martes, enero 29, 2019

EL TURISMO BERCIANO


LA PROMOCIÓN TURÍSTICA DE EL BIERZO.
por Javier Lago Mestre.
El Bierzo hace bien en promocionarse en las ferias turísticas (Madrid, Galicia o Portugal). De esta forma conseguimos el protagonismo territorial que se consolida en el exterior. Esta política es compatible con la cada vez más importante promoción en internet.

                Aprovechamos esta ocasión para hacer algunas propuestas turísticas. El Consejo Comarcal edita un librito, titulado Ven!, que incluye referencias turísticas de todos los municipios de la región berciana. Nos parece muy bien esta iniciativa pero su texto debería incluír pequeñas referencias a las fiestas locales, patronales, etnográficas, gastronómicas, romerías, recreaciones históricas, etc. Estos datos festivos de las localidades tienen gran atractivo.

                El Consejo Comarcal de El Bierzo tiene la obligación de hacer un esfuerzo de reconocimiento territorial, regional pero también local, de nuestros 38 ayuntamientos y 289 pedanías. Esta tarea política no es fácil pero a esta promoción turística puede ayudar internet.


                Por otra parte, destaca el fomento turístico de Las Médulas. Este año hemos visto un folleto titulado La Leitosa, editado por la Red de Espacios Naturales de Castilla y León. Este complejo aurífero norteño incluye A Xisterna pero dejan fuera Os Cáscaros de Trabadelo. El Consejo Comarcal de El Bierzo debería elaborar un folleto turístico global de las explotaciones auríferas con la inclusión de las localizaciones de Castropodame o Villabuena.

                Hay otro folleto turístico específico que El Bierzo necesita. Nos referimos al que incluya el compejo de espacios naturales, con la flora y fauna específica. Además de hacer mención a nuestra peculiar orografía, geología y hidrología, caso de los cañones.

                Fabero afronta su crisis minera con la difusión de un tríptico, Rutas por las huellas de la Antracita, que referencia sus explotaciones mineras. Los recorridos por Fabero, Lillo de El Bierzo, Bárcena y Fontoria, localizan las minas, los poblados mineros, las lineas de baldes, etc. El seguimiento de las explotaciones mineras del río Sil daría lugar a una abundante  información turística.


                Se prepara la promoción de nuestra Tebaida Berciana. Y bien estaría extender este territorio turístico por los montes bercianos orientales. Así comprendería las antiguas zonas monásticas de Compludo, monte Irago (S. juan), Foncebadón, Poibueno y Montes (S. Martín, Santa Cruz…). Esta Tebaida berciana debería ser un estímulo de desarrollo rural para este espacio aislado.

                Segue sen gustarnos a promoción turística que fai a Reserva de la Biosfera de Los Ancares Leoneses. Preséntanos o mapa dun territorio illado que remata as súas rotas nos cumios da serra. Parécenos máis interesante a proposta dos Ancares galego-bercianos. Unha promoción turística conxunta que beneficia os espazos veciños con rotas que continúan polas goladas serranas. E o máis grave, a lingua galega non existe para a Deputación leonesa.

Os espazos naturais que nos unen con Galiza non poden ser afastados. Referímonos a Os Ancares, O Courel e A Enciña da Lastra que merecen un tratamento turístico e protetor común sen fronteiras políticas. Outro tanto habería que facer co espazo natural da Cabreira. A serra do Teleno ten prolongamento cara aos montes Aquilanos. Velaí a necesidade dunha promoción conxunta.

O Bierzo, xaneiro de 2019
www.facebook.com/javierlagomestre



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

viernes, enero 18, 2019

OS NOSOS IRMANDIÑOS BERCIANOS.


OS NOSOS IRMANDIÑOS BERCIANOS.
Por Javier Lago Mestre.

A revolta irmadiña de 1467 tamén estivo presente nos territorios estremeiros da Galiza. Neste artigo pescudamos nesa historia conflitiva do Bierzo. Cómpre comezar co estudo do contexto señorial nesta bisbarra. Don Pedro Osorio tiña o señorío berciano da Cabreira, logo consegue do rei Enrique IV o condado de Lemos (1456). E tralo seu casamento con Beatriz de Castro controla as vilas de Ponferrada e Vilafranca.

