miércoles, mayo 30, 2018

O GALEGO NO BIERZO: UNHA LINGUA MINORIZADA (2)


O GALEGO NO BIERZO: UNHA LINGUA MINORIZADA. (II)
por Marcelino B..Taboada.

Un idioma goza de máis o menos proxección consonte a un sistema de axudas e subvencións ‒directas ou deferidas‒ pero, na meirande parte das ocasións, a predisposición administrativa inflúe decisivamente na andaina e rumbo, en perspectiva cualitativa e cuantitativa, das creacións escritas: adxudicación de publicidade institucional, apoio e fornecemento de medios a prol do financiamento a emprendementos editoriais, mantemento da prensa e dos xornais e revistas cunha porcentaxe apreciable dos seus contidos na lingua minorada nas áreas periféricas (en papel ou dixitais,…),... A contradición (da que semellan os sucesivos representantes cidadáns non terse decatado) entre as manifestacións tópicas ao uso e os ulteriores froitos materiais, no seo dunha normalización que non está a acadar apenas as metas propostas coma prioritarias, é flagrante. Un expoñente claro é que non se artellaran ata o de agora (nunca se pensou nilo) unhas liñas de soporte, ben dotadas e que proveran de folgos ao galego estremeiro, v.g un orzamento que cubrira as necesidades dun programa de fomento difusor e que contemplase logo unha solución viable aos atrancos e problemas engadidos nas zonas bilingües (O Bierzo, A Seabra ou a franxa asturiana contida entre o Eo e o Navia).


Convén neste intre, ao mesmo tempo que se pondera con xusteza os apartados onde hai trazos positivos a denotar, facer unha alusión á parte preceptiva ou administrativa do asunto a referir. Na nosa comarca, normativamente, o idioma galego ten unha consideración elevada: “digno de respecto e protección”. En outras verbas explicativas: “non é cooficial mais si se lle adxudica unha posición relevante e senlleira”. Isto comporta na práctica unhas limitacións e precisións en canto á súa aplicación burocrática e nos servizos e institucións públicas, seica tolerada no eido da oralidade das propostas a vehicular nos concellos e cuxo emprego é frecuente, pese a que formalmente sen valor oficial por razóns lóxicas. De calquera maneira poderíase espallar o seu emprego e utilidade en certos sectores, aproveitando a boa dispoñibilidade política e o acougo co que xeralmente o acolle o conxunto da poboación. Neste campo, unha das demandas ‒xa de antano, por recorrente, e ata a xeito de elemento enxebre‒ ten moito que ver coa aconsellable dotación polo Consello comarcal dunha Oficina de apoio lingüístico. Pois ben, sendo de supoñer que as relacións entre este Organismo e a próxima Galicia (e incluso Portugal) se incrementarán no porvir, e asemade se multiplicarán as achegas respectivas nos vindeiros tempos, faría falla unha adaptación neste senso específico. Neste fío de propostas, xa pugnando nesta teima, cómpre establecer unha previsión: trátase do destino ad hoc de tan siquera un par de funcionarios cuxa función sería triple (informar e participar na negociación dos convenios nun marco interrexional e transfronteirizo, procurar a tradución correcta daqueles documentos precisos e proporcionar ás nosas autoridades intervenientes un asesoramento técnico nas materias concretas a acordar), circunstancia que melloraría e daría un pulo identitario e de apertura á nosa comunidade (na actualidade de configuración nomeadamente local).


Nesta mesma parcela de transcendencia pública, hai que facer mención deseguido á tradicional utilización da lingua propia e particular da rexión galaica. É sabido o réxime de permisividade de sempre na franxa do amplo limiar fronteirizo, raiano co castelán (coa colaboración pasiva das autoridades tardofranquistas), que chegou a dar excepcionalmente enceto a unha traxectoria de oralidade enxeñosa (nomeadamente no eido campesiño ou labrego). Traducíase este estado de cousas nas xuntanzas parroquiais ou veciñais, que se levaban a termo servíndose da fala ou dialecto típico do país. Emporiso, os novos aires modernos, que tentan rematar con esta realidade adaptada estreitamente ao contorno circundante, agroman na súa contra (arreo e en algures), pretextando a escusa manida da globalización. De feito, na galaxia das novas tecnoloxías a uniformidade é a moeda corrente que pretenden impoñernos os magos do futuro. 


Unha arela tradicional a encher cunha relativa urxencia ‒cos seus desenvolvementos subseguintes e indisolublemente vencellados ás denominacións ancestrais dos sitios, e ademais aínda pendentes de realizar coma unha carencia a remediar e proveniente dos nosos devanceiros‒ subsúmese na falta dun estudo sistemático e académico da singular toponimia do Bierzo occidental e as súas connotacións antropolóxicas, feitos anecdóticos, curiosidades arqueolóxicas, xeoloxía, accidentes xeográficos e historia. Por conseguinte, a terminoloxía a conservar e as identificacións dos lugares e enclaves específicos esixe unha planificación coidada de seu. Ao remate deste labor o beneficio, no dominio ligado a unha pluralidade cultural colectiva diversa e ao resto de compoñentes consuetudinarios compartidos con outros pobos, posibilitaría a transmisión dun abondoso legado ás xeracións futuras. E no seu caso, co complemento engadido acumulado a través dos primixenios nomes distintivos e remotas referencias procedentes da área asturiano-leonesa (e, máis polo miúdo, na de fala patsueza), ampliaríase o catálogo dirixido á recuperación do nomenclátor primitivo e xenuíno.


