martes, marzo 26, 2024

A NOSA BANDEIRA CRUCEIRA.

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL


A NOSA BANDEIRA CRUCEIRA,

Por Xabier Lago Mestre.

Un novo 14 de abril celebramos o Día da bandeira Cruceira do Bierzo. Esta enseña foi aprobada nesa data polo Consello comarcal. Sen embargo, máis importante é que os bercianos aceitamos amplamente esta bandeira. Había unha necesidade de acadar un símbolo que representase a unidade territorial e social do Bierzo. Hoxe esta bandeira está ben presente nos actos deportivos, dando visibilidade á afición berciana en calquera cidade de España. Outro tanto acontece coas bandeiras nas manifestaciois reivindicativas, coa publicidade comercial, coa marca turística berciana, etc. Noutras ocasiois vemos bandeiras pegadas nos sinais de tráfico, tapando os leones, ou anónimas pegatinas en papeleiras e contedores de lixo. E por mor da internet a bandeira Cruceira está ben publicitada en todo o mundo coma calqueira outra.

            Cómpre facer un chisco de historia sobre as bandeiras bercianas. Así recordamos que as localidades rurais conservan os seus pendois que amosan con orgullo nas súas festas e romarías. Os templarios asentados no Bierzo tiveron as súas enseñas coa famosa Tau. Pola súa banda, a alta nobreza amosou os seus escudos (condes de Lemos e de Bembibre, marqueses de Vilafranca, etc). Como imitación a pequeña nobreza fixo algo semellante cos seus escudos e bandeiras que presidían os seus sepulcros nas igrexas. Escudos tamén tiveron os mosteiros bercianos (Carracedo, Espiñareda, Montes, Colexiata…). Os grandes concellos (Ponferrada, Vilafranca e Bembibre) conservan os seus escudos en bandeiras. E as súas milicias concellís partían ás guerras baixo bandeiras portadas por alferes.

PENDÓN DE LANZAS DE PONFERRADA


            Facemos unha mención especial a Ponferrada porque nesta vila houbo celebraciois especiais con bandeiras. Durante a Idade moderna tiña lugar un acontecemento institucional e popular que coincidía coas coroaciois dos novos reis de España. O reximento ponferradino facía un desfile coa bandeira real e local que portaba o alférez (por privilexio), desde a praza do mercado ou igrexa maior até a praza do concello. Eiquí recibía a bandeira o correxidor real, onde tiña lugar o xuramento de homenaxe e lealdade ao novo rei por parte do reximento e maila veciñanza cun berro compatido.

            No tema das bandeiras non podemos olvidar o acontecido na guerra contra os napoleónicos. A resistencia comarcal, caso dos Tiradores do Bierzo, tivo coma bandeira o chamado pendón de Lanzas de Ponferrada (coa aspa colorada de Borgoña). Esta bandeira antiga ten a imaxe da Virxe da Encina, co lema “que en la villa de Ponferrada venera por su patrona la provincia del Bierzo”. Incluso o romance de María Manuela nos recorda que “sacaré el Pendón de lanzas con la cruz de san Andrés en los bordes estampada (…)”. Todo indica a forte identificación social coa antiga enseña berciana.



            Durante a existencia da provincia de Vilafranca de Vilafranca non houbo tempo de fixar a bandeira berciana. Por iso tivemos de agardar á chegada da democracia para desfrutar do resurxir da conciencia bercianista. Co futbol as bancadas luciron a bandeira branquiazul e o bercianismo político tamén utilizou esta enseña. De xeito oficial e institucional houbo o acordo político de consenso coa actual bandeira Cruceira, mestura da branquiazul e da histórica, aspada branquicolorada.

