martes, julio 28, 2015

AS FESTAS DO MES DE XULLO NO BIERZO.


FESTAS DO MES DE XULLO NA REXIÓN DO BIERZO,

por Xabier Lago Mestre.
Coletivo cultural fala Ceibe do Bierzo (falaceibe@yahoo.es)

FESTAS DE SAN CRISTOBAL-CRISTOBO.

Este santo pasaba á xente dunha a outra banda dun río. Hornixa celebra as súas festas de San Cristobal (10 de xullo), ao igual que a ferroviaria Toural dos Vaos e mailo S. Cristobal de Valdueza na suba para o porto do Morredero. Viladecais, Cubillos del Sil, tamén no barrio ferroviario da Estación en Ponferrada, 

NOITES TEMPLARIAS DE PONFERRADA.

  Na primeira semana de xullo, coincidindo coa lúa chea, celébranse as chamadas Noites Templarias. Recreación histórica da presenza dos cabaleiros templarios no Bierzo. Esta orde militar estiveron no castelo de Ponferrada e na encomenda de Pieiros. Até o ano 1308 estos cabaleiros estiveron na nosa rexión co pretexto de defender o camín de Santiago dos ataques mouros. Nesa dita data son expulsados do Bierzo e as súas posesiois territoriais pasaron á Coroa, a cal logo foi esnaquizando estas propiedades mediante doazois á nobreza alidada.


Outras representacióis históricas teñen lugar en Matachana, coa súa feira medieval (18 de xullo) e as festas romanas de Ludus Bergidum Flavium en Cacabelos (31 de xullo até o 2 de agosto).  

FESTAS DE SANTA MARINA.

Os viciños Lago de Carucedo e mailo viciño Vilarrando festexan Santa Marina o 18 de xullo. Outras localidades son: Igueña, Santa Marina de Torre, Santa Marina del Sil,  Valboa, a capital municipal de Barxas, Ferrerías na Veiga de Valcarce,  Manzanal del Puerto, Santalla do Bierzo, etc. Tamén a bisbarra viciña da Cabreira ten en Sigueya a festa de Santa Marina. A recuperada aldea de S. Adrián de Valdueza revive as súas festas de Santa Marina o 18 e 19 de xullo



FESTAS DA VIRXE DO CARME. 

Salientamos as festas en S. Román de Bembibre (16 de xullo) e Sobrado no val do río Selmo. Festas do Carme (16 ao 20 de xullo de 2015) no barrio ponferradino da Placa, onde viven moitos exferroviarios e traballadores dos antigos cargadeiros de carbón (Gaiztarro, Antracitas de Fabeiro...), Palacios de Compludo, etc. Sen esquecer a festa tamén na localidade da Baña na Cabreira.

ROMARÍAS DE XULLO.

Romaría de Santa Isabel (primera fin de semana de xullo) en Bárcena do municipio de Fabero. Outra romaría se realiza en Vilar dos Barrios (11 de xullo) coa compaña dos pendois veciñais. Romaría de Valdesantiago en Turienzo Castañero (19 de xullo). Unha romaría que vai a máis cada ano é a do pantano de Bárcena en recordo das localidades asolagadas de Bárcena e Posada do Río polo réxime franquista. Hogano tivo a presenza de pendois da rexión do Bierzo que lle deron moito colorido e animación por mor dos pendoneiros. 



FESTAS DA MADALENA,

Santa María Madalena foi a irmá de Lázaro e Marta, e foi a que limpou os pés  de Xesús en penitencia pola súa vida anterior. Moi celebradas en Viladepaos (22 de xullo),  Pradilla no concello de Toreno, Paradaseca, Perexe en pleno Camín de Santiago. A Veiga de Espiñareda, Cobrana no concello de Congosto, Arnadelo no val do Selmo onde non faltan os xogos de bolos (19 ao 22 de xullo), Riego de Ambrós no Camín de Santiago, etc.

FESTA DE SANTA ANA. 
Celégrase en Cabanas Raras (26 de xullo), Burbia na comarca da Somoza, barrio de la Fuente en Bembibre (31 de xullo até o 2 de agosto).



FESTA DE SANTIAGO APOSTOLO.

Festas en O Carril, na entrada do val do río Selmo, Fontoria no municipio de Fabeiro,  Valouta máis aló do porto de Ancares, Villar de las Traviesas nas faldras da serra do Xistreo, Villavieja-Vilavella na antiga meirindade de Cornatelo, Silván no concello de Benuza, lugar de Labaniego en municipio de Bembibre, barrios da Estación e Socuello na villa de Bembibre, Librán en Toreno, Peñalba de Santiago que aproveita para facer unha representación medieval con traxes de época e fogueira pola noitiña, Valdecañada en Ponferrada, Tombrio de Enriba, Santa Cruz del Sil, barrio de Flores del Sil en Ponferrada aproveita a festa do viciño, etc.  Vilafranca do Bierzo realiza a súa feira de Santiago con postos de artesanía, cerámica e venda de allos temporeiros.  Tombrio de Enriba ten a mesma festa.

