…), se dirige sumiso al augusto trono de V.M. con el más ardiente entusiasmo al ver a su adorado Soberano con su cara esposa y Real familia”. Ademais aproveitase este escrito municipal para recordar a pérdida provincial, “avisándole tan enorme sentimiento la mudanza de su antigua capital a pueblo menos digno, decretada por los titulados Padres de la patria en la época de desorden” (Gaceta de Madrid, marzo de 1824). En varios documentos segue aparecendo a referencia á provincia berciana. Así acontece cando A Somoza reclama os seus privilexios ante a Coroa, “Sindico general de la Somoza de San Cosmed, de la provincia del Bierzo” (1825). Incluso o Diccionario de Sebastián Miñano, de 1826, refírese a “montañas de Asturias, y dividen la provincia del Bierzo, del reino de Galicia”.

A supresión da deputación de Villafranca non significou o fin das aspiraciois provinciais bercianas. Ao longo do século XIX, sempre que a conxuntura política española o permitiu, os bercianos reclamaron a descentralización na nosa rexión coa recuperación da provincia histórica. Por suposto, Vilafranca e Ponferrada comandaron as diversas iniciativas, ademais dos proxetos provinciais foráneos (Patricio de la Escosura, Fermín Caballero, Pascual Madoz, Lucas Mallada, etc), e con recoñecemento xeográfico específico (F. Fabre, R. Macias Picavea, Dantín Cereceda, etc. Por desgraza, outros debates territoriais potenciaronse (o rexionalismo periférico, federalismo, rexionalismo administrativo estatal, etc), deixando aparcada a reforma provincial até os nosos días.

O Bierzo, outubro de 2023.

 



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

miércoles, octubre 04, 2023

DEMANDA DE DELEGACIÓN EN MATERIA CULTURAL A LA DIPUTACIÓN LEONESA.

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL


DEMANDA DE DELEGACIÓN EN MATERIA CULTURAL

ANTE DIPUTACIÓN DE LEÓN

PARA EL CONSEJO COMARCAL BERCIANO.

 

EL CONTEXTO POLÍTICO.

El colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo demanda ante la Diputación de León la delegación parcial de la materia cultural, en lo que se refiere a la defensa y promoción de la lengua gallega de El Bierzo. Tras las elecciones locales se ha constituido una nueva Diputación de León y el departamento de cultura, incluido el Instituto Leonés de Cultura (con un presupuesto de 5.360.928 euros) ha pasado a ser controlado por un diputado del partido UPL. En este sentido, hay fundados temores de que en esta nueva legislatura se continúe con las anteriores políticas provinciales que ignoraron el apoyo institucional a la lengua gallega. Como ejemplo, la diferencia de trato promocional a la lengua leonesa respecto a la gallega de El Bierzo. Además, en las revistas de la Diputación, Tierras de León y Feje, no aparece para nada este idioma berciano.  

            Conviene decir que el partido de la UPL se ha mostrado siempre muy contrario a la protección de la lengua gallega, por considerarla ajena a la cultura leonesa. Recordamos sus sucesivos comunicados políticos, en contra del reconocimiento del gallego en el Estatuto de autonomía de Castilla y León (1999), en contra de la enseñanza del  gallego a los colegios e institutos (2000), a favor de la eliminación del gallego en el Estatuto de autonomía de Castilla y León (2005), o en contra de la rotulación en gallego de la toponimia berciana (2023). Visto lo visto, hay serias dudas de que la política provincial intervenga a favor de la lengua gallega.

 


FUNDAMENTOS DE DERECHO.

            El Estatuto de Autonomía de Castilla y León reconoce expresamente que “gozará de respeto y protección la lengua gallega en los lugares en que habitualmente se utilicen” (art. 5.3), por supuesto, nadie discute que en El Bierzo se habla gallego por parte de su población. La Ley de la Comarca de El Bierzo también hace referencia a este idioma, con el mismo texto en su artículo 1.4, luego esta institución tiene un mandato legal para intervenir en materia lingüística.

            La dicha Ley de la Comarca (2010) indica que “la diputación provincial de León podrá delegar en la Comarca de El Bierzo las funciones que tuviera atribuidas por el ordenamiento jurídico, con las limitaciones establecidas en la legislación básica estatal, previo acuerdo de aceptación del Consejo Comarcal (…)” (art. 9.1). Fruto de este mandato legal se ha producido la colaboración en las materias del servicio asistencia a municipios (SAM) y Banco de Tierras.

              Nada impide que la Diputación leonesa pueda delegar otros servicios provinciales al Consejo Comarcal berciano. En este caso demandamos la delegación de la materia cultural, en lo que se refiere a la protección y protección de la lengua gallega de El Bierzo. Fundamentamos esta iniciativa cultural en los criterios de descentralización, cercanía a los ciudadanos bercianos galegofalantes, eficacia de la administración más próxima y eficiencia de gestión para evitar duplicidades administrativas.