OS ABUSOS SEÑORIAIS.

O dito conde de Lemos señoreaba O Bierzo. Así incluso os vasalos da súa muller  se queixaban dos seus abusos, “ciertos vasallos de Ponferrada fueron a quexar a la dicha doña Veatriz porque el conde don Pedro les fatigaba mucho labrando la dicha fortaleza (de Ponferrada)”. Tamén collía vasalos alleos cando lle petaba, “conocio al dicho conde ser ombre muy poderoso e mandava e señoreava toda esta provincia del Vierzo e vido que para haser la fortaleza de la villa de Ponferrada traya los ombres de las abadyas, asy como de San Pedro de Montes e de santa Marya de Carrazedo e de Sant Andres de La Espinareda, e los traya para la dicha fortaleza e les mandaba como a sus vasallos” (preito de 1517).

As primeiras referencias aos irmandiños bercianos son da zona de Ancares. Aquí os vasalos do mosteiro de Espiñareda claman contraos abusos desde o castelo. “La dicha casa e castillo de Ancares que mas estava e esteviera para dapno e destroiçion de la terra que non para defension ni provecho. Et lo que levaron los otros que tovieran la casa que fuera levado por forçia et contral derecho” (febreiro de 1467).


Mosteiro bieito de San Pedro de Montes.

Ante os abusos señoriais os vasalos deciden organizarse en irmandade. O mosteiro pretende neutralizar esa irmandade berciana. “Estando el concejo, juez e omes buenos de terra de San Andrés d´Espinareada, paresçio don Ares, abbad del dicho monasterio de Sant Andrés, et dixo que como mejor podía e devia como señor de la dicha terra requeria et defendia a los dichos consejo e omes buenos que non entrasen en la hermandad sin su licencia e que presto era de faser e dar licençia para todas las cosas que fuesen servisyo de Dios, e de nuestro senor el rey et de su monasterio e del señor conde de Lemos” (xaneiro de 1467).

O BELICISMO IRMANDIÑO E SEÑORIAL.

Sobre as actividades bélicas dos irmandiños sabemos da entrada de dúas colunas  galegas. Polo porto do Cebreiro descenderon os labregos, vilegos e fidalgos co capitán Pedro Osorio, e por Valdeorras subiron os seguidores do capitán Alonso de Lanzós. Os  primeiros ataques foron contra os castelos de Valboa, Serracín e Corullón. E polo Sul derrubaron os castelos de Pena Ramiro, Lusio e Cornatelo. As dúas frontes xuntáronse ante a fortaleza de Ponferrada de onde expulsaron ao conde de Lemos.

O conde don Pedro executou diversas estratexias. Para desmovilizar aos irmandiños cedeu o seu condado ao seu fillo (1467) e depois ao seu neto (1468). Logo procurou o apoio da nobleza leonesa (Luna, Valduerna…). Salientamos a alianza conxuntural co marqués de Astorga, o cal primeiro apoiara aos irmandiños contra o seu inimigo, o conde de Lemos. Este recoñeceu esta difícil alianza, “haria la donacion quel marqués le pedia por librarse de el y que cesasen las armas, mas que la haría forzado y contra su voluntad” (setembro de 1467). Tamén o conde tivo que vender parte das súas xoias na xudaría de León para pagar armas e mercenarios.

Outra estratexia do conde de Lemos no Bierzo consistíu na busca de apoio da Hermandad castelá. Por iso acudiu a Madrigal (febreiro de 1468) con representantes dos concellos de Ponferrada e Vilafranca. O conde consegue alí apoios contra a irmandade galega, ademais da autorización para facer recrutamentos e recadar cartos. 


Os poderes señoriais organizaron o seu contraataque desde León. O conde de Lemos, co marqués Pardo de Cela, atacaron Ponferrada para seguir cara a Lugo. Da derrota irmandiña salientamos a morte do fidalgo berciano, señor de Arganza. “E se le tomaron la villa, e le llevo preso a Ponferrada, e le hiciera asaetear, e despues le habian traido a enterrar encima de una acémila”.