            Como xa comentamos e vemos abraia a popularidade acadada pola bandeira Cruceira. Esta enseña berciana compite en maioritaria presencia coas bandeiras foráneas (autonómica de Castilla e León ou provincial leonesa) e tamén con calqueira das locais (municipais e pedáneas). Son muitos os leonesesistas que non ven ben este grande desenvolvemento da Cruceira porque compite coa súa leonina, así coñecida no Bierzo. Ben demostrado queda isto nos derbis entre cultural e ponferradina. Desde León alegan a antiguidade da súa bandeira. O certo é que ese simbólico león non ten nada de orixinal pois está presente en multitude de bandeiras de rexiois e ciudades europeas. Ademais, aínda hoxe hai desacordo sobre cal é a verdadeira bandeira leonesa, polas desputas entre fondos (¿branco, colorado ou purpurado?) ou sobre os leones (¿bípedo ou cuadrúpedo?). Así pois, o seu deseño unificado vai para longo prazo, mentres no Bierzo témolo clarexo coa Cruceira.



            Como temos visto hai moitas bandeiras nos diversos ámbitos territoriais. Agora ben, apesar do esforzo institucional por popularizalas, o certo é que só as máis sentidas son compatidas polas comunidades e territorios. Grazas a elas socializamos mellor os individuos nun destino incerto e asumimos noso pasado común. Velaí que unhas bandeiras só teñan presenza nos altos balcois dos edificios públicos, mais xamais pisan as rúas. As bandeiras Cruceiras son portadas pola veciñanza anónima que as sente coma propias, por iso medra o seu uso popular acotío. Do corazón saen as coplas satíricas, “O Bierzo cruceiro, león cazurreiro”, ou as liricas poesías, “Bandeira tricolor. Cruceira o cruzada, identidad y amor, euforia desatada. Azul del Sil mío, roja, de San Andrés, la cruz (…)” (Pedro López Pérez, AF2).

O Bierzo, abril de 2024



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

sábado, marzo 23, 2024

DEMANDA DO GALEGO NA EXPOSICIÓN DE VILAFRANCA

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL


DEMANDA DEL GALLEGO ANTE

FUNDACIÓN EDADES DEL HOMBRE

POR FALA CEIBE DO BIERZO.

El colectivo cultural Fala Ceibe do Bierzo demanda a presencia del idioma gallego en la exposición Las Edades del Hombre que tendrá lugar en Vilafranca do Bierzo. Por eso se promueve una campaña en redes sociales para que los internautas envíen correos electrónicos a la Fundación Las Edades del Hombre en petición del uso parcial de la lengua gallega (feh@lasedades.es).

            Recientemente dicha fundación ha presentado la exposición en Vilafranca, mostrando las posibilidades de desarrollo que se pretenden. Además se ha mostrado abierta a nuevas propuestas bercianas. En este sentido, desde Fala Ceibe queremos hacer algunas iniciativas para favorecer un mayor éxito de la exposición.



VENTAJAS DE LA TERRITORIALIDAD AMPLIADA.

            Creemos que hay que abrir la exposición a nivel territorial. De ahí el acierto de compartir la sede con Santiago de Compostela. Pero también hay que ampliar la propuesta territorial a las comarcas gallegas del obispado de Astorga. Este está formado por el arciprestazgo de Galicia, que comprende las unidades pastorales de O Barco e A Rúa, con un total de 112 freguesías. Dentro de este espacio están las comarcas de Valdeorras, A Carballeda, Trives, Manzaneda, O Bolo y A Veiga. Esto supone cientos de fregueses, galegofalantes, que deberían tener su protagonismo lingüístico en la mencionada exposición.

            Por lo que se refiere al arciprestazgo de El Bierzo, hay dos unidades pastorales, de Vilafranca y Ponferrada, también con feligreses galegofalantes. Por lo tanto la fundación Las Edades del Hombre debería tener la sensibilidad bilingüe adecuada y concretada en la citada exposición de la villa del Burbia.



LOS CAMINOS A COMPOSTELA.

            Por la región de El Bierzo hay varios caminos a Compostela, es decir, Santiago, Inverno (Valdeorras) y Olvidado (Boeza), claros ejemplos seculares de hospitalitas. Los dos primeros caminos mencionados avanzan por zonas de lengua territorial y tradicional gallega. Esto hay que tenerlo muy en cuenta en la citada exposición para no ocultar la realidad cultural secular.