Na rexión do Bierzo houbo celebraciois tamén en Carracedo, ermida de Valdesantiago xunta Ponferrada, capela de Santiago en Vilaboa-Villabuena, igrexa de Santiago en Vilafranca, Pontepetre en Oencia, ermida de Santiago en Val de Finolledo e Santiago en Fontoria. Na bisbarra de Valdeorras honraron a este santo en Forcadela, Correxais, Petín, ermida de Santiago de Sobradelo, xa destruída, e en Rubiana.    



OUTRAS FESTAS DA REXIÓN DO BIERZO.

Celebración principal de Vilela é Santa Marta (29 de xullo) onde existe a tradición milagreira de pasar os neniños por debaixo das andas da Santa. Ésta é a patroa das amas de casa e dos camareiros, pois mentres atendía o seu fogar, servía aos convidados da súa irmá, a Madalena, e escoitaba a Xesús. A mesma celebración ten lugar en Córgomo, na bisbarra de Valdeorras. Festa de S. Facundo (29 de xullo).A localidade de Paradiña, na Somoza, traslada as súas festas tradicionais de Santo Tirso e San Xulián para o verán (31 de xullo e 1 e 2 de agosto). Carracedo de Compludo realiza filandois pola noite coa recuperación de vellos contos da tradición oral. 

Las Ventas de Albares e o barrio de Puente Nuevo de Bembibre celebran xuntos a Virxe das Neves (o 30 e 31 de xullo e o 1 e 2 de agosto).



FESTAS NAS BISBARRAS VICIÑAS.

Feira do viño en Viloira á outra beira do río Sil xunta O Barco de Valdeorras (11 e 12 de xullo) onde se ofrecen os caldos da terra. Feira medieval de Veigamuíños e Tremiñan (18 de xullo) con varios postos de artesanía principalmente. A capital de Valdeorras tamén celebra San Cristobo con procesión de camióis engalanados. A mesma festa acontece na cercana Quereño, estación ferroviaria da Ponte Domingo Flórez. Festa coveira na localidade de Arcos (11 ao 12 de xullo de 2015). Portela do Trigal, na Carballeda, celebra Santa Ana (11 e 12 de xullo). San Vicente, no concello de Vilamartín, ten as súas festas (11 e 12 de xullo). Festa do Came (16 de xullo) en Vilela, no concello de A Rúa. 

En Folgoso do Courel celebran a festa da Tradición  (25 de xullo) con descenso de carrilanas e deportes autótonos (lanzamento de sacho, chave...). En Cabeza de Manzaneda (domingo 26 de xullo) ten lugar o Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, xa van na súa 6ª edición, onde se xuntas gaiteiros de todo o Estado.


Na comarca da Cabreira celébrase a súa festa territorial (11 de xullo de 2015) na localidade de Nogar, onde haberá concentración de pendois, discursos oficiais dos políticos, xantar comunal e actuaciois musicais. A bisbarra da Cepeda celebra a súa festa territorial para o 25 e 26 de xullo.En Astorga ten lugar a recreación histórica das loitas entre romanos e astures (25 e 26 de xullo). 

A REXIÓN DO BIERZO, XULLO DE 2015.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

lunes, julio 13, 2015

ROTEIRO POLA BAIXA CABREIRA DENDE O BIERZO.


ROTEIRO CARA Á CABREIRA BAIXA DENDE O BIERZO,

Por Xabier Lago Mestre (coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo)
falaceibe@yahoo.es

A convocatoria da chamada festa da Cabreira serve apra que moitos bercianos acudamos á localidade de Nogar. Por iso saímos de Ponferrada e axiña temos as primeiras costas á altura de Salas, capital do antigo municipio e do concello xeral dos Barrios, con Villar e Lombillo. Pasamos a algún ciclistas que sufren co esforzo dos fortes desniveis da estrada. Pouco despois nos recibe o teixo de máis zona no Bierzo, en San Cristobal da Valdueza. Esta localidade amosa bandeirolas que adornan a súa principal, ademais dos sons agarimosos da charanga musical que procura alegrar as festas locais de S. Cristobal (10 ao 12 de xullo).