            Queda claro que no se demanda el traspaso competencial de una materia propia de la Diputación leonesa. Se trata de pedir la delegación parcial de la materia de cultura, en lo que se refiere a la protección y fomento de la lengua gallega de El Bierzo. Luego no puede haber ningún impedimento jurídico o político a esta posible y necesaria descentralización en el Consejo Comarcal.

            La financiación de esta posible delegación cultural, a cargo de la Diputación leonesa, ya se reconoce en la Ley de la Comarca (2010), “las aportaciones destinadas a gastos corrientes y a la realización de inversiones del Consejo Comarcal que se pueden contemplar en los Presupuestos de los Ayuntamientos de la Comarca y de la Diputación Provincial de León” (art. 28.4).

            En este sentido, traemos a colaboración el ejemplo del convenio marco que establecieron la Diputació de Lleida y el Conselh Generau d´Aran para la promoción de la lengua aranesa en el año 2005, y que se ha venido renovando periódicamente y actualizándolo económicamente por 220.000 euros.



LA PROPUESTA DE DELEGACIÓN.

            La existencia de la lengua gallega es una singularidad cultural propia de El Bierzo, que no existe en el resto de la provincia leonesa. Por lo tanto este idioma  tiene un claro interés comarcal, de ahí la implicación del Consejo Comarcal en su protección. La Diputación provincial no puede ignorar esta realidad cultural bilingüe porque sería claramente discriminatoria. Es necesario un convenio entre la Diputación de León y el Consejo Comarcal berciano, de delegación en materia cultural para la protección del gallego, que sirva para fomentar nuestro idioma en varios campos.

            Entre los objetivos de dicho convenio debe estar la creación del servicio lingüístico del Consejo comarcal berciano. Este servicio lingüístico podrá contratar personal bilingüe, fomentar el gallego en las administraciones locales (ayuntamientos y pedanías), subvencionar actividades culturales, organizar cursos de gallego, elaborar documentación bilingüe, recuperar la toponimia tradicional, edición de publicaciones (libros, folletos turísticos, mapas, etc), digitalización bilingüe, señalización en gallego (cartelería, señales, etc

O Bierzo, outubro de 2023.  


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

domingo, octubre 01, 2023

VOLTAN OS NOSOS IRMANDIÑOS BERCIANOS.

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL


VOLTAN OS IRMANDIÑOS BERCIANOS.

Por Xabier Lago Mestre.

Temos novas da vindeira recreación histórica da toma do castelo de Ponferrada polos irmandiños. Boa ocasión ésta para recordar como foron aqueles acontecementos belicosos de fines da Idade Media (1467-69). Por sorte cada vez máis atopamos novos datos na documentación histórica, por iso podemos fundamentar o noso relatorio.

            O Bierzo de fines da Idade Media estaba controlado polos señoríos laicos e eclesiásticos, xogando a Coroa de Castela un papel secundario. Os condes de Lemos foron os máis poderosos. Velaí os abusos de Pedro Osorio cos vasalos da súa esposa, Beatriz de Castro, “certos vasallos de Ponferrada fueron a quexar porque el conde les fatigaba mucho labrando la dicha fortaleza”. Mais o dito señor abusaba tamén dos vasalos alleos cando lle petaba, “mandava e señoreava toda esta provincia del Vierzo (…) traya los ombres de las abadyas, así como de San Pedro de Montes e Santa Marya de Carrazedo e de Sant Andres de La Espinareda (…) les mandaba como a sus vasallos” (segundo preito de 1517).



               Ante os abusos señoriais, os vasalos deciden organizarse en irmandade. No caso do mosteiro de Espiñareda, o seu abade rexeita a irmandade popular, “estando en concejo, juez e omes buenos de terra de San Andrés d´Espinareda, paresçio don Ares, abbad (…) et dixo que como mejor podía e devia como señor de la dicha terra requería et defendía a los dichos consejo e omes buenos que non entrasen en la hermandad sin su licencia” (xaneiro de 1467). Sen embargo, os bercianos organizáronse en irmandade, “quadreleros los chamaron e eles vinieran por servicio de la hermanda a su chamo”, e estableceron o seu programa político, “dexieron quellos farian verbo e condición de se ajudar con derecho para se defender e mantener las costumbres de dicho lugar”.

A OFENSIVA IRMANDIÑA.