            La exposición Hospitalitas se refiere a “recibir al invitado”, función desempeñada por los hospitales medievales y también por los propios vecinos a los peregrinos en sus casas. De la vida hospitalaria derivó la intervención de determinados santos, casos de san Sebastián y san Roque, tan presentes en la tradición religiosa berciana y gallega a la hora de la curación de los afectados por las pestes. Recordamos san Sebastián en Vilafranca, Arganza, Viladepaos, etc y san Roque en Ponferrada, A Rúa, O Barco, etc. Por supuesto, estas festividades decayeron con la superación de las pestes.



PROPUESTAS PARA EL USO DEL GALLEGO.

            Desde Fala Ceibe aportamos propuestas para la presencia parcial del idioma gallego en la exposición. Esta lengua es compartida por los futuros visitantes de El Bierzo, Valdeorras y Galicia en general. Por todo ello, es lógico que se pida que la cartelería expositiva sea bilingüe, así como las cartelas de los objetos religiosos o los propios dípticos informativos para visitantes. Lo mismo demandamos para la publicidad de la exposición que se haga en medios de comunicación de Castilla y León y Galicia debería ser bilingüe.

O Bierzo, marzo de 2024.



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

jueves, marzo 21, 2024

O VAL DE ANCARES NA REXIÓN DO BIERZO.


    LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL

O VAL DE ANCARES NO BIERZO,

Por Xabier Lago Mestre.

O val de Ancares avanza cara a recuperar a súa denominación tradicional tras cumprir cos preceitivos trámites administrativos. Ancares, un curioso topónimo que ten un carácter espansivo en Galicia pola comarca veciña e pola serra do mesmo nome. O certo é que o noso val de Ancares ten moita historia. Na Idade Media está documentado o castelo de san Esteban de Fresnedelo ou Ancares (1033) que tería o seu territorio dependente, a tenencia de Ancares (1072). Por suposto os reis tiñan as súas terras, entre elas o castelo de Fresnedelo e alfoz que é doado ao bispo de Astorga polo rei Afonso IX (1206).

            As veciñas terras de Ancares foron dependentes dos mosteiros, casos de Fornela e Burbia trala doazón de Afonso XI a santo Andrés de Espiñareda (1317). E saltamos para o tempo dos chamados reis católicos e recordar que moitas terras e vasalos do bispado de Astorga pasaron a ter xustiza real. Cando os reis crean a provincia do Bierzo (1486) delegan a súa xustiza no seu corrixidor de Ponferrada (lexisla e executa). Algúns territorios do dito bispado (Los Barrios de Salas, A Somoza astorgana, Molinaseca…) dependeron xudicialmente do comentado corrixidor real. Talvez tamén acontecera o mesmo co val de Ancares que pasou a ser de reguengo, e quedou baixo o control do corrixidor. Neste senso existe un documento que fala dos lugares de Ancares que son do bispo de Astorga, o cal preitea por términos co mosteiro de santo Andrés de Espinareda (1496).



            Xa no século XVI Ancares pasará a ser da Coroa. Velaí a continua referencia documental ao Real Val de Ancares. Desta dependencia real recordan os ditos, “Ancares é real, fóra toda abadial” (mosteiro de Espiñareda e colexiata do Cruñego de Vilafranca). Curiosa foi a demanda do concello veciño de Burón que quixo pasar á provincia do Bierzo baixo o corrixidor de Ponferrada, “que nos aplique a la noble villa de Ponferrada, que tierra d´Ancares ques de Ponferrada confina con tierra de Nabia e tierra de Nabia con la de Burón” (1526). Eses galegos pretendían deixar de ser vasalos  do señorío de Altamira para ser reguengos, xa que “de la nuestra Corona real no faga merced de nos a quien nos desfuelle las caras” (1526).