A nosa suba montañosa ofrece fermosas paisaxes. Comentamos dos perigos das loucas que se desprenden sobre a estrada. Eiquí o que falta é unha tirada da Volta Ciclista a España, nestas costas para o porto do Morredoiro. O seu cumio a 1762 metros ben paga a pena unha foto e da estación invernal. De novo no auto para o seguinte porto uns quilómetros máis aló. Xa estamos no Alto das Portillinas (1950 m.). Detrás de nós varios automóbeis que quizais vaian tamén para o noso destino festivo. 


Principiamos o descenso polo val do río Eria. Enfronte o maxestuoso Teleno cos seus 2188 metros. A deforestación dos altos cumios deixan paso ao verdor das arboredas de ribeira. O gando vacún aproveita os verdes pasteiros. Xa estamos no barrio de Pedrosa na localidade de Corporales. Algún que outro mareo precisa da parada. Bebemos fresca auga na fonte cercana á igrexa parroquial. O seu casarío rural ben merece unha visita. Escoitamos as alegres voces dun campamento xuvenil que desfruta da estadía veraniega.

A LONGUEIRA BAIXADA PARA NOGAR.

De novo na estrada para seguir o descenso para Nogar. Vemos o letreiro que anuncia as canles romanas que seguen o curso do río Cabreira. Diante de nós dos xigantescos camióis co anuncio de orquestra de Galicia. Cremos que forman parte do escenario do grupo Luar na Lubre que tocarán pola noitiña cabreiresa. Amabeis os seus condutores permiten que os pequenos automóbeis en ringleira poidan adiantar estes dous colosos da carreteira que semellan perdidos nestas estreitas estradas.


Chegados somos a Nogar, relacionado coas nogueiras da súa ribeira. Na mesma ponte agardan os pendois dos pobos da contorna. Xa se erguen os altos mastros, estenden os trapos de cores e forman os grupos musicais. Mentres hai estes traballos previos visitamos a localidade de Nogar, ao outro carón da ponte romana. Dá bo gusto contemplar os exemplos de arquitetura rural. Os primeiros sons dos instrumentos musicais anuncian o principio da procesión de pendois. Esta marcha vai para a campa das festas onde o sol queima. Salientamos os xigantescos escenarios das orquestras e do xantar comunal. Varias casetas anuncian os seus produtos de venda, libros, roupa, chocolate de Astorga, licores do Bierzo, artesanía, etc.

O PERCORRIDO POLA ESTRADA NORTEÑA DA CABREIRA.

Por desgraza non temos tempo para máis en Nogar. Saímos para estrada que nos levará por outras localidades da Cabreira. A mala estrada que percorre esta comarca polo norte precisa de moitas melloras por parte da Deputación de León. Segundo nos comentan algún outros visitantes, era mellor tomar a estrada sul para subir por Encinedo e A Baña, para logo baixar pola conca do río Silván até o río Cabreira á altura de Llamas de Cabreira. Está claro que esta outra rota meridional é tal porque beneficia ás empresas louseiras da zona que poden sacar o seu produto mineral máis rápidamente para Galiza.


O primeiro casarío que atopamos é Saceda que xorde unha ladeira moi solleira. O seu nome quizais faga referencia aos salgueiros (sauces). Saceda celebra as súas festas o 13 de xuño, polo San Antonio de Padua. E por estas paraxes están os restos das canles romanas que levaban as augas para As Médulas bercianas.

Aos laterais da estrada andan as outras localidades de Noceda de Cabreira, ao norte, e Marrubio, ao sul. Segundo lemos nas guías turísticas, Noceda tivo a súa orixe medieval nos pastores trashumantes. A súa patrona é Madalena, con festexos para o último domingo de xullo. Tamén eiquí hai un corpulento teixo xunta á igrexa. 


                                            LOCALIDADE DE SACEDA DE CABREIRA.

De novo na estrada para Castrillo de Cabreira. a catro quilómetros dos desvíos para as anteriores localidades. Supoñemos que o seu nome se debe a un antigo castro. A ermida de Nosa Sra. de Castro celebra festa o 15 de agosto con romeiros da contorna. Castrillo é capital municipal. Máis adiante o casarío de Odollo, a 5 quilómetros. Conta cos barrios de: Otero, o máis alto, Igrexa e Quintanilla. Á saída temos unha importante louseira que deixa caer os seus estériles por unha longa ladeira do regueiro da Serra.

A 8 quilómetros temos un recodo da estrada, no regueiro Valdeolleras, o santuario da Virxe do Valle. Cada primeiro domingo depois de Pascua de Resurreción celebra a súa romaría de tanta zona na Cabreira e O Bierzo. Uns quilómetros máis aló a localidade de Llamas de Cabreira (840 metros). Santo Martiño é o seu patrono, cada 11 de novembro. Tivo na ribeira unha ferraría con augas do regueiro Valdecorrais que baixa dos montes Aquilanos.