            Sabemos que no Bierzo penetraron dúas frontes irmandiñas galegas contra o conde de Lemos. Desde Lugo  entraron as forzas do capitán Pedro Osorio que atacaron os castelos do ocidente (Valboa, Serracin e Corullón). Mentres que polo sul viñera o exército de Alonso de Lanzós, que derrubaron os castelos do Bolo e do Castro en Valdeorras (Isidro Garcia Tato), para logo continuar contra as fortalezas de Lusio, Cornatelo, Pena Ramiro e Pena Belosa na Cabreira. Ambalas dúas frontes irmandiñas coincidiran ante o castelo de Ponferrada, onde estaba o fuxido conde de Lemos.



            Por certo, coñecemos da presenza de irmandiños en Asturias e Seabria, todas comarcas de idioma galego.  O capitán Pedro Osorio, irmao do marqués de Astorga, viña acompañado de “muchos fidalgos, que eran del estremo de las Asturias, y otros gallegos, y otros venían con él de los de Navia y Burón” (Vasco de Aponte). Polo que toca a Seabra, o conde de Benavente queimou aos irmandiños na localidade de Cobreros (I. Beceiro Pita).

            Os irmandiños foron principalmente labregos, vasalos asoballados, ademais de fidalgos descontentos cos grandes señores. Temos o caso do señor de Arganza que se rebelou contra o propio conde de Lemos e resultou asaeteado no castelo de Ponferrada. Ademais houbo conflitos interseñoriais. O marqués de Astorga amosou o seu apoio aos irmandiños ante os ataques contra o seu inimigo o conde de Lemos.

            Pola outra banda, o conde de Lemos contactou coa Santa Irmandade de Castela e León para obter o seu apoio político. Así rexedores dos concellos de Vilafranca, Cacabelos e Ponferrada foron a Madrigal para denunciar aos irmandiños. A irmandade de Castela aprobou unha providencia contra a revolta irmandiña (febrero de 1468). Convén dicir que será o conde de Lemos quen recade e reciba parte dos impostos da Irmandade castelá nos seus territorios.  



A CONTRAOFENSIVA SEÑORIAL.

            Ante a presión irmandiña, o conde de Lemos fuxíu desde Ponferrada ao señorío do conde Luna para a cidade de León, onde vendeu as súas xoias na xudería e puido contratar soldados mercenarios. Ademais procurou o apoio político do marqués de Astorga, ao cal tivo que cederlle as vilas de Sarria e Chantada (septiembre de 1467).

            Os grandes señores galegos organizaron os seus ataques contra os irmandiños. Unha fronte atacou por Seabra co conde de Benavante e mailo arzobispo Fonseca desde Salamanca até Ourense. Outra fronte penetrou desde Portugal para Compostela. E o conde de Lemos atacou desde León contra O Bierzo e Lugo.

            Os exercitos irmandiños, de labregos e fidalgos, foron derrotados pola alta nobreza. E comezou a represión cos rebeldes vasalos. O conde de Lemos obrigou a facer serventías (prestaciois persoais), caso das reparaciois de castelos derrubados.  Os vasalos sufriron novos abusos e queixáronse, mais o conde lles respostaba “carretad, villanos, que bien recios andabades en derribar mis casas” (preitoTabera-Fonseca de 1527).

            A dita revolta irmadiña non debilita o poder señorial. Os grandes señores seguen as súas liortas entre eles. Son os casos das guerras entre o conde de Lemos co conde de Benavente por Ourense (paz de Pomboeiro, 1472) e co marqués de Astorga por Sarria (1471). Serán os Reis Católicos os que comezaran a controlar a nobreza galega. En 1480 o gobernador recibe novo mandato real para executar a xustiza da Coroa en Galicia e “de las villas que son en el Bierzo e Balçarce”. Sen embargo, a derrota final do conde de Lemos ante a Coroa non chegará até depois das súas rebeliois de 1486 e 1507.  



A MEMORIA HISTÓRICA.

            Pasadas as décadas, a revolta irmandiña permanecía viva no imaxinario popular. Foi o caso do preito, entre o mosteiro de Carracedo e os seus vasalos. Estes denunciaron que a imposición fiscal, dos cuartos e quintos pola roturación de montes, foi posta polo conde de Lemos, “quando las hermandades le hecharon del Vierzo despues volvio avya empuesto estos quartos e quintos en los lugares de la abbadia y términos de Favero y campo de Naraya” (1513).

            Incluso a tradición oral en galego conservou, de xeito interxeracional, un romance popular que fai referencia aos irmandiños do Bierzo, “camiñan cara de Ponferrada, os irmandiños, os irmandiños. Galicia polo seu paso volve ser ceibe. Dos montes brancos do Bierzo vaise xa a neve. Os irmandiños avanzan polos camiños. Traen para Galicia paz e xustiza. Os irmandiños, os irmandiños (…)

O Bierzo, outubro de 2023.

 

 

 



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es