            En un documento de 1776 atopamos a referencia a unha xunta de veciños na “casa del ayuntamiento de este valle” na localidade de Sorbeira. Nela a veciñanza elixe diversos oficios públicos, un xuiz do val, un alcalde da irmandade e un procurador. Como a xustiza era real, a cargo do corrixidor de Ponferrada, os ancareses tiñan a obriga de pagar polo seu exercicio (47 reais ao ano). Outros actos comúns foron o pedimento da quita das contribuciois para reparación de pontes lonxanos (1774). Noutra ocasión, as localidades do val protestaron contra a Mesta de gandeiros casteláns, xa que non querían que os alcaldes entregadores fixeran audiencias na cercana vila da Veiga para favorecer os privilexios de pastos das ovellas foráneas (1624).



            Segundo o Castastro de Ensenada (1752) as localidades do val de Ancares pagan en común o imposto das alcabalas reais, “destos nueve lugares que incluye dicho valle en un cuerpo como acredita dicha carta de pago”, claro exemplo de cooperación e solidariedade fiscal. Sen embargo, non pagaban outros impostos reais, “no paga dicho común servicio ordinario ni extraordinario por gozar todos los vecinos de previlegio de hijosdalgo” (Sorbeira). Dichos pagos fiscais tiñan que realizarse no castelo de Ponferrada, baixo a administración dos marqueses de Vilafranca.

            O Val de Ancares poseía os seus oficiais públicos. En 1775 fálase do nomeameto do encribán do número do “valle de Ancares, Provincia del Bierzo”. Tamén había un procurador síndico da xurisdición do val de Ancares (1808), defensor dos intereses populares, que denunciou os empadroamentos irregulais de fidalgos. Xa sabemos que os fidalgos estaban exentos de pago de certos impostos, o cal significaba un privilexio concedido pola Coroa. O catastro de Ensenada (1752) refírese á existencia dun xuíz ordinario e Lumeiras. A revolución liberal do século XIX impuxo un forte pulo por rematar coas instituciois do Antigo réxime. Velaí a supresión dos señoríos e maila creación dos municipios centralizados por unha capital, caso de Candín en sustitución do vello val de Ancares.  



            Por suposto, as localidades do val tiveron problemas de términos entre elas e coas veciñas. Vilarbón e Sorbeira preitearon con Burbia sobre prendas de gando que pastaba no término de Toloveira (1595). Lemos tamén que Suarbol, na “provincia de el Bierzo”, tivo desputas de lindes co concello de Piornedo sobre unha mancomunidade pastos (1799). Mentres que a Valouta preiteou co mosteiro de santo Andrés de Espiñareda pola execución da xurisdición civil e criminal nun longo proceso xudicial ante a Chancelería de Valladolid (1542-1584). Outro tanto acontecera cos concellos de Teixedo e Pereda que descutiron polo aproveitamento de pastos nos montes de Bercias e Reconquiños (1606-1628).

            Non podemos rematar sen facer mención á galeguidade lingüística do val de Ancares. O etnógrafo José Fernández González ten estudado esta cultura local e comenta que “el ancarés ante gallegos habla gallego, y ante ancareses habla la modalidad del gallego que llaman ancarés” (Etnografía valle de Ancares). Mais non faltan os piques entre veciños, “con galegos i ancareses, tratos poucas veces”, ou “os inimigos da alma son tres, fornelo, galego i ancarés”. O que sobra é o orgullo ancarés, “Por el Alto de la Cruz no se pasean chavales, lo recorren buenos mozos del Real Valle de Ancares”.

O Bierzo, marzo 2024.







http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

miércoles, marzo 13, 2024

33 ANOS DA COMARCA DO BIERZO.

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL


33 AÑOS DA COMARCA,

Por Xabier Lago Mestre.