RECLAMACIÓN DUNHA ESTRADA DIRETA COA REXIÓN DO BIERZO.

Chegados a este punto, como bercianos aproveitamos a ocasión para reclamar unha estrada direta co Bierzo. Sempre houbo un proxeto de prolongar a estrada para o chamado Campo das Danzas, no cumio dos montes Aquilanos, ao sul para a comarca da Cabreira. A Deputación de León ven de anunciar o arranxo desta estrada pola súa vertente berciana. Agora ben, vai sendo hora de retomar o proxeto de construción da estrada na súa vertente meridional nas terras cabreiresas. 

Todos sabemos dos problemas climatolóxicos que plantexa esta estrada durante as invernías, polas neves nos altos, as xeadas e as néboas. Pero non se pode agardar máis pola promesa política do faraónico túnel que atravese os montes Aquilanos para salvar atrancos climatolóxicos, xeolóxicos e orográficos. A construcción da dita estrada é o primeiro e logo vén o establecemento dos equipos de quitaneves en inverno e mantemento de silos de sales. Só así se pode dar un pulo definitivo ao illamento actual da bisbarra da Cabreira. A citada estrada pode axudar moito a acercar a Cabreira ao Bierzo e mailo núcleo urbano de Ponferrada, onde viven dende décadas moitos cabreireses. 

                                        
                                           VISTA DE NOGAR DE CABREIRA.

Aproveitamos a ocasión para acordar os camíns de comunicación tradicionais que había entre as dúas comarcas viciñas. Así, dende Llamas de Cabreira saía un camín pola beira esqueda do regueiro Valdecorrais. Outro camín, dende Santalavilla, bordeaba o regueiro de la Guiana para o Campo das Danzas no cumio. Tamén dende a localidade de Pombriego había outro camín que seguía o regueiro Rozana até Ferradillo do Bierzo.

POLAS CANLES ROMANAS DA CABREIRA.

O Consello Comarcal do Bierzo leva tempo a recuperar parte das canles romanas da Cabreira que servían auga para a paraxe das Médulas. Salientamos algúns fitos destas obras hidráulicas. No primeiro lugar, en Llamas de Cabrera podemos atopar muros de sostemento, tamén hai túneis excavados.

Saltamos para a zona de Pombriego-Santalavilla para facer mención a pena Forcada, onde os romanos rebaixaron parte do collado en 20 metros para permitir o paso dunha canle. Mentres que Buraco de Valellos representa un túnel amplo e ben conservado. 

A PIQUES DE REMATAR A NOSA LONGA VIAXE CABREIRESA.

A localidade de Santalavilla amosa tres barrios, a saber, El Valle, La Iglesia e El Barrio. Sendo o seu patrón S. Pelaio para o 26 de xuño. A cinco quilómetros xorde Pombriego. Foi famoso polas súas feiras cada 11 de mes. Conta con varios barrios, A Devesa, A Veiga, O Palacio, A Reata, El Estrallo, As Huertas, O Barrial e Portilla. Cada 13 de xuño celebra San Antonio, o 16 de agosto S. Roque e remata con S. Clemente o 23 de novembro.


                                            CONCELLO DE CASTRILLO DE CABREIRA.

Castroquilame nos recibe co barrio A Pedreira, logo seguen O Outeiro e maila Cruz. Outros son Os Nogueiros, O Foyo, La Corralada, O Penedo, A Devesa e Fondolugar. Son as súas festas S. Idefonso e A Madalena. A cinco quilómetros temos A Veiga de Yeres. O 24 de agosto celebra as súas festas da Espetación e S. Bartolo. Os últimos catro quilómetros nos serven para chegar á Ponte Domingo Flórez, capital administrativa e comercial da Cabreira Baixa. Dende eiquí temos saída para as comarcas do Bierzo e Valdeorras. Longa viaxe pola Cabreira que agardamos repetir un ano vindeiro.

O Bierzo, xullo de 2015. 

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

viernes, julio 10, 2015

ROMARÍA DEL PANTANO DE BÁRCENA 2015


LA VII ROMERÍA DE BÁRCENA (DOMINGO, 5 DE JULIO DE 2015),
Por Xabier Lago Mestre.
Colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo (falaceibe@yahoo.es)

Salimos de Ponferrada con cierto retraso por lo que realizamos una rápida carrera por la carretera de Asturias. Atrás dejamos los pueblos de Columbrianos y S. Andrés de Montejos. Cuando llegamos a Bárcena no encontramos a nadie en su plaza ni en su iglesia. Aprovechamos para llenar de agua nuestras botellas en la fuente pública. Sacamos fotos del peculiar urbanismo de este poblado realizado durante el régimen franquista para acoger a gentes de los pueblos inundados por el cercano pantano de Bárcena. El poblado nos recuerda el diseño del otro poblado hermano de Fuentesnuevas con un diseño parecido.