Antes de debullar outras consideracións no ámbito privado, é preciso sinalar unhas peculiaridades básicas que se aprecian aínda na comarca berciana: “a permeabilidade, pluriculturalidade e apertura”. Acontecementos históricos salientables e perdurables, tales como o Camiño de Santiago, a romanización ou a continuidade de costumes compartidas con outras bisbarras exerciron o papel de liame entre o noso territorio e todo o resto de espazos circundantes (xunguidos, ás veces, a través de montañas ou ao longo de hábitats agrogandeiros rexidos por normas ou regras consensuadas e non escritas). Así mesmo, fenómenos ou citas habituais e periódicas ‒festas, feiras e xuntanzas case familiares en agradecemento e pagamento pola participación na boa consecución das colleitas (mallas, produtos comúns e aproveitamentos diversos do monte, vendimas,…)‒ ou ritos anuais e estacionais (matanza, magostos, celebracións de raíz gandeira ou artesanal, fiandóns,…), ou os eventos bélicos, foron creando unha sociedade solidaria, porosa, nalgúns casos teimuda  e celosa da súa orixe. 

Por outra banda, co gallo de acometer o peche deste sinxelo resumo que xira sobre o eixo das eivas principais do galego estremeiro ou irredento, é de rigor aludir á implicación social que se albisca aínda nos nosos lares. A autenticidade e necesidade deste cativo relatorio debe xustificarse en principio nas analoxías ou semellanzas da cultura tradicional e das conmemoracións, fitos do imaxinario colectivo e festividades, traballos no rural e ata no caso de institucións pedáneas e veciñais de cadansúa das beiras das serras dos Ancares e do Courel. Polo tanto, o que se pretende plasmar neste recanto é que existe unha interconexión, coincidencia e continuidade remarcables e constatables, un feixe delas dende hai séculos, que responden a un idéntico modo de vida e valores herdados dos nosos antergos.


Porén, noutros terreos e ao respecto de artellar outros acontecementos literarios a subliñar, o certo é que as iniciativas e proxectos non abondan. Se ben a música, as manifestacións históricas, gastronómicas ou lúdico-festivas ou as tarefas estacionais e hábitos coinciden “aquí e acolá” e alcanzan unha sona resaltable, as actividades artísticas adicionais e alternativas prográmanse fundamentalmente espalladas e de maneira esporádica, en datas taxadas. O Centro Galicia de Ponferrada agarima baixo a súa éxida unha morea afouta de xentes con morriña ou soidade da comunidade irmá (sexa a causa de motivacións de tipo xenealóxico, por atracción ou ben aguilloadas por preferencias de afección), a Comisión Martín Sarmiento ‒co soporte insubstutuíble e axeitado da Xunta, en eventos de tipo escolar, expositivo ou artístico (teatro e espectáculos coa intervención de alumnos e intérpretes e a oferta de posta en escena de obras didácticas, adaptadas ao auditorio e a título altruísta), por mor das reunións de avaliación e irmandade‒, na procura de consolidar o Programa de Ensino, mailos intercambios de alumnos (visitas ou semanas de viaxes en grupo),... desenvolve un rol decisivo na orientación do ensino e a práctica docente. Tampouco hai que esquecer o xurdimento providencial ‒hai preto dun trienio‒ do autodenominado Grupo As Médulas, que leva a cabo unha intensa traballo a gabar (adoitando a transitar por uns vieiros culturais de relativa excelencia) e que recentemente adquiriu un dinamismo especial. Este movimento asociativo (co amparo da editorial Edicións Positivas) tenta aportar un impulso adicional, coa creación do Premio que pretender poñer en valor e prestixiar a figura do escritor cacabelense Antonio Fernández Morales. Neste ámbito, convén lembrar varios antecedentes e persoeiros que contribuíron con anterioridade ao fin de que non devecera nin se esvaecera o rastro da súa memoria: D. José Antonio Balboa, filólogos e investigadores da específica dialectoloxía berciana (en confluencia con outras variantes da lingua do oriente, centrados ante todo nas problemáticas privativas dos amplos limiares de transición) ou do léxico ancarés, como Anxo Angueira, a Fundación Penzol da cidade olívica (Vigo),…

(Continuará noutro capítulo, o que se corresponde co epílogo)

O BIERZO, MAIO DE 2018.
WWW.ELECODELBIERZO.ES



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

LAS ORDENANZAS CONCEJILES DE OZUELA Y ORBANALLO.l


LAS ORDENANZAS DE OZUELA.
por Javier Lago Mestre,
Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.

Conservamos las ordenanzas concejiles de Ozuela y Orbanallo de 1672. Este documento nos facilita información sobre la vida comunitaria de estas localidades. En su introducción se dice que las antiguas ordenanzas “estaban muy paradas, rotas y canceladas”. Por eso sus vecinos acuden a Ponferrada, ante el escribano real, “para que se hiciesen  las más que conviniese al buen gobierno de su república”.