Outra coluna señorial foi comandada por Alonso Fonseca con apoio de Salamanca e do conde de Benavente. Subiron pola Seabra para atacar aos irmandiños desta bisbarra. “Dizen que quando la hermandad vieja quando la tierra se levanto de boz de la dicha hermandad, por lugar mas cercano de la fraga y montes, todos se acogian allí para se defender y que por aquella cabsa el señor conde mando poner fuego al lugar (Cobreros)  y que todo se quemo y que quedaron perdidos”.

A REPRESIÓN SEÑORIAL.

            Trala derrota irmandiña definitiva chegou a represión señorial sobre os vasalos. Mentres que o mariscal Pardo de Cela pretendía “ynchiese los carballos de los dichos basallos”, o conde de Lemos “dixera que no se abia de mantener de los carballos”.

            O dito conde colleu vasalos bercianos, propios e alleos, para reedificar os seus castelos. Dito nobre esixía aos vasalos as chamadas servicias, traballos persoais, préstamos de bois e carros, carretaxe de pedra e madeira para reparar castelos.


O NOVO PODER DA COROA.

            A vitoria antiirmandiña tamén supuxo a volta da conflitividade interseñorial. O Bierzo sufriu de novo as liortas guerreiras entre os condes de Lemos e Benavente. Ademais houbo un grave problema sucesorio no condado de Lemos. A sentenza arbitral (1484) determinou a división do condado. Así, Rodrigo, o novo conde de Lemos, perdeu todas as posesiois bercianas. Estes territorios pasaron a depender das demandantes femininas, emparentadas co conde de Benavente.

            A política da Coroa de Castela resulta clara. Divide o amplo condado de Lemos, crea o marquesado de Vilafranca, merca a vila de Ponferrada, fixa o corriximento para executar a xustiza real e crea a nova provincia do Bierzo. De nada serviron as dúas rebeliois do conde de Lemos para recuperar os seus territorios bercianos (en 1485 e 1507), nin os sucesivos preitos ante a xustiza real. Todo isto determina un claro afastamento entre Galiza e O Bierzo.

            A nova xustiza real no Bierzo favoreceu as demandas dos vasalos contra os abusos do conde de Lemos e dos mosteiros. No caso dos vasalos monásticos de Carracedo reclamaron a supresión de certos impostos señoriais, coñecidos como quintos e cuartos. Os demandantes alegaron que eses tributos eran novos, creados polo conde de Lemos trala derrota irmandiña, “quisieron dezir quel conde don Pedro Osoryo por enojo que tubo quando las hermandades le hecharon del Vierzo. Despues que volbyo avya enpuesto estos quartos e  quintos en los lugares de la abbadia”.


            O poder real no Bierzo tamén favoreceu o controlo ideolóxico castelán. Os novos oficiais (corrixidores, escribáns…) espallaron a lingua castelá nos concellos, redactaron as ordenanzas concellís en castelán e desaparece progresivamente a toponimia galega. A isto engadimos a reforma monástica desde Valladolid que permitiu a chegada de relixiosos foráneos ás abadías bercianas.


            Nos séculos posteriores, a memoria irmandiña do Bierzo foi criticada pola literatura señorial e recuperada polos relatos liberais. Pola outra banda, a tradición oral ainda lembra a revolta popular, “camiñan cara de Ponferrada. Os irmandiños, os irmandiños. Galicia polo seu paso volve ser ceibe. Dos montes brancos do Bierzo vaise xa a neve. Os irmandiños avanzan polos camiños. Traen para Galiza, paz e xustiza”. Hoxe, cada setembro, unha recreación histórica recupera o espírito irmandiño no castelo de Ponferrada.

O Bierzo, xaneiro de 2019
www.facebook.com/javierlagomestre


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

viernes, enero 11, 2019

FESTAS BERCIANAS DE XANEIRO E FEBREIRO.


FESTAS DE XANEIRO NA REXIÓN DO BIERZO,
Por Javier Lago Mestre
 (falaceibe@yahoo.es).