Salimos de la localidad de Bárcena por el paraje de Los Rabos mientras observamos los llanos de El Carneiro, más adelante Pradogallego y El Vaillo. Pronto iniciamos la subida por Las Barreras. Seguimos buscando a los adelantados romeros pero no escuchamos ni la música de los animosos gaiteiros. Esta empinada carretera, llamada del Pantano, está bastante mal. Disfrutamos del paisaje vegetal que nos ofrece el castro de S. Andrés. A la izquierda, las amenazantes escombreras y balsas de la central térmica. Los mapas señalan la presencia de la fuente Ficeras pero mucho nos tememos su pérdida por la presión de las instalaciones mineras. 


POR FIN LOCALIZAMOS A LOS ROMEROS.

Por fin llegamos al Alto de Carropeya, donde se unen nuestra carretera de la localidad de Bárcena con la que viene del Pantano. Por cierto, aquí están descansando todos los romeros. Es el centro de salida también de los numerosos pendones de la región de El Bierzo. Al viento lucen los pendones de Toreno, Villar de los Barrios, Igueña, Albares de la Ribera, Pradilla, etc. Del pantano nos separa el Alto de Las Rozas (706 m.), como su nombre indica, zona de monte dedicado al cultivo comunitario del cereal por los antiguos pobladores de Bárcena. 

Tras organizar la marcha romera, todos iniciamos la bajada con dirección Sur. Primero los coloridos pendones llevados por atrevidos pendoneros y por último el carro de bueyes gallegos con las figuras de S. Roque y la Magdalena, Estas figuras religiosas representan a los dos pueblos inundados por el cercano pantano, Bárcena del Río, en esta orilla, y Posada del Río en el otro lado. Ambas localidades tenían categoría administrativa de entes locales menores. 


La marcha romera avanza bajo un sol de justicia, cuesta abajo. Los pendoneros bromean entre ellos para animar el camino. Algún cableado aéreo obliga a un mayor esfuerzo de los pendoneros al tener que tumbar los pendones. La procesión de pendones ofrece muy buenas fotos por su colorido y por la habilidad de los porteadores. Los pendoneros hacen numerosos relevos para compartir pesos y calores. Alguna mujer también se atreve a mostrar su destreza con su pendón.

EN EL BOSQUE DE LOS RECUERDOS.

Llegamos al cruce para el llamado bosque de los recuerdos donde nos esperan gentes de Columbrianos con su imagen de S. Esteban. Por cierto, echamos en falta el pendón de los vecinos de este pueblo, cuyo pedáneo nos cuenta que no lo tienen tras perecer en un incendio. Le animamos a recuperar su pendón para animar sus fiestas patronales. Todos juntos nos encaminamos para la cercanía del pantano en busca de la protección de los pinos. Los romeros realizan una ofrenda de pétalos y flores a las aguas del pantano, en homenaje a los antiguos pobladores de los pueblos sumergidos. 

La asociación de Romeros del  Pantano nos indica que hay intención de poner en valor un camino vecinal que desde esta zona bajaba para Ponferrada. Esta futura senda verde está siendo recuperada para el paseo por la ribera derecha del Sil. Entre tanta caminata y parloteo llega la hora de saborear el arroz que reposa en sus grandes paelleras mientras estimulan el apetito de los numerosos romeros. Y para el que tenga calor de más bien puede animarse a bajar hasta las aguas del pantano y darse un buen baño que es nuestro caso. 

O Bierzo, xullo de 2015.


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

miércoles, julio 01, 2015

POLÍTICAS PEDÁNEAS EN LOS MUNICIPIOS DE EL BIERZO.


LAS POLÍTICAS PEDÁNEAS EN LOS MUNCIPIOS DE EL BIERZO,

Por Xabier Lago Mestre (del colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo).
falaceibe@yahoo.es

Tras la celebración de las elecciones locales los ayuntamientos bercianos están dando a conocer la composición de sus nuevos órganos de gobierno. En ellos aparecen los concejales que se dedicarán a las pedanías. En este sentido, los procedimientos institucionales de relación entre los ayuntamientos y nuestras juntas vecinales deben modificarse. Hay que superar la discrecionalidad en los contactos entre los concejales y las juntas vecinales que han privilegiado las relaciones políticas entre los cargos públicos del mismo partido. 