En su texto histórico se hace referencia a su órgano de gobierno, el concejo. La convocatoria de concejo se hace “tocando la campana a concejo”. Incluso se indica la hora de reunión, “en dando el sol en el Peralucho están todos juntos”. También hay preocupación por el orden en las juntas, por eso “ningún vecino lleve al concejo lanza ni espada, hoz de machado, ni bordón con hierro, ni otra arma”. Se avisa de que “ninguna persona deshonre procurador ni jurado”.


Sus ordenanzas fijan la explotación de los escasos montes. Por eso se regula lo que puede llevarse cada vecino, “un carro de leña gruesa y otro carro de chamasco” bajo pena de 8 reales. Otro artículo establece la pena por la corta ilegal de leña, 600 maravedís “por cada pie que se cortare en los dichos montes y dehesas”.

El concejo también regula los derechos de pastoreo comunales. En Orbanallo los prados deberán abrirse “acabando de segar la hierba de San Juan, hasta el día ocho de febrero del año siguiente”. Incluso se establecen las fechas de acarreo de hierba “por acuerdo concejo de dicho lugar”.

Hay una preocupación colectiva por las llamadas cerraduras “que hubiere así de panes, viñas y prados”, para impedir la entrada de ganados, y que estarán así hasta “pasado el día de Nuestra Señora de agosto”. Se insiste concretamente en el ucedo de Orbanallo, “para quitar competencias entre los lugares de Ozuela y Orbanallo”. Serán unos hombres nombrados los que fijen los pastos en ese ucedo común, “dos días cada semana y no más”.


Los vecinos tenían sus ganados particulares que salían al pasto en veceras comunitarias. Las ordenanzas nos hablan de veceras de ganados mayores (bueyes y vacas) y menores (cabras y puercos). Se indica que los vecinos deben sacar sus ganados, por las mañanas, a unos lugares concretos para formar las veceras comunales. Estas serán conducidas por los prigueros a las zonas de pasto.  

Los concejos muestran su preocupación por la conservación de los sus montes ante la amenaza del carbón vegetal. Así “no puedan arrancar ningún cepo de urce ni cardón, para hacer carbón ni para hacer sembrados”. Por supuesto los concejos fijan las zonas de sembradura en montes comunales (bouzas o searas). Por ejemplo, hay referencias a la dehesa de Cabo de Villa “a la mano que hubiere pan” y en el término de Las Nogalonas “a mano de pan”.


En otros apartados hay menciones a la regulación del vino, “vendimiare sin licencia del dicho concejo” o a que “ninguna persona de fuera de este lugar pueda sacar vino de lo que se cogiere”. Y la ordenanza remata con varios artículos sobre la taberna. 

O Bierzo, maio de 2018
www.facebook.com/javierlagomestre

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

lunes, mayo 28, 2018

AS ENQUISAS SOCIOLINGÜÍSTICAS PARCIAIS.


ENQUISAS LINGÜÍSTICAS PARCIAIS,
Por Javier Lago Mestre.
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

Os medios de comunicación informan sobre os resultados da última enquisa sobre sociolingüística do galego, editada pola Real Academia Galega (2018).  Neste escrito non imos analizar os resultados dese académico traballo. Soamente pretendemos facer unha valoración crítica do seu contido como falantes exteriores.

Os galegofalantes dos territorios estremeiros, a saber, Eo-Navia, O Bierzo e mailas Portelas de Zamora, non entendemos que non se nos teña máis en conta. Cal é a razón de que esas enquisas e traballos sociolingüísticos ignoren aos falantes destas terras?. 


Neses estudos xorden os mapas de Galiza, por concellos e bisbarras da atual Comunidade Autónoma. Mais os territorios estremeiros, con galegofalantes dende a Idade Media, non existimos nos gráficos. Canto mal está a facer este ocultamento para a valoración lingüística dos propios falantes estemeiros. 

Cando se estuda a situación da lingua galega é un grave erro restrinxir a análise aos falantes da atual Comunidade Autónoma de Galicia. O abandono investigador de parte dos falantes do noroeste peninsular, cos territorios estremeiros, non ten explicación lóxica.

Restrinxir os estudos sociolingüísticos á Comunidade Autónoma de Galicia favorece as dinámicas de desprestixio dos galegofalantes estremeiros. Non se analiza o que non se valora académicamente, quizais por sermos minorías culturais afastadas.


Os galegofalantes estremeiros sufrimos, nos nosos territorios illados, o sometemento a continuas discriminacioes políticas, administrativas, educativas, etc. Nosoutros non temos recoñecidos os nosos dereitos lingüísticos históricos. Por iso era de agardar un maior respeito por parte da Galiza administrativa veciña. Tamén somos protagonistas da presenza do idioma galego no noroeste peninsular. Merecemos outro trato institucional.

Reclamamos a tódalas institucioes da Comunidade Autónoma de Galicia que miren máis polos falantes estremeiros. Queremos recuperar a irmandade cultural histórica. Menos complexos polos lindeiros políticos y administrativos que nos afastan hoxe. Cómpre un compromiso cultural interterritorial polo mantemento de tódolos galegofalantes no noroeste peninsular sen excepciois.