O 14 de marzo celebramos os 33 anos da creación da Comarca do Bierzo. Este aniversario capicúa ben merece unha reflexión sobre esta longa andaina descentralizadora. O primeiro recordar que todo isto tivo unha orixe no proceso provincial histórico berciano que pervive na memoria cidadá, e que motivou as demandas popular e política coa chegada da democracia. Para uns a Comarca foi a forma de integrar O Bierzo periférico en Castela e León, os leonesistas cren que esta institución representa a estratexia foránea de dividir a provincia nos niveis político e territorial.

            Hoxe a descentralización comarcal posibilita ter competencias varias. A promoción turística supón que O Bierzo sexa a Comarca máis coñecida no noroeste peninsular. En materia de emprego hai unha axencia de colocación. Nos servizos sociais atopamos a atención a drogodependentes. A proteción do medio ambiente axuda á mellor conservación dos nosos montes. O Consello comarcal apoia económicamente aos nosos equipos deportivos. Outros temas importantes son a proteción de menores, as políticas de igualdade, etc.



            A Lei da Comarca refírese aos traspasos e delegacióis de competencias doutras administraciois. Pois ben, a Deputación de León delega o mínimo ao Consello comarcal, caso do servizo de asistencia a municipios, execución de pequenas obras pedáneas ou o banco de terras. Non se entende que a Deputación non ceda a materia de cultura no que se refire á proteción do idioma galego. Debe de ser que en León aman moito a nosa lingua porque xestionan os cartos da súa promoción. E qué dicir da Junta de Castela e León que só delega o xustiño depois de 33 anos.

            A Comarca do Bierzo ten que executar servizos comarcalizados que todos temos moi presentes por pura lóxica. Agardamos os servizos de bombeiros, transporte interurbano, proteción consumidores, arquivo e museo comarcais, recollida e tratamento de residuos, ordenación do territorio e urbanismo, fomento da lingua galega, etc. Mais xa podemos supoñer que a Junta de Castela e León sempre poñerá atrancos a calquera nova cesión de competencias ao Consello comarcal. Ninguén pode entender a estratexia da dita Junta de que aínda existan mancomunidades rurais e O Bierzo teña sido declarado mancomunidade de interese xeral. Que desfeita administrativa!



            Un exemplo das dificultades para avanzar na descentralización no Consello comarcal foi a reforma da Lei da Comarca en 2010. Aquel proceso lexislativo pasou da vontade berciana sen debate popular participativo. Por iso hoxe lemos o articulado desa Lei rexional e vemos que non xorde a referencia á simboloxía comarcal (Día do Bierzo, bandeira, escudo, capital…), cunha mínima mención ao idioma galego, unha modesta financiación, etc. Faltan outras competencias coma a iniciativa lexislativa comarcal, as relaciois exteriores con Galicia, a eleción direta dos conselleiros, novas formas de participación cidadá, urbanismo, o dereito consuetudinario local, etc.

            Digan o que digan os políticos, O Bierzo ten fundamentos de sobra para reclamar máis descentralización. A nivel territorial, estamos illados por montañas e  somos periféricos da chaira castelá. Polo tanto moi lonxanos dos centros de poder rexionais. Hai unha clara conciencia colectiva que se concreta no bercianismo popular, predominante fronte a outros rexionalismos veciños. Os dereitos históricos están presentes na existencia de dúas provincias (1486 e 1821) que condicionan as demandas descentralizadoras porque aquelas son guiadoras. Non nos podemos alonxar de Galicia xa que compartimos cultura e lingua seculares. Velaí a necesidade de institucionalizar as relaciois exteriores con Galicia. Non se debe protexer e fomentar o galego sen contar coas dinámicas lingüísticas veciñas (normativización, normalización, dixitalización, etc.     



            Algo bo terán as comarcas políticas, como ordenación territorial alternativa ás provincias, cando hai ese debate nas Comunidades autónomas. Catalunya e Aragón fixeron  as primeiras comarcalizaciois, e seguiron Navarra, Cantabria e Asturias. Galicia fixo outras comarcas administrativas comandadas por xestores e, tralo seu fracaso político, foron finalmente suprimidas. Recentemente Talavera de la Reina demandou tamén ser declarada comarca legal fronte ao centralismo rexional de Castela-A Mancha (decembro 2023). A Mesa por Talavera puxo o exemplo comarcal do Bierzo, salientando a nosa descentralización e identidade territorial.