Proponemos el establecimiento de Consejos de pedanías en cada ayuntamiento. Estos consejos, formales o informales, favorecerán las relaciones conjuntas entre todas las pedanías y el ayuntamiento respectivo. Esta negociación será en común, fijando las necesidades y las prioridades de los pueblos, además de la planificación anual y cuatrienal de las obras y servicios públicos. Así evitaremos pasadas arbitrariedades políticas y otras discriminaciones a la hora de fijar la financiación pública y las preferencias. Por supuesto, esta nueva dinámica negociadora afecta también al Consejo Comarcal en su relación con las pedanías bercianas en la elaboración y ejecución del Plan de pequeñas obras en los pueblos.  

     
 VISIBILIDAD DE LAS JUNTAS VECINALES. 

La falta de atención debida de los ayuntamientos a las juntas vecinales de El Bierzo se manifiesta también en su política informativa. Los ayuntamientos tienen páginas web pero en ellas falta la debida información sobre sus pedanías. En estos portales municipales se facilitan datos sobre quien es el alcalde pedáneo, su dirección postal y poco más. Lamentable y escasa información sobre nuestras pedanías. 
Los ayuntamientos tienen que facilitar una política informativa más abierta, en favor del principio de transparencia. En este sentido, el ayuntamiento debe dar todo su apoyo a los otros entes locales del municipio, nuestras pedanías. Los portales municipales forman parte de esta estrategia informativa, así como los tablones de anuncios en las propias localidades y Casas del pueblo.


POR OTRAS POLÍTICAS PEDÁNEAS.

Los ayuntamientos deberían insistir más en la especialización de nuestros pueblos. Estos pueden ofertan otros atractivos turísticos según sus peculiaridades. Nos referimos a la puesta en valor de explotaciones mineras (auríferas, carboneras, caleros, etc) con rutas turísticas conjuntas. Otro tanto acontece con las pruebas deportivas de todo tipo en nuestra geografía variable (ribera, montaña, llano…) para pruebas diversas (bici, pedestres, coches, piraguas, etc). Las fiestas rurales y romerías se pueden combinar con gastronomía local, muestras artesanas, visitas etnográficas, marchas paisajísticas, etc. que hagan más interesante la presencia de foráneos.
  
  Hay que garantizar la existencia de Casas del pueblo de carácter polifuncional (juntas, consultorio médico, centro de mayores, biblioteca, etc) con la ayuda municipal debida. Además, las pedanías bercianas deben consolidar su simbología propia (escudos, banderas, pendones…) para reforzar su identidad histórica, territorial y colectiva.

    
PRESENCIA EN LAS FIESTAS MUNICIPALES.

Resulta lamentable que en las fiestas patronales de las capitales municipales de la región de El Bierzo no se les conceda más protagonismo a los pueblos. Estos son excluidos de las fiestas de la capital municipal y carecen de la mínima participación. Entendemos que esta dinámica festiva tan jerarquizada y exclusivista debe cambiar.

Tenemos el ejemplo del Día de El Bierzo que se celebra en Ponferrada y donde el protagonismo es para las capitales municipales a través de la ofrenda anual a la Virgen de la Encina. Los actos institucionales y políticos carecen de interés social.  Los actos religiosos son  seguidos unicamente por los devotos católicos. 



Demandamos una mayor presencia de los pueblos en las fiestas de las capitales municipales. Debería haber un día festivo dedicado a las diversas localidades del municipio, en el llamado Día de los pueblos. En esta jornada tendrían lugar distintas actividades. Así un desfile y concentración de pendones de los pueblos que serviría para dignificar a sus gentes y localidades. Aprovechando este acto público se pueden establecer premios al mejor baile de pendones, a la subida al mástil y al vuelo de pendonetas. Estos actos festivos pueden estar acompañados de otros premios municipales, tanto colectivos por la conservación del patrimonio comunal como individuales a vecinos destacados en sus comunidades rurales.

Ante la crisis económica y demográfica de nuestros pueblos, este comentado reconocimiento festivo y municipal sería una buena forma de revalorizar el medio rural. Las fiestas municipales necesitan de nuevos incentivos con actos más populares y basados en el realce de nuestras tradiciones. Tampoco puede faltar la presencia de grupos folclóricos, bandas de gaitas locales y deportes autóctonos (bolos, billarda...).