Por todo o dito, as comunidades galegofalantes estremeiras temos unha sensación de abandono. Como tais minorías non podemos resistir ante as políticas culturais uniformizadoras de Asturias e Castela e León. Necesitamos a axuda exterior, da Galiza, para parar as dinámicas discriminatorias acotío. Neste senso, estaría ben a fixación de convenios de colaboración, en materia lingüística entre institucioes de Galiza e Asturias e O Bierzo, caso do noso Consello Comarcal.

Outro tanto se pode dicir dos medios de comunicación. Informar máis sobre a problemática lingüística dos territorios estremeiros axudaría moito. Deste xeito a Galiza administrativa tomaría máis conciencia da necesidade de axudar aos falantes foráneos. As minorías estremeiras necesitamos dese apoio mediático exterior para reforzar a nosa autoestima coletiva. 

O Bierzo, maio de 2017.
www.facebook.com/javierlagomestre

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

jueves, mayo 24, 2018

O REFRANEIRO BERCIANO DE MAIO E XUÑO.


OS REFRAIS DOS MESES DE MAIO E XUÑO NO BIERZO.
polo Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.

              OS TROCOS DE TEMPO EN MAIO.
“Chova en maio, anque non chova en todo o ano”.
"Días de maio, días do diaño, non dan para facer un pote de caldo".
“En maio, queima a vella o tallo” (porque aínda hai días de moita friaxe).
"En maio, queima a vella o saio" (El habla de Toreno, de Fco. Glez Glez).
“Xaneiro xiabreiro, febreiro muriceiro, marzo airoso e abril chuvioso, sacan o maio frorido e fermoso”.
“Maio pardo e San Xoán (xuño) claro”.
"Se vai bon tempo nas festas de Catroventos (polo 1 de maio neste barrio de Ponferrada), as de Flores do Sil están chafadas (na seguinte fin de semana polo mal tempo)".
“Maio pardo e San Xoán claro, sinal de bo ano” .
"Ceo ovellado, solo mollado" (en Teixeira, pola ameaza de chuvias"
“Maio granaio, xuño segaio e xullo maiaio” (referencias mensuais ao gran, á sega e á maia).
"Cando marzo maiea, maio marcea".
"No mes de maio, mes da maldición, a penas sae o sol xa se pon".
"Non quites a roupa ata a Ascensión (14 de maio), e despois quite e pon" (S. Castelao Diñeiro).


OS CONSELLOS AGROGANDEIROS DE MAIO.
"Chuvia pola Ascensión (14 de maio), nin boa faba nin bo melón".
"Se chove pola Ascensión, o trigo criará morrión".
"Auga de maio, pan para todo o ano".
"En maio come a vella cereixas ó lume"
"En maio medra o tallo" (Encinedo).
"En maio, millo sementado, cal enxoito cal mollado"
"En maio o garabanzal, nin nado nin por sementar".
"Maio, foz en man, xullo, foz no puño" (Toreno do Bierzo).
"Pasa maio, polo pan, que detrás vén S. Xoán, e logo Sta. Marina (18 de xullo) e hai que coller a fariña".
"Maio hortelano, moita palla e pouco grano"
“Corre maio polo pan, e detrás vén S. Xoán, e detrás Santa Mariña para segar a gabeliña”.
“En maio, na corte trema o cabalo” (recolla de Fernando Bello Garnelo)
“Mes de maio, mes de maio; cando fai calor, a cebada está granada, o centeo anda en flor”
"Perexil de maio, perexil para todo o ano" (tempos de perexil).


AO ABEIRO DOS SANTIÑOS DO MES:
"Se chove pola Ascensión (14 de maio), corenta días de chuvia son"
“Polo San Matías (14 de maio), igualan as noites cos días”.
“Pola Cruz, a viña reluce” (A Cruz son os primeiros de maio).
"Polo S. Matías (14 de maio) anda co antroido ás porfías" (competencia sobre quen é antes).
"Polo s. Bernardino (20 maio) quen cavou cavou" (remata o tempo das cavas agrarias)
“O que queira boa coiña, sembrea no menguante de Santa Mariña” (18 de maio)
"Ata pasado S. Xermán (28 de maio) non digasque teñes nin viño nin pan" (polos tempos  loucos maio)
"S. Isidro (15 de maio) labrador leva a chuvieira e trae o sol".


REFRAIS DE DO MES XUÑO OU SAN XOÁN.
“En San Xoán as dez con día dan” (porque escurece máis tarde).
"San Juan (24 de xuño) amenaza, y S. Pedro (29 de xuño) echa de casa" (referencia a la terminación de los alquileres en Bembibre).
"S. Antoño (13 xuño) é un santo, e irmau do meu marido, cando o meu gando falta, S. Antoño vai comigo" (da bisbarra do Courel).
“Ata san Antón (13 de xuño), Pascuas son”.
"Malo se por S. Bernabé non deixou de chover".
"Polo S. Silveiro (20 de xuño) coídate de tomar o sol sen sombreiro" (quenta moito xa o sol).
"Tarde ou temprau, por S. Xoán (24 de xuño), adiantouse o verau".
"En xuño o día 21 (entrada do verán) é logo como ningún" (polo día máis longo do ano).
"Xuño, claro e fresquiño, para todos é bendito"
"Xuño ao principio chuvioso, anuncia verán caloroso".
"En xuño choverá pero antes tronará".