                Principiamos un feixe de artigos sobre as festas da nosa rexión do Bierzo. Queremos traer eiquí a relación de festas populares. Trataremos de abranguer as festas patronais das nosas grandes vilas e cidade de Ponferrada. Pero faremos especial fincapé nas máis pequeñas, nas que teñen logar nos pobos e barrios, así como as romarías das nosas pequeñas ermidas, é dicir, as máis descoñecidas e minoritarias para o público en xeral.

FESTAS POPULARES DE SAN ANTÓN LACONEIRO.

Neste tempo de invernía tocan as festas do mes de xaneiro. Comezamos coas festas  máis importantes de San Antón laconeiro ou San Antonio Abad e mailo Santo Tirso. Nos últimos tempos estas festas decaen en celebración pola forte emigración dos pobos para as cidades. Eran festas agrogandeiras que perden a súa funcionalidade. Tamén porque o valor das crenzas relixiosas merma no coletivo social. Velaí a razois de que cando a festa non cae na fin de semana a perda asistentes. 

Por suposto, nas xeiras pretéritas era moi importante a posesión dos animais, como forza de labor (bois, vacas, cabalos, mulos…) e mailo alimento (ovellas, cabras, gochos…). Resultaba fundamental mirar pola boa saúde dos animais da chamada facenda. Ademais a presenza dos actuais veterinarios profesionais era escasa no medio rural. Razón pola cal ante as enfermidades dos animais había que acudir aos curandeiros, aos remedios caseiros e tamén ao abeiro da igrexa católica. Neste último caso temos o exemplo de San Antón laconeiro, protetor dos animais segundo a tradición católica. Velaí que a igrexa ofreza a bendizón dos animais.

Na rexión do Bierzo temos os casos de Cacabelos, Toural de Meraio e Calamocos. Na vila do Cúa bendícense os animais na igrexa. En Toural hai rifa dos produtos da matanza para pagar arranxos da igrexa do Salvador (2016). En Calamocos ten lugar a chamada “rifa do gocho de San Antón” no adro da súa igrexa. Despois da procesión ten lugar o sorteo do gocho. Tamén se subhastan outros produtos curados do gocho, a saber, careta, orellas, patas, etc. Por suposto, os cartos sacados destas subhastas eran para o cura da igrexa. Eiquí temos a razón do sobrenome de San Antón, laconeiro, produto que era para os curas.



En moitos pobos bercianos a tradición desta festa se relacionaba co gocho de San Antoniño. O cura do pobo tiña asignado un animal, ao cal poñía unha cinta distintiva. O dito marrau alimentábase ceibe por todo o pobo. Todos os viciños tiñan a obriga de alimentalo. Se o animal arribaba na porta dunha casa, os seus propietarios debían darlle comida. Cando o  gocho estaba ben gordiño tiña lugar a subhasta ao mellor postor. Os cartos desta subhasta servían para pagar as misas da igrexa que así se beneficiaba da festa relixiosa (Manuel Rodríguez y Rodríguez, Etnografía y folklore del Bierzo Oeste-Suroeste).

Lugares con semellante tradición de San Antón tiñan Requeixo e A Valiña, así coma Matalavilla. Outra tradición era o reparto de panes ou cotinos. No pobo de Vilela, celébrase San Antón co encendido da fogueira e asadura de chourizos e panceta, rematando a festa cos bailes. Outros lugares que teñen esta festa son Moral e A Portela de Valcarce, As Veiga do Seo e Moldes no concello de Barxas, Candín, Arlanza, Visuña, Noceda na ermida de San Antonio Abad, no seu barrio de San Pedro, Horta xunta Vilafranca e Perexe do Valcarce, Santa Cruz de Montes, Villar de los Barrios, Villar de Traviesas (19 xaneiro 2019), San Xoán de Palozas e Rodrigatos de las Regueras. En Cacabelos aínda hai bendizón dos animais. E queda na Carballeda o pobo da Medua.

 En Villar de las Traviesas os viciños levan as partes da matanza como ofrenda parea poder pedir un bo ano. Na Ponte Domingo Flórez os seus viciños organizan unha gran fogueira por esta data. En Toural de Meraio hai subhasta de productos do gocho para esta data (2017). Na localidade de La Alberca de Salamanca teñen un gorrino solto polo rueiro que é alimentado polos viciños para ser subhastado polo S. Antón.