            As Comunidades autónomas de España tiveron que demandar durante décadas novas competencias ao Estado democrático. Todos ben sabemos da forte presión política que exerceron as nacionalidades e rexiois periféricas para conseguir as súas aspiraciois. A Comarca do Bierzo ten en contra unha lexislación estatal e autonómica que favorece as Comunidades autónomas e provincias fronte a outras instituciois teritoriais inferiores. A lexislación territorial uniforme de España baséase nunha ordenación provincial do ano 1833, sen debate democrático daquela e decidida por un tal Javier de Burgos. Agora estamos no ano 2024 e no Bierzo soportamos aínda aquel vello centralismo provincial. Entre Galicia e León hai un amplo espazo montañoso e poboación que debe ser obxeto de ordenación territorial alternativa e non continuar sometida ao centralismo de hoxe. Que Ponferrada supera en poboación a Zamora, Avila, Soria, Segovia e Teruel, e estamos condenados a ter menores servizos públicos por unha inxustiza histórica.

O Bierzo, marzo de 2024.



http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es

sábado, marzo 02, 2024

45 AÑOS DE BERCIANISMO POLÍTICO.

LIBRO EL BIERZO PROVINCIAL


45 AÑOS DE BERCIANISMO POLÍTICO,

Por Fala Ceibe do Bierzo.

En 2024 se celebran 45 años desde la fundación del Partido de El Bierzo el próximo 25 de abril de 1979. Creemos firmemente que esta fecha fundamental del bercianismo político merece una celebración adecuada. En este sentido queremos hacer algunas propuestas para el próximo 25 de abril.

·       Homenaje floral a los luchadores por la Provincia de El Bierzo ante el monolito del parque de la Provincia de El Bierzo de Ponferrada. En este acto público se puede hacer una concentración de bandeiras cruceiras por parte de los bercianos presentes.

·       Celebración de una Jornada de debate bercianista sobre la historia de los bercianismos social y político. Este acto público puede tener lugar el lunes 24 en la Casa de la Cultura o en el bar Coherencia de la zona alta de Ponferrada.



·       Establecimiento del DECÁLOGO BERCIANISTA para cargos públicos,y militantes y seguidores. Este decálogo serviría para tener claro los compromisos del bercianismo político con la ciudadanía. Fijamos algunos puntos de este posible decálogo:

a) Defensa de la simbología bercianista (presencia de la bandeira Cruceira en instituciones públicas, manifestaciones…),

b) Protección activa de la lengua gallega como patrimonio cultural berciano,

c) participación en las movilizaciones bercianas,

d) Establecimiento de cursos de formación de bercianistas.

e) Ofrecimiento de servicios a la militancia (cursos, excursiones, conferencias, publicaciones, páginas web, etc)

f) Defensa de las instituciones bercianas (Consejo comarcal, ayuntamientos, pedanías, concejos populares…)

g) Fomento del bercianismo social y político en redes sociales.

h) Defensa de tradiciones bercianas democráticas

i) protección del derecho consuetudinario local.

J) libertad de pactos políticos por el bercianismo político.

k) Fomento de la cooperación intercomarcal dentro de la región Sileste (Laciana, El Bierzo, La Cabreira y Valdeorras) en proyectos concretos como Ponfeblio, carretera La Espina-Ponferrada, carretera Ponferrada-Cabreira baja, ferrocarril a Valdeorras, etc


http://sites.google.com/site/obierzoxa http://www.facebook.com/xabierlagomestre www.twitter.com/obierzoxa http://www.blogoteca.com/obierzoxa http://obierzoceibe.wordpress.com http://www.ciberirmandade.org/falaceive www.ponferrada.org www.partidodelbierzo.es