CONSELLOS AGROGANDEIROS NO MES DE XUÑO.
"Por S. Xoán a sardiña molla o pan" (son tempos de sardiñadas).
“Augas de San Xoán (24 de xuño), quitan viño e non dan pan”.
“San Antoño (13 de xuño), San Antoñin, garda o nos rebañín”.
"Cando xuño chega, busca a foz a sega chega".
"A bima de S. Xoán, sen abono dá pan" (con pouca laboura abundancia de froitos no campo).
“Por S. Xoán (24 de xuño) a sardiña unta o pan” (pola abundancia deste peixe na alimentación).

O Bierzo, maio de 2018
www.facebook.com/javierlagomestre
www.obierzoceibe.blogspot.com


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

sábado, mayo 19, 2018

NUEVOS SECRETARIOS EN LAS PEDANÍAS BERCIANAS.



CONTRA LOS NUEVOS SECRETARIOS
DE LAS PEDANIAS BERCIANAS.

El colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo quiere denunciar la normativa que pretende la implantación de nuevos secretarios en las pedanías de El Bierzo. Nos referimos al R. Decreto 128/2018, de 16 de marzo, que regula el régimen jurídico de los funcionarios de Administración Local con habilitación de carácter nacional. Esta norma establece, en su disposición adicional 5ª, que las funciones de secretaria, tesorería y recaudación sean desempeñadas por un funcionario con habilitación de carácter nacional. Y para las entidades locales menores, con población inferior a 5.000 habitantes, exigirá que esas comentadas funciones sean ejercidas por funcionarios de carrera del grupo A1.



LA SECRETARÍA VECINAL COMO AUTONOMÍA LOCAL. 

Hasta ahora las pedanías bercianas han tenido un secretario cuyas funciones han sido desempeñadas por un vecino de la propia localidad. La nueva norma pretende fijar la presencia obligatoria de un funcionario foráneo, del ayuntamiento correspondiente, de la Diputación leonesa o del Consejo Comarcal berciano. Este hecho alterará gravemente la autonomía local de la pedanía al condicionar su funcionamiento administrativo y político.  Las pequeñas pedanías bercianas carecen medios económicos ni personales para cumplir con la nueva normativa, por lo que tendrán que depender de otras administraciones locales para cumplir con tal mandato legal. Todo ello supondrá para las pedanías grave pérdida de su autonomía local y de su funcionamiento democrático.  


COMPETENCIA AUTONÓMICA SOBRE LAS PEDANÍAS.

La Ley del Régimen Local de Castilla  y León (1998) regula la presencia de los secretarios de otras administraciones locales en los entes locales menores, cuando se refiere al asesoramiento legal a la hora de elaborar los presupuestos pedáneos (artículo 70.1 y 2). Pero no se fijan otras intervenciones  de secretarios foráneos en las pedanías. Resulta claro que la norma estatal no puede regular la competencia autonómica sobre los entes locales menores y sus secretarios.

LAS CONSECUENCIAS LINGÜÍSTICAS. 

Las pedanías de El Bierzo occidental han utilizado la lengua gallega tradicional. Por supuesto, los procesos de institucionalización y burocratización de los entes locales no han permitido el uso del gallego escrito ante la oficialidad del castellano. De ahí que toda la documentación histórica esté en castellano (ordenanzas concejiles, poderes, concordias, etc). Pero el gallego oral ha tenido un uso secular en los entes locales (concejos, juntas administrativas y pedanías) porque era el utilizado por sus vecinos y políticos en sus debates.


Con la pretendida presencia de secretarios foráneos, municipales, provinciales o comarcales, el idioma gallego de El Bierzo dejará de existir de manera oral en los entes locales menores. Los nuevos funcionarios secretarios exigirán cumplir con la normativa que establece que el castellano es el único idioma oficial de Castilla y León, e impedirá el uso oral del gallego, que es lengua tradicional pero no oficial. 

Por otra parte, esos funcionarios secretarios no tienen obligación legal de entender el idioma gallego de El Bierzo, cuando lo usen oralmente los vecinos y políticos de los entes locales menores. Los nuevos secretarios foráneos podrán  impedirán el uso oral del gallego por sus vecinos para facilitar su comprensión o por imperativo legal. Así los vecinos se verán coartados a no usar su lengua gallega en los debates de juntas vecinales, asambleas y concejos abiertos. Por estas razones, la lengua gallega dejará de tener presencia oral efectiva en los entes locales menores de El Bierzo occidental.


LOS USOS LINGÜÍSTICOS LOCALES.

Recordamos que la legislación local, estatal y autonómica, determina la prevalencia del derecho consuetudinario local. Así lo fija el reglamento de organización, funcionamiento y régimen jurídico de las entidades locales (R.D. 2568/1986), “el funcionamiento de las asambleas vecinales se ajustará a los usos, costumbres y tradiciones locales (…)”. Entendemos que entre esos usos locales está la utilización secular por los vecinos de su tradicional lengua gallega de El Bierzo. 

Conviene tener también presente que la lengua gallega tiene un reconocimiento legal en el Estatuto de Autonomía de Castilla y León, “gozará de respeto y protección la lengua gallega en los lugares en que habitualmente se utilice” (art. 5.3). Este mandato de ley orgánica obliga a todas las administraciones públicas en su cumplimiento. De ahí que la comentada nueva norma, sobre la obligada presencia de funcionarios secretarios en los entes locales menores, no debería restringir todavía más el uso oral de la lengua gallega  en las pedanías bercianas.   