Para rematar con San Antón laconeiro traemos estas cantigas populares: “Meu santiño San Antón, san Antón o cacholeiro, caseime por san Antón, volvín á casa solteiro” e “San Antón, san Antoniño, dáme forza no carallo, como ó porco no fociño”. Para máis información consultar o artigo de Héctor Luís Suárez, "San Antonio ´lacoeiro` por El Bierzo", semanario Bierzo 7, 15 de xaneiro de 2004.


ALDEA DE SAN ADRIAN DE VALDUEZA.

Refraneiro relacionado con S. Antón. “Dende San Antón (17 de xaneiro), unha hora máis de sol”. "Por S. Antón un día máis", "Polo S. Antón a boa galiña pon, e pola Candela (2 febreiro) a boa e a mala". “En San Antón a galiña pon, e polas Candelas todas elas”. “Ata san Antón (17 de xaneiro) Pascuas son”. “Por S. Antón non hai néboas que cheguen ás dúas” (as néboas son só mañaneiras).

FESTAS BERCIANAS DE SANTO TIRSO.

                Santo Tirso tamén é protetor, neste caso dos humanos, pois cura as enfermidades reumáticas e de ósos. Nas nosas terras tan humidas polas continuas chuvieiras invernais este santo tiña moito traballo para máis devotos. Velaí a sona que conseguira co decurso secular a festa local de Santo Tirso en Vilafranca. Xentes labregas de todo O Bierzo acudían á vila do Burbia na procura do seu abeiro. Nos tempos da economía agrogandeira calquera podía facer o esforzo de ir para Vilafranca nese día. Hoxe, todo trocou, os profesionais doutras poboacióis deben cumprir coas súas obrigas laborais e non poden acudir á festa local de Vilafranca. Cómpre lembrar que antigamente se celebraba en Vilafranca a festa de San Sebastián (20 xaneiro) como protector das pestes tan frecuentes na Idade Moderna. Quizais coa desaparición das pestes se perdeu o seguimento por S. Sebastián e gañou prestixio Santo Tirso.
               
                En Vilafranca do Bierzo toda a celebración relixiosa parte da igrexa de San Francisco. Os devotos que suben pola costa na procura do santo e da súa misa. Dentro da igrexa, os vellos fregueses mercan estampas das imaxes e velas para encender a Santo Tirso. Nesta ocasión tampouco faltan os cabezudos e os sons das gaitas na praza do concello que agardan a baixada do santo local. Os foguetes rachaban o ceo nubrado, ás doce do mediodía, para anunciar a festa e espertar aos vilafranquinos trasnoitadores. Os derradeiros rescoldos da gran fogueira da noite pasada fumean aínda.


               
                Na nosa rexión do Bierzo, outras pobos que honran a Santo Tirso temos en San Vicente de Arganza, Turienzo Castañero, Cobrana de Congosto, Sancedo con procesion, Trabadelo, Moldes, Barxas, Librán, Robredo de Losada, Quilous, Lumeiras no municipio de Candín, Paradiña, Lombillo na capela da Soledad, Ponferrada na igrexa de San Andrés, A Barosa, Oteiro de Naraguantes en Fabeiro e Santo Tirso de Cabarcos na comarca de Aguiar que ademais contaba coas súas feiras do 11 e 27 de cada mes. Tamén existe o pobo de Santo Tirso no concello da Veiga de Valcarce. Houbo a ermida de Sto. Tirso na granxa de Santullano e maila ermida de S. Tirso e s. Blas xunta o río Oza perto de Vilanova de Valdueza (José Diego Rodríguez Cubero, "Sucedió el día de S. Blas de 1544").

                Salientamos o peculiar caso de San Justo de Cabanillas porque eiquí ten lugar o chamado “aserrado”. Esta tradición consiste en que os enfermos de ósos e da reuma que acuden a Santo Tirso amosan as súas partes doentes do corpo para que sexan aserradas pola serra de madeira do cura. Estes cortes simbólicos da enfermidade permiten a curación desas partes do corpo.
               