Rematamos, la resistencia pedánea a las restricciones iniciales de nueva Ley de racionalización y sostenibilidad de la Administración Local (2013) ha favorecido una nueva dinámica reivindicativa. Nuestras juntas vecinales pretenden otra relación con sus ayuntamientos. Esperemos que en la región de El Bierzo los alcaldes y las alcaldesas sean capaces de mostrar otra actitud política más democrática y participativa con nuestras juntas vecinales.    

 O Bierzo, xullo de 2015.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

FESTAS DO MES DE XUÑO NA REXIÓN DO BIERZO,


FESTAS DO MES DE XUÑO NA REXIÓN DO BIERZO, 

por Xabier Lago Mestre.
Coletivo cultural Fala Ceibe do Bierzo.
falaceibe@yahoo.es

FESTAS DO CORPUS NO BIERZO.

Salientamos as festas do Corpues de Fabeiro (5 ao 7 de xuño), tamén en Outeiro, xunta Parandois. Alfombras florais fan en Vilafranca, Ponferrada ou Devesas.Vilamartín del Sil, Val de Finolledo na Veiga de Espiñareda,Espina de Tremor en municipio de Igueña, San Clemente de Valdueza e Valdecañada no concello de Ponferrada, Riego de Ambrós en el Camino de Santiago, Vilarbón en val de Ancares, Arlanza, Santibáñez del Toral, Cueto-Coto, etc. A 8ª do Corpus ten lugar en Ozuela (19 ao 21), Columbrianos, Santa Cruz del Sil e Finolledo. 

OUTRAS FESTAS CIVÍS.

A primeira fin de semana destacamos dous actos festivos sen igual. O primero é Toural en Tren, con numerosos actos relacionados co ferrocarril. Dende viaxe en tren a Brañuelas, mercado ferroviario, feira de alfarería e xantares populares. Tamén hai que salientar a feira agroturística de Carracedelo, nas mesmas datas, onde se expoñen todo ltipo de produtos agrarios da nosa rexión.  A feira do Viño de Cacabelos (20 e 21 de xuño) onde se esgotan os nosos caldos.



O SANTO DE BEMBIBRE CADA SETE ANOS.

Neste ano 2015 o Santo de Bembibre sae do seu santuario o sábado 20 de xuño e  volta para el o 28 de mesmo mes. Seguimos no relato histórico as explicaciois de Manuel Olano Pastor. No ano 1628 ten lugar o milagre que trae a chuvia tan necesaria a Bembibre e maila contorna. Consecuencia disto, o concello da vila fai voto de sacar o seu Ecce Homo de xeito periodico en recordo do milagro. A saída do chamado Santo vai acompañada dos pobos do arciprestádego do Boeza. Despois da baixada dende o seu santuario é recollido na igrexa de San Pedro, polo cal debe satisfacer o chamado pago do canon. Trala estadía de sete días na dita  parroquia volve para o seu santuario para estar pechado durante sete anos. Antigamente o Santo saía varias veces ao ano para pedir pola chuvia, pero foi a resistencia a pagar a súa saída, por parte de Castropodame no ano 1902, o que regularizou a baixada de xeito anual.   



  FESTAS NA BISBARRA DE VALDEORRAS.

A primeira festa patronal en celebrarse é en Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras. Trátase do Corpus (5 ao 7 de xuño) que organiza a xunta veciñal da localidade. O mesmo acontece na localidade de Viloira xunta á vila do Barco de Valdeorras. Corpus que celebran con alfombras florais en A Rúa e Petín. En Fontei celebran S. Antonio (14 de xuño), no municipio da Ráu. Viladequinta ten festas de San Pedro para o 29 de xuño.

No concello de Rubiá teñen lugar as festas de San Cristobal (10 de xuño) en O Porto, O Real e Quereño, aínda que poden desprazar para os meses de verán para que acudan os emigrantes retornados. Éntoma celebra o seu San Xoán Bautista para o 24 de xuño. A localidade de O Trigal, no concello da Carballeda, ten a peculiar festa de S. Caralampio (15 de xuño) onde non falta o xantar popular.   



Na bisbarra viciña do Courel ten lugar a festa do cocho de San Antoño de Padua (13 de xuño) en Meiraos. Eiquí cantan "San Antoño é un Santo, e irmau do meu marido, cando o meu gando falta, S. Antoño vai comigo". En Miraz celebran S. Pedro e S. Paulo (29 e 30 de xuño). 

FESTAS DE SAN ANTONIO.

Celébrase feira de San Antonio (13  de xuño) en Vilafranca do Bierzo. Esta populosa feira ten lugar na contorna do parque da Alameda con numerosos postos de artesanía, froitas, roupa, apeiros de labranza, alimentos como doces, fogazas de pan, empanadas, etc. onde tampouco faltan as pulpeiras que se chean á hora do xantar. 