LAS QUEJAS ANTE LOS PARTIDOS POLÍTICOS.

Por todo ello, desde Fala Ceibe enviamos nuestras quejas contra esta nueva norma estatal ante  el Procurador del Común, Defensor del Pueblo y partidos políticos de las Cortes Generales y Cortes de Castilla y León. Denunciamos que el R. Decreto altera con su articulado la autonomía local de las pedanías y carece de la legitimidad y justificación que precisa para ser aplicado.

   O Bierzo, maio de 2018
www.facebook.com/javierlagomestre
www.obierzoceibe.blogspot.com
           

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

viernes, mayo 18, 2018

O GALEGO NO BIERZO: UNHA LINGUA MINORIZADA ( I )


O GALEGO NO BIERZO: UNHA LINGUA MINORIZADA (I),
por Marcelino B. Taboada.

Ao meu entender o idioma galego na nosa contorna responde ás connotacións ou apuntamentos tópicos que definen e acoutan unha lingua minorizada calquera. E esta precisión vén a conto co fin de establecer as diverxencias fronte ás chamadas minoritarias. É dicir, que a pesar de non atoparse na situación eventual de acoller un número de falantes de xeito residual ‒xa que, como pouco, se cifran nuns 40.000 os seus hipotéticos usuarios, unha porcentaxe (en proporción ao censo de tódolos residentes actuais que viven na comarca) a non desprezar‒, a súa presenza podería aínda incrementarse en áreas vencelladas coas relacións humanas correntes, básicas e/ou familiares nas que antano era un elemento de obrigada asistencia. E, ademais, hai ámbitos relativos ao coñecemento, ciencia e dominios específicos cunha gran capacidade de desenvolvemento nos que parece estar condenada ao esquecemento pero sempre a causa da desidia e indolencia propias, ancestrais e/ou modernas.

Fóra destas eivas que sen dúbida proveñen dunha multiplicidade de axentes e condicionamentos, o seu afastamento dun concepto de marxinalidade é patente, pois tampouco se dan as circunstancias negativas necesarias que coadxuven intencionalmente na procura de fixar unha estratexia tendente a acadar un obxectivo excluínte: que se produza un rexeitamento salientable e permanente pola banda da burguesía e intelectualidade local con certo prestixio, e nomeadamente das clases sociais pertencentes neste senso a un sistema ideolóxico único, acaparador e coincidente.



Agora ben, cales son as notas que concorren no intre de ter que definir e catalogar o galego coma lingua minorizada no noso país? Segundo o meu xuízo, estes trazos insírense nunha categoría ampla que contén todo un conxunto de factores singulares e que se manifestan asemade no terreo social, cultural e económico. Dito como cómpre expresalo nunha perspectiva sociolóxica: “algúns de nós tamén desempeñamos neste asunto un rol de pasividade e desentendemento, porque así entre os moitos concernidos non nos sentimos tan responsables”.

Volvendo ao fío concreto das circunstancias que determinan a pouca consideración da segunda fala do Bierzo, convén botar tan sequera unha sinxela ollada ás notas indispensables a incluír na esquemática análise a debullar deseguido, e no seo de ámbitos esenciais: o académico ou escolar, o administrativo ou político, o mediático e divulgativo e polo que atinxe ao eido dos colectivos a implicar (coñecidos co termo laxo de “sociedade civil”).


No primeiro destes epígrafes a glosar (o educativo, por mor de constituír unha materia regrada) o máis exitoso e de gabar dos devanditos factores influíntes hase ponderar a súa evolución recente, que provoca que o uso do idioma neste recanto estea a recuncar paseniñamente. Isto é tan notorio que a súa avaliación vén conseguindo nos últimos tempos unha cualificación case óptima e exemplar, pese a acumular aínda súa curta singladura. Trala sinatura dos acordos entre as dúas Administracións autonómicas en cuestión (comezando a seu percorrido real, neste contexto, no curso 2001/02), a medra nas cifras totais de alumnos inscritos non deixou de manterse á alza (ata ser considerada extraordinaria, por enriba das previsións máis esperanzadoras naquelas datas): 844 estudantes no ano lectivo 2005/06, pasando a superar o milleiro no 2008/09 (engadindo neste rexistro os datos aportados pola zona de As Portelas, en Zamora), chegando a unos 980 no 2016/17 na nosa exclusiva área estremeira. Esta dinámica crecente vaise consolidando consonte as derradeiras informacións, que falan dunha fita notable acadada, plasmada nos datos (que conforman novamente outro récord na actualidade, practicamente impensable no 2017/18): máis de 1.100 alumnos no global, oficiais e libres (sen sumar os candidatos que se examinan acolléndose ás convocatorias da proba propia dos Certificados a outorgar pola Xunta: os CELGA, liderados polo CELGA 4).