                Fóra das fronteiras da nosa rexión berciana temos as festas de Santo Tirso en Lardeira na Carballeda, O Castelo en Rubíá, Veigamuíños, Cesures e Vales en Valdeorras. San Fabián (20 de xaneiro) en A Chana.


ALDEA BERCIANA DE BOUZAS.


                Refraneiro de Santo Tirso na rexión do Bierzo.  "Santo Tirso de Quilous por bailar perdeu os bois, Santo Tirso de Barosa por bailar perdeu a bolsa, Santo Tirso de Cabarcos por bailar perdeu os cartos, Santo Tirso de Magaz de Arriba por bailar perdeu a barriga, Santo Tirso de Carracedelo por bailar perdeu o velo". "Santo Tirso lacoeiro, vintaoito de xaneiro, come tripas de carneiro, mal cocidas, mal lavadas, que lle pingan polas barbas" (Alicia Fonteboa, Literatura de tradición oral en El Bierzo, 1992)

OUTRAS FESTAS MENORES DE XANEIRO.

                San Xulián (7 de xaneiro) en Portela de Aguiar,  Oencia, Oteiro de Toural dos Vaos, Molinaferrera da Somoza astorgana. San Raimundo de Peñaflor (7 de xaneiro) en Congosto. San Vicente (22 de xaneiro) celébrase en La Granja do Bierzo, Borreis, Melezna, Piedras Albas, S. Vicente de Arganza e Cadafresnas. San Sebastián (20 de xaneiro) en A Chana e Viladepaos.  En Viladepaos se acendían unha fogueira por Noiteboa en A Cruz, e a mocidade a mantiña viva até S. Sebastión. A Chana ten S. Fabián (21 xaneiro). Santa Inés (22 de xaneiro) en Sorribas de Toural dos Vaos. . S. Pablo (25 de xaneiro) en Orellán. Campelo ten festa o 3 de xaneiro. Santo Tomás de Aquino (28 de xaneiro) en Magaz de Arriba. Respecto a San Xulián (tamén 28 de xaneiro) hai o pobo de San Xulián de Valcarce e mailo barrio de San Xulián en Ferrarías-Herrerias de Valcarce. Por San Ildefonso (23 de xaneiro) hai festas en Camponaraia . Tamén festa no barrio de Enriba en Paradela do Río (30 de xaneiro).

FESTAS NA COMARCA DA CABREIRA E MAILO VALDEORRAS.
               
                En Santa Eulalia da Cabreira tiñan festa patronal para o 10 de xaneiro.  San Ildefonso (23 de xaneiro) celébrase en Castroquilame.


LOCALIDADE DE VALBOA DO BIERZO.


                En Valdeorras salientamos S. Xulián (7 de xaneiro) en Casoio de Carballeda. Santo Tirso celébrase en Veigamuíños, Cesures, Vales e Lardeira. San Antonio Abad festéxase en A Medua, Puzmaron, As Ermitas e O Bolo. En Quereño celebran festas en honra de S. Sebastián (20 de xaneiro) con foguetería pola noite, outro tanto acontece en Viladequinta na Carballeda. San Vicente de Leira en Valdeorras festexa S. Vicente (22 xaneiro). O Barco celebraba S. Mauro para o 15 de xaneiro.

REFRANEIRO BERCIANO DOS SANTIÑOS DE XANEIRO

                “Por S. Vicente (22 de xaneiro), o inverno perde un cliente” (a friaxe provoca falecementos). "Polo San Vicente, nin casa nin calello onde o sol nun entre" (o sol quenta en tódolos recunchos). "Polo S. Vicente (22 de xaneiro) non hai lugar por onde o sol non entre". “Por S. Xulián (28 de xaneiro), garda o viño e garda pan”.

FESTAS GASTRONÓMICAS DE XANEIRO.

                Neste mes aprovéitase para xantar os embutidos trala mata do gocho. Salientamos a festas gastronómicos do botelo de Bembibre, Viloria, Fabeiro e Torre. Na bisbarra de Valdeorras destaca tamén o botelo no Barco e o codelo na Rúa.  En Vilafranca era común o día da festa de Santo Tirso comer tamén botelo como no resto de poboaciois bercianas.