Temos numerosas festividades en honra de San Antonio de Padua como patrón de Lillo do Bierzo (13 xuño), Quintela e  Oencia, Encinedo, Hervededo no concello de Camponaraia, Albares de la Ribera na conca do Boeza, Almagarinos, Parandois na contorna de Toural dos Vaos, o barrio de San Antonio de Ponferrada, Santa Leocadia na conca do Sil, Pombriego na bisbarra da Cabreira, Borrenes-Borrés, Boeza en Folgoso da Ribera, Almagariños en Igueña,  Cuevas del Sil, Fresnedelo no val de Fornela, Pereda de Ancares, Campelo, etc. 


Traemos eiquí o curioso caso das festas de San Antonio de Padua en Ponferrada. Durante anos tiveron as súas festas na parte alta da cidade, no barrio do mesmo nome. A igrexa na súa orixe foi ermida da Vera Cruz no chamado Campo da Cruz. Esta ermida tivo a súa confradía da Vera Cruz que organizaba as procesiois correspondentes e mantiña a fábrica da ermida. Segundo o historiador José Diego Rodríguez Cubero (La ermita de la Vera Cruz... revista Bierzo, 2014), houbo outra ermida na mezma zona, dedicada a Santa Marta. Por último dicir que descoñecemos cando foi o cambio de denominación pola igrexa de S. Antonio porque a confradía deste santo estaba na igrexa da Encina, intramuros da vila de Ponferrada.

FESTAS DE SAN XOÁN.

Ruiterán celebra S. Xoán (24 xuño). A localidade de Horta ten dedicada a súa igrexa a San Xoán e celebra as súas festas.  Outras celebracios son en Bouzas, Berlanga do Bierzo, San Esteban de Valdueza, Cariseda no val de Fornela, Paradaseca, a vila de Toreno, A Portela de Valcarce, Vilalibre da xurisdición, Voces, Carracedo do Mosteiro, Yeres no val do Cabreira, Mataotero en Palacios del Sil, Folgoso de la Ribera, Tremor de Arriba, Colinas del Campo de Martín Moro, barrio de Mataotero en Palacios del Sil, etc. 



As fogueiras de San Xoán teñen lugar en moitas localidades da nosa rexión do Bierzo. Salientamos a de San Xoán da Mata que aproveita esta festividade para elaborar unha grande fogueira que presume de ser a máis grande de Europa. A Noite Máxica de Valboa celébrase cunha fogueira arroadeada por unha mesa para a cea de moitos viciños. Todos e todas cumpren coa tradición de dar sete voltas á fogueira. Ademais de botar un obxeto ao lume purificador mentres se pide un bo desexo. Outras fogueiras en Toural dos Vaos, Turienzo Casteñero, Bembibre, ou mailos barrios ponferradinos da zona Vella, Xudeos e Flores del Sil. 
Fogueiras nas bisbarras de Valdeorras, no Barco, e mailo Courel, Quiroga e Soldón. 

FESTAS DE SAN PEDRO.

Este santo é patrón das localidades de San Pedro de Paradela (29 de xuño). Otero de Naraguantes en Fabeiro, Lumeiras, Faro, a vila de Corullón,  Carucedo, barrio de Torenillo, S. Pedro Mallo, Berlanga do Bierzo, Montes de Valdueza en lembranza do seu mosteiro de S. Pedro de Montes, S. Clemente de Valdueza, Pradela no val de Valcarce, Vilamartín da Abadía, Orellán, etc. En Ponferrada tamén se intenta recuperar estas festas arredor na igrexa de S. Pedro.  



OUTRAS FESTAS NAS LOCALIDADES DO BIERZO.

En S. Miguel de Arganza teñen a festa de S. Bernabé (11 de xuño). Valtuille de Abaixo celebra o San Pelaio (26 de xuño) con Vilar de Corrais, Valdeprado en Palacios del Sil, Santalavilla e Sotillo da Cabreira, e na ermida do barrio de Peñadrada en pedanía de Vilamartín del Sil, Salientes en Palacios del Sil, Vilarrubín no val do Selmo . A romaría da Virxe de Arnado (21 de xuño) xorde en 1976 despois de aparecer a Virxe no agro de Chadeira. A romaría da Virxe da Aquiana (7 e 8 de xuño) se realiza na ermida no alto do cumio. Noutrora os viciños de Montes, Vilanova de Valdueza e San Adrián facían esta romaría de xeito conxunto. Magaz de Enriba celebra festas de S. Marcial (30 de xuño).

REXIÓN DO BIERZO, XULLO DE 2015.

http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es