Neste campo de actuación tan alentador e cobizoso o resultado do labor feito é sobresaínte e, aínda que resten algúns aspectos salientables a mellorar (a mingua notable polo que fai ao paso ou transición entre os diferentes niveis de estudos a percorrer e, ante todo, no non acollemento do galego coma materia optativa no bacharelato, a non concesión de ningún certificado CELGA ao remate da Primaria, a excesiva porcentaxe de candidatos aos CELGA en comparación coa excesiva inscrición na modalidade libre na Escola de Idiomas de Ponferrada, as tendencias lusistas e integracionistas que afastan o pretendido modelo dos dialectos “vilarego ou ancarés” ou da variedade que se chama tradicionalmente “chapurreao”, a carenza de posibilidades de adaptación na aplicación dos contidos ao entorno,…

De todos os xeitos, estas queixas teñen fácil arranxo e non inflúen apenas (só tanxencial e incidentalmente) nas eivas constatadas que imos debullar de contado:

Destacada a nota máis complacente co gallo de procurar un reforzamento e bo porvirdende o punto de vista sociolóxico desta lingua presente no Bierzo (que conta, tal como se adiantou con anterioridade, cunha cifra remarcable duns 40.000 residentes que a coñecen por diversas consideracións: afinidade, orixe, vencellos familiares, sociais,…), é indispensable referir a morea de atrancos que contenden na súa contra. Desta maneira, no campo normativizador e académico, o galego non é moi aprezado nin goza do recoñecemento ou prestixio que debería. A circunstancia que coadxuva decisivamente, neste ámbito esencialmente cualitativo, enxertase na parcela divulgadora, e nomeadamente na súa cativeira presenza “a cotío” nos medios de comunicación social. Nos xornais é unha anecdota, saldada co emprego de cando en vez, e a súa plasmación reducida amosa a súa situación de subordinada: esporadicamente utilizada, v.g no Bierzo comarca, no Eco do Bierzo e máis a miúdo na páxina web coñecida como “o Bierzo ceibe” (a devanceira das conservadas, cuxa continuidade e traxectoria supera dabondo ás doutras denominacións precedentes desaparecidas). No mesmo senso, o sitio web na rede correspondente ao Grupo As Médulas evidencia certamente, na súa filosofía primixenia, unha vocación un chisco elitista mais culto e disposto a darlle un pulo importante ás actividades a levar a termo. Agora ben, a perspectiva deste sector editorial de excelencia (aínda que o número de obras publicadas sexa só testimonial) pódese considerar que entraña unha marxe de espallamento folgada. A pesar de recuar cuantitavamente, a causa da globalidade do inglés e dinamismo do castelán, esta debilidade vese mitigada pola concorrencia das competitivas ofertas das canles audiovisuais públicas galegas: a TVG. O éxito obtido durante decenios do programa infantil “Xabarín club”, ademáis do atractivo alcanzado por outros espazos senlleiros (Luar, Land Rober Tunai Show e algunhas series de entretemento ou programas destinados ao tempo de lecer). Ou sexa, no noso país (nas zonas lindeiras coa rexión veciña) a audiencia da televisión autonómica é, en xeral, semellante á rexional autóctona. E asemade, no canto que atinxe aos deportes federativos en contacto, é apreciable e constante (nomeadamente no caso de acontecementos nos que se enfrontan equipos sobranceiros de ambas dúas bandas que comparten idéntico limiar).


                                                    Marcelino B. Taboada

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

lunes, mayo 14, 2018

O GALEGO DO BIERZO NO 2018.


O GALEGO NO BIERZO NO 2018,
Por Javier Lago Mestre.
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

Celebramos o Día das Letras Galegas. Nesta data sobranceira convén ter en conta a existencia de galegofalantes afastados no noroeste peninsular. Referímonos ás minorías estremeiras, do Eo-Navia, As Portelas e O Bierzo. 

O galego do Bierzo vén da Idade Media segundo os tumbos dos nosos mosteiros. Posteriormente, a derrota do conde de Lemos en Ponferrada (1486), fronte os Reis Católicos, facilitou a chega de oficiais e maila burocracia castelá. Os Séculos Escuros favoreceron a institucionalización do castelán. O noso galego quedou restrinxido aos eidos familiar, veciñal e rurais. 



Hoxe a minoría galegofalante do Bierzo resiste ante as discriminacioes lingüísticas derivadas da falta de cooficialidade do galego. Certo é que o galego ten presenza parcial no ensino regrado nos centros escolares do Bierzo ocidental. Mais o resto de administracioes non recoñecen dereitos lingüísticos aos galegofalantes. 

O movemento reivindicativo acadou o recoñecemento legal para o galego no Estatuto de Autonomía de Castela e León (1999), “gozará de respeito e protección a lingua galega nos lugares en que habitualmente se utilice” (art. 5). Depois reclamamos o recoñecemento do galego no Consello Comarcal do Bierzo. Finalmente o galego foi incluído na Ley autonómica pola que se creou esta institución comarcal (2010).


Agora, de novo os galegofalantes do Bierzo temos de movilizarnos. Resulta que o Goberno estatal vén de aprobar un R. Decreto 128/2018 que obriga á presenza de funcionarios de habilitación nacional nos chamados entes locais menores. Estas institucioes locais teñen a súa orixe nos concellos rurais medievais. O seu proceso histórico de institucionalización, co Estatuto Municipal de 1924, acadou categoría de entes locais menores. Así, cada localidade do Bierzo ten recoñecemento administrativo peculiar.