O Bierzo, xaneiro de 20019
www.obierzoceibe.blogspot.com

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

martes, enero 08, 2019

CAMBIOS TOPONÍMICOS EN EL BIERZO.



CAMBIOS TOPONÍMICOS  EN LA REGIÓN BERCIANA.
por Javier Lago Mestre.
Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

En la región de El Bierzo siempre hubo varias lenguas tradicionales en contacto. En los casos del gallego y del leonés han dejado sus huellas toponímicas a lo largo de la historia. En este trabajo queremos ver diversos ejemplos de cambios toponímicos.

                Comenzamos en los llamados Alpes bergidenses, en las montañas que nos separan de La Cabreira y de León. En esos alpes medievales se encuentra el montis Aquiliana que acabó dando nombre a toda la sierra.      De sus faldas nace el rio Oza que dio denominación a Valdoza e despues evolucionó al leonés Valdueza actual.

                Merece la pena detenerse en Ponferrada. En la documentación medieval hemos visto los sucesivos topónimos Pontem Ferratum, Ponsferratus (1131), Ponteferrata (1178) y Pontferrada. Todo parece indicar que se ha mantenido el nombre femenino gallego y sin digtongar, Ponferrada, frente a la leonesización de Puente los Fierros. En la contorna ponferradina tuvimos topónimos gallegos como Fontes Novas, Compostela, Quintanela, Cortigueira, monte Fabeyro, Orbanallo, Villacideira, etc.


                Avanzamos por el Camino de Santiago hasta Cruz de Ferro y Foncebadón frente a los leoneses Cruz de Fierro y Fuencebadón. Bajamos a Poibueno, valle donde estuvo un monasterio que antes se llamaba Santiago de Poimalo. Este cambio de nombre se produjo tras el convenio con los canónigos de Astorga (1162). Otro ejemplo de cambio toponímico es del monasterio de S. Martín de Montes que al pasar a depender de la orden de los hospitalarios se convirtió en S. Juan de Montealegre. Y San Miguel de Almázcara se convirtió en S. Miguel de las Dueñas.

                En la documentación medieval aparecen Benevivere o el leonés Bienbibre. Finalmente se impuso el topónimo Bembibre, más gallego que leonés o castellano. Ese topónimo nos hermana con Galicia, en Bembibre do Bolo, Bembibre de Taboada o Bembibre do Dubra.

                No podemos pasar por alto el topónimo El Bierzo. Las denominaciones medievales de Bergidum, Bergida, Bercio o Berizo finalmente evolucionaron al leonés actual. Otras denominaciones territoriales son Fornela, en leonés Forniella, o Ancares. Este último, desde su valle berciano a Os Ancares, amplió su ámbito al territorio vecino de Galicia, por la llamada terra de Cervantes, lo que refuerza su visibilidad mediática.



                A castelanización progresiva da nosa toponímica invade a comarca da Somoza e o noso río Valcarce, que non Valcarcel, e si Veiga de Valcarce, de base medieval val carceris. Vilafranca do Bierzo tivo a súa orixe na localidade de Burbia de Valcarce. Supoñemos que a presenza dos francos do Cluñego alterou a anterior denominación.

                Cando pescudamos na documentación medieval dos mosteiros bercianos atopamos  Valboa frente á antietimolóxica Balboa atual. Outro tanto acontece co antigo mosteiro de Vilaboa, agora castelanizado en Villabuena. A presenza do mosteiro de Samos en Vilela reforzou o seu topónimo galego como en Horta. Na contorna temos Pieiros, Quilous ou Castro da Ventosa.


                O vello castelo de Ulver evolucionou a Cornatelo ainda que agora temos Cornatel. Nesta contorna atopamos Ferradelo ou Ferradielo, Sancto Johanni de Palloças, Rioferreyros, Vila vella (Fuero 1517), Paradela de Muces, Ourellan, Ribeyrina, Toural, Vila de Paos (1282). Topónimos de clara influencia lingüística galega.

O Bierzo, xaneiro de 2019
www.facebook.com/javierlagomestre



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es