No Bierzo ocidental o galego oral sempre estivo presente na actividade política dos concellos rurais de localidades, barrios e aldeas. Pola outra banda, nos concellos municipais, a presenza de funcionarios estatais obrigaba ao uso do castelán polos políticos e veciñanza, ante o mandato legal da oficialidade lingüística. 


Co comentado Decreto estatal os concellos rurais, dos ditos entes locais menores, non poderán usar a lingua galega da súa veciñanza. A presenza de funcionarios de habilitación nacional nos entes locais menores obriga a utilizar únicamente polos veciños o castelán, oral ou escrito, para ser comprendidos polos funcionarios-secretarios que deberán elaborar as actas correspondentes. Os funcionarios foráneos non teñen a obriga legal de coñecer o galego no Bierzo e, polo tanto, de compréndelo e usalo. Só deben usar o oficial castelán. O galego xa non posuira funcionalidade ningunha, nin política nin administativa, no seo dos entes locais menores.

Non se pode negar esta dinámica política e institucional antigalega en Castela e León. Así acontece tamén coa Lei autonómica do réxime local (1998) que obriga á “denominación dos municipios haberá de ser en lingua castelá” (art. 24). E o ben subvencionado “Instituto castellano y leonés de la lengua” ignora o galego do Bierzo. Por iso Galiza debería profundar nas relacioes coas minorías estremeiras para asegurar o futuro do galego que nos une.

O BIERZO, MAIO DE 2018.

TEXTO PUBLICADO TAMÉN EN XORNAL GALEGO:
http://praza.gal/opinion/4624/o-galego-no-bierzo/
www.facebook.com/javierlagomestre


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

Etiquetas: , , , ,

jueves, mayo 10, 2018

LAS RESISTENCIAS HISTÓRICAS DE LOS CONCEJOS DE EL BIERZO.



LAS RESISTENCIAS CONCEJILES.
por Javier Lago Mestre.
Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

Asistimos a una dinámica antipedánea por parte del Gobierno Central. Hoy con el R. Decreto 128/2018 que obliga a la presencia de funcionarios de habilitación nacional en las pedanías. Antes con la aprobación de la Ley de Racionalización de la Administración Local (2013) que impuso nuevos requisitos a nuestras pedanías.



Lo cierto es que los concejos bercianos presentan una historia de resistencia continua antes los poderes superiores. Ya en 1388 los vecinos de Los Barrios pugnaron con el obispo de Astorga por el derecho a elegir sus oficiales, “aunque los vecinos de aquellos varrios habían nombrado sus jueces y alcaldes, según costumbre, el señor obispo les había privado de ejercer justicia” (G. Cavero, 1996).

La implantación del corregidor de Ponferrada, por los Reyes Católicos, favoreció las demandas de justicia real frente a los abusos señoriales. Así aconteció con los vasallos del monasterio de S. Andrés de Espinareda, organizados en concejos, “vecinos e procuradores de los concejos de los lugares de santa maria de Tonbrio e de santa maryna de ribadesyl e del concejo de lugar de lilio” (1504) (P. García Cañón, 2012). 



Los concejos sirvieron para unir a los vecinos frente a los grandes señores. Esto aconteció cuando Villavieja firmó su fuero colectivo con los marqueses de Villafranca (1517). De esta forma se fijaron las relaciones entre señor y concejo, con la intención de defenderse de forma comunal frente a los abusos sistemáticos (Fco. Prada Fernández, 2017).

En el siglo XVII, ante la presión fiscal y militar de la Corona, los concejos bercianos reclamaron sus exenciones. Este fue el caso de la merindad de La Somoza frente al reclutamiento de soldados (1695). Y el concejo de la Quintería de Montes defendió su exención fiscal (1605). 

  
En los pleitos entre los señores y los concejos bercianos, éstos últimos tuvieron que endeudarse para soportar mejor los gastos judiciales. Cortiguera pretendió comprar por 630 ducados su jurisdicción ante su señor Joaquín de Cancelada (1770), para ello su concejo tomó un censo (préstamo) del monasterio de S. Miguel de las Dueñas (J. Balboa de Paz, 2017).
Tras las guerras napoleónicas se produjo la revolución liberal que cuestionó el régimen señorial. Los concejos bercianos aprovecharon la coyuntura para atacar a sus señores. En el marquesado de Villafranca todos sus concejos rurales se quejaron por “la opresión que han sufrido en los tiempos que el Alcalde de la Vª de Villafranca tenía en práctica y ejercicio de su jurisdicción” (1814).


MAPA DE LAS PEDANÍAS DE EL BIERZO.


Los Gobiernos estatales ejecutaron sucesivas desamortizaciones liberales contra los bienes monásticos y comunales. Muchos de estos bienes eran objeto de explotación por los concejos. De ahí que ante la amenaza política de segregación, los concejos tuvieron que reaccionar para adquirirlos por subasta (M. García Glez. 1994).

Con el Franquismo, durante el período de autarquía, el régimen atacó los bienes comunales de los concejos bercianos. El Plan forestal español pretendía controlar los montes comunales para conseguir madera. Destacaron las resistencias de Páramo del Sil, Sésamo y Candín ante los ataques a la economía agropecuaria.

O Bierzo, maio de 2018.
www.facebook.com/javierlagomestre

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es